venres, 19 de setembro de 2014

Sosego




Cincuenta poemas




 

AGOSTO

Como se demora, preguizosa, a luz
dourada dos solpores nos teus ollos,
como se fire, delicada, nas túas perfebas.
Como se dispersan os sons e chegan,
a penas, os ecos dos xogos dos nenos,
remotos, apagados.

Serenidade.
Non conta o pasado, non existe o futuro.


A vibración no areal dos corpos
baixo os últimos raios.

Que distante a dor, que vago todo.

Como transitan o teu corpo ríos interiores
e podes percibilos.
Como riza a brisa o cabelo nas túas meixelas.

E as mans atópanse por azar,
sorprendidas, felices.
Transmítense confidencias.
Confúndense, tenues, as nosas respiracións
coa profunda e poderosa respiración do mar.












INVITACION A VIAXE


I

Esplendoroso
sol entre piñeiros.

Invitación. Chamada.
Detén o tempo o seu cerco.

Inarticulada luz
que me traspasa.

Solpor do mundo.
Cinza e luz.
A fin, o comezo.

Outros lugares me reclaman.





II

A brisa da tarde
cun rumor xordo,
agarímanos a face.

Despedímonos.

Agárdanos a viaxe.

Outras serán as mans,

outro o vento que abane
dondamente os teus cabelos
e te anaine.

Eu ficarei coa néboa.

Onde ninguén me escoite.


III

Aciñeirais.
Luz cansada,
pálida.

¿Por que nunca chegara
a este lugar de asombro?

Cruzan paxaros.

Vaise o día
e ninguén se decata.

Espacio desolado.

Algo pasa. Melancolía leve
como ala.


 

xoves, 18 de setembro de 2014

Lembranza







Poemas da ausencia



A túa sorrisa:
ágoa,
un anaco de luz,
unha folerpa de aire.
Amiga:
¡na túa sorrisa
a ialma!
Na túa sorrisa
a ialma
pra que se faiga soño esta lembranza.