sábado, 28 de abril de 2018

MORENO, Mª VICTORIA: Anagnórise.


Moreno, Mª Victoria: Anagnórise.




Anagnórise é unha novela de Mª Victoria Moreno publicada en 1988. O título, segundo o dicionario da RAE, ten dúas acepcións:

 1. Reencontro e recoñecemento de dous personaxes aos que o tempo e as circunstancias tiñan separado.
2. Recoñecemento da identidade dun personaxe por outro ou outros.

Esta segunda acepción é a que coresponde á historia que nos conta. 

Ademais ten como subtítulo UNHA HISTORIA DE AMOR, e iso é o que é, un relato no que o amor triunfa.


Tema

É unha novela de temática amorosa (como nos sinala a propia autora no subtítulo), mais este tema non é único. A novela tamén está inzada de feminismo: os prexuízos machistas do protagonista son atemperados e amansados pola muller adulta que o leva no coche.


Argumento

Nicolau Arís é o protagonista e con dezasete anos foxe da súa casa e do instituto porque pensa que a súa moza, de nome Natalia, lle era infiel porque estaba saíndo co seu amigo Marcos. Ademais Natalia fora acusada de roubar no súoer e un bolígrafo moi caro na aula.
Se sentirse traizoado pola noiva non abonda, a situación familiar tampouco axuda: o pai de Nicolau está embarcado e a súa nai, que fora alcohólica, agora está "ida" por mor da morte afogada da irmá pequena.
Por unhas e por outra, Nicolau quere ir a Madrid para atoparse con Marcos e dedicarse a trapichear con droga.
Fai auto-stop e páralle unha muller. Sobe ao coche aínda que el preferiría que lle parase un home porque pensa que as mulleres non saben conducir.

Esta muller é boa condutora, até moi atrevida, non di o seu nome nin fai preguntas, mais acaba sabendo todo sobre Nicolau. A muller é moi falangueira, cousa que a el lle molesta, el contesta con monosílabos e rematan tendo algunha discusión e enfado.

Pararon a xantar, visitaron un mosteiro,... e a señora sempre vai chantándolle indirectas que teñen que ver coa vida de Nicolao.

Chega un momento no que Nicolau se derruba e chorando cóntalle a situación coa moza e co seu amigo Marcos. Ela consólao e acaba por convencelo de que Natalia non se liara con Marcos, senon que era unha estratexia deste para separalos e para que non artellaran unha coartada para exculpar a Natalia do roubo no súoer.

Cando chegan a Madrid, dálle pena separarse dela e ela acompáñao até o lugar onde quedara con Marcos. Dálle o enderezo do hotel onde se vai hospedar por se a necesita.

Nicolau vai para a casa de Marcos, un tugurio no que dorme moita xente. Entre esta xente está Mileidi, unha moza que se lle parece a Natalia, e que se encarga da limpeza e de amañar algo a desorde do piso. Todos eles dedícanse a trapichear coa droga que Nicolau trouxera de Abra.

Un día que sae daquel antro vai até o hotel da muller compañeira de viaxe. O recepcionista deulle unha nota que ela deixara para el por se pasaba por alí mentres ela ía a Granada buscar a súa filla. Tamén lle di que morrera o día anterior nun accidente de coche no percurso desa viaxe.

A nota está asinada co seu nome, Xulia Andrade, e déixalle cartos para volver a Galicia. 

El regresa e vai ao enterro de Xulia en Vilanova. Alí reencóntrase con Natalia que ten moitas feridas dun accidente de coche: Xulia era a nai de Natalia e fora a Granada a buscala porque ela fuxira, aínda que inocente, do díxome-díxome da vila.

Déronse apertas e bicos e Nicolau comezou a entender todo.


Narrador

É un narrador protagonista, en primeira persoa que combina o monólogo interior co diálogo coa outra protagonista.


Tempo

Desenvólvese nun día de primavera entre as nove da mañá e a noite cando chegan a Madrid. 
O penúltimo capítulo narra os dez días en Madrid.
O último, en Vilanova, no enterro.


Espazo

É unha novela de estrada, dentro do coche e desde unha vila da costa galega até Madrid.


Personaxes

-Principais:

                 - Nicolau Arís: mozo de 17 anos, confuso pola adolescencia, foxe                                             dos problemas. Madura coa morte de Xulia
                  - Xulia: muller de media idade, escritora.

- Secundarios: Marcos e Natalia.







venres, 27 de abril de 2018

AFONSO X: Ai eu coitada, como vivo em gram cuidado


Afonso X ou Sancho I

Ai eu coitada, como vivo em gram cuidado
por meu amigo que hei alongado;
       muito me tarda
       o meu amigo na Guarda.
 
Ai eu coitada, como vivo em gram desejo
por meu amigo que tarda e nom vejo;
       muito me tarda
       o meu amigo na Guarda.

1.-Forma
·         É unha cantiga de amigo porque:
- aparece a palabra amigo;
- breve e autóctona;
- fala unha muller namorada; moza solteira;
- quéixase pola ausencia do noivo;
- símbolos;
- desenvólvese nun marco natural.
·         Esta cantiga está formada por 2 cobras de 4 versos cada unha. Cada verso ten 10-13 sílabas e rima femia
·         Ten refrán, é polo tanto unha cantiga de amigo de refrán
·         O refrán está formado por 2 versos de 4-7 sílabas e rima femia

2.-Esquema métrico
·         Presenta o seguinte esquema métrico

I
II
13’
a
b
10’
a
11'  b
4’
R
R
7’
R
R

Esta cantiga está formada por 2 dísticos monorrimos
Son cobras singulars porque cada unha ten un esquema de rima diferente: a primeira cobra a-o e a segunda e-o.



3.-Recursos estilísticos
Os recursos que presenta son
a)       Refrán: verso 3 e 4 de cada cobra.
b)      Paralelismo: verso 1, 5 e 2,6.
c)       Non ten leixaprén

É unha cantiga narrativa monologada porque unha moza conta en 1ª persoa os seus sentimentos.
Non está clara a súa variedade, pero podemos deducir que é unha mariña ou barcarola porque nomea o topónimo Guarda, unha vila mariñeira, e polo tanto localizámola na beira do mar. Tamén pode ser que se refira a que estaba de garda na guerra.

4.-Conclusión
  • A voz lírica é unha moza solteira que narra en primeira persoa.
  • Fai un monólogo en primeira persoa no que amosa a súa desesperación pola tardanza do amigo.
  • O escenario é un marco natural, neste caso a Guarda, unha vila mariñeira.
  • O argumento resúmese en que a moza solteira acode á Guarda para atoparse co seu namorado, pero este non chega e ela desespérase e preocúpase por se lle pasou algunha desgraza.
  • Non presenta símbolos.

FOLE, ÁNXEL: "Antón de Cidrán"


"Antón de Cidrán" de Á lus do candil.



Este conto, "Antón de Cidrán", pertence ao libro de Ánxel Fole Á lus do candil publicado en 1953.

Este libro de relatos é un retrato da Galicia máxica e popular.














A unidade dos diferentes relatos vén dada porque:

- están narrados á luz dun candil e ao carón do lume.
- presentan personaxes da sociedade galega decadente: a fidalguía, un escribán, un administrador, dous criados.
Neles tamén se fai referencia a dúas galicias: a Galicia material (paisaxe, costumes) e a Galicia inmaterial (crenzas e supersticións).


Tema

Trata un tema moi propio da Galicia rural: o destino e a superstición (aviso de morte para o que ve o seu propio enterro).


Argumento

Antón e o seu compadre van ás festas de Lugo, o San Froilán. Despois de facer unha boa venda e con cartos no peto, pasan o día comendo e bebendo. Voltan á casa por un atallo e Antón ve, aló lonxe, un enterro. Ao día seguinte morre de accidente e así cúmprese a crenza de que o que presencia o propio enterro en vida ten próxima a morte.

Estrutura

Ten unha estrutura  sinxela, é unha narración lineal con:

- Presentación: os dous primeiros parágrafos.
- Nó: desde "Unha vez veu a Lugo" até "Unha hora despois deixábao na casa".
- Desenlace: os tres parágrafos finais, aínda que o derradeiro é a conclusión didáctica.

Semella unha narración oral porque:

- Ten unha fórmula de apertura: "Unha vez..."
- Chamadas de atención aos oíntes: "inanque lles pareza mentira", "xa sabedes que".
- Narrador testemuña: "o señor de Saberei díxome que..."
- Uso de refráns: tanto custa, tanto che dou.
- Fala viva e popular chea de castelanismos, vulgarismos e dialectalismos: inanque, fuegos, faguían, cafeses, cas,...
- Conclusión didáctica: É ben certo que...

Presenta moitos elementos que axudan a darlle realismo como:

- Detalles da toponimia: rúas, prazas, a campa
- Descrición dos personaxes: "o viño facíalle ver todo doado", Pedro faláballe a Antón".
- Uso dunha lingua e expresións populares: rebusto e sanguíñeo, as barracas do San Froilán, vían chover onzas,...


Narrador

É un narrador omnisciente con trazos de narrador testemuña.


Personaxes

Os protagonistas son:

- Antón de Cidrán: labrego e tratante de madeiras, é afouto e ten un carácter botado para adiante.

- Pedro, o seu compadre: é discreto (non fala de si mesmo directamente), é emprendedor (quere coller os dous negocios).

Personaxes secundarios podemos considerar ao señor de Sabarei e ao propio narrador.


Espazo

Trátase dun espazo real que contribúe a darlle verosimilitude ao relato. Mestura o ambiente urbano co rural e localízanos a acción perfectamente mediante os topónimos: O Paáramo, Lugo e as súas rúas e prazas, Conturín, Paradela, campa de Xan da Cruz,...

O descrición do espazo tamén axuda a crear un ambiente misterioso: chuvia, noite, campa solitaria (campa co seu dobre significado de campo extenso e tamén de lousa do camposanto), luces e caixa de morto (a Santa Compaña, quizais).


Tempo

Preséntanos unha historia atemporal, aínda que a podemos situar nos anos 30 ou 40 do século XX xa que os personaxes son tratantes que se desprazan a cabalo, viaxan leguas e cobran en reás. Desenvólvese exactamente o día de San Froilán, 5 de outubro.

O tempo da historia abarca, máis ou menos, vintecatro horas, desde a mañá do San Froilán até a mañá do seguinte día.
Tamén é salientable que o percurso do tempo vai da luz ás tebras, da vida á morte: mañá clara, solpor, noite e mañá seguinte escura e de chuvia intensa.


xoves, 26 de abril de 2018

O PERGAMIÑO VINDEL










As sete cantigas do pergamiño poden ser vistas como un único poema xa que:

- Todas teñen o mesmo tema
- A mesma localización xeográfica.
- As ondas do mar de Vigo son as confidentes.



Por iso podemos falar de que Martín Códax, seguindo a Tavani, cóntanos unha historia de amor, pero un amor que remata en desesperanza xa que o amigo non aparece. É unha historia circular, xa que comeza e remata coa interpelación ás ondas sobre a tardanza do namorado.






 Cantiga I: unha muller nova namorada sente saudade do seu amigo. É a situación típica amorosa: como non está o amado, ten ansia de velo.























Cantiga II: a moza está contenta porque é informada de que o amado vai volver e dille á nai que o irá agardar a Vigo.
























Cantiga III: chea de esperanza, convida a irmá e nai a ir a Vigo porque alí vai chegar o namorado.























Cantiga IV: tristura porque ela foi a Vigo e o seu namorado non chegou. Está chorando soa.























Cantiga V: amosa novamente a saudade e convida a todas as nomoradas coma ela a un baño ritual.






















Cantiga VI: bailando no adro descobre a realidade, ela está namorada, mais non ten amigo xa que só o viu unha vez nesa igrexa.




Cantiga VII: retoma o diálogo iniciado coas ondas na cantiga I. Xa está desesperanzada, o seu amigo non aparece e o máis triste: non sabe porque a deixou soa.


Esta é a única cantiga que non ten notación musical.






















Aínda que as cantigas de Martín Códax aparecen na mesma orde en todos os cancioneiros, seguindo unha interpretación algo arriscada de J.J. Nunes, podemos facer con elas unha historia de amor con final feliz se as desordenamos.


HISTORIA CON FINAL FELIZ






























Así sería.