venres, 12 de xaneiro de 2018

TÉCNICAS DE ESTUDO

TÉCNICAS DE ESTUDO


QUE É ESTUDAR?


Estudar é comprender as cousas.


Estudar non é:

Pasar apuntamentos a limpo.
       Facer deberes.
       Completar os cadernos.
       Ler libros.
       Pasar horas diante dun libro ou apuntamentos.


Que necesitamos?

Material: libros, papel, bolígrafos…

Técnicas: esquemas, resumos, subliñado…

Disposición: interese, ganas, motivación…


Teste que esforzar todos os días. Estudar é moi pesado e difícil. Ímosche axudar, mais sen o teu esforzo e ganas a axuda non serve de nada. Isto non é maxia!

Tes que propoñerte obxectivos que poidas acadar, non inalcanzables a curto prazo: se suspendiches oito na primeira avaliación, a ver  se baixamos a cinco na segunda para rematar aprobando todo. Acadar obxectivos vaiche dar ánimo para seguirte esforzando.

Non te deixes vencer, non te desanimes. Se os resultados positivos tardan, quizais teñas que esforzarte un chisco máis. Aprende dos erros e non dubides da túa capacidade: se outros son capaces ti tamén o es. Podemos máis do que pensamos, se actuamos con convencemento.

Fai sempre os exercicios e tarefas que che manden. Corríxeos sempre na aula con moita atención, destacando os erros para visualizalos ben. Non os copies dun compañeiro. Iso é trampa: nin cumpriches coa túa obriga de traballo nin sabes facelo (aínda que teñas a sensación de que si).

Cando teñas dúbidas, non quedes con elas: na casa consulta libros, apuntamentos, internet… e apunta se non atopaches a solución para preguntar ao día seguinte na aula: pregunta ao profesor ou a un compañeiro. Tes que entender todo para poder logo estudar.


PARA QUE ESTUDAR?

Temos que estudar para coñecer cousas novas, sentirnos ben e ter boas notas. Tamén por satisfacción persoal, espírito de superación, ser máis listo/a. E … para  ter unhas boas vacacións!



CANDO ESTUDAR?

É difícil sentar e estudar, custa moito concentrarse e comezar.

Tes que estudar todos os días, até sábado ou domingo se hai moitos exames.

Estuda a diario, se o profesorado non mandou tarefas ou non hai exames próximos, non perdas o día: fai esquemas, resumos, le…

Non deixes para o último día o estudo, en pouco tempo non vas recuperar o que non fixeches nos días ou semanas anteriores.

Deseña un plan e cúmpreo.

Pon o horario nun lugar visible e dillo á túa familia para que che axude a levalo a cabo.

Este horario debe ser realista: de nada vale facelo moi completo se despois non se cumpre.

O horario debe manter un equilibrio entre ciencias e letras.

Deixa sempre  o máis rutineiro ou mecánico para o final.

Procura estar descansado/a. Non é bo pórse a estudar despois de facer exercicio nin xusto despois de xantar.

Durme ben (polo menos oito horas), así renderás máis e mellor ao día seguinte.

Leva unha axenda á clase e apunta nela tarefas, datas de exames e entrega de traballos, dúbidas que che xurdiron na casa, notas…





Distribución do meu tempo de estudo:
Horario
Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
Sábado
15:30 a 16:00







16:00 a 16:30







16:30 a 17:00







17:00 a 17:30







17:30 a 18:00







18:00 a 18:30







 18:30 a 19:00







19:00 a 19:30

 






 19:30 a 20:00







20:00 a 20:30






TOTAL 











CANTO ESTUDAR CADA DÍA?


Se non tes hábito de estudo:

- Durante a primeira semana obrígate e estudar media hora diaria.

- Despois vai aumentando cinco minutos cada día até acadar os obxectivos marcados.


- Debes facer un descanso de cinco minutos cada media hora de estudo.

- Se un día incumpres o planificado tes que, ao día seguinte, volver ao nivel do día anterior.


Se xa tes hábito:

- Estuda como máximo unha hora seguida.

- Fai descansos de cinco minutos.

 Non prolongues nin un minuto os períodos de descanso; se alongas o descanso, logo vaiche ser máis difícil sentar e concentrarte de novo.



ONDE ESTUDAR?

   O mellor é estudar todos os días no mesmo lugar, con boa luz e sen que te molesten.

   Estuda no teu cuarto, nunca na cociña, sala ou comedor. No cuarto teu non debe haber tele, consola, ordenador, aparello de música,… así non caerás na tentación de prendelos.

   Se non tes un lugar axeitado, busca unha biblioteca próxima.


   A mesa debe estar ordenada e despexada: non ter debuxos, cousas ou papeis polo medio. Podes ter un atril que che facilite unha boa postura.

   A cadeira cómoda: non esteas dobrado, nin cos pés colgando.


    É fundamental ter unha boa iluminación, pola esquerda  (se es destro).

   Debe estar a temperatura media (uns 20 graos) e estar ben ventilada xa que o cerebro precisa oxíxeno.


   Cando vaias sentar leva todo o necesario, así non vas ter escusas para erguerte da cadeira antes do descanso marcado. Ten á man libros, bolis, folios, auga…

   Evita as interrupcións durante o estudo: non estudes con música. Só podes ter música instrumental (nunca cantada) cando fas tarefas rutineiras que precisen pouca concentración. Nunca uses auriculares.


    Fóra o móbil do cuarto, nin sequera apagado porque, aínda así, váiseche ir a vista a el. Xa falarás cos amigos/as cando remates.




COMO ESTUDAR?


TÉCNICAS DE ESTUDO

Xa estamos sentados.

Que podemos facer para comezar?

  Antes de nada botarlle un ollo ao tema:
   facer unha lectura rápida para descubrir a extensión (calcular canto nos vai levar)
   apartados,
   temas que trata,
   vocabulario que usa…


AGORA…  A TRABALLAR





SUBLIÑADO
 Serve para:

    Estares atento/a mentres les.

   Aforrar tempo á hora de repasar e facer esquemas.


   Desenvolve a capacidade de síntese.


Feita a primeira lectura, podes comezar a subliñar durante a segunda.

   Podes subliñar con raias (se tes mal pulso usa regra), lapis de cores ou rotuladores.

   Non uses máis de dúas cores, a máis viva para o máis importante.


   Subliña as ideas principais, palabras clave ou datos importantes (non preposicións, conxuncións nin exemplos).

   Debes facer un subliñado equilibrado: se subliñas pouco, non tes información; se subliñas moito, non serve de nada.


    Nunca subliñes un parágrafo enteiro, se che parece importante ponlle corchetes ao lado.

   Subliña de tal xeito que o subliñado se poida ler de corrido e teña sentido.


   Apoia o subliñado con notas á marxe, frechas, asteriscos,… para destacar algún aspecto.




Exemplo (texto sacado de O Portal da Lingua Galega)


A principios do século XIX, o galego era aínda a lingua oral de case toda a poboación. A partir da metade do século, o castelán vai substituíndo o galego entre a burguesía urbana.
Mais o século XIX é tamén o da recuperación do galego como lingua de culturaRexurdimento é o nome do movemento de renovación que tivo lugar en Galicia nesta centuria e que supuxo a dignificación literaria da nosa lingua propia. Cantares gallegosa primeira obra escrita totalmente en lingua galega, publicada en 1863 por Rosalía de Castro, inaugurou o chamado Rexurdimento pleno.
Contra finais do século o uso literario do galego comezou a estenderse a outros xéneros diferentes do lírico que ata entón predominara, como o narrativo e o dramático, aínda que con limitacións que confinaban a lingua propia de Galicia nas temáticas histórica e costumista.
As primeiras gramáticas e dicionarios galegos, esenciais para a súa estandarización, apareceron tamén no século XIX.


MAL SUBLIÑADO: moitas cores e moi extenso.



A principios do século XIX, o galego era aínda a lingua oral de case toda a poboación. A partir da metade do século, o castelán vai substituíndo o galego entre a burguesía urbana.
Mais o século XIX é tamén o da recuperación do galego como lingua de culturaRexurdimento é o nome do movemento de renovación que tivo lugar en Galicia nesta centuria e que supuxo a dignificación literaria da nosa lingua propiaCantares gallegosa primeira obra escrita totalmente en lingua galega, publicada en 1863 por Rosalía de Castro, inaugurou o chamado Rexurdimento pleno.
Contra finais do século o uso literario do galego comezou a estenderse a outros xéneros diferentes do lírico que ata entón predominara, como o narrativo e o dramático, aínda que con limitacións que confinaban a lingua propia de Galicia nas temáticas histórica e costumista.
As primeiras gramáticas e dicionarios galegos, esenciais para a súa estandarización, apareceron tamén no século XIX.

BEN: pode lerse de corrido, suprimíronse os conectores e exemplos (empezamos estudando sen exemplos, pero logo incorporámolos noutra cor)






ESQUEMAS E MAPAS CONCEPTUAIS


Consisten en organizar os conceptos dun xeito moi gráfico e visual, ten que entrar polos ollos!


Os esquemas son máis simples que os mapas conceptuais xa que nestes engádense conectores.
Os tipos de esquemas máis utilizados son os de chaves, raias ou números.



Para facer un bo esquema debemos:


    Ler o texto atentamente antes de nada.

   Identificar os conceptos chave (podemos subliñalos no texto) facendo unha listaxe dos mesmos.


    Colocar o concepto principal na parte superior ou na esquerda (dependendo do tipo de esquema)

    Xerarquizar os conceptos segundo a súa importancia ou especificidade.


   Conectar os conceptos  cunha palabra de enlace.





Exemplo (texto sacado da Galipedia, adaptación)

Variedades lingüísticas no galego
Variedades diacrónicas
Son as variacións dunha lingua ao longo dos séculos. Dependen do momento ou período histórico no que nos situemos para estudar a lingua.
Na escrita distinguimos o galego medieval (desde o século XII), o galego moderno (desde o século XVI), o galego contemporáneo (desde o século XIX ata hoxe).
Variedades xeográficas
As mudanzas deste tipo pertencen á variación diatópica e consisten en que existen variantes na forma de falar unha mesma lingua debidas á distancia xeográfica que separa aos falantes. Así, por exemplo, no bloque galego occidental dise pantalóns mentres que no central dise pantalós e no oriental pantalois.
A estes cambios de tipo xeográfico chámaselles dialectos e, ao seu estudo, dialectoloxía. Cómpre aclarar que este termo non ten ningún sentido negativo, pois, erróneamente, foi común chamar dialecto a linguas que supostamente son "sinxelas" ou "primitivas". Hai que ter presente, ante todo, que todas as linguas do mundo, dende o punto de vista gramatical, atópanse en igualdade de condicións e ningunha é máis evolucionada cá outra. Por iso, é ilóxico afirmar que unha lingua é mellor cá outra.
Variedades sociais
A este tipo de variacións chámaselles tamén diastráticas e comprenden tódalas mudanzas da linguaxe producidas polo ambiente no que se desenvolve o falante. Dentro deste eido, interesa sobre todo o estudo dos sociolectos, os cales débense a factores como a clase social, a educación, a profesión, a idade, a procedencia étnica etc. En certos países onde existe unha xerarquía social moi clara, o sociolecto da persoa é o que define a que clase social pertence. Iso supón, por suposto, unha barreira para a integración social.
Variedades situacionais
Coñecidas tamén como variacións diafásicas, este tipo de variantes involucra cambios na linguaxe a partir da situación na que se atopa o falante. Como se sabe, non se fala igual nunha festa de amigos que nunha actividade relixiosa. Dende este punto de vista, o que provoca o cambio é o grao de formalidade das circunstancias. O grao de formalidade enténdese como a estrita observancia das regras, normas e costumes na comunicación lingüística.
Tomando en consideración este factor, os especialistas falan da existencia de diversos rexistros ou estilos. Deste xeito, no intre de expresarse, os falantes deben elixir un rexistro axeitado á circunstancia na que se atopa.
Non existe acordo en canto a cantos e cales tipos de rexistros existen. Polo xeral, distínguense os seguintes: solemne, culto ou formal, estándar, profesional, coloquial, frío, vulgar e xergal.





ESQUEMA DE CHAVES


                                       




                                   


ESQUEMA FRECHAS






ESQUEMAS VISUAIS















RESUMO



Facer un resumo non é nada fácil. Resumir é sacar a palla para quedar só co importante.

 Primeiro lemos o texto con moita atención, buscamos os termos que non entendemos no dicionario.

  Unha vez lido,  e até relido varias veces, buscamos as palabras chave (pódense subliñar) sobre o sunto, buscar a súa esencia.


 Agora tes que organizar o que entendiches do texto. Debes responder de xeito doado á pregunta: que di o texto?

 Neste momento podemos comezar a resumir respondendo a esta pregunta: como lle explicarías ti ese tema a alguén?



  Fai o resumo coas túas propias palabras.

  Non serve de nada copiar anacos enteiros do libro ou do texto porque ti non estás absorvendo nada.


  Cando escribes debes esforzarte en explicar a materia para fixar o contido.

  Debes ir parágrafo a parágrafo.

  A extensión do resumo debe ser, máis ou menos, un cuarto do texto, é dicir, por catro liñas ti tes que facer unha de resumo.





Imos facer un resumo, a modo de exemplo, deste texto sacado d´O Portal da Lingua Galega, refernte ao período da historia da nosa lingua entre os séculos XV e XVIII.

Tempos de dificultades

A fins do Medievo, a lingua galega entrou nun período de decadencia nos seus usos formais e literarios, provocado fundamentalmente por un contexto sociopolítico dominado por unha clase mandataria foránea e allea aos intereses culturais e identitarios de Galicia.
Malia a pervivencia da lingua no ámbito privado e nos contextos de comunicación informal, o galego estivo ausente dos usos formais e escritos durante un longo período de tres séculos –XVI, XVII e XVIII–, chamados Séculos Escuros.
No entanto, no século XVIII houbo voces que, influenciadas polos ideais ilustrados, mostraron a súa preocupación polo subdesenvolvemento do galego e propugnaron a súa estandarización e a súa introdución nas escolas.
Figura senlleira desta época é o padre bieito frei Martín Sarmiento (1695-1779). Unha das preocupacións de Sarmiento foi o coñecemento científico do idioma galego, que recolleu en varios traballos de campo e que estudou en numerosos escritos. O interese filolóxico do bieito polo galego herdouno o frade da mesma orde, frei Juan Sobreira (1746-1805). Outra das preocupacións de Sarmiento foi a situación de marxinación social do galego. En numerosos lugares denuncia que o galego non sexa a lingua da alfabetización, da Administración e da Igrexa.


Resumo:
(Ver subliñadas as palabras chave)

Tempos de dificultades
A finais da Idade Media o galego deixou de usarse no ámbito formal e literario porque as clases dirixentes non eran de fóra de Galicia e non amosaban interese pola nosa cultura.

A lingua galega segue a usarse no ámbito privado e oral, pero desaparece dos usos formais e escritos. Este período chamase Séculos Escuros e abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII.

Con todo, o século XVIII supón un pequeno cambio xa que hai persoeiros que, influenciados pola Ilustración, defenden a valía do galego e o seu estudo nas escolas.

A principal figura foi Sarmiento que se preocupou polo estudo científico da lingua, reflectindo estes estucos en numerosos escritos. Tamén se manifestou contrario á marxinación que sofre o galego e denuncia que non sexa a lingua da escola, igrexa ou administración.






TESTS PRÁCTICOS



Consiste en facer unha simulación de exame. De paso que vas lendo o tema vas apuntando preguntas posibles. Comeza con preguntas de resposta curta para logo poder unir unhas con outras e facer así contestacións a preguntas amplas.
Logo respondes a esas cuestións.



Exemplo: Texto de O Portal da Lingua Galega referente ao século XIX.

Século XIX
 O século XIX marca a recuperación dos usos literarios do galego, á vez que -da par dos cambios políticos e económicos que traen o Estado liberal e o capitalismo- se inicia unha progresiva perda de falantes.
A principios do século XIX, o galego era aínda a lingua oral de case toda a poboación. A partir da metade do século, o castelán vai substituíndo o galego entre a burguesía urbana.
Mais o século XIX é tamén o da recuperación do galego como lingua de cultura. Rexurdimento é o nome do movemento de renovación que tivo lugar en Galicia nesta centuria e que supuxo a dignificación literaria da nosa lingua propia. Cantares gallegosa primeira obra escrita totalmente en lingua galega, publicada en 1863 por Rosalía de Castro, inaugurou o chamado Rexurdimento pleno.
Contra finais do século o uso literario do galego comezou a estenderse a outros xéneros diferentes do lírico que ata entón predominara, como o narrativo e o dramático, aínda que con limitacións que confinaban a lingua propia de Galicia nas temáticas histórica e costumista.
As primeiras gramáticas e dicionarios galegos, esenciais para a súa estandarización, apareceron tamén no século XIX.


FACEMOS AGORA O TEST:

Preguntas:
- Que supón o século XIX?
- Que sucede a comezos do XIX?
- Que sucede a partir da segunda metade do XIX?
- Que é o Rexurdimento?
- Quen o inaugura e cal é a primeira obra?
- A que outros xéneros se estende o uso literario do galego?
- Cando aparecen as primeiras gramáticas e dicionarios do galego? Para que?

A seguir respondes as preguntas:

- Supón a recuperación dos usos literarios do galego, pero tamén comeza a perda de falantes.
- A comezos do XIX o galego é a lingua oral de case toda a poboación.
- Na segunda metade o castelán vai substituíndo o galego, sobre todo nas cidades.
- O Rexurdimento é un movemento de renovación que supón a dignificación literaria da nosa lingua.
- Comézao Rosalía de Castro en 1863 coa publicación de Cantares gallegos.
- Comezou en poesía, pero esténdese á narrativa e á dramática.
- Aparecen no XIX e pretenden a estandarización (unificar as diferentes formas) da lingua galega.







MEMORIZACIÓN


Despois de aprender algo o difícil é lembralo despois. Co paso do tempo imos esquecendo cada vez máis detalles, por iso é necesario repasar o aprendido.
O estudado hoxe convén repasalo mañá e así varias veces para non esquecer os aspectos máis relevantes.

Á hora de memorizar con máis facilidade podemos recorrer á nemotecnia (formar palabras ou frases que lle axuden ao noso cerebro a lembrar).

Por exemplo, para lembrar as consoantes xordas recorremos ás palabras  PaTaKaS, CHoZa, XeFe. As consoantes xordas son: p, t, k, s, ch, z, x e f.

Para lembrar as provincias de Andalucía: Helena Sempre Compra Xamón e Carme Merca Gravatas Azuis. As iniciais corresponden a Huelva, Sevilla, Córdoba, Xaén, Cádiz, Málaga, Granada e Almería.

Estas axudas son persoais, cada un debe inventar as súas.





PROBLEMAS E EXERCICIOS


Diante dun problema tes que:

  Ler ben até entender o enunciado.

 Analiza e distingue ben os datos.

 Fai un debuxo ou un gráfico para entender ben o problema.

  Pensa nun método para resolvelo.

  Aventura un resultado, predí a solución sen facer ningunha operación.

  Comeza coa resolución.

  Fai con moito coidado as operacións.

  Dáche un resultado lóxico? Se é algo disparatado, repasa.

  Non esquezas poñer as unidades no resultado: cm, €, vatios,..


PARA REPASAR OS EXERCICIOS DA CLASE

  - Tes que ter todos os exercicios feitos e corrixidos no caderno.

  -    Copia os enunciados noutro caderno e vainos resolvendo sen mirar.


  - Se xa os resolves todos con eficacia e rapidez inventa ti outros semellentes:


  Primeiro cambia só algunhas cantidades numéricas.

 Logo varía tamén signos de operacións.

   Por último modifica tamén unidades.


Deste xeito podes seguir os modelos da clase e, en caso de dúbida, consultar os resoltos polo profesor/a.





OS EXAMES


Para sacar boas notas hai que levar as materias ao día e estudar todos os días.

Pero aínda así, aí van algunhas recomendacións:
    Non deixes todo para o último día.
    A véspera non podes empachar, deixa para o día anterior só o repaso final intenso.
    Vai para a cama á túa hora, descansa e durme o suficiente.
             Con descanso a memoria funciona mellor.
    Non intentes estudar na aula durante a hora anterior, non te vas concentrar e só vas aumentar o nerviosismo.
    Repasa os teus resumos ou esquemas.
    Sen nervios (porque tes todo controlado) le o exame con calma.
   Comeza a contestar polo que mellor sabes, así gañas confianza.



MOITA SORTE E PARABÉNS POLO TRABALLO BEN FEITO!