sábado, 31 de decembro de 2016

mércores, 14 de setembro de 2016

Vésperas

Desleixado o verán, agarda


a chegada do solerma outono.




Verán axeonllado...  por que te deixas esfiañar?

 Encetamos nova andaina. Imos.


sábado, 16 de abril de 2016

LISBOA, EU VOU

Lisboa con encanto.


Que Lisboa é unha cidade con encanto, mais de contrastes, está claro desde que comezar a buscar onde durmir: Pensão Londres ou Lisbon city Hotel?



Pensão Londres
Panorámica desde o Lisbon City Hotel




















O mesmo sucede á hora de ir de compras ou de tomar unha hamburguesa: na Tasca Pombalina (Praça de Dom Pedro IV, 77) ou na estremeira McDonald´s? Non cabe dúbida de que a preferida é a primeira, sobre todo se é domingo e o Benfica fai sofrer os seareiros.




Discutimos até para saber cal é o  santo predilecto.

Santo António
S. Vicente


Cal é o grafitti que te namora?

Ó subalimentados do sonho! a poesia é para comer...



E de "futebol"... diso xa nin falamos.



Elevador da Gloria
Lisboa é coñecida como a cidade dos sete outeiros. É ben certo que estás sempre a subir e a descender, porén tes a axuda dos elevadores. Hai catro en funcionamento: o da Lavra (une Avda. da Liberdade ao Campo de Santana), o da Gloria (Restauradores co Miradouro de S. Pedro de Alcântara), o da Bica (Ribeirinha co Bairro Alto) e o único vertical e máis sonado, o elevador de Santa Justa (une a Baixa co Largo do Carmo).
Tamén é de agradecer o Eléctrico 28, un cliché lisboeta, mais difícil de evitar para calquera visitante.

 

A carreira 28, ateigada a calquera hora do día, sae da Praça Martim Moniz, gabea renxendo e acaroándose aos principais monumentos e barrios da cidade: Graça, São Vicente de Fora, Alfama, Portas do Sol, Sé Catedral, Baixa, Chiado, Calçada do combro, São Bento, Basílica da Estrela e remate en Prazeres.

Chiado.
Partindo do Rossio accedemos a el pola rúa do Carmo, tamén se pode mediante o elevador de Santa Justa.
- Luvaria Ulisses (rúa do Carmo, 87) o comercio máis pequeno do mundo.



















Teatro Trindade
- Livraría Bertrand (rúa Garrett, 73-75): como non, a máis antiga do mundo e a livraría Ferin (rúa Nova do Almada, 70-74).
- Na rúa Garrett tamén temos a pastelaría Bénard (nº 104) e o café  A Brasileira coa súa famosa presenza de Pessoa.
Iremos cara o largo do Carmo e admiraremos a decadente beleza das ruínas do seu convento. Ao entar ou saír temos que achegarnos ao teatro da Trindade.



De volta á rúa Garrett, buscamos a rúa Anchieta porque no número 11 da mesma atópase unha tenda con gran encanto A vida portuguesa.

Interior da tenda
Baldas dun expositor



Cartel 


Damos a volta polo Teatro nacional de S. Carlos (rúa Serpa Pinto, 8) regresando á fermosa, aínda que moi ruidosa Praça Luís Camões.
Para xantar eliximos a Taberna da rúa das Flores, pola súa proximidade á praza e pola súa boa cociña  entre tradicional e moderna (rúa das Flores, 103).

- Pola rúa da Horta Seca atravesamos o bairro da Bica e chegamos ao miradouro de Santa Catarina, a posta de sol é espectacular.
 - Rematamos na rúa Alecrim nº 19, alí está a sorprendente Pensão Amor para gozar da música tomando unha copa e, sobre todo, admirar a decoración. No fondo da rúa está a zona de Cais do Sodré e a súa multiculturalidade.
Detalle da entrada.

Baixa.

A Baixa confórmana varias prazas e rúas en cuadrícula. Comercio tradicional, cafés e artistas de rúa animan os paseantes.
Tenda de venda a granel.
Cartel de comercio.

 A Praça do Comercio está sempre ateigada -achegámonos á ribeira do Tejo-, mais aos seu carón está a Praça do Municipio moito máis tranquila (aquí admiramos o pazo da Câmara Municipal e a súa escaleira e varanda).

Castelo desde a Praça
Praça


Nocturno


Pasando por diante do elevador de Santa Justa, chegamos á Praça de D. Pedro IV, no Rossio. 


A estação do Rossio, o teatro dona Maria, a praça de Restauradores e para comer a Casa do Alentejo (rúa das Portas de Santo Antão, 58), merece a pena pola súa arquitectura e, obvio, pola comida.
Casa do Alentejo.
Confeitaría Nacional
Rematamos o paseo pola Baixa na Praça da Figueira degustando unha bica e uns petiscos salgados ou doces na Confeitaria Nacional (Praça da Figueira, 18).


Parque Eduardo VII.

Subindo a Avenida da Liberdade damos na Praça Marqués de Pombal e a seguir o Parque de Eduardo VII. É unha zona comercial (El Corte Inglés), mais cabe un par de visitas. As Estufas (quente e fría), aínda que algo decrépitas, lévannos a un mundo de exuberancia vexetal.
Non debemos perder a Casa-museu Medeiros e Almeida (antes de chegar á Praça Marqués de Pomba, na rúa Rosa Araújo, 41), destaca a colección de reloxios e as "pratas".
Despois do Parque Eduardo VII é imprescindible que vaiamos ao Museu Calouste Gulbenkian na avenida Berna, 45. Admiraremos nas súas salas desde arte exipcia, islámica, chinesa, pintura, escultura,... e, se nos fartamos, damos un paseo polos xardíns e volvemos entrar.






Bairro Alto.

Desde a Praça de Restauradores o elevador da Gloria  déixanos no miradouro se São Pedro de Alcântara con estupendas vistas á cidade.




Sguindo a rúa Dom Pedro V atopamos no baixo da Pensão Londres a Pastelaria-padaria São Roque na que, aínda que non probemos as súas sandes, temos que entrar para admirar o seu colorido e arrecendo.

Padaria São Roque.

Na mesma rúa D. Pedro V, nº 89 está o Pavilhão Chinês,...  bar ou museo? Varios miles de obxectos agardan a túa curiosidade.




Extasiados, seguimos ata o jardim Botânico e a Praça do Príncipe Real e os seus xardíns para coller folgos despois do empacho visual.

De noite podemos ir a un fado, no que as axencias de viaxes non meten autobuses de turistas, A Tasca do Chico na rúa Diário de Noticias, nº 39 para oír o espírito lisboeta cunha cervexa na man.

Alfama / Sé.

Saímos da Praça do Comercio cara a Sé.
A Sé, ao lonxe.
Pasamos a igreja da Conceição Velha cara o Campo da Cebolas. De camiño atopamos o restaurante Reviravolta con bo xantar a bo prezo. Chama tamén a nosa atención os restos das murallas da cidade, a casa de Saramago e a Casa dos Bicos que era o antigo chafariz da contorna.
Casa dos Bicos.


Subimos polo Arco de Jesus á rúa São João da Praça admirando a súa decadente construción. No nº 45 atopamos o restaurante Lanterna Verde, queda reservado para a cea. De volta cara a Sé paramos a repoñer forzas no Pois, café (S. João da Praça, 93-95) degustando as saborosas tostas -tamén sen gluten- e unha cervexa fresquiña.
Pois, café.
Bo momento para entrar na Sé é a posta do sol: entra a claridade polo rosetón inundando de cores o templo. Seguimos subindo, a igreja de Santo António, o miradouro de Santa Luzia e o das Portas do Sol.
Non esquezamos a reserva da cea!



Castelo / São Vicente de Fora.

Collemos a carreira 28 e subimos ao Miradouro da Senhora do Monte.
Miradouro S. do Monte coa Graça á esquerda e o Castelo á dereita.

Imos ao miradouro veciño, o da Graça, e desde alí baixamos á igreja de São Vicente de Fora. Atravesamos o Arco Grande de Cima e chegamos ao Campo de Santa Clara no que se instala a Feira da Ladra (aquí atopas de todo, escolle ben....)


Feira da Ladra



Baixamos a rúa Escolas Gerais e paramos a comer en Ti Natercia (Escolas Gerais, 54).

Descansados, subimos ao Castelo (con moita calma).

Desde o Castelo.




Mouraría.

Collemos camiño á Mouraría desde a Praça de Martim Moniz subindo as Escadinhas da Saúde. Na rúa das Farinhas atopamos a esencia desta zona.





Podemos tomar algo nas vellas leitarias ou en calquera cantina.

Cantina
Achegámonos á igreja de São Cristovão e decemos as escadas que hai en fronte para admirar as paredes pintadas na honra do Fado Vadio e así regresar á Baixa.

Igreja de S. Cristovão.

Grafitti.



Jerónimos / Belem.

Desprazámonos aos Jerónimos. Collemos un taxi ata o Paço da Ajuda (alí está un dos cancioneiros galego-portugueses).
Entrada Ajuda.

Baixamos ata os Jerónimos e antes de entrar tomamos uns pasteis de Belém mercados na Real Fábrica (exquisitos). Visitamos todos os monumentos da zona.

Voltamos en bus ao Rossio.




Fin.

Á casa de volta en tren desde Santa Apolónia.


S. Apolónia co Panteón ao fondo.