venres, 14 de marzo de 2025
mércores, 12 de marzo de 2025
sábado, 18 de abril de 2020
venres, 11 de maio de 2018
IRMÁUS, Celso Emilio
"Irmáus"

Ferreiro, Celso Emilio, Longa noite de pedra.
Introdución.
Pertence ao libro Longa noite de pedra (1962). Os poemas deste libro foron escritos desde 1936, algúns mentres estivo preso no convento de Celanova.
O título do libro, que tamén é o título do primeiro poema, simboliza a situación social, política e histórica de Galicia e España durante a ditadura franquista.
Pertence á liña social da súa poesía e ten como tema principal a denuncia da situación de inxustiza e opresión que se vive baixo o réxime franquista.
Tema.
No poema faise unha apelación á solidariedade. É un canto solidario co ser humano de calquera latitude que estea a padecer dor, opresión ou sexa vítima das desigualdades sociais. Celso Emilio, como home de ideas marxistas, ergue a súa voz nun canto de solidariedade internacional reivindicando a irmandade de todos os que estean unidos por calquera tipo de sufrimento.
Estrutura.
Poema de 22 versos libres cun estilo directo (fáloche a ti) e claro.
- V. 1-6: a voz poética é solidaria con todos os cidadáns do mundo, aínda que non coñece nin sequera os que van ao seu carón.
- V. 7-10: solidarízase con todos os que padecen calamidades e falta de liberdade.
- V. 11-14: aínda que estan separados pola lingua, están unidos polo sufrimento.
- V. 15-18: séntese solidaria, por riba das fronteiras, con todos os que teñen como soño a liberdade.
- V. 19-22: manifesta o seu compromiso internacionalista: temos unha patria común e debemos estar unidos na loita pola consecución da liberdade.
A voz poética diríxese a un "ti" colectivo: a todos os cidadáns do mundo que teñen en común as coitas e tamén os ideais, máis alá de razas, fronteiras, patrias ou linguas que os arredan.
Recursos estilísticos.
- Metáfora: V. 7 "se é túa a miña noite", a noite é a falta de liberdade, opresión.
- Emprego do condicional: "se é túa, se os nosos berros, se temos semellantes" para delimitar a quen se dirixe, só ten como receptores eses que sofren.
- Paralelismo: V. 15-16.
- Anáfora: V. 4-5, V. 7-8-9-13-17, V. 19-20.
- Retrouso ou refrán: "coma un irmáu che falo" repítese ao final de cada agrupación de versos.
Estes tres últimos recursos de repetición danlle unidade á composición e reiteran a idea focal: solidariedade entre todos os que sofren.
sábado, 28 de abril de 2018
MORENO, Mª VICTORIA: Anagnórise.
Moreno, Mª Victoria: Anagnórise.

Anagnórise é unha novela de Mª Victoria Moreno publicada en 1988. O título, segundo o dicionario da RAE, ten dúas acepcións:
1. Reencontro e recoñecemento de dous personaxes aos que o tempo e as circunstancias tiñan separado.
2. Recoñecemento da identidade dun personaxe por outro ou outros.
Esta segunda acepción é a que coresponde á historia que nos conta.
Ademais ten como subtítulo UNHA HISTORIA DE AMOR, e iso é o que é, un relato no que o amor triunfa.
Tema
É unha novela de temática amorosa (como nos sinala a propia autora no subtítulo), mais este tema non é único. A novela tamén está inzada de feminismo: os prexuízos machistas do protagonista son atemperados e amansados pola muller adulta que o leva no coche.
Argumento
Nicolau Arís é o protagonista e con dezasete anos foxe da súa casa e do instituto porque pensa que a súa moza, de nome Natalia, lle era infiel porque estaba saíndo co seu amigo Marcos. Ademais Natalia fora acusada de roubar no súoer e un bolígrafo moi caro na aula.
Se sentirse traizoado pola noiva non abonda, a situación familiar tampouco axuda: o pai de Nicolau está embarcado e a súa nai, que fora alcohólica, agora está "ida" por mor da morte afogada da irmá pequena.
Por unhas e por outra, Nicolau quere ir a Madrid para atoparse con Marcos e dedicarse a trapichear con droga.
Fai auto-stop e páralle unha muller. Sobe ao coche aínda que el preferiría que lle parase un home porque pensa que as mulleres non saben conducir.
Esta muller é boa condutora, até moi atrevida, non di o seu nome nin fai preguntas, mais acaba sabendo todo sobre Nicolau. A muller é moi falangueira, cousa que a el lle molesta, el contesta con monosílabos e rematan tendo algunha discusión e enfado.
Pararon a xantar, visitaron un mosteiro,... e a señora sempre vai chantándolle indirectas que teñen que ver coa vida de Nicolao.
Chega un momento no que Nicolau se derruba e chorando cóntalle a situación coa moza e co seu amigo Marcos. Ela consólao e acaba por convencelo de que Natalia non se liara con Marcos, senon que era unha estratexia deste para separalos e para que non artellaran unha coartada para exculpar a Natalia do roubo no súoer.
Cando chegan a Madrid, dálle pena separarse dela e ela acompáñao até o lugar onde quedara con Marcos. Dálle o enderezo do hotel onde se vai hospedar por se a necesita.
Nicolau vai para a casa de Marcos, un tugurio no que dorme moita xente. Entre esta xente está Mileidi, unha moza que se lle parece a Natalia, e que se encarga da limpeza e de amañar algo a desorde do piso. Todos eles dedícanse a trapichear coa droga que Nicolau trouxera de Abra.
Un día que sae daquel antro vai até o hotel da muller compañeira de viaxe. O recepcionista deulle unha nota que ela deixara para el por se pasaba por alí mentres ela ía a Granada buscar a súa filla. Tamén lle di que morrera o día anterior nun accidente de coche no percurso desa viaxe.
A nota está asinada co seu nome, Xulia Andrade, e déixalle cartos para volver a Galicia.
El regresa e vai ao enterro de Xulia en Vilanova. Alí reencóntrase con Natalia que ten moitas feridas dun accidente de coche: Xulia era a nai de Natalia e fora a Granada a buscala porque ela fuxira, aínda que inocente, do díxome-díxome da vila.
Déronse apertas e bicos e Nicolau comezou a entender todo.
Narrador
É un narrador protagonista, en primeira persoa que combina o monólogo interior co diálogo coa outra protagonista.
Tempo
Desenvólvese nun día de primavera entre as nove da mañá e a noite cando chegan a Madrid.
O penúltimo capítulo narra os dez días en Madrid.
O último, en Vilanova, no enterro.
Espazo
É unha novela de estrada, dentro do coche e desde unha vila da costa galega até Madrid.
Personaxes
-Principais:
- Nicolau Arís: mozo de 17 anos, confuso pola adolescencia, foxe dos problemas. Madura coa morte de Xulia
- Xulia: muller de media idade, escritora.
- Secundarios: Marcos e Natalia.
venres, 27 de abril de 2018
AFONSO X: Ai eu coitada, como vivo em gram cuidado
Afonso X ou Sancho I
Ai eu coitada, como vivo em gram cuidado
por meu amigo que hei alongado;
muito me tarda
o
meu amigo na Guarda.
Ai eu coitada, como vivo em gram desejo
por meu amigo que tarda e nom vejo;
muito me tarda
o
meu amigo na Guarda.
1.-Forma
·
É unha cantiga de amigo porque:
- aparece a palabra amigo;
- breve e autóctona;
- fala unha muller namorada; moza
solteira;
- quéixase pola ausencia do noivo;
- símbolos;
- desenvólvese nun marco natural.
·
Esta cantiga está formada por 2
cobras de 4 versos cada unha. Cada verso ten 10-13 sílabas e rima femia
·
Ten refrán, é polo tanto unha
cantiga de amigo de refrán
·
O refrán está formado por 2
versos de 4-7 sílabas e rima femia
2.-Esquema
métrico
·
Presenta o seguinte esquema
métrico
|
|
I
|
II
|
|
13’
|
a
|
b
|
|
10’
|
a
|
11' b
|
|
4’
|
R
|
R
|
|
7’
|
R
|
R
|
Esta cantiga está formada por 2 dísticos monorrimos
Son cobras singulars porque cada unha ten un
esquema de rima diferente: a primeira cobra a-o e a segunda e-o.
3.-Recursos
estilísticos
Os recursos que presenta son
a) Refrán: verso 3 e 4 de cada cobra.
b) Paralelismo: verso 1, 5 e 2,6.
c) Non ten leixaprén
É unha cantiga narrativa monologada porque unha
moza conta en 1ª persoa os seus sentimentos.
Non está clara a súa variedade, pero podemos
deducir que é unha mariña ou barcarola porque nomea o topónimo Guarda, unha
vila mariñeira, e polo tanto localizámola na beira do mar. Tamén pode ser que
se refira a que estaba de garda na guerra.
4.-Conclusión
- A voz lírica é unha moza
solteira que narra en primeira persoa.
- Fai un monólogo en
primeira persoa no que amosa a súa desesperación pola tardanza do amigo.
- O escenario é un marco
natural, neste caso a Guarda, unha vila mariñeira.
- O argumento resúmese en
que a moza solteira acode á Guarda para atoparse co seu namorado, pero
este non chega e ela desespérase e preocúpase por se lle pasou algunha
desgraza.
- Non presenta símbolos.
FOLE, ÁNXEL: "Antón de Cidrán"
"Antón de Cidrán" de Á lus do candil.

Este conto, "Antón de Cidrán", pertence ao libro de Ánxel Fole Á lus do candil publicado en 1953.
Este libro de relatos é un retrato da Galicia máxica e popular.

A unidade dos diferentes relatos vén dada porque:
- están narrados á luz dun candil e ao carón do lume.
- presentan personaxes da sociedade galega decadente: a fidalguía, un escribán, un administrador, dous criados.
Neles tamén se fai referencia a dúas galicias: a Galicia material (paisaxe, costumes) e a Galicia inmaterial (crenzas e supersticións).
Tema
Trata un tema moi propio da Galicia rural: o destino e a superstición (aviso de morte para o que ve o seu propio enterro).
Argumento
Antón e o seu compadre van ás festas de Lugo, o San Froilán. Despois de facer unha boa venda e con cartos no peto, pasan o día comendo e bebendo. Voltan á casa por un atallo e Antón ve, aló lonxe, un enterro. Ao día seguinte morre de accidente e así cúmprese a crenza de que o que presencia o propio enterro en vida ten próxima a morte.
Estrutura
Ten unha estrutura sinxela, é unha narración lineal con:
- Presentación: os dous primeiros parágrafos.
- Nó: desde "Unha vez veu a Lugo" até "Unha hora despois deixábao na casa".
- Desenlace: os tres parágrafos finais, aínda que o derradeiro é a conclusión didáctica.
Semella unha narración oral porque:
- Ten unha fórmula de apertura: "Unha vez..."
- Chamadas de atención aos oíntes: "inanque lles pareza mentira", "xa sabedes que".
- Narrador testemuña: "o señor de Saberei díxome que..."
- Uso de refráns: tanto custa, tanto che dou.
- Fala viva e popular chea de castelanismos, vulgarismos e dialectalismos: inanque, fuegos, faguían, cafeses, cas,...
- Conclusión didáctica: É ben certo que...
Presenta moitos elementos que axudan a darlle realismo como:
- Detalles da toponimia: rúas, prazas, a campa
- Descrición dos personaxes: "o viño facíalle ver todo doado", Pedro faláballe a Antón".
- Uso dunha lingua e expresións populares: rebusto e sanguíñeo, as barracas do San Froilán, vían chover onzas,...
Narrador
É un narrador omnisciente con trazos de narrador testemuña.
Personaxes
Os protagonistas son:
- Antón de Cidrán: labrego e tratante de madeiras, é afouto e ten un carácter botado para adiante.
- Pedro, o seu compadre: é discreto (non fala de si mesmo directamente), é emprendedor (quere coller os dous negocios).
Personaxes secundarios podemos considerar ao señor de Sabarei e ao propio narrador.
Espazo
Trátase dun espazo real que contribúe a darlle verosimilitude ao relato. Mestura o ambiente urbano co rural e localízanos a acción perfectamente mediante os topónimos: O Paáramo, Lugo e as súas rúas e prazas, Conturín, Paradela, campa de Xan da Cruz,...
O descrición do espazo tamén axuda a crear un ambiente misterioso: chuvia, noite, campa solitaria (campa co seu dobre significado de campo extenso e tamén de lousa do camposanto), luces e caixa de morto (a Santa Compaña, quizais).
Tempo
Preséntanos unha historia atemporal, aínda que a podemos situar nos anos 30 ou 40 do século XX xa que os personaxes son tratantes que se desprazan a cabalo, viaxan leguas e cobran en reás. Desenvólvese exactamente o día de San Froilán, 5 de outubro.
O tempo da historia abarca, máis ou menos, vintecatro horas, desde a mañá do San Froilán até a mañá do seguinte día.
Tamén é salientable que o percurso do tempo vai da luz ás tebras, da vida á morte: mañá clara, solpor, noite e mañá seguinte escura e de chuvia intensa.
xoves, 26 de abril de 2018
O PERGAMIÑO VINDEL
As sete cantigas do pergamiño poden ser vistas como un único poema xa que:
- Todas teñen o mesmo tema
- A mesma localización xeográfica.
- As ondas do mar de Vigo son as confidentes.
Por iso podemos falar de que Martín Códax, seguindo a Tavani, cóntanos unha historia de amor, pero un amor que remata en desesperanza xa que o amigo non aparece. É unha historia circular, xa que comeza e remata coa interpelación ás ondas sobre a tardanza do namorado.
Cantiga I: unha muller nova namorada sente saudade do seu amigo. É a situación típica amorosa: como non está o amado, ten ansia de velo.
Cantiga II: a moza está contenta porque é informada de que o amado vai volver e dille á nai que o irá agardar a Vigo.
Cantiga III: chea de esperanza, convida a irmá e nai a ir a Vigo porque alí vai chegar o namorado.
Cantiga IV: tristura porque ela foi a Vigo e o seu namorado non chegou. Está chorando soa.
Cantiga V: amosa novamente a saudade e convida a todas as nomoradas coma ela a un baño ritual.
Cantiga VI: bailando no adro descobre a realidade, ela está namorada, mais non ten amigo xa que só o viu unha vez nesa igrexa.
Cantiga VII: retoma o diálogo iniciado coas ondas na cantiga I. Xa está desesperanzada, o seu amigo non aparece e o máis triste: non sabe porque a deixou soa.
Esta é a única cantiga que non ten notación musical.
Aínda que as cantigas de Martín Códax aparecen na mesma orde en todos os cancioneiros, seguindo unha interpretación algo arriscada de J.J. Nunes, podemos facer con elas unha historia de amor con final feliz se as desordenamos.
Cantiga I: unha muller nova namorada sente saudade do seu amigo. É a situación típica amorosa: como non está o amado, ten ansia de velo.
Cantiga II: a moza está contenta porque é informada de que o amado vai volver e dille á nai que o irá agardar a Vigo.
Cantiga III: chea de esperanza, convida a irmá e nai a ir a Vigo porque alí vai chegar o namorado.
Cantiga IV: tristura porque ela foi a Vigo e o seu namorado non chegou. Está chorando soa.
Cantiga V: amosa novamente a saudade e convida a todas as nomoradas coma ela a un baño ritual.
Cantiga VII: retoma o diálogo iniciado coas ondas na cantiga I. Xa está desesperanzada, o seu amigo non aparece e o máis triste: non sabe porque a deixou soa.
Esta é a única cantiga que non ten notación musical.
Aínda que as cantigas de Martín Códax aparecen na mesma orde en todos os cancioneiros, seguindo unha interpretación algo arriscada de J.J. Nunes, podemos facer con elas unha historia de amor con final feliz se as desordenamos.
HISTORIA CON FINAL FELIZ
Así sería.
venres, 12 de xaneiro de 2018
TÉCNICAS DE ESTUDO
TÉCNICAS
DE ESTUDO
QUE
É ESTUDAR?
Estudar é comprender as cousas.
Estudar non é:
Pasar
apuntamentos a limpo.
Facer deberes.
Completar os cadernos.
Ler libros.
Pasar horas diante dun libro ou apuntamentos.
Que
necesitamos?
Material: libros, papel,
bolígrafos…
Técnicas: esquemas, resumos,
subliñado…
Disposición:
interese, ganas, motivación…
Teste que
esforzar todos os días. Estudar é moi pesado e difícil.
Ímosche axudar, mais sen o teu esforzo e ganas a axuda non serve de nada. Isto
non é maxia!
Tes que
propoñerte obxectivos que poidas acadar, non inalcanzables a curto prazo: se
suspendiches oito na primeira avaliación, a ver
se baixamos a cinco na segunda para rematar aprobando todo. Acadar obxectivos
vaiche dar ánimo para seguirte esforzando.
Non te deixes
vencer, non
te desanimes.
Se os resultados positivos tardan, quizais teñas que esforzarte un chisco máis.
Aprende dos erros e non
dubides da túa capacidade: se outros son capaces ti tamén o es. Podemos máis do que
pensamos, se actuamos con convencemento.
Fai sempre os
exercicios e tarefas que che manden. Corríxeos
sempre na aula con moita atención, destacando os erros para visualizalos ben. Non os copies dun compañeiro. Iso é
trampa: nin cumpriches coa túa obriga de traballo nin sabes facelo (aínda que
teñas a sensación de que si).
Cando teñas
dúbidas, non quedes con elas: na casa consulta libros, apuntamentos, internet… e apunta
se non atopaches a solución para preguntar ao día seguinte na aula: pregunta ao
profesor ou a un compañeiro. Tes
que entender todo para poder logo estudar.
PARA
QUE ESTUDAR?
Temos que estudar
para
coñecer cousas novas, sentirnos ben e ter boas notas. Tamén por satisfacción
persoal, espírito de superación, ser máis listo/a. E … para ter
unhas boas vacacións!
CANDO
ESTUDAR?
É difícil sentar e estudar, custa moito concentrarse e
comezar.
Tes que estudar todos os días, até sábado ou domingo se hai moitos exames.
Estuda a diario, se o profesorado non mandou tarefas ou non hai exames próximos, non
perdas o día: fai esquemas, resumos, le…
Non deixes para o último día o estudo, en pouco tempo non vas recuperar o
que non fixeches nos días ou semanas anteriores.
Deseña un plan e cúmpreo.
Pon o horario nun lugar visible e
dillo á túa familia para que che axude a levalo a cabo.
Este horario debe ser realista: de nada vale facelo moi completo se despois non se
cumpre.
O horario debe manter un equilibrio
entre ciencias e letras.
Deixa sempre o máis rutineiro ou mecánico
para o final.
Procura estar descansado/a. Non é bo pórse a estudar despois de facer exercicio nin
xusto despois de xantar.
Durme ben (polo menos oito horas), así renderás máis e mellor ao día seguinte.
Durme ben (polo menos oito horas), así renderás máis e mellor ao día seguinte.
Leva unha axenda á clase e apunta nela tarefas, datas de exames e
entrega de traballos, dúbidas que che xurdiron na casa, notas…
Distribución do meu tempo de estudo:
Horario
|
Luns
|
Martes
|
Mércores
|
Xoves
|
Venres
|
Sábado
|
|
15:30 a
16:00
|
|||||||
16:00 a
16:30
|
|||||||
16:30 a
17:00
|
|||||||
17:00 a
17:30
|
|||||||
17:30 a
18:00
|
|||||||
18:00 a
18:30
|
|||||||
18:30
a 19:00
|
|||||||
19:00 a 19:30
|
|||||||
19:30
a 20:00
|
|||||||
20:00 a 20:30
|
|||||||
TOTAL
|
|||||||
CANTO
ESTUDAR CADA DÍA?
Se non tes hábito
de estudo:
- Durante a primeira
semana obrígate e estudar media hora diaria.
- Despois vai
aumentando cinco minutos cada día até acadar os obxectivos marcados.
- Debes facer un descanso de cinco minutos cada media hora de estudo.
- Se un
día incumpres o planificado tes que, ao día seguinte, volver ao nivel do día anterior.
Se xa tes hábito:
- Estuda como máximo unha hora seguida.
- Fai descansos
de cinco minutos.
- Non prolongues nin un minuto os períodos de descanso; se alongas o descanso, logo vaiche ser máis difícil sentar e concentrarte de novo.
ONDE
ESTUDAR?
O mellor é estudar todos os días no mesmo lugar, con boa luz e sen que te
molesten.
Estuda no teu cuarto,
nunca na cociña, sala ou comedor. No cuarto teu non debe haber tele,
consola, ordenador, aparello de música,… así non caerás na tentación
de prendelos.
Se non tes un lugar axeitado, busca unha biblioteca próxima.
A mesa debe estar ordenada e despexada: non ter debuxos, cousas ou papeis polo medio.
Podes ter un atril
que che facilite unha boa postura.
A cadeira cómoda:
non esteas dobrado, nin cos pés colgando.
É fundamental ter unha boa iluminación, pola
esquerda (se es destro).
Debe estar a temperatura media (uns 20
graos) e estar ben
ventilada xa que o cerebro precisa oxíxeno.
Cando vaias sentar leva todo o necesario, así non vas ter escusas para erguerte
da cadeira antes do descanso marcado. Ten á man libros, bolis, folios, auga…
Evita as interrupcións
durante o estudo: non estudes con música.
Só podes ter música instrumental (nunca cantada) cando fas tarefas rutineiras
que precisen pouca concentración. Nunca uses auriculares.
Fóra o móbil do cuarto, nin sequera apagado porque, aínda así, váiseche ir a vista a el. Xa falarás cos amigos/as cando remates.
COMO
ESTUDAR?
TÉCNICAS DE
ESTUDO
Xa estamos
sentados.
Que podemos
facer para comezar?
Antes de nada botarlle un
ollo ao tema:
facer unha lectura rápida
para descubrir a extensión (calcular canto nos vai levar)
apartados,
temas que trata,
vocabulario que usa…
AGORA… A TRABALLAR
SUBLIÑADO
Serve para:
Estares atento/a mentres les.
Aforrar tempo á hora de
repasar e facer esquemas.
Desenvolve a capacidade de
síntese.
Feita a primeira lectura, podes comezar a subliñar durante a
segunda.
Podes subliñar con raias (se tes mal pulso usa
regra), lapis de cores ou rotuladores.
Non uses
máis de dúas cores,
a máis viva para o máis importante.
Subliña as ideas principais, palabras clave
ou datos importantes (non preposicións, conxuncións nin exemplos).
Debes facer un subliñado equilibrado: se
subliñas pouco, non tes información; se subliñas moito, non serve de nada.
Nunca
subliñes un parágrafo
enteiro, se che parece importante ponlle corchetes ao lado.
Subliña de tal xeito que o
subliñado se poida ler de
corrido e teña sentido.
Apoia o subliñado con notas á marxe, frechas,
asteriscos,… para destacar algún aspecto.
Exemplo (texto sacado de O Portal da Lingua Galega)
A principios do
século XIX, o galego era aínda a lingua oral de case toda a poboación. A partir
da metade do século, o castelán vai substituíndo o galego entre a burguesía
urbana.
Mais o século XIX é tamén o da recuperación do galego
como lingua de cultura. Rexurdimento é o nome do movemento de renovación que tivo lugar
en Galicia nesta centuria e que supuxo a dignificación literaria da nosa lingua
propia. Cantares
gallegos, a primeira obra escrita totalmente en lingua galega,
publicada en 1863 por Rosalía de Castro, inaugurou o chamado Rexurdimento pleno.
Contra finais do século o uso literario do galego comezou a estenderse a
outros xéneros diferentes do lírico que ata entón predominara, como o narrativo
e o dramático, aínda que con limitacións que confinaban a lingua propia de
Galicia nas temáticas histórica e costumista.
As primeiras
gramáticas e dicionarios galegos, esenciais para a súa estandarización,
apareceron tamén no século XIX.
MAL SUBLIÑADO: moitas cores e moi extenso.
A principios
do século XIX, o
galego era aínda a
lingua oral de case toda a poboación. A partir da metade do século, o castelán vai substituíndo o
galego entre a burguesía urbana.
Mais o século
XIX é tamén o da recuperación
do galego como lingua de cultura. Rexurdimento é o nome do
movemento de renovación
que tivo lugar en Galicia nesta centuria e que supuxo a dignificación literaria da nosa lingua propia. Cantares
gallegos, a primeira obra escrita totalmente en
lingua galega, publicada en
1863 por Rosalía de Castro, inaugurou o chamado Rexurdimento pleno.
Contra finais
do século o uso literario do galego comezou a estenderse a outros xéneros diferentes do
lírico que ata entón predominara, como o narrativo e o dramático, aínda que con
limitacións que confinaban a lingua propia de Galicia nas temáticas histórica e
costumista.
As primeiras
gramáticas e dicionarios galegos, esenciais para a súa estandarización, apareceron tamén no século XIX.
BEN:
pode lerse de corrido, suprimíronse os conectores e exemplos (empezamos
estudando sen exemplos, pero logo incorporámolos noutra cor)
ESQUEMAS E MAPAS CONCEPTUAIS
Consisten
en organizar os conceptos dun xeito moi gráfico e visual, ten que entrar
polos ollos!
Os esquemas son máis simples
que os mapas conceptuais xa que nestes engádense conectores.
Os tipos de esquemas máis
utilizados son os de chaves, raias ou números.
Para
facer un bo esquema debemos:
Ler o
texto atentamente
antes de nada.
Identificar os conceptos chave (podemos
subliñalos no texto) facendo unha listaxe dos mesmos.
Colocar o concepto principal na parte
superior ou na esquerda (dependendo do tipo de esquema)
Xerarquizar os conceptos segundo a súa importancia ou especificidade.
Conectar os conceptos cunha palabra de enlace.
Exemplo (texto sacado da Galipedia,
adaptación)
Variedades
lingüísticas no galego
Variedades diacrónicas
Son as
variacións dunha lingua ao longo dos séculos. Dependen do momento ou período
histórico no que nos situemos para estudar a lingua.
Na escrita distinguimos o
galego medieval (desde o século XII), o galego moderno (desde o século XVI), o
galego contemporáneo (desde o século XIX ata hoxe).
Variedades xeográficas
As mudanzas deste tipo
pertencen á variación diatópica e consisten en que existen
variantes na forma de falar unha mesma lingua debidas á distancia xeográfica
que separa aos falantes. Así, por exemplo, no bloque galego occidental
dise pantalóns mentres que no central dise pantalós e
no oriental pantalois.
A estes cambios de
tipo xeográfico chámaselles dialectos e, ao seu estudo, dialectoloxía. Cómpre aclarar que
este termo non ten ningún sentido negativo, pois, erróneamente, foi común
chamar dialecto a linguas que supostamente son "sinxelas" ou
"primitivas". Hai que ter presente, ante todo, que todas as linguas
do mundo, dende o punto de vista gramatical, atópanse en igualdade de
condicións e ningunha é máis evolucionada cá outra. Por iso, é ilóxico afirmar
que unha lingua é mellor cá outra.
Variedades sociais
A este tipo de
variacións chámaselles tamén diastráticas e comprenden tódalas
mudanzas da linguaxe producidas polo ambiente no que se desenvolve o falante.
Dentro deste eido, interesa sobre todo o estudo dos sociolectos,
os cales débense a factores como a clase social, a educación, a profesión, a
idade, a procedencia étnica etc. En certos países onde existe unha xerarquía
social moi clara, o sociolecto da persoa é o que define a que clase social
pertence. Iso supón, por suposto, unha barreira para a integración social.
Variedades situacionais
Coñecidas tamén como
variacións diafásicas, este tipo de variantes involucra cambios na
linguaxe a partir da situación na que se atopa o falante. Como se sabe, non se
fala igual nunha festa de amigos que nunha actividade relixiosa. Dende este
punto de vista, o que provoca o cambio é o grao de formalidade das
circunstancias. O grao de formalidade enténdese como a estrita observancia das
regras, normas e costumes na comunicación lingüística.
Tomando en
consideración este factor, os especialistas falan da existencia de
diversos rexistros ou estilos. Deste xeito, no intre de
expresarse, os falantes deben elixir un rexistro axeitado á circunstancia na
que se atopa.
Non existe acordo en
canto a cantos e cales tipos de rexistros existen. Polo xeral, distínguense os
seguintes: solemne, culto ou formal, estándar, profesional, coloquial, frío,
vulgar e xergal.
ESQUEMA DE CHAVES
ESQUEMA FRECHAS
ESQUEMAS
VISUAIS
RESUMO
Facer un resumo non é nada fácil. Resumir é sacar a palla para quedar só co importante.
Primeiro lemos o texto con moita atención,
buscamos os termos que non entendemos no dicionario.
Unha vez lido, e até relido varias veces, buscamos as palabras chave
(pódense subliñar) sobre o sunto, buscar a súa esencia.
Agora tes que organizar o que entendiches do texto. Debes
responder de xeito doado á pregunta: que di o texto?
Neste momento podemos comezar a resumir respondendo a esta
pregunta: como lle
explicarías ti ese tema a alguén?
Fai o resumo coas túas propias palabras.
Non serve de nada copiar anacos enteiros do
libro ou do texto porque ti non estás absorvendo nada.
Cando escribes debes
esforzarte en explicar a
materia para fixar o contido.
Debes ir parágrafo a parágrafo.
A extensión do resumo debe ser,
máis ou menos, un cuarto do
texto, é dicir, por catro liñas ti tes que facer unha de resumo.
Imos facer un resumo, a modo de
exemplo, deste texto sacado d´O Portal da Lingua Galega, refernte ao período da historia da
nosa lingua entre os séculos XV e XVIII.
Tempos
de dificultades
A fins do Medievo, a lingua galega entrou
nun período de decadencia
nos seus usos formais e literarios, provocado fundamentalmente por un contexto
sociopolítico dominado por unha clase mandataria foránea e allea aos intereses culturais e
identitarios de Galicia.
Malia a pervivencia da lingua no ámbito privado e nos
contextos de comunicación
informal, o galego estivo ausente dos usos formais e escritos durante un longo período de tres séculos
–XVI, XVII e XVIII–, chamados Séculos
Escuros.
No entanto, no século XVIII houbo voces que,
influenciadas polos ideais ilustrados, mostraron a súa preocupación polo subdesenvolvemento do
galego e propugnaron a súa estandarización e a súa introdución nas escolas.
Figura senlleira desta época é o padre
bieito frei Martín Sarmiento (1695-1779).
Unha das preocupacións de Sarmiento foi o coñecemento científico do idioma galego, que
recolleu en varios traballos de campo e que estudou en numerosos escritos. O
interese filolóxico do bieito polo galego herdouno o frade da mesma orde, frei Juan Sobreira (1746-1805).
Outra das preocupacións de Sarmiento foi a situación de marxinación social do galego. En numerosos
lugares denuncia
que o galego non sexa a lingua da alfabetización, da Administración e da Igrexa.
Resumo:
(Ver subliñadas as
palabras chave)
Tempos de dificultades
A finais da Idade Media o galego deixou de usarse no
ámbito formal e literario porque as clases dirixentes non eran de fóra de
Galicia e non amosaban interese pola nosa cultura.
A lingua galega segue a usarse no ámbito privado e oral, pero
desaparece dos usos formais e escritos. Este período chamase Séculos Escuros e
abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII.
Con todo, o século XVIII supón un pequeno cambio xa que
hai persoeiros que, influenciados pola Ilustración, defenden a valía do galego
e o seu estudo nas escolas.
A principal figura foi Sarmiento que se preocupou polo estudo
científico da lingua, reflectindo estes estucos en numerosos escritos. Tamén se
manifestou contrario á marxinación que sofre o galego e denuncia que non sexa a
lingua da escola, igrexa ou administración.
TESTS PRÁCTICOS
Consiste en facer unha simulación
de exame. De paso que vas lendo o tema vas apuntando preguntas
posibles. Comeza con preguntas de resposta curta para
logo poder unir unhas con outras e facer así contestacións a preguntas amplas.
Logo respondes a esas cuestións.
Exemplo: Texto de O Portal da Lingua
Galega referente ao século XIX.
Século XIX
O século XIX marca a recuperación dos usos
literarios do galego, á vez que -da par dos cambios políticos e económicos que
traen o Estado liberal e o capitalismo- se inicia unha progresiva perda de
falantes.
A principios do século XIX, o galego era aínda a
lingua oral de case toda a poboación. A partir da metade do século, o castelán
vai substituíndo o galego entre a burguesía urbana.
Mais o século XIX é tamén o da recuperación do galego
como lingua de cultura. Rexurdimento é o nome do movemento de renovación que tivo lugar en
Galicia nesta centuria e que supuxo a dignificación literaria da nosa lingua
propia. Cantares
gallegos, a primeira obra escrita totalmente en lingua galega,
publicada en 1863 por Rosalía
de Castro, inaugurou o chamado
Rexurdimento pleno.
Contra finais do século o uso literario do galego
comezou a estenderse a outros xéneros diferentes do lírico que ata entón
predominara, como o narrativo e o dramático, aínda que con limitacións que
confinaban a lingua propia de Galicia nas temáticas histórica e costumista.
As primeiras gramáticas e dicionarios galegos,
esenciais para a súa estandarización, apareceron tamén no século XIX.
FACEMOS AGORA O TEST:
Preguntas:
- Que supón o século XIX?
- Que sucede a comezos do XIX?
- Que sucede a partir da segunda metade do XIX?
- Que é o Rexurdimento?
- Quen o inaugura e cal é a primeira obra?
- A que outros xéneros se estende o uso literario do galego?
- Cando aparecen as primeiras gramáticas e dicionarios do
galego? Para que?
A seguir respondes as preguntas:
- Supón a recuperación dos usos literarios do galego, pero
tamén comeza a perda de falantes.
- A comezos do XIX o galego é a lingua oral de case toda a
poboación.
- Na segunda metade o castelán vai substituíndo o galego,
sobre todo nas cidades.
- O Rexurdimento é un movemento de renovación que supón a
dignificación literaria da nosa lingua.
- Comézao Rosalía de Castro en 1863 coa publicación de Cantares
gallegos.
- Comezou en poesía, pero esténdese á narrativa e á
dramática.
- Aparecen no XIX e pretenden a estandarización (unificar
as diferentes formas) da lingua galega.
MEMORIZACIÓN
Despois de aprender algo o difícil é lembralo despois. Co paso do tempo imos esquecendo cada
vez máis detalles, por iso é necesario repasar o aprendido.
O estudado hoxe convén repasalo mañá
e así varias veces para non esquecer
os aspectos máis relevantes.
Á hora de memorizar con máis facilidade podemos recorrer á nemotecnia (formar
palabras ou frases que lle axuden ao noso cerebro a lembrar).
Por exemplo, para lembrar as
consoantes xordas recorremos ás palabras
PaTaKaS, CHoZa, XeFe. As consoantes
xordas son: p, t, k, s, ch, z, x e f.
Para lembrar as provincias de Andalucía:
Helena Sempre Compra Xamón e Carme Merca Gravatas Azuis. As iniciais corresponden a Huelva, Sevilla, Córdoba, Xaén,
Cádiz, Málaga, Granada e Almería.
Estas
axudas son persoais, cada un debe inventar as súas.
PROBLEMAS E EXERCICIOS
Diante dun problema tes que:
Ler ben até entender o enunciado.
Analiza e distingue
ben os datos.
Fai un debuxo ou un gráfico para entender ben o problema.
Pensa nun método para resolvelo.
Aventura un resultado, predí a solución sen facer ningunha
operación.
Comeza coa resolución.
Fai con moito
coidado as operacións.
Dáche un resultado lóxico? Se é algo disparatado, repasa.
Non esquezas
poñer as unidades
no resultado: cm, €, vatios,..
PARA REPASAR OS EXERCICIOS DA CLASE
- Tes que ter todos os exercicios feitos e corrixidos no caderno.
- Copia os enunciados noutro caderno e vainos resolvendo sen mirar.
- Se xa os resolves todos con eficacia e rapidez inventa ti outros
semellentes:
Primeiro cambia só algunhas cantidades numéricas.
Logo varía tamén signos de operacións.
Por último modifica tamén unidades.
Deste xeito podes
seguir os modelos da clase e, en caso de dúbida, consultar os resoltos polo
profesor/a.
OS EXAMES
Para sacar boas notas hai que levar as materias ao día
e estudar todos os días.
Pero aínda así, aí van algunhas recomendacións:
Non deixes todo para o último
día.
A véspera non podes empachar, deixa para o día anterior só o
repaso final intenso.
Vai para a cama á
túa hora, descansa e durme o
suficiente.
Con descanso a
memoria funciona mellor.
Non intentes estudar na
aula durante a hora anterior, non te vas
concentrar e só vas aumentar o nerviosismo.
Repasa os teus resumos ou
esquemas.
Sen nervios (porque
tes todo controlado) le o exame con calma.
Comeza a contestar
polo que mellor sabes, así gañas
confianza.
MOITA SORTE E PARABÉNS POLO TRABALLO BEN FEITO!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















