TÉCNICAS DE ESTUDO. Para estudar moito e ben. Ligazón.
Índice:
1.- Hispania e Gallaecia na antigüidade.
2.- Al-Andalus e os reinos cristiáns medievais.
3.- Os Reis Católicos e a Monarquía hispánica.
4.- A Monarquía borbónica no Antigo Réxime.
5.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal.
6.- Estado e nación na Restauración borbónica.
7.- As transformacións socioeconómicas na España liberal.
8.- Segunda República e Guerra Civil.
9.- España no franquismo.
10.- España en democracia. Ligazón.
11.- O nacionalismo catalán.
12.- Os estatutos de autonomía de Cataluña, País Vasco e Galicia.
13.- O papel do exército na política española da restauración (selectividade xuño 2014) Ligazón.
14.- A Guerra Civil (composición)
- 1 -
Hispania e Gallaecia na antigüidade
Prehistoria:
A) Idade de Pedra: Paleolítico (nómades); neolítico (poboados estables, agricultura, roda, cerámica...)
B) Idade do metal: Cobre, Bronce, Ferro
1. -As primeiras culturas
Os inicios da poboación da Península.

Paleolitico: O proceso de hominización remóntase aos achados de Atapuerca dos restos máis antigos do primeiro grupo humano que poboou Europa (1,2 millóns de anos), o homo antecesor, antepasado común do homo sapiens e do homo neandertales.
-Inicialmente, a Península foi habitada pola sociedade paleolítica, cun modo de vida nómade baseado na caza e na recolección de alimentos. Asentamentos non fixos e pedras talladas sen pulir. Pinturas rupestres de Altamira.
-Posteriormente (6000 a.C), ten lugar a revolución neolítica. O cultivo de terras e a doma de animais orixinou os primeiros poboados estables, importantes avances técnicos (roda), o comercio, etc.
- No neolítico avanzado (3500-2000 a.c.), aparece a cultura megalítica, durante a cal se
realizaron construcións feitas con grandes pedras. En Galicia consérvanse as
antas, construcións funerarias.
- do 1800-800 a.C, prodúcese o desenvolvemento da metalurxia, dando lugar á Idade de bronce (aliaxe de cobre e estaño).
- do 1800-800 a.C, prodúcese o desenvolvemento da metalurxia, dando lugar á Idade de bronce (aliaxe de cobre e estaño).
A
chegada das influencias centroeuropeas e mediterráneas (1000
a.C) (Idade de Ferro)
a) Procedentes dos pobos indoeuropeos (Europa atlántica e central), por un lado. Traen o rito da incineración (campos de urnas no nordés peninsular).
b) Pobos procedentes do Mediterraéno oriental: fenicios, gregos e cartaxineses. Son consecuencia dos intercambios comerciais. Estes pobos introducen novos cultivos, novas técnicas, a escritura e modificacións no sistema social, político e económico.
Os pobos prerromanos
Agrúpanse baixo esta denominación a aqueles pobos que entraron en contacto cos romanos cando estes os conquistaron. Diferéncianse tres conxuntos culturais:
a) Pobos iberos da costa mediterránea, con influencias fenicias e gregas. Desenvólvese o sur e o leste peninsular, a partir do s. VI a.C Formada por un conxunto de pobos independentes, con trazos culturais e idiomáticos semellantes. Hábiles artesáns e agricultores, usaban moeda e escritura

b) Celtas e celtiberos, no centro e norte
peninsular. Culturas de tradición céltico e indoeuropea; algúns con trazos
culturais ibéricos (celtibéricos). Dedícanse á a
agricultura e gandaría, á fundición de armas de ferro e á xoiaría. Vivían en
poboados protexidos por sistemas defensivos.
c) Os vascóns: na zona occidental dos Pireneos. O illamento propiciado polas montañas deu lugar ao mantemento de formas culturais propias.
d) A cultura castrexa. Influencia celta. No noroeste peninsular. Destaca como elemento máis significativo o castro, poboado defendido por fortificacións que acollen no seu interior construcións en pedra de planta redondeada. Estes pobos non formaron unha unidade política, senón que eran independentes e, en ocasións, enfrontados entre si. Eran agrícolas e gandeiros e desenvolveron unha minaría e metalurxia importantes.
2.- A romanización
A conquista romana da península ibérica realízase en catro fases
218 a.C -206 a. C coa ocupación da franxa mediterránea e o val do Guadalquivir
197- 177 interior peninular
144 -133 a. C. Meseta e litoral atlántico
29 -19 a.C, co dominio do norte peninsular.

a)
División administrativa:
-Hispania dividiuse en provincias. Administradas por un gobernador designado por Roma. Inicialmente foron dous Hispania Ulterior e Hispania Citerior., pero finalmente, chegaron a ser Terraconensis, Baetica, LUSITANIA, Gallaecia e Cartaginensis.
- as provincias englobaban a varios conventos. Eran unidades administrativas de tipo xurídico (recadación de impuestos).Podían ser de diferente tipo. Por exemplo, as colonias estaban habitadas por soldados romanos licenciados.
- civitas: eran as unidades básicas do sistema romano. Formadas por un núcleo urbano e un territorio circundante.
b) Economía. Entre as actividades económicas destacan:
- A agricultura, introducindo novas técnicas e instrumentos (arado) e destinaron parte dos cultivos ao comercio.
- Os territorios conquistados eran do estado, que repartiu algunhas terras entre pequenos propietarios e grandes latifundistas.
- Gandaría.
- Comercio e actividades artesanais: favorecidas pola existencia dunha moeda común, as vías de comunicación e a mellora da navegación.
- Minaría: grazas á existencia de ricos filóns. Roma controlaba a extracción de ouro, prata e cobre. Eran explotadas polo estado ou arrendadas. Nelas traballaban escravos e homes libres a cambio dun salario.

c)
Sociedade. Os grupos básicos da sociedade romana
foron:
- As ordes superiores: aristócratas. Que controlaban os cargos públicos e posuían as riquezas.
- A plebe urbana: artesáns e pequenos comerciantes, xornaleiros e propietarios de pequenas terras.
- Grupos dependentes: escravos (numerosos), colonos (libres, pero dependentes do dono das terras que traballaban), libertos (antigos escravos).
d) Relixión:
- Relixión oficial: politeísta: Non oficial: cristianismo.
- Progreso rápido do cristianismo na península. Fortemente perseguido polos emperadores.
- Priscilianismo: unha das herexías do cristianismo. Iniciado por Prisciliano (bispo de Ávila), baseábase en interpretar o cristianismo de forma máis sinxela para o pobo e na súa crítica da estrutura xerárquica da Igrexa.
- Os romanos e indíxenas eran politeístas (sincretismo).
- No 313 Constantino concede a liberdade relixiosa aos cristiáns.

3.-
A Gallaecia romana
O noroeste peninsular interesaba aos romanos por diversos motivos, entre os cales estaban explotar as riquezas minerais e protexer a meseta dos constantes ataques dos pobos do norte e noroeste.
A conquista non foi doada e tiveron que enviar varias expedicións. A conquista definitiva, a terceira, viño coa terceira expedición dirixida polo emperador Octavio Augusto, coa batalla de Monte Medulio no 25 a.c. (nun lugar sen localizar)
A medida que os romanos foron dominando o territorio, foi cambiando a súa organización. Inicialmente estivo dividido en tres conventos con tres cidades como capitais: Asturica Augusta (Astorga), Bracara Augusta (Braga) e Lucus Augusti (Lugo). Posteriormente, ampliouse esta demarcación e creouse Gallaecia, incorporando parte da meseta norte. A Galicia actual correspóndese co convento lucense.
En territorio galego estiveron estacionadas diversas lexións do exército romano e o hábitat foise modificando. Os castros conviviron con vilas (explotacións agrarias) e vicus (pequenos poboados dedicados á agricultura). A única cidade destacada era o convento lucense, do que aínda se conservan as murallas.
Economía: destacan as riquezas minerais (oro,plata,…). Os romanos potenciaron tb. o desenvolvemento agrario, alcanzando un notable éxito o liño. Nas zonas costeiras, se vonservan restos das salgaduras de peixe.
Os romanos construíron obras públicas para favorecer o desenvolvemento económico da zona, como por exemplo as vías que unían os tres conventos e os faros para facilitar a navegación (Torre de Hércules).
As vías de comunicación e o uso da moeda favoreceron tb. o comercio.

Sociedade:
A nova sociedade mantivo trazos da castrexa
precedente. Pero a chegada do exército e de funcionarios favoreceu o
achegamento das dúas comunidades, asimilándose ao vencedor.
Manifestacións culturais e artísticas: o latín substitúe ás linguas indíxenas. En canto ás manifestacións artísticas, consérvanse ronseis funerarios e mosaicos.
Relixión: Xunto cos novos cultos e ritos romanos, perviviron os galaicos. O cristianismo introdúcese lentamente e con maior éxito no medio urbanos que no rural. Segundo a tradición, foi o Apóstolo Santiago o que predicou o cristianismo en Gallaecia. O priscilianismo tb. tivo éxito en terras galegas.
4.- Os reinos xermánicos de Hispania

- No 375, os hunos chegaron ao leste de Europa, procedentes de Asia. Isto provocou movementos dos pobos bárbaros que vivían preto das fronteiras do Imperio romano. Os godos, os suevos, vándalos e alanos asentáronse no Imperio, ante a incapacidade do goberno romano para controlar a situación. . No 409, suevos, vándalos e alanos conquistaron Hispania e repartíronse o territorio. Os visigods aliáronse cos romanos, co fin de reconquistar os territorios.
- Os suevos asentáronse en Gallaecia (438). Bracara Augusta, no noroeste peninsular, convértese no centro do seu reino. Levaron a cabo numerosas campañas para conquistar Lusitania e Bética, pero foron derrotados polos visigodos e o seu dominio reduciuse ao noroeste peninsular. Nesta época prodúcese tb. o asentamento dos celtas procedentes de Britania na costa do norte de Galicia, integrándose no reino suevo. Os suevos manteñen unha convivencia pacífica cos indíxenas. A partir do 472 enfróntanse cos visigodos. No ano 585 os territorios suevos son conquistados polos visigodos, co rei Leovixildo á cabeza.
- Dende o 415, os visigodos, representantes da autoridade romana, penetraron varias
veces en Hispania. A desaparición do Imperio romano
converteu os visigodos en donos absolutos dunha parte de Hispania
e do sur das Galias. Despois de ser derrotados polos
francos, asentáronse en Hispania, principalmente no
centro (capital Toledo).
A pesar diso, gran parte de Hispania permaneceu
independente e o sur e sueste caeron baixo o dominio do Imperio romano de
oriente (Imperio bizantino). Entre o 569 e o 623, as campañas militares dos
visigodos permitíronlles dominar case a totalidade da península, agás a zona
habitada polos vascóns. Con Leovixildo, prodúcese a unidade territorial; con Recaredo, a unidade relixiosa e a fusión entre godos e hispanorromanos grazas aos matrimonios mixtos e a
conversión ao catolicismo dos visigodos.
- O reino visigodo caracterizouse pola súa inestabilidade política. Debíase a dúas razóns:
a) A elección dos reis: para os godos, a nobreza era a que entregaba o poder. Pero, tras a conversión ao catolicismo, os bispos proclamaban que o poder emanaba de Deus.
b) A debilidade do poder dos reis: que non contaban con medios abondo para gobernar, ademais do excesivo poder da nobreza e os bispos. No s VII, a nobreza visigoda dividiuse en dous clans que se disputaban o trono. Esta división interna favoreceu a chegada dos musulmáns.

- 2 -
Al-Andalus e os reinos cristiáns medievais
1.- Esplendor de Al-Andalus e formación dos reinos cristiáns
Mundo musulmán: (VIII-X)
Mundo cristián: XI - XV
a) Conquista islámica 711
A) Conquista e ocupación islámica
En 711, tropas musulmás entraron na Península chamados pola nobreza goda, para combater ao rei Rodrigo. O enfrontamento rematou coa vitoria dos musulmáns. Estes conquistaron rapidamente a maior parte da Península. Moitos nobres godos capitularon e a cambio dalgúns impostos, puideron conservar as súas propiedades.
Loanzas musulmáns non formaron un grupo homoxéneo e non ocuparon a Península coa mesma intensidade. Os árabes ocuparon os vales ricos do sur e este; os bérberes as terras pobres da meseta e do norte. No 740, estes subleváronse contra os árabes debido ás malas colleitas e desprazáronse cara ao sur e este.
Unha parte da poboación autóctona, de orixe hispanorromana ou visigoda, abandonou o cristianismo e converteuse ao islam: muladís. Outra parte mantivo os seus costumes e relixión: mozárabes. Estes tiñan que pagar fortes impostos e moitos emigraron ás terras cristiás do norte.
B) Emirato e califato de Córdoba:
Despois da conquista de Al-Andalus, e tras diversas disputas entre os clans dos Omeias e Abasís, no ano 756 Abd ao Rahman I, do clan Omeia, consegue facerse co poder en Córdoba, axudado pola nobreza árabe. Declarouse emir e proclamou a independencia política de Al-Andalus. Este foi o inicio do emirato de Córdoba. Englobaba as terras musulmás da Península e a costa do norte de África.
No 929, Abd ao Rahman III autoproclámase califa (xefe relixioso dos musulmáns) de Al-Andalus. Nace así o califato de Córdoba, que se mantivo ata en 1031.
Características:
- Monarquía absoluta e centralizada como sistema de goberno. A sucesión ao trono era hereditaria entre os fillos do monarca. Non sempre era o primoxénito, o que provocou diversas disputas.
- Administración xerarquizada e exército poderoso: a administración corría a cargo do primeiro ministro; en cada provincia había un gobernador (valín). Nas zonas fronteirizas, establecéronse marcas, administradas por un gobernador con mando sobre as tropas. Estas realizaron frecuentes ataques e saqueos aos reinos cristiáns. Para manter o sistema, cobrábanse abundantes impostos.
- Sociedade formada por unha variedade de grupos étnicos e relixiosos: árabes, muladís, eslavóns (escravos liberados e convertidos ao Islam), bérberes. Cada un mantivo as súas diferenzas e, ademais, había diferenzas sociais dentro de cada grupo. Por exemplo, os nobres monopolizaban os altos cargos e posuían os latifundios.
- Predominio de lazos tribais e falta de cohesión social: como consecuencia do anterior. Isto provocou revoltas sociais e rebelións das familias pertencentes á nobreza.
- Renacemento das cidades: as cidades aumentaron a súa poboación e ademais, os musulmáns fundaron novas cidades, algunhas por causas estratéxicas. Posuían un núcleo amurallado, onde se encontraban a mesquita, o zoco ou o alcázar militar. Fóra dela estaban os arrabaldes.
- Predominio dunha economía comercial: baseada na artesanía, na mellora das técnicas agrarias (regadío) e en novos produtos. Estes intercambios víronse favorecidos polo aumento da poboación urbana e a emisión de abundantes moedas de prata e ouro.
- Gran desenvolvemento cultural, científico e artístico, apoiado polos emires e califas.
C) A orixe dos reinos cristiáns: nas zonas montañosas do norte, pouco habitadas e de escaso interese para os musulmáns, fóronse asentando núcleos de resistencia cristiá. En Asturias, esta resistencia é dirixida polos nobres visigodos. Esta resistencia deu lugar ao nacemento do reino de Asturias, tras a batalla de Covadonga (722)
Na zona oriental, non obstante, os musulmáns exerceron un forte control. Nos Pireneos a resistencia recibía apoio dos reis francos. Tras varios intentos, Carlomagno conseguiu dominar a zona dos Pireneos, creando a marca hispánica, formada por Pamplona, Aragón e Barcelona e outros condados. Estes, co paso do tempo, foron aumentando a súa autonomía política e estaban gobernados por familias locais que declararon a súa independencia. (no 988, o conde de Borell declarou a independencia do condado de Barcelona).
D) Reconquista e repoboación:
Os reinos cristiáns emprenden, a reconquista das terras ocupadas, recuperando a maior parte delas. Na zona astur-cantábrica e despois da batalla de Covadonga no 722, os cristiáns do reino de Asturias foron consolidando e ampliando o seu dominio. A mediados do s. VIII, o rei de Asturias destruíu as gornicións do exército no val do Douro.
No ano 813 descóbrese a tumba que, segundo a tradición, conservaba os restos do Apóstolo Santiago e isto contribuíu a intensificar o espírito cristián.
Durante o s IX, os cristiáns lograron repoboar diferentes territorios, en moitos casos, con mozárabes procedentes de ao- Andalus. A reconquista de territorios deu lugar ao nacemento dos reinos de León e de Galicia, xunto co reino de Asturias. Tb. créase o condado de Castela, pola necesidade de fortificar a zona oriental do reino de León ante a ameaza musulmá. A finais do s. X, constitúese o condado de Portugal nos territorios de Braga.
Na zona oriental os avances cristiáns foron moi débiles.

As terras
reconquistadas foron habitadas e explotadas polos cristiáns. Segundo a lei
romana, consideráronse bens sen dono e, polo tanto, eran propiedade dos reis
cristiáns, que podían dispoñer delas libremente. Aplicouse a presura¸ modalidade pola cal as terras pasaban a ser
propiedade de quen as ocupara e traballara (nobres, igrexa, campesiños libres).
E) As campañas de Almanzor:
A finais do s X, Almanzor foi nomeado primeiro ministro polo Califa. Á fronte do seu exército realizou numerosas campañas contras os condados e reinos cristiáns. Destruíu Barcelona, Santiago, león... Con Almanzor, o califato de Córdoba alcanzou o seu máximo esplendor. Á súa morte produciuse unha guerra civil entre os distintos grupos étnicos que rematou en 1031 coa desaparición do califato e se fragmentación en pequenos reinos enfrontados entre si chamados reinos de Taifas.
2.- A expansión cristiá e a fin de Al-Andalus
A) Taifas, parias e reinos cristiáns
As primeiras taifas foron pequenos reinos nacidos dela fragmentación do califato de Córdoba. Estaban enfrontadas entre si e as súas fronteiras foron flutuantes; o seu poder foise debilitando e foron incapaces de facer unha fronte común para facer fronte aos ataques cristiáns. En ocasións solicitaban axuda militar aos reinos cristiáns do norte; a cambio pagaban parias ou tributos.

Nos reinos
cristiáns tamén producíronse transformacións e, a
comezos do s XII nacen o reino de Aragón (que
incluía o de Pamplona) e o reino de Castela (que
incluía o de León e o de Galicia). Cabaleiros cristiáns puxéronse ao servizo
dos distintos reinos, co fin de incrementar a súa fama e patrimonio. Destaca Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid Campeador, que realizou numerosas campañas de saqueo e
conquista en Valencia e val do Ebro.
B) A loita contra os almorábides
Ante os ataques dos cristiáns, a finais do s XI, os reis taifas do Al-Andalus pediron axuda militar aos almorábides, que gobernaban o norte de África. Conseguiron derrotar os cristiáns e deter o seu avance. anexionaron as diferentes taifas e integraron Al-Andalus no imperio almorábide que dirixían dende Marraquesh. Ademais, conseguiron numerosas vitorias contra os reinos cristiáns.
C) Creación da coroa de Aragón e independencia de Portugal:
A pesar dos ataques dos almorábides, os reinos cristiáns conseguiron resistir e avanzar na reconquista durante o s. XII. A loita adquiriu carácter de cruzada contra o infiel musulmán, á que se sumaron soldados (cruzados) doutros territorios cristiáns europeos. Como consecuencia destas loitas, xorden na zona oriental: o reino de Navarra (antigo reino de Pamplona) e a coroa de Aragón
Na zona occidental, o condado de Portugal pasou a ser reino independente. Ademais, prodúcese a separación dos reinos de Castela e león en 1157.
A mediados do s XII, prodúcense revoltas en Al-Andalus que eliminaron o poder almorábide e deron orixe aos segundos reinos de taifas. Os enfrontamentos entre eles foron aproveitados polos cristiáns na súa loita pola reconquista.

D) A loita contra os almohades:
as tropas almohades foron chamadas polos reis de taifas para facer fronte ao
avance cristián. Desembarcaron na Península a mediados do XII, controlando o
sur e este da Península e o norte de África e formaron o imperio almohade. Para
facerlles fronte, os reis cristiáns recorreron ás Ordes Militares, formacións
nas que os seus membros estaban unidos por vínculos relixiosos (monxes
cabaleiros- orde do Tempero, entre outras). A principios do s XII, unha coalición de tropas cristiás derrotou os
almohades en Lameiras de Tolosa. Esta derrota
provocou numerosas rebelións en Al-Andalus e no
norte de África, que deron lugar á creación dos terceiros reinos de taifas, que
tiveron unha vida moi efémera.
E) Creación da coroa de Castela e conquista de Andalucía e Levante: en 1230 prodúcese a unión definitiva dos reinos de Castela e León e dos reinos que dependían deles (Galicia, Toledo, Sevilla,…) e os señoríos vascos (que mantiveron privilexios e leis particulares, creándose a Coroa de Castela. A derrota dos almohades permitiu conquistar case todo o sur e o levante peninsular entre 1229 e 1266. En moitos casos, estas conquistas foron seguidas da expulsión da poboación musulmá. Noutros, autorizóuselles e permanecer nas súas terras pero sometidos aos cristiáns (mudéxares).
A finais do s. XIII; quedaba en poder dos musulmáns o reino de Granada, pero o esgotamento e as loitas entre os reinos cristiáns paralizou a reconquista. Tropas da dinastía bérber que gobernaba o norte de África realizaron numerosas incursións de saqueo, ata que unha nova coalición de tropas castelás e portuguesas os derrotaron definitivamente a mediados do s.XIV.
F) Cartas de repoboación, doazóns e reparticións: a partir do s X cambio o sistema de repoboación, polo interese dos monarcas en atraer poboación ás novas cidades. Destacan seguintes modalidades:

- Cartas de
repoboación e cartas forais: para a creación e ocupación de cidades en zonas
despoboadas ou conquistadas aos musulmáns. Estas cartas concedían privilexios
forais aos que se establecían neses lugares: outorgaban terras, liberaban de
taxas, etc.
- Doazóns militares: durante o s XII, os reis concederon grandes dominios de terra ás Ordes Militares para que as ocupasen e defendesen.
- As reparticións. Eran concesións de lotes de terras para os repoboadores de acordo coa súa categoría social e militar; os de maior tamaño, por exemplo, eran para os nobres, igrexa e Ordes Militares. Recibiron o nome de donadíos
- A poboación musulmá que vivía nos lugares reconquistados foi expulsada ou marchou dalgunhas zonas (terras occidentais) e noutras quedouse, (Andalucía, por exemplo).
G) A expansión catalanoaragonesa: os condes de Barcelona e, posteriormente, os reis da coroa de Aragón, trataron de conquistar terras situadas fóra da península.
Esta expansión tivo dúas fases: na primeira intentáronse conquistar territorios ao norte dos Pireneos, fracasando no empeño. Na segunda, apoiada por mercenarios (almogáraves),conseguiron conquistas determinados territorios do Mediterráneo, como Mallorca, malte... e mesmo Atenas
H) O reino nazarí de Granada: o reino taifa de Granada mantivo a súa independencia grazas a diversos factores. Non obstante, no s XV, as loitas polo poder e as revoltas internas, debilitaron o reino taifa de Granada. En 1482 os reis Católicos comezaron a súa reconquista, que rematou en 1492. Supuxo o fin de Al-Andalus.

3.- Sociedade e monarquía feudal
A)Sociedade feudal: grupos privilexiados (nobres e eclesiásticos); non privilexiados (antes s.X labradores:campesiños libres e servos; despois s. X burgueses; relacións de encomenda marxinais (xudeus e mudéxares)
B) monarquía FEUDAL: patrimonio do rei e hereditaria; soberanía real (concepción autoritaria/concepción pactista); relación de vasalaxe como base de poder; fragmentación da autoridade e réxime señorial /señoríos); existencia de Cortes do reino)
C) Da ruralización ao desenvolvemento urbano e comercial: ata o s. XI (agricultura; escasa produción artesanal), s.XI e XIII ( aumento espacio cultivado; gandaría, crecemento urbano e comercial, sistemas monetarios e feiras, gremios e confrarías).
A) A sociedade feudal:
A sociedade cristiá medieval foi unha sociedade estamental ou feudal. Dentro dela, podían distinguirse:
- Os grupos privilexiados: nobres e eclesiásticos. Posuían privilexios e exercían o seu poder sobre os demais. Eran os señores. Entre eles existían grandes diferenzas e eran frecuentes os enfrontamentos entre eles, pero facían fronte comúns antes os demais grupos sociais.
- Os grupos non privilexiados: Antes do s. X, estaban formados polos labradores:los campesiños libres (propietarios de pequenas parcelas) e os servos (non podían abandonar as terras que traballaban sen permiso e realizaban servizos para os seus señores).
Despois do s. X, o renacemento urbano provocou a aparición de novos grupos nas cidades: menestreis, artesáns e comerciantes, que formaron o grupo dos burgueses.
Durante o medievo moitos campesiños libres buscaban protección dun señor. A cambio entregábanlles parte das súas terras ou pagaban unha taxa anual (relacións de encomenda).

- Os grupos marxinais:
xudeus, que se dedicaban a actividades artesanais e mercantís. A partir do s. XVV, da tolerancia pasouse a
un odio popular, que provocou persecucións. Nalgunhas zonas había minoría de
mudéxares. Ambos os dous vivían en barrios separados.
B) A monarquía feudal: nos s. XII e XIII os reinos e señoríos concentrábanse en mans dun número reducido de reis: as coroas de Aragón e de Castela e os reinos de Portugal e navarra. Estas monarquías feudais caracterizábanse por:
- Carácter patrimonial e hereditario do reino: o reino era propiedade do rei e transmitíase por herdanza; podía repartilo entre os seus fillos. A partir do s. XIII, debía ser transmitido íntegro.
- Soberanía real: o rei era soberano, é dicir, tiña o poder supremo, concedido por Deus, pero non tiña o poder absoluto, porque debía respectar os privilexios forais.
Na coroa de Castela, afianzouse a concepción autoritaria do poder real e os foros e leis fixéronse comúns para todos os territorios, agás para os señoríos vascos, que tiñan os seus propios privilexios forais.
Na coroa de Aragón predominou a concepción pactista do poder real, segundo o cal existía un pacto segundo o cal o rei podía gobernar se respectaba os privilexios forais.
- Relación de vasalaxe como base de poder. O rei era o señor supremo dun territorio, e todos lle debían obediencia. A cambio, outorgaba aos seus vasalos un feudo: terras ou dereitos xurisdicionais. Á súa vez, os grandes nobres empregaban o mesmo sistema con outros de inferior categoría, formándose unha pirámide de dependencia. (pirámide feudal).
- Fragmentación da autoridade e réxime señorial. O rei compartía con nobres e eclesiásticos a capacidade de mandar e xulgar os habitantes do reino. Estes grupos lograron transformar moitas terras en señoríos, é dicir, territorios onde exercían o poder. Diferenciábanse os señoríos de reguengo (dependían do rei), señorío de nobreza e señorío eclesiástico.
- Existencia de Cortes do reino. O crecemento das cidades deu lugar á aparición das Cortes ou asembleas representativas; formaban parte delas as minorías privilexiadas. Eran convocadas polo rei e nela aprobábanse novas leis e impostos.

C) Da ruralización ao desenvolvemento urbano e
comercial
Durante a época medieval, o desenvolvemento económico dos reinos evolucionou dende o forte predominio das actividades rurais ao progresivo desenvolvemento de actividades comerciais e artesanais.
- Ata o s. XI: predominio de actividades agrícolas e gandeiras e escaso desenvolvemento urbano. As terras estaban en mans do rei e dos señores feudais. Os mosteiros eran os centros de explotación do territorio, que foron incrementando as súas posesións por medio de concesións reais ou doazóns dos fieis (terras de mans mortas). A produción artesanal era reducida e había pequenos mercados locais de intercambio de produtos agrarios. Os artigos de luxo (teas, xoias...) traídos dende Europa ao o Al-Andalus por comerciantes xudeus estaba reservada aos grupos privilexiados.
- Entre os s. XI e XIII: os reinos cristiáns experimentaron un forte crecemento económico, caracterizado por:
1.- aumento do espazo cultivado e da produtividade agraria. Introdución de progresos técnicos (arado).
2. -desenvolvemento da gandaría:. A actividade gandeira estaba regulada polas mestas ou asociacións de gandeiros.

3.- crecemento
urbano e comercial: o aumento da poboación e da produción agraria propiciaron a
revitalización de vellas cidades romanas e a aparición doutras novas.
4. -sistemas monetarios e potenciación das feiras: o aumento das relacións comerciais favoreceu a fixación de sistemas monetarios. Apareceron as operacións de crédito e as feiras e mercados aumentaron.
5.- Creación de gremios e confrarías. Os artesáns formaron gremios para regular a súa actividade, establecendo ríxidas condicións de acceso aos oficios. As confrarías eran asociacións de carácter relixioso vinculadas aos distintos oficios e aos seus santos protectores.
4. -A crise dos séculos XIV e XV.
Os s. XIV e XV estiveron marcados en Europa por unha profunda crise.
A) Crise demográfica e a Peste Negra: a partir de finais do XIII as pestes e epidemias trouxeron consigo un descenso demográfico. Ademais, as malas condicións climáticas e a escaseza dos recursos dispoñibles provocaron unha mala alimentación, morrendo moitos de fame. A Peste Negra procedente de oriente provocou en 1348 unha catástrofe demográfica.
B) Recuperación económica: o descenso da poboación paralizou o crecemento económico en todos os sentidos. Pero a recuperación demográfica posterior permitiu a recuperación. Na coroa de Castela, esta recuperación estivo asociada á extensión da gandaría ovina e ao incremento da produción de la; en Andalucía estivo relacionada coa produción de viño e aceite. Na Coroa de Aragón, a recuperación foi distinta en cada un dos reinos.

C) Crise política e revoltas nobiliarias:
a crise provocou a diminución dos ingresos da clase nobre, polo que aumentaron
as cargas feudais, pelexaron con outros nobres para arrebatarlles o seu
patrimonio e trataron de obter rendas dos mosteiros. Tamén premeron os reis
para conseguir novas rendas. O enfrontamento entre igrexa e monarquía orixinou
conflitos graves, como por exemplo a guerra civil catalá. (outros>:guerra
civil de Navarra)
D) Crise e revoltas sociais: nos s XV e XVI, o empeoramento delas condicións de vida e a explotación señorial provocou numerosas revoltas dos grupos non privilexiados. Ademais do conflito irmandiño en Galicia, destacaron:
- A revolta foránea de Mallorca: protestas de campesiños e artesáns contra a oligarquía da cidade de Palma. A falta de unión dos sublevados e as actuacións do exército remataron coa protesta.
- Ruptura da tolerancia relixiosa cos xudeus: a crise acentuou a intolerancia cos xudeus, aos que se culpaba de todos os males. Producíronse matanzas e persecucións e, para salvar a súa vida, moitos convertéronse ao cristianismo.
- Enfrontamento da Busca e Biga catalá; conflito remensa en Cataluña)

5.- A Galicia medieval.
1.-Un reino sen rei
A pouca presenza musulmá fai que entre 750 e 910 se
integre no reino astúr.
En 910 créase o reino de Galicia, efémero e debilitado
polas particións, chegaba desde o Douro ao Cantábrico.
Cando en 1143 se independiza Portugal, Galicia queda
reducida aos límites actuais.
2.- Os señores
de Galicia
- Señores laicos: señores poderosos, moitos deles
condes, como os de Présaras ou os de Traba, é a nobreza condal.
Despois do XIV temos a nobreza dos cabaleiros que vai
axudar os reis nas loitas dinásticas.
-Señores eclesiásticos: os mosteiros acumulan moitas
riquezas xa que se xeneralizan os foros a partir do XIII. Tamén destacan os
bispos, Diego Xelmírez que potencia Compostela.
3.-
Peregrinación a Compostela
Descóbrese o sepulcro e comezan as peregrinacións polo
Camiño de Santiago. Concédese o privilexio do Ano Santo, o primeiro foi en
1122.
4.-
Reactivación da vida urbana
Medran os núcleos urbanos:
-
As
sés episcopais: Mondoñedo, Tui, Ourense, Lugo, Santiago.
-
O
camiño de Santiago: desenvólvense as vilas polas que pasa: Triacastela, Melide,
Arzúa…
-
A
costa:aumentan as actividades marítimas e pesqueiras: Padrón, Noia, Baiona, A
Coruña…
5.-Dificultades
do século XIV
A) Fame e peste: a climatoloxía adversa, poucas terras
cultivables e poboación en aumento, deron lugar a fames xeneralizadas. A peste
negra entrou por Baiona.
B) Guerras dinásticas : Galicia é o escenario de loitas
dinásticas dos reis de Castela e Portugal.
C) Revoltas sociais: fartos dos abusos dos señores os
homes das vilas e cidades promoveron revoltas: en Lugo, Santiago e Ourense
contra os seus bispos.
6.- A revolta
dos irmandiños
As dificultades do século XIV provocaron unha
diminución das rendas dos nobres galegos. Para compensar estas perdas actúan
con violencia saqueando e esixindo novas taxas.
Os reis permitiron a formación de irmandades:
asociacións de persoas, grupos ou concellos unidas por un xuramento de
fraternidade e axuda mutua. Querían defender os seus dereitos e liberdades
fronte aos abusos e violencia de nobres e bispos. Isto provocou dúas guerras irmandiñas
nas que os campesiños e habitantes das cidades loitan xuntos para eliminar a
violencia e os abusos dos señores.
A) Irmandade
fusquenlla: orixínase en 1431 en Pontedeume e Betanzos.
Nuño freire de Andrade “o Mao” actuaba duramente contra os campesiños das súas
terras. Estes, dirixidos por Roi Xordo, formaron irmandades e asaltaron e
destruíron fortalezas e castelos. As forzas de Andrade axudadas polo bispo de
Santiago derrotaron a irmandade fusquenlla
(deriva de ofuscado) e todo volveu á explotación anterior.
B) A
gran guerra irmandiña (1467-69): cansos dos
abusos dos nobres (Andrade, Moscoso, Lemos, Soutomaior…) gran parte da
poboación galega uniuse nunha gran irmandade (uns 80.000). Estaba formada
maioritariamente por campesiños, pero había tamén habitantes das cidades,
clérigos e fidalgos. Os seus dirixentes eran membros da baixa nobreza: Pedro
Osorio, Alonso de Lanzós ou diego de Lemos.
Rapidamente, os irmandiños
destruíron unhas 130 fortalezas e dominaron a situación: eliminaron pos abusos,
revisaron as taxas e impostos, devolvéronse as terras usurpadas e reforzouse a
xustiza do rei.
Pero os nobres reorganizáronse e,
capitaneados por Pedro Madruga, recuperaron os seus territorios (1469). Esta
derrota produciuse pola superioridade dos exércitos dos nobres e porque
clérigos e fidalgos pactaron cos nobres para non perder os seus poucos
privilexios, temerosos da violencia dos campesiños.
Após a vitoria dos nobres, estes
actuaron con moita máis violencia: moitos líderes foron axustizados e obrigaron
os campesiños a reconstruír as fortalezas.
Para uns, os irmandiños querían
acabar co réxime feudal, para outros só pretendían maior xustiza, eliminar os
abusos sen acabar co sistema feudal.
- 3 -
Os Reis Católicos e a
Monarquía hispánica
1.- Os Reis Católicos:
a) Unión dinástica: coroa de Castela (Sabela) e de Aragón (Fernando) 1469
b) Pacificación dos reinos e sometemento dos señores feudais: Santa Irmandade, remensas, control de nobreza e eclesiásticos.
c) Dominación de Galicia: someter a nobreza, renovar mosteiros, Pedro Madruga.
d) Inquisición e expulsión dos xudeus: antisemitismo, Tribunal da Inquisición, alfamas, expulsión.
e)Reorganización política e administrativa: Consello real, correxidores, exército poderoso
f)Ampliación do territorio: conquista do reino de Granada, de Canarias, expansión polo Mediterráneo, anexión de Navarra.
g) Descubrimento de América e repartición do mundo: Colón, capitulacións de Santa Fe, tratado de Tordesillas (repartición con Portugal)
h) O problema sucesorio: dinastía dos Habsburgo ou Austrias.
2.- A Monarquía dos Austrias(1516-1700)
a) Principais trazos:
- unión de coroas e pobos (dispersión de territorios);
- monarquía autoritaria (revoltas internas, independencia de Portugal e Holanda, preponderancia de Castela );
- hexemonía e guerra (numerosas guerras, empobrecemento da coroa);
- dependencia económica de América (casa de contratación de Sevilla, revolución de prezos, alteracións monetarias);
- auxe e decadencia (fases: expansión/contracción/recuperación e estabilidade)
b) Carlos I e o imperio universal: 1517-1558
-emperador do Sacro Imperio xermánico 1519
-Política interior: comunidades e xermanías; Xunta Santa, Xunta dos Trece
-Política exterior: guerras con Francia; saqueo de Roma.
- Loita pola unidade relixiosa: Lutero e a loita protestante; ameaza turca
-Desvinculación do Imperio e abdicación

c) A monarquía católica de Filipe II 1556
- rei prudente; lenda negra.
- defensa do catolicismo e intolerancia relixiosa: principal obxectivo
- guerras con Francia
- rebelión dos Países Baixos: rebelión protestante, Tratado de Utrecht, Unión de Arras
- rebelión dos mouriscos e ameaza turca: rebelión dos mouriscos en Granada; turcos- Santa Liga
- Unión con Portugal: 1581 unificación da Península
- Problemas cos ingleses: enfrontamento con Sabela II, Gran Armada/invasión e conquista de Inglaterra; fracaso da Armada Invencible.
- Problemas interiores: intrigas internas, alteracións de Aragón.
d) A
hexemonía dinástica de Filipe III (1598)
- paz e diplomacia
- expulsión dos mouriscos
e)Filipe IV e a loita polo mantemento da hexemonía (1621)
- guerras: dos Trinta Anos, guerra contra Holanda e guerra no norte de Italia.
- Unión de Armas e crise da Monarquía Hispánica: conde duque de Olivares; problemas políticos e sublevacións dos reinos.
- Perda da hexemonía: tratados de Westfalia e Paz dos Pireneos.
e) Carlos II: 1665
- debilidade do monarca: guerras con Francia
- problema sucesorio: fin da Monarquía Hispánica en 1714.
3.- Conquista e explotación de América
- conquista dos territorios americanos: capitulacións e quintos reais.
- sucesivas fases.
-diferentes institucións de goberno.
- explotación dos nativos: encomendas e mitas; escravos de África
- tráfico comercial e metais preciosos.
- evanxelización, reducións.

Os Reis Católicos e a Monarquía
hispánica
1.- Os Reis Católicos
a) Unión dinástica: En 1469 tivo lugar a unión de Sabela de Castela e Fernando de Aragón. Sabela accedeu posteriormente ao trono de Castela e Fernando ao de Aragón. Os territorios non se fusionaron e cada unha das coroas mantivo no seu as súas institucións e leis propias. Os reis administraron conxuntamente os territorios e estableceron un único escudo, pero mantiveron o seu título, aínda que se impuxo o título de reis de España.
As principais características do seu reinado foron:
b) Pacificación dos reinos e sometemento dos señores feudais: Sabela e Fernando tiveron que impoñerse aos nobres rebeldes. Para pacificar o territorio, crearon a Santa irmandade, impoñendo a autoridade real en todo o territorio. En Cataluña, Fernando resolveu o problema dos nobres cos campesiños remensas, abolindo os malos usos.
A nobreza perdeu parte do seu poder feudal, pero conservaron o seu poder económico. Os reis católicos tamén controlaron os eclesiásticos, apropiándose de parte das súas rendas.
c) Dominación de Galicia: para dominar a nobreza galega, reticente á chegada ao trono de Sabela, os Reis Católicos impuxeron unha serie de medidas: crearon o cargo de Gobernador (similar a un vicerrei) e a Real Audiencia de Galicia, como Tribunal Superior de Xustiza. Someteron a nobreza e derrubaron as fortalezas e castelos, moitas das cales foron reconstruídas polos irmandiños. Por último, renovaron os mosteiros galegos, eliminando a súa autonomía.

Os reis conseguiron
pacificar o territorio rapidamente. A única resistencia foi a de Pedro Madruga e Pedro Pardo de Cela,
que foi executado e se converteu nunha figura mítica da literatura romántica e galeguista do século XIX.
d) A Inquisición e a expulsión dos xudeus: a partir de mediados do s XIV xurdiu unha forte corrente de antisemitismo e aumentou o odio aos conversos (xudeus convertidos ao cristianismo), acusados de manter en segredo a súa fe xudía e de enriquecerse a custa do resto da poboación. A finais do s XV, os Reis Católicos crean o Tribunal da Inquisición, un tribunal independente que perseguía os falsos conversos e herexes.
Os xudeus debían levar marcas distintivas e vivir en barrios separados (alfamas). En 1492, ordenaron a súa expulsión de Castela e Aragón, buscando a unidade relixiosa dos seus reinos. A súa marcha resultou prexudicial porque eran os xudeus os que exercían como comerciantes, financeiros, médicos, etc. Os seus herdeiros son os actuais sefardís.
e) Reorganización política e administrativa: introduciron modificacións políticas e administrativas para reforzar a súa autoridade. O Consello Real, formado por nobres e letrados, converteuse no principal órgano asesor e de goberno dos reis. Reformaron a xustiza; impuxeron correxidores nas cidades de reguengo de Castela, que actuaban como representantes dos reis; formaron un exército permanente; as Cortes mantiveron funcións como aprobar as leis propostas polos reis.

f) Ampliación do territorio:
os Reis Católicos ampliaron os territorios por medio
de conquistas e anexións, entre as que destacan:
- Conquista do reino de Granada en 1492,
finalizando o proceso reconquistador. Inicialmente, os musulmáns puideron
conservar a súa relixión e os seus bens, pero a partir do 1500 foron obrigados
a bautizarse (mouriscos).
- Conquista de Canarias.
- Expansión polo Mediterráneo
coa incorporación definitiva do reino de Nápoles e algunhas prazas do norte de
África, como Melilla.
-
Anexión de Navarra.
g) Descubrimento de América e repartición do mundo: dende mediados do século XV, turcos e venecianos controlaban o comercio procedente de Asia. Colón buscaba unha ruta alternativa e, convencido de que a Terra era redonda, cría que se podía chegar á India polo oeste. Presentou esta idea ao rei de Portugal e foi rexeitada. En 1492 logrou convencer a Sabela, quen financiou a expedición e lle concedeu numerosos privilexios (capitulacións de Santa Fe). O 3-8-1492 partiu do porto de Palos, desembarcando o 12-10 nunha illa de Bahamas. Colón fixo tres expedicións máis, que permitiron descubrir novas terras. Pero ata a súa morte, defendeu que as terras descubertas pertencían á India asiáticas. Os irmáns Pinzón e Américo Vespucio demostraron que se trataba dun novo continente, ao que chamaron América.
Estes descubrimentos enfrontaron a Castela con Portugal. En 1494 asinaron o Tratado de Tordesillas, polo que se trazaba como liña divisoria un meridiano, de forma que os territorios situados ao leste deste serían para Portugal (África, Asia e costa de Brasil) e os situados ao oeste, para Castela (América e Pacífico).

h) O problema sucesorio:
Unha serie de mortes prematuras provocou que, tanto a Coroa de Aragón, coma a
de Castela, fosen herdadas por Xoana. Pero a súa
demencia fixo que exercese o poder o seu fillo Carlos
que, á morte da súa nai, iniciou en España a dinastía dos Habsburgo ou Austrias.
2.- A monarquía dos Austrias
Entre 1516 e 1700, os Habsburgo gobernaron as coroas Castela e Aragón, así como diversos territorios de América, Europa e o Pacífico. Este conxunto de reinos e pobos recibiu diferentes nomes, entre eles, o de monarquía hispánica.
A) principais trazos:
1- Unha unión de coroas, pobos. Presentaba unha gran dispersión territorial, de modo que os territorios estaban repartidos por todo o mundo sen unha fronteira común.
2- Monarquía autoritaria: o rei reinaba e gobernaba os territorios de forma autoritaria, respectando os privilexios forais e as leis dos reinos que formaban parte do seu territorio. Isto último limitaba o seu poder real, fracasando os intentos de aumentar a súa autoridade. Revoltas internas provocaron a independencia de Holanda e Portugal.
Para poder gobernar, os reis crearon dous tipos de institucións: representantes do poder real (vicerreis, gobernadores, capitáns xerais, segundo o territorio) e os Consellos, asesores do rei.
Ademais, existía unha clara preponderancia de Castela, cuxa capital Filipe II estableceu en Madrid.

3- Hexemonía e guerra: a
hexemonía da monarquía hispánica en Europa aumentou o número de inimigos. Para
facer fronte aos conflitos, recorreron á diplomacia e á guerra. Ao longo dos s. XVI e XVII, os Austrias
españois participaron en numerosas
guerras. Os seus inimigos encontrábanse entre os reinos europeos, no norte
de África e o imperio turco. Estas guerras obrigaron a manter un exército poderoso, con motíns e saqueos
frecuentes por falta de pagamento.
As guerras foron favorables ata 1640; a partir desa data, o aumento dos rivais e o esgotamento dos recursos fixeron que a Monarquía hispánica perdese o seu papel predominante en Europa, agravado polo endebedamento da coroa e o empobrecemento de Castela.
4- Dependencia económica de América: o descubrimento de América proporcionou grandes riquezas a Castela (metais preciosos). O mercado americano era un monopolio da Coroa controlado pola Casa de Contratación de Sevilla. Soamente os comerciantes casteláns podían participar, pero estes non foron capaces de abastecer todo o mercado americano, polo que compraban produtos en Europa e reenviábanos a América. Desta forma, beneficiáronse moitos dos reinos europeos que eran inimigos dos Austrias españois. Esta situación foi denunciada polos arbitristas, economistas españois da época.
A abundancia de ouro e prata actuou negativamente e provocou inflación dos prezos no s. XVI (revolución de prezos). Era rendible comprar noutros reinos europeos as mercadorías que se necesitaban, paralizando a produción interna. Isto mantívose no s. XVII, pero acentuadas polas alteracións monetarias: emisión de moeda case sen prata, pero cun alto valor monetario. Isto rematou coa produción manufactureira e favoreceu outros reinos produtores como Francia, Holanda,…

5- Auxe e decadencia:
Na actualidade distínguense tres fases: unha fase de expansión ata 1580:
crecemento demográfico e económico, de claro dominio e prestixio da Monarquía; fase de contracción 1580-1660/1680:
recesión económica e incremento das derrotas militares, perda da hexemonía; fase de estabilidade e recuperación, a
partir de 1660/80: diminución da crise e recuperación económica.
B) Carlos I e o Imperio Universal.
B) Carlos I e o Imperio Universal.
Nacido en 1500 en
Gante. Foi elixido emperador do Sacro
Imperio Xermánico, de aquí o dobre título: Carlos I/Carlos
V. Acumulou numerosos territorios repartidos por
Europa e América.
Carlos de Habsburgo foi elixido, en 1519, emperador do Sacro Imperio Xermánico. Para sufragar a súa viaxe a Alemaña, solicitou á corte de Castela un subsidio, que conseguiu mediante ameazas e subornos. Partiu para Aquisgrán, para recibir a primeira das tres coroas imperiais, deixando un rexente (persoa que fai o traballo do rei na súa ausencia)
1.- Política interior: as actuacións de Carlos I causaron un forte malestar e moitas cidades de Castela rebeláronse contra a autoridade do gobernador real. Formaron comunidades, que eran asembleas nas que participaban os veciños. O movemento xorde tamén polo desexo de librarse do dominio señorial dos grandes nobres. Para coordinarse formaron a Xunta Santa que redactou as súas reivindicacións: mantemento das liberdades do reino, poder das Cortes, rexeitamento do imperio, etc. Obtiveron éxito nun primeiro momento, pero a alianza dos grandes nobres co rei logrou o seu derrota en Villalar. Os seus dirixentes foron executados (Xoán Padilla, Pedro Maldonado e Xoán Bravo). Esta derrota trouxo consigo o completo sometemento de Castela ao autoritarismo real.
Ao mesmo tempo, en Valencia e Mallorca prodúcese o movemento das xermanías. Irmandades de artesáns creadas con anterioridade para defenderse dos piratas, radicalizaron as súas protestas ante a opresión señorial. Xunta dos trece en Valencia, que conseguiu o goberno da cidade. As tropas reais tomaron a cidade en 1522 e no 23 dominaron Mallorca.
2.- Política exterior: Carlos primeiro mantivo cinco guerras cos franceses, protagonizaron invasións de territorios franceses ou dos seus aliados, como o saqueo de Roma.
3.- A loita pola unidade relixiosa en Europa: a defensa da relixión católica foi un obxectivo prioritario de Carlos I. Interviu en dúas frontes:
---Lutero e a reforma protestante: a expansión das doutrinas de Lutero puxeron en perigo a unidade relixiosa do imperio. Ademais, algúns príncipes alemáns favoreceron o luteranismo como unha forma de opoñerse ao emperador. Carlos intentou lograr a unidade dos cristiáns por medio da conciliación, pero fracasou no intento. Isto levou ao enfrontamento militar pero, ante o fracaso da súa política, Carlos decretou a Paz Perpetua de Augsburgo, pola que se recoñecía o dereito de liberdade relixiosa aos príncipes alemáns.
---Ameaza turca: para deter o avance dos turcos, dirixidos por Solimán o Magnífico, Carlos I organizou varias operacións militares.

4.- Desvinculación do Imperio e abdicación:
a dificultade de manter tantos territorios levou o emperador a abdicar e a
repartir as súas posesións entre o seu irmán Fernando
e o seu fillo Filipe II. Retirouse ao mosteiro
estremeño de Yuste e morreu en 1558.
C) A Monarquía católica de Filipe II.
Entre 1555-56, Filipe II herdou as coroas de Borgoña e España, ademais de posesións italianas e americanas. Tamén foi rei de Inglaterra durante un tempo polo seu matrimonio con María Tudor. Alcumóuselle como o rei prudente porque non tomaba decisións apresuradas. A defensa do catolicismo e a reputación da dinastía foron os seus obxectivos prioritarios. A súa vida estivo marcada pola necesidade dun herdeiro, que chegou co seu cuarto matrimonio.
A súa intolerancia valeulle unha lenda negra creada por holandeses, ingleses e luteranos alemáns, na que era presentado como un ser monstruoso cheo de vicios. As súas principais características son:
1.- Defensa do catolicismo e intolerancia relixiosa: a ela dedicou todos os seus esforzos e gran parte dos recursos. Loitou contra os inimigos externos da Igrexa (protestantes e infieis) e contra as desviacións internas como os herexes e falsos conversos, ocupándose disto os tribunais da Inquisición.
2.- Continuidade das guerras con Francia: que seguía sendo o inimigo número un. En 1559 asínase a paz na que se establece o equilibrio entre ambas as dúas coroas (tratado de Chateau-Cambresis) e en 1598, ante a cantidade de frontes que tiña abertos, recoñece a dinastía Borbón no trono de Francia porque se converteron ao catolicismo “París ben vale unha misa”

3.- A rebelión do Países Baixos:
nos que estaba arraigada a doutrina protestante. A intolerancia relixiosa de Filipe II provocou numerosas rebelións, que foron
reprimidas por un potente exército ao mando do duque de Alba.
As provincias do norte formaron a Unión
de Utrecht e conseguiron consolidar a súa
posición, xa que contaban coa axuda dos ingleses. As provincias do sur
mantivéronse na obediencia a Filipe II e no
catolicismo (Unión de Arras).
4.- Sublevación dos mouriscos e a ameaza turca: a intolerancia relixiosa de Filipe II provocou a rebelión dos mouriscos de Granada (musulmáns vencidos que viven en Granada), pero finalmente foron derrotados e dispersados por terras castelás.
Tamén tivo que facer fronte aos ataques turcos nas costas do mediterráneo. Xunto co Papado e Venecia (Santa Liga), reuniu un grande exército que derrotou á armada turca no golfo de Lepanto. O Mediterráneo quedou definitivamente repartido: occidente para o imperio español e oriente para o imperio turco.
5.- Unión con Portugal: en 1580, ao morrer o rei de Portugal, reclama o trono e, despois de invadir Portugal, as Cortes recoñéceno como rei. Isto significou a unificación da Península e a incorporación dos territorios portugueses de África, Asia e América. Nos dominios de Filipe II non se poñía o sol.

6.- Problemas cos ingleses:
as diferenzas entre Sabela I de Inglaterra e Filipe II agraváronse por razóns relixiosas (cisma
anglicano), políticas (apoio aos protestantes holandeses), ataques de piratas
ingleses. Filipe II decide organizar a invasión e conquista de Inglaterra.
Para iso forma unha armada (a Grande Armada), que debía atacar Inglaterra dende
os Países Baixos, onde se embarcarían as tropas españolas. Os ataques da armada
inglesa e os temporais afundiron a maior parte da frota fronte ás costas
escocesas e irlandesas. Dos 130 barcos que partiron, regresaron 66. Ironicamente,
os seus inimigos chamárona a armada invencible.
7.- Problemas interiores: Filipe II tamén tivo que enfrontarse a problemas e intrigas internas, como a do seu secretario Antonio Pérez. Isto provocou alteracións en Aragón, alimentadas pola oligarquía local que temía perder os privilexios forais. Filipe II enviou o exército para restaurar a autoridade real.
A partir de 1590, o esgotamento militar e financeiro obrigou a Filipe II a recoñecer a quebra, a buscar a paz con Francia e a ceder a soberanía dos Países Baixos á súa filla. Faleceu en 1598.
D) A hexemonía dinástica de Filipe III.
En 1598 comeza o reinado de Filipe III, que confiou o goberno ao duque de Lerma, debido á complexidade e aumento das tarefas burocráticas.
Filipe III continuou as guerras con Inglaterra e Holanda, pero as dificultades económicas obrigárono a asinar a paz con Inglaterra e unha tregua con Holanda. Intentou manter a súa primacía a base de diplomacia e acordos cos seus aliados e familiares en Austria. As principais tensións trasladáronse ás colonias, onde os holandeses ocuparon diferentes territorios. A política diplomática foi máis beneficiosa para os inimigos que para a Monarquía Hispánica.
A principios do s. XVI prodúcese a expulsión dos mouriscos, polas presións da Igrexa e das clases populares. A súa marcha tivo consecuencias negativas, como a perda de man de obra ou despoboamento de determinadas zonas.
E) Filipe IV e a loita polo mantemento da hexemonía.
Filipe IV comeza o seu reinado en 1621. Co conde duque de Olivares, o seu valido, trata de manter a hexemonía hispánica no mundo, ameazada por Francia e Holanda.
1.- Guerra dos Trinta Anos: a partir de 1620, diferentes guerras enfrontaron a maior parte dos reinos europeos por motivos relixiosos (odio entre católicos e protestantes), o enfrontamento entre a Monarquía Hispánica e o Imperio alemán e polo dominio das rutas comerciais. Na guerra do Sacro Imperio alemán, 1618, iníciase un grave conflito bélico no que interviñeron gran parte dos reinos europeos, por motivos relixiosos (protestantes e católicos). A derrota dos terzos españois supuxo o fin da supremacía militar da Monarquía Hispánica. Ademais, en 1622 Filipe IV prosegue a guerra con Holanda, pola ameaza que implicaba o seu poderío naval e económico. A pesar dos éxitos iniciais (rendición de Breda) os holandeses conseguiron impoñer o seu dominio naval en 1639.

2.- Unión de Armas e a crise xeral da Monarquía
hispánica: o conde-duque de Olivares
quixo eliminar os privilexios forais e impoñer a todos as leis de Castela. Na
década de 1640 prodúcese a crise xeral da Monarquía hispánica debido a
problemas políticos, militares e demográficos.
A Unión de Armas foi un proxecto de Olivares, que aseguraba a supremacía da Monarquía hispánica e a repartición da carga militar e fiscal entre todos os reinos. O proxecto non se puido levar a cabo pola oposición da Coroa de Aragón.
A partir de 1635 aumentaron as necesidades de homes e diñeiro para facer fronte a Francia na Guerra dos Trinta Anos e Oliveirais tratou de aumentar a contribución dos reinos. Isto foi a orixe de numerosas protestas: a sublevación de Cataluña e a independencia de Portugal en 1668. Tamén aumentou o malestar noutros reinos: Nápoles e Sicilia, Andalucía, Aragón e Navarra.
3.- Perda da hexemonía e o sistema Westfalia-Pireneos: coa entrada de Francia na Guerra dos Trinta anos, os Habsburgo perden a súa posición hexemónica en Europa. Aparecen unha serie de equilibrios políticos e relixiosos entre os principais reinos: Francia, Inglaterra, Holanda, Austria e a Coroa de España. Nos tratados de Westfalia (1648), Filipe IV recoñece a independencia de Holanda; coa Paz dos Pireneos (1659) ponse fin á guerra entre España e Francia.
F) Carlos II e o problema sucesorio.
Carlos II foi proclamado rei en 1665. Era menor de idade e o goberno recaeu na súa nai Mariana de Austria ata 1675. Foi un monarca débil, as intrigas políticas foron frecuentes e as directrices confusas. Aínda que inicialmente persistiron as dificultades económicas, a partir de 1680 comeza unha recuperación económica.

Aproveitando a
debilidade do rei, os franceses desenvolveron catro guerras contra Carlos II. Para facerlles fronte, aliouse con Ingleses e
Holandeses e desta forma puido conservar a maior parte dos seus territorios.
Carlos II non tivo fillos e isto provocou un grave problema. Había varios candidatos posibles, pasando finalmente a Coroa ás mans de Filipe de Borbón. Isto non foi aceptado por todos os reinos e orixinouse unha guerra internacional que rematou coa desaparición da Monarquía hispánica en 1714.
3.- Conquista de América e explotación
Despois do descubrimento de América, iníciase unha etapa de conquista, de exploración comercial dos territorios e créanse novos organismos para controlar o territorio.
A conquista fíxose en varias fases. As expedicións eran organizadas por particulares con permiso do rei, a cambio de que os territorios conquistados se puxesen baixo a autoridade real. Os conquistadores eran recompensados con cargos e riquezas que se establecían nun documento (capitulacións) e o rei reservaba para si unha quinta parte das riquezas (quinto real). A conquista foi rápida, debido á superioridade dos conquistadores fronte aos indíxenas.
A conquista afectou negativamente á poboación nativa: masacres, violencia, enfermidades, traballos forzados, co que o número de habitantes descendeu considerablemente.
Os novos territorios americanos englobáronse baixo o nome das Indias (pola confusión sufrida por Colón). Quedaron incorporados á coroa de Castela. Para o seu goberno establecéronse diferentes institucións, unhas en España, onde estaba a administración central e outras nas cidades de América como os cabidos (semellante aos concellos).

Tras a rapina
inicial, puxéronse en marcha actividades
económicas. Os españois buscaron nos nativos man de obra barata, que
obtiveron co sistema da encomenda e a mita.
Encomenda: a Coroa entregaba
aos colonos unha cantidade de indios. Estes, a cambio de protección e
instrución relixiosa, debían traballar gratuitamente ou pagar tributos.
Mita:
consistía na obriga dos nativos de traballar uns meses ao ano nas minas; a
cambio recibían un pequeno salario.
A dureza do traballo provocou unha forte mortalidade entre os nativos e para compensar o descenso de man de obra barata, foron levadas grandes cantidades de escravos dende África.
A India estaba sometida a restricións económicas e comerciais que as convertían en colonias. Para obter maiores ganancias, a Coroa impediu o exercicio de certas actividades artesanais en América e converteu os intercambios comerciais nun monopolio con centro en Sevilla e o golfo de México. Enviábanse produtos manufacturados e alimenticios e traíanse produtos coloniais, sobre todo metais preciosos (ouro e prata).
Os colonizadores e conquistadores emprenderon a evanxelización dos nativos. Primeiro, pola forza; posteriormente, coa chegada de relixiosos (franciscanos e xesuítas), o procedemento cambiou. Estes defenderon os nativos dos colonizadores. Estableceron misións ou reducións, concentrando os indios para favorecer a súa evanxelización (reducións xesuíticas do Paraguai).

4. A Galicia dos Austrias
Durante o reinado
dos Austrias, Galicia tivo unha posición periférica,
pero era un punto estratéxico na ruta cara os Países Baixos. Os Austrias
potenciaron a organización política do vello reino: Capitán Xeneral, Real
audiencia, Xuntas do Reino.
A) Organización
administrativa do Reino.
No reinado dos
Austrias, Galicia estaba dividida en provincias.
Foron creadas para repartir impostos e recrutar soldados. Nun principio
foron cinco e logo sete: A Coruña, Betanzos, Santiago, Mondoñedo, Lugo, Ourense
e Tui.
No século XVI
creáronse as Xuntas do Reino, formadas polos delegados dos concellos das
capitais das sete provincias. Estes delegados eran membros das oligarquías
urbanas e defendían os seus intereses. Non tiñan función de goberno, pero si
para recadar diñeiro para o monarca, facer levas militares, aconsellar o rei…
A finais do século
XV, Galicia perdeu o seu dereito a voto
nas cortes de Castela e pasou a ser representada pola cidade de Zamora. En
varias ocasións suplicóuselle ao rei que devolvera este dereito, pero non será
ata 1622 cando o volva ter tras pagarlle ao rei 100.000 ducados para construír
unha escadra que defendese as súas costas.
B) Galicia e a explotación
das colonias.
En 1520, os nobres
e magnates galegos, solicitaron a Carlos I Que establecese na Coruña unha casa de contratación da Especiaría para
centralizar o tráfico de especias coas Molucas. Esta ruta era dificultosa e de escasa rendibilidade e foi vendida aos
portugueses. Houbo algún tráfico con América desde Coruña ou Baiona, pero moi
escaso.
Algúns galegos
participaron nas expedicións de descuberta e conquista como Álvaro de Mendaña
ou Pedro Sarmiento de Gamboa.
C) Galicia e as guerras dos
Austrias.
A costa galega foi
obxecto durante os séculos XVI e XVII de numerosos ataques dos inimigos da
coroa española.
-
Estancia
das armadas reais: os portos galegos, especialmente
Coruña e Ferrol, foron portos de invernada ou partida da armada real. Algunhas
destas expedicións remataron en fracaso como a derrota da Armada Invencible que
partira da Coruña e foi destruída polos ingleses en 1588.
-
Ataques
das frotas inglesas, francesas e holandesas:
as costas galegas e especialmente a cidade da Coruña, recibiron diversos ataques das frotas rivais. Exemplo é o
ataque da frota inglesa ao mando de Sir Francis Drake que atacou a Coruña, que
foi heroicamente defendida por María Pita, aínda que a cidade quedou moi destruída.
-
Corsarios
e piratas: as costas galegas sufriron o ataque de
piratas e corsarios como a ría de Vigo atacada
polos turcos. Destaca a defensa de Cangas capitaneada por María Soliño.
-
Problemas
na fronteira con Portugal: tras a independencia de
Portugal en 1640 houbo numerosas accións
bélicas na fronteira.Reforzáronse as defensas e houbo varios ataques.
-
Levas,
tributos e mantemento de tropas: houbo numerosas levas de
soldados para combater en diferentes escenarios.As queixas foron moi
frecuentes, pero non se atenderon.
D) Sociedade agraria e novos
cultivos.
Ao longo do século
XVI e XVII a sociedade e a economía
galega era fundamentalmente agrícola.
Cultivábanse cereais (trigo e
centeo), pero os recursos non chegaban para a poboación, houbo fame, malas
colleitas, pestes…
De América chegou o
millo e con el a diminución do
barbeito aumentando a produción permitindo o aumento da poboación.
As cidades eran
pequenas, destaca Santiago, polas funcións relixiosas; Coruña, sede das
institucións do goberno e Pontevedra, pola pesca e salgadura.
As actividades artesanais e comerciais son
escasas, predomina a autarquía comarcal. Fidalgos e clérigos eran os propietarios das terras e controlaban
as rendas agrícolas.
A alta nobreza non vivía aquí,
participaba das campañas militares e políticas dos Austrias como os Andrade, os
Sarmiento…
- 4 -
A Monarquía borbónica no Antigo Réxime
1.O Antigo Réxime:trazos característicos:
Ø -Sistema
económico predominante: a agricultura, subsistencia, pobreza.
-Propiedade
da terra: sistema medieval.
-Actividades
artesanais e comerciais, moi escasas.
Ø Demografía: crecemento moderado, epidemias,
malnutrición.
Ø Sociedade
estamental: privilexiados, non privilexiados.
Ø Analfabetismo e relixiosidade:non saber ler
nin escribir, intolerancia relixiosa, Inquisición.
Ø Persistencia do réxime señorial: autoridade do
dono.
Ø Monarquía absoluta e soberanía real: poder
real emanado de Deus.
2.Os Borbóns e a Coroa de España no século XVIII.
Ø Filipe V e o centralismo borbónico (1701-1746):Guerra de
Sucesión, centralismo e decreto de Nova Planta.
Ø Fernando VI
e o pacifismo (1746-1759): neutralidade e pacifismo, paz con Austria e
Inglaterra.
Ø Carlos III
e o reformismo ilustrado (1759-1788):despotismo ilustrado, reformas, motín de
Esquilache.
Ø Carlos IV
e o impacto da Revolución francesa (1788-1808):medo á revolución francesa,
alianza con Napoleón.
3.- A Galicia
borbónica
Ø As realizacións dos Borbóns en Galicia:
fortificacións, arsenal de Ferrol.
Ø Galicia e as guerras dos Borbóns: ataque en
Rande, Vigo, Ferrol dos ingleses.
Ø Fidalgos e comerciantes: riqueza, pazos e
actividade mercantil.
Ø A
Ilustración en Galicia: Conciencia da diferenza de Galicia, estudo da lingua.
A Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Antigo Réxime:
séculos XVI,XVII e XVIII, economía agraria, sociedade estamental con
privilexiados e monarquía absoluta.
1.- O Antigo Réxime: trazos característicos.
Para os revolucionarios franceses, o "antigo réxime" refírese ao sistema político e ao modelo de sociedade existente en Francia antes de 1789. Non obstante, os historiadores empregan este nome para cualificar os trazos característicos da sociedade europea dende o século XVI ata o XVIII.
1.- Sistema económico predominante: a agricultura
a) A agricultura e a gandaría: principal fonte de riqueza. Nela ocupábase a maior parte da poboación. As súas características son:
- destinada á subsistencia e ao pagamento de impostos e rendas aos propietarios das terras, produción para alimentación e sementes e para pagar as rendas e impostos cos excedentes.
- os propietarios non reinvisten en innovación para os cultivos, gastan as rendas en produtos de luxo, non se producen innovacións técnicas.
- técnicas e instrumentos agrícolas rudimentarios, agricultura tradicional con barbeito, aínda que se introduce o cultivo do millo e da pataca.
- rendementos baixos ou escasos; en moitos casos non cubrían as necesidades alimenticias da poboación.
- nivel de vida dos campesiños e xornaleiros de permanente pobreza.
b) Réxime de propiedade da terra: seguía os modelos medievais. Poucos campesiños traballaban as súas propias terras; a maioría era propiedade dos nobres, da igrexa ou dos municipios (comunais). A maioría delas non se podían vender (terras vinculadas e de mans mortas). Os propietarios arrendábanas mediante contratos de curta duración (Castela e Andalucía) ou de longa duración (sistema de foros de Galicia).

c) Actividades artesanais e comerciais:
escaso desenvolvemento e dependencia do estranxeiro.
- a produción artesanal realizábase en talleres rexidos por normas gremiais que controlaban, entre outras cousas, os prezos e a produción limitando a liberdade de empresa. Era unha produción para o consumo local, elabóranse produtos básicos e, en menor medida, artigos de luxo destinaba aos grupos dominantes.
- escaso desenvolvemento tecnolóxico, os campesiños eran artesáns no tempo libre.
- en Cataluña produciuse unha industrialización moderna ao longo do século XVIII, baseada na produción de tecidos de algodón (indianas).
- escaso comercio interior debido á autosuficiencia dos campesiños e ás dificultades de comunicación. Ademais, existían alfándegas interiores (portos secos) e taxas que gravaban o paso dos produtos.
- comercio exterior vinculado aos intercambios coas colonias americanas. Debido á incapacidade da produción española para abastecer a India, importábanse produtos estranxeiros, que se pagaban co ouro e a prata americana.
- o Estado fomenta a creación de manufacturas: local que agrupa un número de obreiros importante que traballan manualmente.
- o Estado controla prezos e mercados.
2.- A demografía:

Hai altas taxas de
mortalidade e natalidade (entre o 35 e o 40 por mil), dando como resultado un
crecemento da poboación moderado. Ao longo do s.
XVIII as epidemias diminuíron, pero as crises alimentarias foron en aumento,
sobre todo polas alteracións climáticas (secas ou chuvias excesivas) provocando
a morte por falta de alimentos.
3.- Sociedade estamental:
3.- Sociedade estamental:
A sociedade estaba
dividida en tres grupos por razón de
nacemento ou honor, cada uns dos cales estaba suxeito a normas diferentes, é
dicir, non había igualdade ante a lei.
Os nobres e eclesiásticos , a
minoría, posuían privilexios como a exención do pagamento de tributos ou a
reserva de cargos públicos para eles. O resto da poboación (pobres, artesáns, campesiños,…)
formaban a maioría dos non privilexiados
(estado chairo ou terceiro estado).
Valorábanse
negativamente determinados oficios artesanais (ferreiros, curtidores, etc.) e
valorábase positivamente o modo de vida ocioso do nobre, que vivía das súas
rendas.
Outro valor clave era a chamada "limpeza de sangue", que consistía en poder demostrar que non se posuían antepasados xudeus, musulmáns ou herexes.
Era unha sociedade na que era moi difícil cambiar de estamento. En ocasións, nobres (sen recursos con privilexios)e burgueses (con fortuna, pero sen título) establecían alianzas, mediante matrimonios, para mellorar a posición social (fortuna dos burgueses a cambio de posición social dos nobres).

4.- Analfabetismo e relixiosidade:
- A maior parte da poboación non sabía ler nin escribir, agás os grupos máis ricos. As escolas eran escasas e proporcionaban coñecementos básicos (ler e contar) aos fillos dos fidalgos, dos campesiños acomodados e dos comerciantes. Só uns poucos realizaban estudos universitarios eclesiásticos ou xurídicos.
- A maioría da poboación practicaba a relixión católica. A defensa do catolicismo dos monarcas españois levou situacións de intolerancia relixiosa, levando a persecucións e castigos.
- A Inquisición seguía perseguindo os herexes, a publicación de lecturas perigosas para a fe (índice de libros prohibidos), a homosexualidade, bruxaría, etc. No XVIII seguía a haber autos de fe e os condenados eran vestidos co sambenito (carapucho infamante) e paseados polas rúas das cidades.
5.- Persistencia do réxime señorial:
- Continúa o réxime señorial establecido na Idade Media. As terras e as persoas están sometidas á autoridade do dono do señorío, o señor. Os señores son o rei (señoríos de reguengo), os nobres(señorío secular) e os clérigos. No seu territorio, o señor imparte xustiza, nomea as autoridades, esixe taxas e traballos gratuítos (corveas) e goza de innumerables privilexios e monopolios (caza, pesca, muíños…)
6.- Monarquía
absoluta e soberanía real:
- O poder supremo e a soberanía residen no rei (soberanía real); este poder exércese sen ningún tipo de limitación, xa que, segundo os seus defensores, o poder real procede directamente de Deus (xustificación divina do poder).
- No século XVIII, a pesar da tendencia absolutista e centralizadora dos Borbóns, mantivéronse os privilexios particulares dalgúns territorios (foros de provincias vascas e Navarra) e algúns privilexios persoais (poder señorial e xurisdicional da igrexa e os nobres).
2.- Os Borbóns e a coroa de España no século XVIII
- No século XVIII, a coroa española foi ocupada polos Borbóns, de orixe francesa.
- Monarcas: Filipe V (1701-1746), Fernando VI (1746-1759), Carlos III (1759-1788) e Carlos IV (1788-1808).
1.- Filipe V e o centralismo borbónico (1701-1746)
- En 1700 morre Carlos II de Habsburgo sen descendencia, deixando como herdeiro a Filipe V de Borbón. Os principais trazos do seu reinado son:
a.- Guerra de Sucesión e cambio dinástico. O sistema de Utrecht
- Filipe V foi recoñecido como rei polas cortes de Castela, Aragón, Cataluña, Sicilia, Nápoles e Milán, xurando respectar os privilexios forais de cada territorio.

- Os Habsburgo non querían un Borbón
como rei da Coroa de España, xa que tiñan o seu candidato, Carlos
de Austria. Ademais, a posibilidade de unión das coroas de Francia e
España supoñía unha ameaza para o resto dos reinos europeos. En setembro de 1701 formouse unha alianza antiborbónica entre Austria, Inglaterra e Holanda, á que se
uniron Prusia, Portugal, Savoia e a maioría dos príncipes alemáns e italianos.
Os seus obxectivos eran, por un lado, evitar a hexemonía borbónica e defender o
candidato de Austria e, por outro lado, conseguir a división dos territorios
españois e obter vantaxes comerciais no comercio colonial.
- A Guerra de Sucesión á Coroa de España comezou en 1702 e foi un conflito internacional, ademais dun conflito interno. A Coroa de Castela apoiou a Filipe V, mentres que a Coroa de Aragón apostou por Carlos de Austria, por temor á política centralizadora da monarquía borbónica, preferían a monarquía pactista dos Habsburgo. O enfrontamento estendeuse por toda Europa, con vitorias e derrotas por ambos os dous bandos:os ingleses conquistaron Xibraltar en 1704, España e Francia ocuparon Flandres, Menorca, Nápoles e Sardeña… Coa morte do emperador austríaco, Carlos convertíase en herdeiro do Imperio. Se este ademais conseguía a Coroa española, o seu poder podía resultar demasiado perigoso porque supoñía alianza entre España e Austria, igual de temida que a alianza España-Francia. Isto provocou un cambio de posición das potencias europeas aliadas que buscaron a paz. A paz asinouse cos Tratados de Utrecht (1713) e de Rastadt (1714), nos que se estableceu a repartición dos territorios europeos. Entre outros:
--- Filipe V foi recoñecido como rei de España (Austria recoñeceuno posteriormente), renunciando expresamente á Coroa de Francia.
--- Gran Bretaña obtiña Xibraltar e Menorca, o permiso de comerciar coa América hispánica e a exclusiva de abastecer ás colonias españolas de escravos (asento de negros).
--- Carlos de Habsburgo, emperador de Austria, quedaba cos Países Baixos españois, Nápoles, Milán e Sardeña.
--- Holanda obtivo varias prazas na fronteira cos Países Baixos españois.
--- Portugal obtiña Sacramento, O duque de Prusia é nomeado rei…
- A pesar da firma da paz, a guerra continuou e o conflito non concluíu ata o 1715 cando Filipe V conquista Barcelona, Mallorca e Eivisa.

b.- Política interior: Reforma da monarquía e
centralismo político
Filipe V introduciu varias reformas políticas e administrativas inspiradas no modelo francés. Estas reformas buscaban unha maior centralización do poder político e a unificación lexislativa e institucional. Estas reformas foron:
- O auto Acordado: esta lei, coñecida como Lei Sálica, reservaba o trono aos herdeiros varóns (en Castela podían reinar as mulleres, en Francia, non)
- Reorganización administrativa. Filipe V incrementou o poder real e centralizouno en poucas mans. Así:

1- aumentou as
funcións do Consello de Estado e do de Castela,
2- eliminou os
vicerreis e incrementou o poder dos capitáns xerais como únicos representantes
do poder real,
3- diminuíu o papel
das Cortes, só se reunían para xurar os herdeiros da Coroa,
4- iniciou a
transformación dos antigos reinos de orixe medieval en novas provincias e
capitanías,
5- en América
mantivéronse os vicerreinados e creáronse compañías comerciais privilexiadas.
- Abolición dos privilexios forais dos reinos da Coroa de Aragón: considerados rebeldes (por tomar partido por Carlos de Austria), perderon a súa autonomía, e Filipe V apoiado polas súas tropas, impúxolles as leis de Castela. As súas institucións políticas foron suprimidas e os seus reinos foron transformados en provincias gobernadas en nome do rei por un capitán xeral (decretos de Nova Planta). Foron suprimidas as aduanas interiores, os tribunais xudiciais e o castelán substituíu o catalán como lingua da administración.
Todas estas medidas permítennos falar dun centralismo borbónico, aínda que Navarra e as provincias vascas (provincias exentas) mantiveron os seus privilexios forais; ademais, moitas terras e homes seguiron baixo a xurisdición de señores particulares.
c.- Do revisionismo de Utrecht
aos Pactos de Familia
Como consecuencia dos tratados de Utrecht e Rastadt, España perdeu o seu papel como potencia hexemónica. Isto creou un forte resentimento nas elites políticas españolas.
Como consecuencia dos tratados de Utrecht e Rastadt, España perdeu o seu papel como potencia hexemónica. Isto creou un forte resentimento nas elites políticas españolas.
1- O revisionismo de Utrech: Filipe V intentou revisar as condicións do tratado de Utrecht (revisionismo de Utrecht)
e non recoñeceu a renuncia ao trono de Francia nin a perda dos territorios
italianos. Tivo especial relevancia a intervención de Sabela
de Farnesio, segunda esposa do rei e o seu desexo de instalar aos seus
fillos Carlos e Filipe
como duques ou reis de territorios italianos.
Entre 1717 e 1732, os gobernos de Filipe V intentaron recuperar territorios en Italia sen éxito.
2- Os Pactos de Familia: a partir de 1732, Filipe V buscou a alianza con Francia para contrarrestar a Austria e as ameazas inglesas. Os Borbóns de ambos os dous reinos asinaron alianzas que se coñecen co nome de pactos de familia:
--- O Primeiro Pacto de Familia: asinouse en 1734 con motivo da guerra de sucesión en Polonia. Como consecuencia, o infante Carlos foi recoñecido como rei de Nápoles e Sicilia, territorios conquistados polas tropas españolas.
--- O Segundo Pacto de Familia: asinouse en 1743, con motivo da guerra de sucesión á Coroa de Austria. Nesta guerra, España conseguiu que o infante Filipe fose recoñecido como duque dalgúns territorios italianos, Parma, Plasencia e Guastalla.
Filipe V morreu en 1746 sen que se modificasen os tratados de Utrecht e Rastadt, aínda que puido manter o mediterráneo occidental baixo a influencia da súa familia e colocar os fillos de Sabela de Farnesio como príncipes italianos.

2.- Fernando VI e o pacifismo (1746-1759)
- Comezou o seu reinado en 1746. A súa política caracterizouse por:
A) Neutralidade e pacifismo. A súa política busca a paz e a neutralidade: asinou a paz con Austria e Inglaterra en 1748 e os seus gobernos buscaron a neutralidade. Asinaron acordos co resto das potencias co fin de manter o equilibrio.
B) A revitalización interior: os seus gobernos aproveitaron a paz para fomentar o crecemento interior. Racionalizáronse e incrementáronse os ingresos fiscais, fomentouse a agricultura, o comercio e a industria e mellorou a Armada. Xeneralizouse por todo o reino o sistema de intendencias, capitanías xerais e provincias, rompendo co vello sistema dos reinos medievais (agás en Navarra)
C) Consolidación do regalismo: no século XVIII, os Borbóns trataron de limitar o poder a Igrexa. Esta política, coñecida como regalismo, iniciouse con Filipe V e consolidouse con Fernando VI. En 1753 asinouse un novo Concordato co Papa que permitiu, entre outras cousas, controlar o nomeamento dos cargos eclesiásticos así como unha parte das rendas que ingresaba a igrexa por estes cargos.
-Ao morrer a súa muller, en 1758, apartouse da política e morreu en 1759 sen herdeiros.

3.-Carlos
III e o reformismo ilustrado (1759-1788)
Fillo de Filipe V, iniciou o seu reinado en 1759. O seu reinado caracterizouse, sobre todo, polos intentos de incrementar o poder da monarquía. Os principais trazos do seu reinado foron:
A) Despotismo ilustrado e regalismo: a mediados do século XVIII estendeuse por Europa a idea de que se debía incrementar o poder absoluto dos reis, co fin de incrementar a riqueza do reino e lograr o benestar dos seus súbditos. O rei debía ser un déspota ilustrado, que debía empregar o seu poder xunto coa razón e os adiantos da época para impulsar as reformas necesarias. Para iso, non se contaba coas masas, xa que a súa ignorancia lles impedía saber como mellorar a súa situación (lema: todo para o pobo, pero sen o pobo).
Carlos III foi un monarca ilustrado, que impulsou numerosas reformas económicas, administrativas e culturais. Tamén foi un firme partidario do regalismo e impuxo a súa autoridade á Igrexa.
B) Os problemas exteriores: Carlos III tivo que facer fronte ás ameazas dos ingleses ao comercio colonial e dos portugueses nas fronteiras dos respectivos territorios en América. Isto levouno a desenvolver unha política exterior baseada nos enfrontamentos con Inglaterra e Portugal e na alianza con Francia.
- As vitorias dos ingleses na Guerra dos Sete Anos, que enfrontaba a Austria e Francia con Prusia e Inglaterra levou a Carlos III a asinar con Francia o Terceiro Pacto de Familia (1761). Inglaterra, co apoio de Portugal, declaroulle a guerra a España. Coa firma da paz en 1763, Inglaterra quedou coa maior parte das colonias francesas (Canadá) e obtivo de España determinados privilexios para comerciar con América e a Florida.
Nos anos seguintes, España mantivo a alianza con Francia, pero sempre pendente de manter a seguridade en América.
- En 1776 sublévanse as colonias inglesas de América do Norte e inician unha guerra con Inglaterra. Contaron coa axuda de España e Francia; en 1783 asínase a paz (Tratado de Versalles) e recoñécese a independencia da nova nación (EEUU de América). España recupera algúns territorios como Menorca e Florida.

C) O apoxeo do reformismo ilustrado:
a maioría das reformas levadas a cabo polos gobernos de Carlos
III foron económicas, políticas e administrativas e non alteraron nin a
monarquía absoluta nin a sociedade estamental. Os
principais resultados destas reformas foron:
- Fortalecemento do estado e do poder do rei, mediante reformas administrativas, modificación de provincias, intendencias e concellos, transformación do exército, nova bandeira real para a monarquía…
- Mellora da agricultura e do réxime de propiedade para aumentar a produción: cultivo de novas terras, mellora das sementes, extensión do regadío, reparto de terras a campesiños e xornaleiros… A oposición do clero e dos nobres fixeron que estas reformas tivesen escasa transcendencia.
- Fomento da produción artesanal e industrial: axudas para a ampliación de talleres e a montaxe de novas fábricas, aplicáronse medidas proteccionistas, difundíronse novas técnicas e creáronse as manufacturas reais destinadas a satisfacer as demandas da Coroa (tapices, porcelanas, cristais...), construción naval en Ferrol e Cádiz, siderurxia, tabaco…
- A potenciación da industria popular: fomento de actividades artesanais que podían facer os campesiños nos períodos de descanso agrícola. Esta industria rural achábase estendida por todo o territorio, especialmente en Galicia (liño, curtido)
- Defensa do valor do traballo artesanal, era un mérito compatible coa nobreza e o desempeño de funcións públicas.
- Apoio ao desenvolvemento do comercio: favorecendo a liberdade de circulación de produtos, suprimindo taxas, construción e mellora de camiños reais dende Madrid á periferia e fomento da construción naval. Especial atención recibiu o comercio colonial con América, eliminouse o monopolio exercido por Sevilla-Cádiz. Ademais creáronse compañías comerciais autorizadas a comerciar de forma privilexiada con determinados territorios ou cun produto concreto. Todas estas medidas, non obstante, non conseguiron dinamizar o comercio interno, seguíase a depender dos produtos estranxeiros.

- Renovación da educación: a
educación é o medio para transformar os hábitos sociais e aumentar a riqueza do
país. Os ilustrados apoiaron unha
educación práctica baseada no coñecemento das novidades técnicas e científicas.
Creáronse escolas populares para aprender un oficio, reformas universitarias e
fundación de novas institucións culturais (academias de lingua, historia,
xardín botánico, academias militares...)
D) Dificultades das reformas: Os gobernos ilustrados encontráronse con moitos obstáculos, debido á ignorancia das masas por un lado e á oposición da nobreza e clero, por outro. Os principais conflitos que se formularon foron:
- O motín de Esquilache e a expulsión dos xesuítas: o marqués de Esquilache, ministro siciliano de Carlos III, impulsou numerosas reformas. En 1766 produciuse en Madrid o motín de Esquilache. A orixe deste levantamento estaba no descontento social pola suba do prezo do pan e pola abundancia de ministros italianos, pero tomouse como desculpa a prohibición ministerial de levar capa e chapeu de aba ancha. Algúns nobres e eclesiásticos, contrarios a Esquilache, aproveitaron a ocasión e lograron a destitución do ministro. Sufocados os tumultos, Carlos III continuou coas reformas.
En 1767 Carlos III decretou a expulsión da compañía de Xesús, de España e das colonias, movido polas acusacións de que eran os instigadores das revoltas populares. Os xesuítas opoñíanse ás ideas absolutistas e regalistas do rei.
A partir de entón, e por medo a futuras protestas das masas e dos nobres, as reformas moderáronse.
- A vixilancia da Inquisición e o proceso Olavide: a Inquisición vixiou moi de preto as novas ideas ilustradas e converteuse nun freo das reformas máis avanzadas. O suceso máis relevante foi a condena de Paulo Olavide, preocupado polos problemas do campesiñado andaluz e contrario ás formas señoriais de posesión de terras. Foi denunciado pola nobreza e a Igrexa e condenado polas súas avanzadas ideas.
- Lentitude das reformas e radicalización ideolóxica: a finais de 1780 fóronse abrindo paso novas ideas, minoritarias, que propoñían unha transformación máis radical do sistema. Estes radicais defendían

limitar o poder
real,
rexeitamento da soberanía de orixe divina,
separación de
poderes,
abolición de
privilexios estamentais,
proclamación dunha Constitución...
trazos
característicos do incipiente liberalismo español.
Ao mesmo tempo, foi xurdindo entre os inimigos
das reformas (nobreza, xerarquía eclesiástica) un pensamento conservador e
reaccionario contrario a todo tipo de cambio.
4.-Carlos
IV e o impacto da Revolución francesa (1788-1808)
Comezou a reinar en 1788. Tocoulle vivir a época da revolución Francesa. Monarca débil, ao longo do seu reinado produciuse a crise progresiva da monarquía española.
- O temor á expansión da revolución: as ideas revolucionarias procedentes de Francia (declaración de liberdades individuais, limitación do poder do rei, proclamación da soberanía nacional, abolición dos privilexios da nobreza e da igrexa...) causaron temor en España, o medo ao contaxio das ideas revolucionarias levou a un control severo do goberno de Carlos IV, dirixido por Floridablanca, da propaganda revolucionaria (fundamentalmente pola Inquisición).

Para os ilustrados
e reformistas radicais, a Francia revolucionaria era un modelo a imitar; para o clero e a nobreza as novas ideas
atentaban contra a monarquía e a relixión. A influencia francesa tamén chegou
ás colonias americanas e empezaron a ter conciencia da defensa dos propios
valores fronte á dominación española.
En 1792 en Francia aboliuse a monarquía e o resto das monarquías europeas saíron en defensa dos dereitos do monarca francés (Luís XVI), pero foron incapaces de derrotar os revolucionarios. En España, foi nomeado Manuel Godoy secretario de estado en 1792. Moi ambicioso, inicialmente tratou de conseguir a liberación de Luís XVI, pero despois da execución do monarca francés en 1793, España entrou en guerra cos revolucionarios franceses. As constantes derrotas obrigaron a Godoy a asinar a paz en 1795 (Paz de Basilea). A partir de entón, a política exterior de España orientouse a consolidar a alianza coa Francia revolucionaria, o que provocou enfrontamentos constantes cos ingleses.

- A fin do reformismo: o
desenvolvemento da revolución francesa fixo que a reforma en España foi moi limitada. Os gobernos de Carlos IV apoiaron as iniciativas que se adecuaban aos
seus intereses, pero anularon todo aquilo que significaba un perigo para o
sistema. Así, algúns ilustrados como Cabarrús, Jovellanos ou Malaspina
lograron o apoio oficial nalgunhas épocas e noutras sufriron persecución e
cárcere.
O caso máis significativo foi o de Jovellanos. En 1795 elaborou un Informe sobre a lei agraria, no que criticaba a excesiva cantidade de terras amortizadas e vinculadas que había en España. Propoñía, entre outras cousas, a desvinculación dos morgados, a transformación de terras de mans mortas e comunais en propiedade particular e a liberdade comercial como medios para aumentar a produción. Estas propostas significaban un cambio radical na estrutura da propiedade e eran un ataque directo á nobreza e á Igrexa. Por iso, foi condenado pola Inquisición e desterrado á prisión en Mallorca.
Os distintos gobernos de Carlos V, controlados por Godoy, fixeron diversas reformas co fin de aumentar os ingresos para cubrir os gastos xerados polas guerras. Así, en 1798 realizouse a primeira expropiación de terras de mans mortas. Isto coñécese co nome de desamortización de Godoy. Esta medida afectou, principalmente á Igrexa, pero non alterou a composición social da propiedade nin beneficiou aos campesiños. Non obstante, sentou un precedente para posteriores expropiacións.

- Despotismo de Godoy e
alianza con Napoleón.
Godoy foi acumulando títulos, honras e poder. Emparentado coa familia real polo seu matrimonio con María Teresa de Borbón, converteuse, en 1800, no máximo responsable de toda a política da coroa e esixiu obediencia persoal a todas as autoridades. Isto provocou as críticas de moitos, molestos, sobre todo, polo seu despotismo á hora de gobernar.
- Ao mesmo tempo, os enfrontamentos bélicos con Inglaterra foron continuos e provocaron a quebra do comercio con América, a ruína do Estado e unha crecente supeditación a Francia (gobernada por Napoleón). Tras a batalla de Trafalgar (1805), os ingleses conseguiron o dominio absoluto dos mares xa que derrotaron a frota hispanofrancesa.

- Para causar graves prexuízos a Gran Bretaña,
en 1806 Napoleón decretou o bloqueo continental contra os seus barcos así como a invasión
daqueles países que non respectaran o bloqueo, como por exemplo, Portugal. Napoleón planeou a súa conquista coa axuda de España. A
cambio de permitir o paso das tropas francesas, acordouse a repartición de
Portugal e a creación do reino dos Algarves para Godoy (tratado de Fontainebleau, 1807)
- En 1808 os movementos das tropas francesas e a ambición de Godoy provocaron un profundo malestar na Corte española e no pobo. Os enfrontamentos dentro da familia real levaron a Napoleón a considerar a posibilidade de facerse co control da monarquía española.

Na Galicia do XVIII
conviviron trazos do pasado con novidades importantes.
1.- As
realizacións dos Borbóns en Galicia.
No XVIII Galicia
mantén a importancia estratéxica como defensa do imperio colonial contra as potencias estranxeiras (Inglaterra).
Así os Borbóns crean novas institución e servizos.
-
A
intendencia do Reino de Galicia (1718): tiña
sede na Coruña e o intendente tiña amplas funcións relacionadas co exército
(recrutamento de soldados, aloxamento e abastecemento de tropas, fortificación
de cidades), facenda e contribución de rendas ao rei , xustiza e policía.
-
O
arsenal de Ferrol e as fortificacións costeiras: pola
súa situación, Galicia era o primeiro lugar para recibir e rexeitar os ataques
das frotas estranxeiras, especialmente inglesas, que querían capturar os barcos
que viñan con mercadorías de América. Así
reforzouse a costa con baterías e castelos, construíuse o arsenal de Ferrol e
os seus estaleiros. Tamén se a academia de Garda Mariñas para instruír os
militares.
-
Os
Correos Marítimos e o comercio con América: en
1764 Carlos III estableceu na Coruña o Servizo de Correos Marítimos, encargada
de levar a corrrespondencia a América (Habana e Bos Aires)
2.- Galicia e
as guerras dos Borbóns.
As rías de Vigo e
Ferrol sufriron os ataques dos ingleses durante as guerras con eles.
-
Ataque
a Vigo en 1702. Durante a Guerra de Sucesión a escuadra
angloholandesa entrou na ría de Vigo perseguindo a frota hispanofrancesa para
apoderarse dos seus tesouros traídos de América. Reforzáronse as defensas
terrestres e refuxiáronse en Rande. Os
galeóns de Rande foron afundidos en outubro de 1702, aí nace a lenda do
tesouro.
-
Invasión
inglesa de 1719. Filipe V desexaba recuperar pola
forza territorios perdidos polo tratado de Utrecht-Rastadt. Quixo invadir
Escocia, pero os temporais fixeron fracasar a operación. En resposta, os
ingleses atacaron portos galegos e conquistaron Vigo, Redondela, Marín e
Pontevedra, pero a resistencia popular fixo que pouco despois reembarcasen.
-
Ataque
inglés a Ferrol en 1800. Por ser Ferrol base naval
e arsenal da armada os ingleses bloquearon varias veces a entrada ao porto e
incluso chegaron a desembarcar, pero as tropas españolas lograron rexeitalos.
3.- Fidalgos e
comerciantes.
A sociedade galega
do XVIII mantiña os grupos tradicionais e nela predominaba a agricultura.Os
grupos relevantes eran:
-
Os
fidalgos: a
nobreza estaba ausente e así os fidalgos eran o grupo dominante, controlaban o
poder municipal (rexedores), e xudicial(xuíces, avogados, escribáns…). Tamén
estaban asentados no mundo rural, tiñan terras e a súa riqueza procedía do
cobro das rendas dos foros das terras pertencentes á igrexa ou da nobreza. A
manifestación da súa riqueza era a construción de pazos.
-
Os
comerciantes: o
comercio con América, o funcionamento do Arsenal e a existencia de materias
primas como o liño ou a sardiña, incrementou a actividade mercantil en Galicia:
fábrica de Sargadelos, tecidos de algodón en Pontevedra, pesca e salgadura da
sardiña dos fomentadores cataláns.
4.- A
Ilustración en Galicia.
No
XVIII maniféstanse en Galicia as preocupación da Ilustración.
-
Moderación
das súas propostas: a maior parte dos
ilustrados galegos foron eclesiásticos (Feixoo, Sarmiento, Sobreira…) ou
fidalgos (Cornide, Vicente do Seixo…) polo que as súas propostas compaxinaban
as reformas co mantemento da fe cristiá e a orde política e social establecida.
Nunca puxeron en dúbida o sistema existente.
-
Crítica
dos abusos sociais e dos atrancos legais e económicos.
Criticaron os abusos dos privilexios sociais e económicos dos nobres e os
atrancos para o desenvolvemento social e económico, especialmente a miseria do
campesiñado, a propiedade inmobilizada en mans da nobreza (morgado), o exceso
de impostos e taxas,o atraso científico, a ignorancia e a superstición,…
-
Predominio
das preocupacións e reformas económicas:
propoñen:
- Mellora
das actividades agropecuarias: novas técnicas agrarias, mellores sementes…
-
Defensa dos intereses pesqueiros galegos: defensa dos procedementos
tradicionais fronte aos dos fomentadores cataláns.
-
Potenciación da produción artesanal e industrial: novas técnicas e maquinaria,
novos talleres e fábricas.
-
Ampliación das actividades comerciais: mellora das estradas e portos e
liberdade para comerciar con América.
-
Fomento da educación e da renovación científica: educación para superar o
atraso, divulgaron os avances científicos, crean escolas, bibliotecas…
- O
descubrimento e defensa de Galicia: ao analizar os
problemas e propoñer solucións viron as
especificidades da terra e así defenderon o Reino de Galicia como unha
identidade diferente. Tomaron conciencia da realidade diferencial galega, estudaron
e describiron as súas terras e defenderon o estudo da lingua galega.
- Creación
de institucións ilustradas: para
levar á práctica as súas ideas propoñen:
- Academia de Agricultura de
Galicia: para difundir as novas técnicas agrícolas.
- Real Consulado de Galicia:
créase para fomentar o desenvolvemento económico.
- Sociedades Económicas de
Amigos do País de Santiago e de Lugo: querían fomentar o desenvolvemento
económico do seu territorio coa axuda do clero e da nobreza.
Crise do antigo réxime e revolución
liberal
Resumo:
1. Crise do Antigo Réxime e
revolución liberal.
1.- Liberalismo: principios e institucións.
Principios políticos e institucións.
Principios económicos.
2.- A crise da monarquía e a invasión napoleónica.
A crise da monarquía
española.
As abdicacións de
Baiona e o reinado de Xosé I Bonaparte.
A guerra contra
Napoleón.
3.- As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812.
A formación das xuntas de goberno.
As Cortes de Cádiz
e a abolición do Antigo Réxime.
A Constitución de 1812.
4.- A restauración de Fernando VII. 1814-1833.
O Sexenio Absolutista. 1814-1820.
O Trienio Liberal. 1820-1823
A Década Ominosa ou absolutista. 1823-1833
5.- Independencia da América española.
Formación de xuntas e intentos de emancipación.
1808-1814.
Guerras de independencia latinoamericana. 1814-1824.
2. A construción do Estado
liberal.
1.- Liberalismo doutrinario: moderados e progresistas.
2.- O réxime do Estatuto Real e o triunfo liberal. 1833-1836.
A reforma provincial.
O Estatuto Real.
As revolucións de 1835
e 1836.
O carlismo.
A primeira Guerra Carlista. 1833-1839.
A desaparición do Reino de Galicia.
3.- O réxime progresista de 1837. 1836-1843.
A Constitución de
1837.
Segunda fase da
rexencia de María Cristina de Borbón. 1836-1840.
Rexencia de Espartero.
1840-1843.
4.- O réxime moderado de 1845. 1843-1868.
A Constitución de
1845.
A Década Moderada. 1843-1854.
O Bienio Progresista. 1854-1856.
A década moderada-unionista e a fin do reinado.
1856-1868.
3. O Sexenio Democrático.
1868-1874.
1.- Liberalismo democrático: demócratas e republicanos.
2.- A Revolución de 1868.
A Revolución Gloriosa.
A Constitución de 1869.
3.- A Monarquía democrática de Amadeo I. 1871-1873.
4.- A Primeira República. 1873-1874.
5.- O republicanismo en Galicia durante o Sexenio.
A oposición
republicana.
A Primeira República
en Galicia.
4. O modelo de Estado na España
liberal.
Inicios e consolidación do
réxime liberal
1.Crise do Antigo Réxime e revolución liberal
Entre 1808 e 1833 en España enfrontábanse dous modelos
ideolóxicos: absolutismo e liberalismo. A influencia da Revolución francesa
(1879) e a invasión napoleónica abríronlle o camiño ao liberalismo, dando paso
á Constitución liberal de 1812. Cando en 1814 volve o rei Fernando VII
restáurase o absolutismo deica a súa morte en 1833 (agás de 1820 a 1823).
1.- Liberalismo: principios e
institucións
Liberalismo: corrente de pensamento que defende un novo concepto do poder e a sociedade baseado na liberdade, fronte ao absolutismo e aos privilexios do Antigo Réxime.
Liberalismo: corrente de pensamento que defende un novo concepto do poder e a sociedade baseado na liberdade, fronte ao absolutismo e aos privilexios do Antigo Réxime.
- Principios políticos e institucións:
- Dereitos e liberdades individuais e
inalienables que o Estado debe protexer.
- Igualdade
de todos os individuos ante a lei.
- Limitación
do poder político.
- Soberanía nacional.
- División
de poderes (executivo, lexislativo, xudicial) e o seu exercicio por
institucións diferentes Goberno, Cortes e Tribunais, respectivamente.
- Unha Constitución ou lei suprema e
fundamental.
- Institucións representativas da vontade
dos cidadáns: Parlamento ou Cortes.
- Leis
escritas e organizadas en códigos
- Participación dos cidadáns no sistema
político.
- Principios económicos:
- Respecto
á propiedade privada individual.
- Liberdade económica e de empresa baseada
na libre iniciativa individual, sen intervención do Estado.
- Libre xogo da oferta e da demanda (lei do
mercado) como regulador de producións, salarios, prezos…
O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses
da burguesía que no século XIX é o grupo hexemónico da sociedade.
2.- A crise da monarquía e a
invasión napoleónica
A negativa de Portugal a participar no bloqueo contra Inglaterra decretado por Napoleón, levou a este a planificar a súa invasión coa axuda de España. Godoy, secretario de Estado de Carlos IV, autorizou o paso das tropas francesas por territorio español, acordando o reparto de Portugal e as súas colonias e a creación do reino dos Algarves para Godoy (tratado de Fontainebleau, 1807).

- A
crise da monarquía española
A acumulación de poderes de Godoy e a súa influencia
sobre os reis, levou a Fernando, fillo do rei e príncipe de Asturias, a crear
dentro da Corte un grupo opositor formado por aristócratas. Este partido
fernandino conspirou para desprazar a Godoy do goberno e facer abdicar a Carlos
IV. Pero os seus plans foron descubertos e abortados en outubro de 1807.
A principios de 1808, a entrada das tropas francesas en España produciu un profundo malestar popular, ademais Godoy sospeitaba que Napoleón quería quedarse conEspaña e Portugal.
A principios de 1808, a entrada das tropas francesas en España produciu un profundo malestar popular, ademais Godoy sospeitaba que Napoleón quería quedarse conEspaña e Portugal.
En marzo de 1808 produciuse o motín de Aranxuez, levantamento das clases populares instigadas
polas clases altas partidarias de Fernando. Asaltaron o palacio de Aranxuez,
onde se atopaban os reis e, mediante un golpe de estado, obrigaron ao Carlos IV
a abdicar no seu fillo Fernando, que foi recoñecido rei de España. Carlos IV,
temeroso da situación pide axuda a Napoleón.
- As
abdicacións de Baiona e o reinado de Xosé I Bonaparte
Estes sucesos de Aranxuez
foron interpretados por Napoleón como un síntoma da decadencia da monarquía
española. O 5 de maio de 1808 Napoleón reuniu en Baiona (Francia) a familia
real española, coa escusa de mediar nas súas disputas. Fernando foi obrigado a
devolverlle a coroa a seu pai Carlos e este cedeu os seus dereitos a Napoleón.
A cambio, ambos foron recompensados con numerosas posesións e privilexios en
Francia. Napoleón nomeou a seu irmán Xosé, como rei de España.
Napoleón convoca unha asemblea en Baiona de deputados españois, nela xuran fidelidade ao novo rei (Xosé I Bonaparte) e aproban unha lei na que se regulan as relacións entre o novo rei e os seus súbditos (Carta Outorgada).
A Carta Outorgada non é unha Constitución propiamente dita porque a fixo o rei e non a asemblea de Baiona. Era unha lei fundamental, outorgada polo propio rei, na que este se autolimita nos seus poderes. Para que fose unha Constitución tería que ser elaborada polas Cortes. Aínda que o rei segue sendo o centro de todos os poderes, concede certas liberdades ao pobo. Tamén se creaban as Cortes, con competencias en asuntos fiscais e orzamentos. Garantíase a oficialidade da relixión católica, a unidade lexislativa para todo o reino, a supresión de certos privilexios e a igualdade contributiva (proporcional á renda).
- Esta carta foi unha mestura de trazos novos e tradicionais que supuxeron unha certa ruptura coa política do Antigo Réxime.
- Malia as intencións de cambio e renovación de Xosé I, tivo que sufrir o desprezo das masas populares debido aos intentos de Napoleón de conquistar España, tiña varios alcumes (Pepe Botella, Rei Pepino, Rei de Naipes…)
- Entre as súas reformas destacan:

- A supresión de dereitos señoriais, a
eliminación das aduanas interiores e a potenciación da liberdade
económica, a creación de escolas e a transformación urbanística de Madrid.
- O intento de centralización e
racionalización da administración creando 38 distritos coma en Francia.
Este modelo rachaba coas unidades administrativas vixentes ata entón.
Todas estas medidas tiveron unha transcendencia escasa
debido á guerra e Xosé I recibiu o apoio dun grupo reducido, os afrancesados. A
derrota posterior dos franceses provocou a saída de España de Xosé I. A finais
de 1813, Napoleón devólvelle a Coroa a Fernando VII (Tratado de Valençay).
- A
guerra contra Napoleón
O traslado da familia real a Baiona causou un gran
malestar en Madrid.
O 2 de maio de 1808, os madrileños amotináronse contra os franceses. A violenta represión deste levantamento provocou unha sublevación en toda España. Foi o inicio dunha longa e cruenta guerra. Ante a falta de tropas españolas, a loita foi asumida polas masas populares.
Foi unha guerra de guerrillas. A guerrilla baseábase en pequenas cuadrillas de homes que se converteron en heroes populares e as súas fazañas foron recollidas pola literatura (Xoán Martín Díaz, o Empecinado ou o cura Merino). Para expulsar aos franceses, os españois contaron coa axuda dos ingleses.
- Os tipos de loita que se levaban a cabo tiñan:
a) carácter urbano: destacan o levantamento (sublevación popular contra a invasión) e o sitio (cerco a un determinado núcleo urbano coa intención de que os franceses non recibisen produtos de primeira necesidade).
b) carácter rural: o exército (de ambos bandos) e a guerrilla; os da guerrilla atacan por sorpresa e grazas a ela gáñase a guerra.
- Foi un triunfo do pobo, máis que do exército, polo que esta guerra coñécese co nome de Guerra da Independencia.

Fases da guerra:
1.
Primeira
fase: maio-novembro de 1808. Caracterízase polo intento de ocupación francesa e
o levantamento popular dos españois. Clara resistencia española, vencen en
Bailén e os franceses retíranse cara
Vitoria.
2.
Segunda
fase: novembro 1808-xaneiro 1812. Claro dominio francés. Napoleón invade España
co seu gran exército de máis de 250.000 homes. As principais cidades tiveron
que capitular logo de heroicas resistencias (Zaragoza) ou de prolongados sitios (Girona). Ao mesmo tempo
as tropas inglesas que viñeran na axuda dos españois eran perseguidas ata A
Coruña e obrigadas e reembarcar tras perder o seu capitán sir John Moore. Só
resistiron a invasión Cádiz e Lisboa.
En Galicia, despois dunha inicial ocupación, foise
liberando o territorio grazas ás accións do pobo. Cidades, vilas e aldeas
sufriron asedios e saqueos, pero a resistencia popular e accións como a
Reconquista de Vigo en 1809 ou a batalla de Pontesampaio foron minando o
poderío dos franceses e fixeron que se retirasen.
3. Terceira fase: (xaneiro 1812-abril
1814). Os franceses repréganse obrigados pola ofensiva hispanoinglesa, as
tropas anglohispanas comandadas por Wellington obrigaron aos franceses a
abandonar o sur da Península. A continua diminución de efectivos franceses
porque Napoleón os mandaba á fronte de Rusia fixo que foron vencidos en San
Marcial en 1813 e que a guerra rematase en 1814 coa vitiria das tropas españolas
e inglesas.
3.- As Cortes de Cádiz e a
Constitución de 1812
A pasividade das autoridades establecidas ante a
abdicación de Baiona e a invasión das tropas francesas fixo que as elites
dominantes unidas ao pobo creasen novas institucións de goberno, as Xuntas, encargadas de organizar a loita
contra o invasor francés e tamén de reformar o sistema político vixente.
- A formación
das Xuntas de Goberno
En 1808, numerosas cidades formaron Xuntas de Goberno.
Estas xuntas representaron unha ruptura coa orde política vixente ata o momento
e unha concepción do poder que se podería considerar revolucionaria. Baseaban a
súa lexitimidade na vontade popular e asumen o poder supremo. En cada poboación
había Xuntas locais que formaban Xuntas Provinciais. Todas estas forman a Xunta
Suprema Central, que pasa a gobernar España desde setembro de 1808. Desde 1810
foi substituída polo Supremo Consello de Rexencia.
- As xuntas asumiron o poder supremo e a soberanía na súa xurisdición.
- As xuntas asumiron o poder supremo e a soberanía na súa xurisdición.
- As
Cortes de Cádiz e a abolición do Antigo Réxime
Durante a guerra foise estendendo a idea de convocar
unhas Cortes extraordinarias para coñecer a vontade do país, co fin de acometer
as reformas necesarias. Para os nobres e eclesiásticos había que restablecer o
sistema político tradicional ( o poder absoluto do rei aconsellado polas cortes
estamentais), pero para os partidarios do liberalismo había que restrinxir o
poder do rei e elaborar unha constitución que separase os poderes e recoñecese
a soberanía do pobo.
Logo de
realizar esta consulta ao país, as Cortes reúnense en Cádiz o 24 de setembro de
1810. Había dúas tendencias ideolóxicas, antagónicas:
- os liberais, partidarios da liberdade e das reformas radicais e
- os realistas, absolutistas, que se opoñían aos primeiros e eran partidarios da
soberanía real.
Imponse a tendencia liberal e elaboran numerosos
decretos que establecen un novo modelo político, administrativos, social e
económico, inspirado no liberalismo. Entre estes decretos destacan:
1.- proclamación da soberanía nacional e a separación de poderes. A soberanía residía nas Cortes.
2.- abolición de todo resto de feudalismo (señoríos xurisdicionais) e dos privilexios de orixe feudal. A xustiza pasou ao Estado. Con todo, a abolición dos señoríos non afectou aos dereitos dos nobres sobre a propiedade das terras.

As Cortes de Cádiz tamén decretaron:
- A liberdade de imprenta sen censura previa.
- A liberdade de imprenta sen censura previa.
- A formación dos concellos e das deputacións provinciais.
- A creación do Tribunal supremo de Xustiza.
-Regulamentación do poder executivo.
- Supresión da Inquisición.
Todas estas reformas pódense considerar
revolucionarias, xa que supoñen unha ruptura co Antigo Réxime. As masas
populares, inicialmente estaban en contra, xa que atendían as prédicas da
igrexa, e a igrexa consideraba que as reformas eran contrarias á relixión e aos
costumes tradicionais.
- A
Constitución de 1812
Coñecida popularmente como Pepa, foi aprobada o 19 de
marzo de 1812. É a primeira Constitución española. É unha lei fundamental que
recolle os deberes e dereitos dos cidadáns. Recollía as ideas liberais e
establecía un novo modelo político baseado en:
·
Soberanía da nación: entendida como soberanía popular. O poder era do
pobo, que é exercido polos seus representantes elixidos. Recoñece o sufraxio
universal masculino indirecto para elixir deputados, alcaldes e rexedores de
concellos.
·
Monarquía
como forma de goberno, cun poder do rei limitado.
·
Separación de poderes: poder executivo (o rei); lexislativo (as Cortes);
xudicial (tribunais de xustiza).
·
Defensa
dos dereitos e liberdades dos
cidadáns: igualdade de todos ante a lei, liberdade de opinión e de prensa,
igualdade fiscal, propiedade privada individual.
·
Unitarismo e centralismo político: imponse unha única lexislación que elimina
os particularismos do Antigo Réxime.
·
Catolicismo
de Estado: relixión católica, oficial e única autorizada, é unha constitución
confesional.
4.- A restauración de Fernando
VII
En 1814, rematada a guerra, regresou Fernando VII a España. Reinou de xeito mesquiño e vingativo ata a súa morte en 1833. No seu reinado diferéncianse tres períodos:
En 1814, rematada a guerra, regresou Fernando VII a España. Reinou de xeito mesquiño e vingativo ata a súa morte en 1833. No seu reinado diferéncianse tres períodos:
- O
Sexenio Absolutista. 1814-1820
-Primeira etapa (1814- 1820). É o sexenio absolutista.
O regreso de Fernando comportou certos problemas. Os liberais esixían que
acatase os decretos e a Constitución de Cádiz. Os absolutistas, doutra banda,
defendían que o rei recuperase o seu poder e declarase nulas todas as reformas
(Manifesto dos Persas, os deputados abosolutistas asinan un documento
solicitando a volta ao réxime anterior).
Coa axuda de parte da Igrexa, os nobres e os militares, Fernando VII declara
nulos os decretos de Cádiz e a Constitución e prodúcese un retorno ao
absolutismo. As forzas liberais non estaban preparadas para enfrontarse ao rei;
moitos foron arrestados e outros exiliáronse. O liberalismo segue latente, aínda
que son minoría; mediante pronunciamentos
militares (sublevación de parte do exército que desexa restablecer os
principios da Constitución de Cádiz, do liberalismo) intentan botar abaixo o
absolutismo. Os diferentes intentos rematan en fracaso e os seus organizadores
son detidos e executados. Conségueno en 1820 (pronunciamento do comandante Riego),
dando paso á segunda etapa.
- O
Trienio Liberal. 1820-1823
- Segunda etapa (1820-1823) Trienio liberal. En
xaneiro de 1820, o comandante Riego restablece en Sevilla a Constitución de
1812. Esta sublevación foi seguida en distintos puntos de España e o rei viuse
obrigado a xurar a Constitución. Restablecéronse todas as medidas aprobadas
polas Cortes de Cádiz. Con todo, prodúcese a primeira división interna nos
liberais: entre moderados e exaltados, enfrontados polo control das
institucións. Estes enfrontamentos comezan a debilitar o goberno liberal, isto
favorece os intentos absolutistas de restaurar o Antigo Réxime, co apoio de
Fernando VII que nunca acatou sinceramente a Constitución.
- A
Década Ominosa ou absolutista. 1823-1833
- Terceira etapa (1823-1833) Década Ominosa ou
absolutista. As potencias absolutistas europeas, con medo á extensión da
revolución ao resto de Europa, deciden intervir en España para restaurar o
goberno absolutista de Fernando VII (reunión de Verona en 1822). Con axuda do
exército francés (coñecido popularmente como os Cen mil fillos de San Luís), Fernando VII recupera o poder absoluto
e decreta a abolición de todas as leis e institucións creadas durante o Trienio
Liberal. Moitos dos liberais foron executados e outros marcharon ao exilio,
desde onde seguiron conspirando para restablecer o liberalismo en España.
A poboación foi sometida ao control da policía e dos
corpos de Voluntarios defensores do absolutismo, da relixión e da tradición.
A partir de 1826 vese no rei unha tendencia máis
moderada. Isto débese a que a situación económica é mala e necesita a axuda da
burguesía, que era liberal na súa maioría. Un sector de absolutistas intransixentes,
que consideraban a Carlos, irmán do rei, como posible herdeiro xa que Fernando
VII non ten descendencia, non ven con bos ollos que o rei sexa algo máis brando
e agrúpanse arredor de Carlos (Carlistas).
Pero Fernando VII casa, en 1829, con María Cristina de Borbón e ten dúas fillas: Sabela e Luísa Fernanda. Sabela sería a herdeira, pero a lei sálica de Filipe V impedíao. O rei promulga a Pragmática Sanción que derroga a lei sálica, proclamando a Sabela herdeira, ao que se opón Carlos, apoiado polos seus partidarios.
Fernando VII morre en 1833 e Carlos reclama a coroa, tamén o fai María Cristina para a súa filla Sabela. Isto propiciou a guerra carlista e a posibilidade de que os liberais recuperasen o poder.

5.- Independencia da América española
A emancipación ou independencia da América española
ten lugar entre 1808 e 1824. Ten estas características:
·
Influencia
da independencia de Estados Unidos e do liberalismo francés e español.
·
Liderado
por liberais, os libertadores, como Bolívar, San Martín… que asociaban
liberdade e independencia.
·
Dirixido
por minorías crioulas con poder económico.
·
Alentado e impulsado polos EE.UU.
·
Beneficiouse
da debilidade do Estado español prexudicado polas loitas entre liberais e
absolutistas.
- Formación
de xuntas e intentos de emancipación
A abdicación do rei en Baiona e
a coroación de Xosé I non foron aceptadas nos territorios de América. Igual que
no territorio da Península, formáronse xuntas que se declararon soberanas e
unhas foron fieis ás autoridades españolas, pero outras evolucionaron cara
posicións de autogoberno. Entre as que se declaran independentistas están as de
Nova España en México, Nova Granada en Colombia-Venezuela e Río da Prata en
Arxentina.
Rematada a guerra contra os franceses, son enviadas
tropas que sen capaces de restablecer o dominio español en case todo o
territorio americano.
- Guerras
de independencia latinoamericana. 1814-1824
A restauración do absolutismo por Fernando VII foxo
que os liberais americanos fosen perseguidos. Isto provocou descontento e fixo
estalar as guerras pola independencia.
·
Chile en
1818.
·
México en
1821.
·
Venezuela
liberada por Bolívar en 1819.
·
Perú e
Bolivia en 1824, liberadas por Bolívar e Sucre.
·
Colombia,
Ecuador, Panamá, América Central.
As consecuencias foron moi graves para España, desde o punto de vista
político perdeu o papel de potencia
mundial e desde o punto de vista económico, a perda das colonias trouxo umha
profunda crise porque deixaron de vir produtos
baratos e metais preciosos.
2. A construción do Estado liberal
Entre 1833 e 1868 os grupos liberais tiveron entre si
moitas disputas, isto provocou frecuentes cambios políticos e constitucionais.
Neste tempo houbo en España dous réximes políticos liberais: o progresista,
vixente entre 1836 e 1843 e o moderado, entre 1843 e 1868.
1.- Liberalismo doutrinario:
moderados e progresistas
O liberalismo foi a ideoloxía dominante no século XIX, pero os conflitos de intereses entre os diversos grupos burgueses causaron a súa división en varias tendencias.
O liberalismo doutrinario foi a corrente maioritaria, non só en España, senón en toda Europa durante o século XIX porque non querían excesos revolucionarios, os poderosos non desexaban perder a súa posición hexemónica. As súas características máis importantes son:
- Monarquía constitucional como forma de
Estado e de goberno. Todas as institucións do Estado réxense pola
Constitución, incluída a coroa. O poder executivo e a dirección política é
exercida polo rei que elixe os ministros; o poder lexislativo é compartido
pola Coroa e as Cortes; o Rei ten o poder de convocar, suspender ou
disolver as Cortes.
- Soberanía compartida: o Rei, conxuntamente
coas Cortes, representan a nación.
- Restrición de participación política:
(goberno oligárquico). A política é exercida polos homes máis capaces e
intelixentes (soberanía da intelixencia). O dereito ao sufraxio limítase a
aqueles que posúen un determinado nivel económico ou cultural: sufraxio
censatario.
- Limitación dos dereitos individuais,
están regulados e postos por escrito para evitar desorde social.
- Catolicismo de Estado e restrición de
liberdade de cultos.
Estes principios foron asumidos polos grupos
burgueses, pero existiron diferenzas á hora de poñelos en práctica, había
diferenzas no sufraxio, na cuestión relixiosa, na organización do territorio…
Baseándose nestas diferenzas xorden os dous grupos de
liberais:
a) Os moderados ou conservadores asumiron a defensa dos principios do liberalismo doutrinario. Contaron cos favores dos monarcas españois e o apoio dos grupos poderosos da sociedade. Defendían a exclusión das masas populares da política e un control da vida municipal por parte do Goberno xa que defendían un Estado unitario e centralizado.
b) Os progresistas: aceptaron a maioría dos principios do liberalismo doutrinario, pero reclamaban a primacía das Cortes sobre o rei, máis liberdade e unha descentralización municipal. Como os moderados e os monarcas os excluían do poder, empregaron a violencia e a conspiración para lograr os seus obxectivos.
2.- O réxime do Estatuto Real e o triunfo liberal. 1833-1836

A ESPAÑA DE ISABEL II
(1833-1868).
a) Minoría de idade de Sabela II (1833-1843).
- 1 Fase: REXENCIA DE Mª CRISTINA DE NÁPOLES (1833-1840).
a) Minoría de idade de Sabela II (1833-1843).
- 1 Fase: REXENCIA DE Mª CRISTINA DE NÁPOLES (1833-1840).
En 1833, á morte de Fernando VII, a súa muller María
Cristina convértese en rexente en nome da súa filla Sabela II.
Na primeira fase da rexencia, M. Cristina permitiu o regreso dos liberais e realizou reformas que non alteraban o poder da Coroa. Tívose que enfrontar aos carlistas (guerra civil que acabou en 1839) e aos liberais radicais que triunfaron na revolución de 1836.

reforma provincial
Esta reforma foi decretada en 1833 e por ela España
dividíase en 49 provincias (igual que agora, só que antes Canarias era só unha
e agora dúas). Con isto buscábase unha maior racionalización administrativa e
un maior centralismo e control do territorio.
Por presión dos liberais, prodúcese o tránsito do
absolutismo ao liberalismo. Os feitos máis significativos son:
- O
Estatuto Real
Promulgación do Estatuto Real, 1834 (de matiz
moderado), que se pode considerar como unha Carta Outorgada. A Coroa renuncia a
manter en exclusiva o poder, outorgando maior participación política á nobreza
e alta burguesía. Promúlgase a creación dunhas Cortes bicamerais: alta
(importantes), baixa (de procuradores, que representa os cidadáns), pero non se
recollen os dereitos dos cidadáns, nin a separación de poderes, a soberanía
segue sendo do rei.
- A s
revolucións de 1835 e 1836
En 1835, e debido ás revoltas populares que se estaban
producindo, María Cristina confiou o goberno a Mendizábal, liberal progresista.
Este realizou numerosas reformas, entre as que cabe citar:
·
Restablecemento
das Deputacións, supón unha mínima descentralización territorial.
·
Supresión
de conventos (excepto aqueles que realizaban funcións benéficas, coidado de
enfermos)
·
Desamortización eclesiástica en 1836 (expropiación e venda dos bens da
Igrexa, para frear o poder da Igrexa, pagar as débedas do estado e conseguir
diñeiro para a guerra)
·
Reforma
do recrutamento militar para derrotar os carlistas. O chamamento masivo a filas provoca unha gran
oposición popular, polo que se lle engade a redención de quintas (podían
librarse mediante o pago de certa cantidade de diñeiro; só as clase altas se
poden librar, as baixas van á guerra, isto provoca unha gran discriminación).
Estas reformas de Mendizábal non gustaron á raíña
rexente e foi substituído por un goberno liberal moderado en 1836. Isto
provocou o descontento dos progresistas, que acabaron cun pronunciamento. María
Cristina restaura a Constitución de 1812 e nomea un novo goberno progresista,
que intenta dar unha estabilidade política duradeira, así o Antigo Réxime vai
desaparecendo e acaba dando paso ao liberalismo.
- O
carlismo
Cando en 1833 morre Fernando VII e se proclama raíña a
sabela II, teñen lugar en diferentes lugares de España levantamentos que
querían coroar como rei a Carlos, sería Carlos V. Isto dividiu a sociedade en
dous bando: os carlistas, defensores do absolutismo e os isabelinos,
partidarios do liberalismo.
O carlismo defendía os dereitos ao trono do infante
Carlos, o tradicionalismo político, relixioso e social e o respecto aos
privilexios forais de Navarra e das provincias vascas.
Os carlistas sentíanse ameazados polas medidas
liberais de desamortización, exclaustración centralización administrativa … e
entón decláranlle a guerra á raíña Sabela.
- A
Primeira Guerra Carlista. 1833-1839
Os carlistas e isabelinos enfrontáronse intensamente
nas provincias vascas, Navarra, norte de Cataluña e no Maestrazgo. O exército
isabelino era superior, pero os carlistas levaron a cabo unha guerra de
guerrillas e así os enfrontamentos duraron moito tempo. Os carlistas contaron
co apoio do clero e a fidalguía rural e os campesiños vascos e navarros . A
guerra abarca desde 1833 a 1839 e pode dividirse en tres fases: a primeira
supón a organización do exército carlista e as primeiras vitorias aínda que
fracasan na toma de Bilbao. A segunda supón a extensión da guerra cara o sur,
fracasan tamén na toma de Madrid. Na terceira, polo fracaso continuado, asínase
o Convenio de Vergara en 1839. Hai paz, pero recoñécense os foros. Os carlistas
que non queren o acordo exílianse en Francia e desde alí seguen vivas as súas
reivindicacións dando lugar a futuras guerras.
- A
desaparición do reino de Galicia
O proceso de desaparición iniciouse en 1808 cando a
Xunta do Reino non foi capaz de dirixir a guerra contra os franceses. Fernando
VII sacoulle a capacidade representativa en 1818 e finalmente foi suprimida en
1834, quedando Galicia organizada nas catro provincias actuais.
3.- O réxime progresista de
1837. 1836-1843
En 1837 convocáronse as Cortes para reformar a
Constitución. Promúlgase a Constitución de carácter progresista, aínda que
contén algúns artigos de carácter moderado. Inténtase contentar ás dúas
correntes, aos progresistas e aos moderados. A partir deste momento, teremos un
estado liberal consolidado. Estará vixente ata 1845.
- Constitución
de 1837
Ten como obxectivo dar estabilidade política, é dicir, que gobernen con ela tanto os progresistas
como os moderados que se alternan no poder. Adopta os principios do liberalismo
progresista:
·
Soberanía
compartida entre rei e a nación.
·
Soberanía
nacional nas Cortes. O Rei terá o poder executivo e o lexislativo xunto ás
Cortes.
·
Dereitos
e liberdades amplas: igualdade ante a lei e liberdade de imprenta sen censura.
·
Sufraxio
censitario restrinxido.
·
Non hai
relixión oficial e hai certa tolerancia relixiosa.
·
Recoñece
unhas cortes bicamerais, con Congreso e Senado.
·
Restablece
a milicia nacional.
- Segunda
fase da rexencia de María Cristina de Borbón. 1836-1840
- 2ª Fase: REXENCIA DE ESPARTERO (1840-1843).
Nos inicios da rexencia constitucional (despois do
37), gobernaron os progresistas, pero a raíña prefería os moderados e así, o
goberno moderado despraza aos progresistas do goberno.
Isto levou aos progresistas a motíns e levantamentos en 1840, liderados polo xeneral Espartero queren unha correxencia. María Cristina non acepta e termina por renunciar á rexencia e exiliouse en Francia.

- Rexencia
de Espartero. 1840-1843
O xeneral
Espartero, líder dos progresistas, converteuse en rexente. (1840-1843). É de
ideoloxía liberal pero, unha vez que chega ao poder, vólvese autoritario.
Quere solucionar o problema foral vasco e navarro e asina a paz cos carlistas no Convenio de Vergara. En 1841promulga a Lei paccionada, pola cal se permite que vascos e navarros conservasen determinados foros e institucións a cambio de que paguen un cupo económico.
Era gran xeneral, pero inhábil político polo que tivo que facer fronte a moitos pronunciamentos que o obrigaron a renunciar á rexencia e exiliarse en Londres. En 1843 o xeneral Narváez (o líder moderado), faise co goberno e adianta a maioría de idade de Sabela II, quen con trece anos comeza o seu reinado persoal.
b) Reinado de Isabel II (1843-1868).
Aos 13 anos, Sabela II é considerada maior de idade para reinar. Durante o seu reinado distínguense tres fases: década moderada, bienio progresista, crise e final do reinado.

4.- O réxime moderado de 1845.
1843-1868
Desde finais de 1843 a vida política española estivo
marcada pola personalidade e carácter da raíña Sabela II, pois levaba unha vida
moi desordenada. Gobernou case sempre co apoio de políticos moderados ou
ultramoderados como Narváez e O´Donnell. Os progresistas continúan manifestándose
con pronunciamentos, pero só triunfa o de 1854. Diferéncianse tres etapas: a
Década Moderada (1843-1854). O Bienio Progresista (1854-1856) e o período de
goberno moderado-unionista (1856-1868).
- A
Década Moderada. 1843-1854
A finais de 1843 o goberno moderado de Narváez elabora nas Cortes unha
nova Constitución que foi aprobada en 1845.
Ø Constitución de 1845: promulgación da
Constitución moderada de 1845. Nela establecíase:
·
Soberanía
compartida entre o rei e as Cortes.
·
Supremacía
política da Coroa, que tiña o poder executivo, compartía o poder lexislativo
coas Cortes, nomeaba o goberno e podía suspender, disolver e convocar as
Cortes.
·
Participación
política dos cidadáns limitada (0,8%). Sufraxio censatario.
·
Restrición
de liberdades individuais; censura de prensa.
·
Estado confesional
católico.
Os moderados actuaron movidos polos seus propios
intereses e levaron a cabo numerosas reformas para non perder os beneficios do
control político:
·
Lei
electoral: limita os cidadáns con dereito a voto a uns 100.000 (0,8%).
·
Reforma
tributaria: incrementaron a presión fiscal ás clases populares con impostos
indirectos á produtos básicos. Isto provocou protestas chamadas motíns contra
consumos.
·
Novo
código penal.
·
Reforma
do sistema educativo
·
Nace a
Garda Civil para manter a orde pública e controlar as masas descontentas.
·
Lei de
administración local ou municipal, pola cal os alcaldes de poboacións de máis
de 2.000 habitantes serían nomeados polo goberno central. Refórzase o
centralismo limitando as competencias de concellos e deputacións.
·
A raíña
asina un concordato coa Santa Sé , polo cal a Igrexa recoñece a venda dos seus
bens na desamortización, pero a cambio de que o catolicismo sexa a relixión
oficial e que prime no ensino.
Os progresistas, contrarios a estas reformas,
organizaron varios pronunciamentos, todos fracasados. O máis importante ten
lugar en Galicia en 1846. Os
sublevados son derrotados e un grupo de oficiais é fusilado e enterrado en
Carral. Son os Mártires de Carral que nos deixaron un fracaso, pero foron o
xerme do provincialismo e do galeguismo
Entre 1846 e 1849 ten lugar a segunda guerra carlista en Cataluña. Protagonízana os campesiños que protestan pola crise agraria os impostos e o recrutamento obrigatorio e defendían os dereitos ao trono de Carlos, pero fracasan e son reprimidos duramente.

Os gobernos son cada vez máis ultramoderados e o
descontento medra.
- O
Bienio progresista
Copmeza o período coa Vicalvarada, pronunciamento en Vicálvaro (Madrid). Protagonízano liberais progresistas e algúns moderados descontentos. O movemento encabézao o xeneral O´Donnell. Publican o Manifesto de Manzanares, no que se pide a reforma do sistema político vixente. A raíña colle medo, as Cortes elaboran unha nova Constitución (a de 1856) moi similar á de 1837, pero non chega a promulgarse, a non nata.
Despois do pronunciamento, a raíña nomea a Espartero xefe de Goberno e a O´Donnell ministro de guerra. Dos gobernos progresistas destacan:
- A Lei de desamortización xeral, (de Madoz)
que supuxo a venda dos bens dos concellos (propios e comunais), ordes
militares e institucións de beneficencia. Isto foi un duro golpe para a
economía dos concellos. O estado vende estes bens, pero o campesiñado non
ten cartos para mercar e ao perder o usofruto deles, empeoran as súas
condicións de vida. Hai unha gran conflitividade social no ámbito rural
porque os concellos non teñen nin terras nin cartos para atender os máis
pobres.
- A Lei de ferrocarrís, que sentou as bases
da rede ferroviaria española.
É un período de conflitividade
social por parte dos obreiros e campesiños, ademais prodúcese un enfrontamento
ideolóxico entre Espartero e O´Donnell. Este último dá un golpe de estado en
1856 e aparta do goberno aos progresistas e a Espartero.
- A
década moderada-unionista e a fin do reinado. 1856-1868
Comeza a etapa coa creación da UNIÓN LIBERAL de
O´Donnell (partido de centro liberal), formado por membros da esquerda moderada
(os máis moderados dos progresistas) e da dereita progresista (os máis
progresistas dos moderados), así como algúns militares.
É un período no que se prodúcese a alternancia do
partido unionista de O´Donnel e do moderado de Narváez. (1856-1868).
Entre 1856 e 1868 alternáronse no poder, moderados e os membros da Unión Liberal, presidida por Ou´Donnell e formada por progresistas de dereitas, moderados de esquerdas e militares. Progresistas radicais, demócratas e republicanos quedaron marxinados.
Os gobernos unionistas restauran a Constitución de 1845. Realizan unha intensa política exterior e logran certa estabilidade política.

A política da Unión Liberal desenvolveu empresas
militares fóra de España (Marrocos, Perú), co obxectivo de obter prestixio no
exterior e fervor patriótico no interior. Lográronse algúns éxitos, aínda que o
balance non foi positivo.
Esta falta de éxito dá paso ao Bienio Ultramoderado (1866-1868). Toma o poder un goberno moderado (tamén chamado ultramoderado, por ser case ditatorial). A presidencia é asumida por Narváez, logo das fortes discrepancias xurdidas entre a Raíña e O´Donnell. En España prodúcese unha crise xeneralizada: política, financeira e económica.
No exilio, progresistas e demócratas uniron as súas forzas para derrocar a Sabela (Pacto de Ostende e pacto de Bruxelas). Logo de morrer Narváez en 1868, unionistas, progresistas e demócratas destronaron a Sabela II co apoio do exército e das masas populares.

3.O Sexenio Democrático. 1868-1874
A revolución gloriosa de 1868 expulsou os Borbóns de España e abriu a posibilidade dun novo sistema político baseado nos principios do liberalismo democrático e nos intereses das clases medias.
A revolución gloriosa de 1868 expulsou os Borbóns de España e abriu a posibilidade dun novo sistema político baseado nos principios do liberalismo democrático e nos intereses das clases medias.
1.- Liberalismo democrático:
demócratas e republicanos
Os demócratas xurdiron como un grupo organizado na década de 1840, como unha alternativa aos progresistas dada a súa crecente moderación. Era unha minoría radical, dividida entre partidarios da monarquía e partidarios da república. Esta corrente defendía:
·
Soberanía
popular: principio básico sobre o que se debían asentar todas as institucións
políticas. O poder deriva unicamente da vontade libremente expresada da maioría
dos habitantes da nación.
·
Participación
popular: sufraxio universal masculino. Ademais de votar, o pobo debía
participar na administración de xustiza
como xurado e defender as liberdades coa creación de milicias urbanas e
provinciais (Milicia ou Garda Nacional).
·
Ríxida separación
de poderes: poder lexislativo - Cortes; executivo - Rei ou presidente da
República.
·
Dereitos e liberdades inalienables e inherentes
á natureza humana, deben figurar na Constitución. Son especiais a liberdade de
expresión e o dereito de reunión e asociación.
·
Libre alternancia política, o goberno debe ser
froito da vontade popular, goberno democrático.
·
Liberdade
de cultos. Separación de Igrexa - Estado.
É a única etapa democrática do
século XIX. Distínguense 4 etapas:
- Revolución de 1868 ou Gloriosa.
- Goberno provisional (1869 - 1871)
- Monarquía Democrática de Amadeo de Saboia (1871-1873)
- I República (1873-74)
2.- A Revolución de 1868
- Revolución de 1868 ou Gloriosa.
- Goberno provisional (1869 - 1871)
- Monarquía Democrática de Amadeo de Saboia (1871-1873)
- I República (1873-74)
2.- A Revolución de 1868
Debido ás dificultades económicas e ao descontento da clase política polas actuacións da raíña Sabela II, uníronse os distintos grupos e en setembro de 1868 iníciase un pronunciamento das tropas. É a revolución de 1868 ou Gloriosa cuxo resultado é a expulsión dos Borbóns de España.
Os sublevados vencen as tropas leais á raíña e, ao mesmo tempo, fórmanse Xuntas revolucionarias que reclaman o sufraxio universal, liberdade de prensa e de asociación e reivindicacións de tipo social como a supresión do sistema de quintas.
Goberno provisional
O triunfo da revolución obriga a Sabela II a exiliarse e fórmase un goberno provisional, presidido por Serrano. Este goberno estaba formado por progresistas e unionistas, e contaba co apoio dos demócratas.
O goberno acepta as reivindicacións das Xuntas e pon en marcha numerosas reformas:
·
Económicas: adóptase o liberalismo económico e nace a peseta
(unificación monetaria).
·
Políticas: convócanse
Cortes constituíntes elixidas por sufraxio universal. As eleccións deron o
triunfo aos monárquicos. España convértese nunha monarquía democrática. Destas
Cores sae a Constitución de 1869.
§ A Constitución de 1869
Inspirada nos principios do liberalismo democrático. Establece:
Inspirada nos principios do liberalismo democrático. Establece:
·
Soberanía nacional.
·
Monarquía como forma de goberno.
·
Clara separación de
poderes.
·
O rei exerce o poder executivo a través dos seus ministros,
que eran responsables ante as Cortes. O rei promulga e sanciona as leis sen
capacidade de vetalas, pode disolver as Cortes unha soa vez por lexislatura.
·
Cortes bicamerais. Congreso e Senado elixidas por sufraxio
universal masculino; directo no Congreso, por compromisarios no senado.
·
Poder xudicial en mans dos tribunais de xustiza, formados por
xuíces, que accedían por oposición, e xurados populares.
·
Sufraxio universal, e amplitude de dereitos e liberdades,
recóllese por primeira vez o dereito de asociación e reunión.
·
Liberdade de cultos, eliminando a confesionalidade do Estado.
Logo de promulgarse a Constitución, Serrano convértese en rexente provisional mentres se busca un novo rei católico e liberal, non Borbón, que xure a Constitución. O candidato escolleito é Amadeo de Saboia.
3.- A Monarquía democrática de Amadeo I. 1871-1873
Acepta a coroa e xura a Constitución o 2 de xaneiro de 1871. Tivo escasos apoios en España, todos estaban na súa contra: a Igrexa, por apoiar a liberdade relixiosa; os carlistas, porque contaban co seu propio candidato; o pobo ,por ser estranxeiro e os republicanos por ser contrarios á monarquía. A inestabilidade política foi o trazo máis característico do seu reinado, no que tivo que facer fronte a numerosos problemas:
·
Dificultades de goberno: polas disputas entre unionistas,
progresistas e demócratas e a tensión entre os seus líderes. O rei non quixo
tomar partido, polo que quedou illado, cun parlamento bloqueado polas
diferenzas entre os diferentes partidos políticos.
·
A Guerra de Cuba.
·
A terceira Guerra Carlista. Comeza en abril de 1872 e os carlistas fanse fortes
nas provincias vascas e Navarra ata 1876, cando se produce a súa derrota
definitiva.
·
A oposición republicana: que quixo dividir os monárquicos e
facer imposible o reinado de Amadeo de Saboia, co fin de proclamar a República.
Todas estas dificultades lévano a renunciar á coroa en
febreiro de 1873. Logo da renuncia de Amadeo, o Congreso e o Senado formaron
unha Asemblea Nacional que, malia ser amplamente monárquica, proclamou a
República.
4.- A Primeira República. 1873-1874
4.- A Primeira República. 1873-1874
Proclámase o 11 de febreiro de 1873, a Asemblea Nacional Republicana asume todos os poderes.
A República tivo unha gran inestabilidade política (4 presidentes), pola división entre os republicanos e unha gran inestabilidade social (movemento obreiro, clases medias descontentas, etc.)
Existían diferentes correntes:
·
Unitarios: partidarios dunha república unitaria, unha
república centralizada.
·
Federais: partidarios dunha república composta por varios
estados. Dentro destes, había:
a) Federais gradualistas: partidarios de que as Cortes constituíntes decidisen
o reparto de poderes entre os diferentes estados e o Estado federal.
b) Federais cantonalistas (intransixentes): partidarios da proclamación
inmediata da soberanía dos diferentes Estados ou Cantóns e que, entre eles, se realicen pactos e acordos libres para formar a
federación española.
Estas divisións provocaron o fracaso
da República.
Esta é a evolución política da república:
O primeiro presidente da República foi Figueras, pero as tensións internas e a inestabilidade social provocaron a convocatoria de novas eleccións para formar unha nova Asemblea Nacional Constituínte. Celebradas por sufraxio universal dos maiores de 21 anos, foron gañadas polos federais (pero cunha gran abstención). A nova Asemblea Nacional Constituínte proclama a República federal e nomea a Pi i Margall presidente (11 de xuño). Este elabora un proxecto de Constitución federal que, entre outras cousas:

Organiza España en 17 Estados federados, incluídos Cuba e
Porto Rico.
·
A xefatura do Estado corresponde ao presidente da República,
elixido por sufraxio universal.
·
O poder lexislativo corresponde á Asemblea Nacional
Republicana. Esta Asemblea era bicameral: o Senado, que representa aos estados
federados; o Congreso elixido por sufraxio universal dos españois maiores de 21
anos.
·
Autonomía municipal.
·
Separación de Igrexa e Estado.
Con todo, esta Constitución non viu a luz (non nata).
Con todo, esta Constitución non viu a luz (non nata).
Durante o goberno de Pi i Margall producíronse sublevacións populares; os
campesiños esixían melloras sociais. Na revolta social de Alcoi, as masas
asasinaron as autoridades e incendiaron diversas fábricas. Ao mesmo tempo,
produciuse un movemento cantonalista, moi forte en Andalucía e Levante,
destacando o de Cartaxena. Ademais, continúa a Guerra de Cuba e a 3ª guerra carlista.
Todo isto provocou a demisión de Pi i Margall.
O novo goberno republicano estivo presidido por Salmerón, que:
O novo goberno republicano estivo presidido por Salmerón, que:
-
recorre ao exército para sufocar o movemento cantonalista e restablecer a orde,
- ten que asinar penas de morte, pero é contrario á pena de morte, negouse a asinalas, polo que tivo que dimitir.
Sucedeuno Castelar, que é unitario:
- a Asemblea Nacional outórgalle poderes extraordinarios para facer fronte ás guerras de Cuba, carlista e cantonalista.
- Goberna con autoritarismo.
Isto provoca o descontento dos federais qu e realizan unha especie de moción de censura, para proclamar un novo presidente. Durante a sesión entra o xeneral Pavía no Congreso e disolve a Asemblea Nacional. Prodúcese un novo baleiro de poder, que é asumido polo xeneral Serrano.
Serrano suspende as garantías constitucionais e promete convocar Cortes constituíntes no momento en que no país reine a paz; mentres o exército loita contra cantonalistas e carlistas. Esta inestabilidade política, unida á inestabilidade social, provocan un crecente medo no exército á desintegración de España e nas clases propietarias ante a revolución social. Estes temores favoreceron os intentos de Cánovas del Castillo de restaurar a monarquía na persoa de Afonso de Borbón (Alfonso XII), fillo de Sabela II.

O 29 de decembro de 1874, en Sagunto,
o xeneral Martínez Campos pronúnciase a favor da monarquía de Afonso XII, que
se presenta como respectuoso co sistema constitucional e liberal. Non hai
resistencia e termina así a curta experiencia republicana.
5.- O republicanismo en Galicia durante
o Sexenio
A partir de 1868 os republicanos
galegos comezan a organizarse e así fíxase o programa do Partido Democrático
Republicano Federal: democracia, república federal coa creación dun estado
galaico. Tiveron escaso éxito pois só acadaron un escano dos corenta que
correspondían a Galicia.
A partir de 1869, como en toda
España, nas cidades galegas houbo varias insurreccións contra a monarquía. A
máis sonada foi a de Ferrol en 1872, pero tamén fracasou. Había diferenzas
entra as diferentes sensibilidades republicanas e créase un novo partido en
1873, o Partido Republicano Federal de Galicia.
Para as eleccións de 1873 este partido leva a
cabo un intenso labor na campaña electoral. Defenden a creación do Cantón de
Galicia e reformas sociais, teñen éxito pois acadan trinta e sete dos corenta e
cinco escanos.
Durante a Primeira República os
federais galegos logran materializar algunhas das vellas reivindicacións como
pór en funcionamento o primeiro tramo de ferrocarril, unha lei de redención de
foros, reformas tributarias…
As divisións internas debilitaron a
República ata a súa desaparición.
4.O
modelo de Estado na España liberal
Entre 1833 e 1874 a política
española caracterizouse pola súa inestabilidade, con frecuentes cambios
constitucionais e alternativas de goberno. Desde 1875 coa restauración dos
Borbóns o modelo conservador seguiu
sendo o dominante. O Estado liberal ten estes trazos:
- Monarquía constitucional
doutrinaria: o rei tiña un papel hexemónico. Compartía o poder lexislativo
coas Cortes e tiña o executivo, nomeando os principais cargos públicos.
- Estado unitario e centralizado:
non se respectaban as diferenzas lingüísticas, culturais ou legais,
impúxose un estado unitario. Fronte a esta concepción unitario na década
dos trinta xorde o provincialismo que dará lugar despois ao rexionalismo e
nacionalismo.
- Estado de propietarios que
restrinxía a participación política popular. Sufraxio restrinxido,
limitación da educación que queda en mans da igrexa, sometemento da
prensa, exército de quintas que podías evitar se pagabas…
- Peculiar alternancia de
gobernos. As eleccións eran unha fraude porque se manipulaba o sufraxio e
o proceso electoral. O monarca nomeaba e cesaba os ministros. Os moderados
defendían este sistema, os progresistas facían pronunciamentos para
cambiar o rumbo (case sempre fracasaban, ata 1868 coa Gloriosa).
- Inestabilidade constitucional:
moitas, pero que se poden agrupar en:
-
Conservadoras ou moderadas: 1845 e 1876.
-
Progresistas: 1837 e a
non nata de 1856.
-
Democráticas: 1869 e o proxecto republicano de 1873.
- División do liberalismo en dúas
grandes tendencias: os liberais doutrinarios (apoiados pola burguesía
defendían o sufraxio censatario) e o liberalismo democrático ( apoio das
clases medias, pedían o sufraxio universal)
- Mantemento do tradicionalismo,
corrente untraconservadora e antiliberal. Defendían o catolicismo e os
valores sociais tradicionais.
En resumo, o réxime político de España, agás no
Sexenio Democrático de 1868 a 1874 e no período da I República de 1873-1874,
estaba monopolizado pola oligarquía económica das clases burguesas e
aristocráticas. Un réxime sen democracia no que imperaba o caciquismo.
- 6 -
Estado e nación na Restauración
borbónica
1.O réxime da Restauración borbónica. 1875 – 1923
En 1875 chega a España
Afonso XII pola insistencia de Cánovas do Castelo e aproveitando a crise da
República. Este era un liberal conservador, para o cal o equilibrio do sistema
radicaba na Coroa, que representaba a autoridade, e nas Cortes, que
representaban a liberdade e a vontade do pobo. Cánovas defendeu un sistema
(sistema canovista/sistema de restauración borbónica) baseado en:
·
Unha Constitución que establece a monarquía
constitucional doutrinaria como forma de Estado e de Goberno.
·
A quenda, a alternancia pacífica dos dous partidos
liberais: o conservador, de ideas máis tradicionais, formado por moderados e
unionistas, presidido por Cánovas; o liberal, máis progresista, formado por
progresistas e demócratas, presidido por Sagasta.
·
Non violencia de acceso ao poder. Asegurar o trono á
monarquía e conseguir a paz entre os partidos e transaccionismo en materia de
dereitos e deberes.
·
O Goberno debía gozar da confianza do monarca e das
Cortes. Para iso, o Goberno debía contar coa maioría parlamentaria que sairía
das eleccións. Se era necesario, esta maioría obtíñase por medio da
manipulación dos resultados a través da fraude a da actuación dos caciques.
O réxime político actuaba así: o Rei nomeaba o
xefe de goberno, convocaba as eleccións a Cortes e os resultados manipulábanse
a través da actuación dos caciques. Podemos afirmar que era un réxime
oligárquico, sen democracia, cunha clase política formada por camarillas que se
unían para poder ocupar os cargos públicos. Botaban man da fraude electoral:
·
utilizábano coa finalidade de gañar as eleccións.
·
Cando o partido que gobernaba tiña dificultades e perdía
a confianza do Rei, este nomeaba ao xefe do partido da oposición para que
formase un novo goberno. O Rei decretaba a disolución das Cortes; o novo
goberno convocaba eleccións, que necesariamente tiñan que gañar para ter a
maioría nas Cortes e gobernar con comodidade. Isto sempre sucedía, xa que os
procesos electorais manipulábanse constantemente. O sistema funcionaba de
arriba cara abaixo.
·
Na parte máis
baixa do sistema estaba o cacique local, que tiña unha gran influencia sobre os
veciños e as autoridades. Conseguía favores para os seus veciños e estes votaban
o que el quería. Cómpranse votos, coacciónase aos votantes, suplántanse
personalidades mortas e cámbiase o resultado (isto chámase pucheirazo).
O sistema canovista estivo vixente ata 1923. Neste
período diferéncianse:
- reinado
de Afonso XII (1875-1885)
- rexencia
de María Cristina de Habsburgo (1885-1902)
- etapa constitucional de Afonso XIII (1902-1923).
1.- Reinado de Afonso XII. 1875-1885. Chega a España en 1875
e nomea xefe de goberno ao seu valedor Cánovas del Castillo. É unha monarquía constitucional
doutrinaria conservadora. Convócanse Cortes Constituíntes para a elaboración
dunha nova Constitución. Faise por sufraxio universal.
§ A
Constitución de 1876 (moderada):
Responde ao modelo dunha monarquía constitucional
doutrinaria conservadora:
·
A soberanía é compartida: rei e cortes. A coroa ten
prerrogativas: nomeaba os ministros, promulgaba leis, tiña dereito ao veto,
podía disolver as Cortes, exercía o mando das forzas armadas.
·
Poderes compartidos, aínda que as Cortes estaban
supeditadas ao rei.
·
Cortes bicamerais,
constituídas polo Congreso (deputados elixidos) e o Senado (senadores elixidos
polo rei, polas institucións do Estado, os maiores contribuíntes, e senadores
natos - polo cargo que teñen-). As dúas cámaras tiñan iniciativa legal
compartida co rei, aínda que estaban supeditadas ao rei.
·
Recolle dereitos e
liberdades (reunión, asociación, prensa…) coma na do 69, pero de forma xeral e
remite a leis posteriores a súa concreción. Dependendo do partido que estea no
poder, serán máis ou menos amplos.
·
O tipo de sufraxio tamén se remite a leis posteriores. A
partir de 1890 será universal.
·
Catolicismo de Estado, aínda que se recoñece a liberdade
de culto.
Outras características do reinado de Afonso XII
son:
§ A
pacificación do reino
Durante o reinado de Afonso XII finalizaron a
guerra carlista (1876), co triunfo definitivo e a guerra de Cuba (1878), aínda
despois habería novas rebelións xa que seguía vixente a escravitude, que se foi
suprimindo pouco e pouco. Isto valeulle o título de rei pacificador.
§ Establecemento dun Estado unitario e centralizado
· Retíranse os privilexios forais ao País Vasco, e así deben someterse ás leis comúns, máis tarde permíteselles o cupo, recadan os seus impostos por medio das deputacións.
· Elimínase a autonomía dos concellos, isto supón un maior control dos concellos por parte do goberno
§ Os gobernos de Cánovas e o inicio da quenda
O conservador Cánovas e o liberal Sagasta argallaron o sistema de quenda pacífica no poder dos respectivos partidos.
· 1875-1881: gobernos de Cánovas, restrinxe as liberdades coa supresión do sufraxio universal masculino, restrición da liberdade de prensa, reunión e asociación.
· 1881-1884: inicio da quenda, goberno de Sagasta que consente a liberdade de prensa e a actividade da oposición republicana, paro a división interna e as protestas na rúa fixeron que o rei chamase de novo a Cánovas.
§ Reorganización e división republicana.
Despois do fracaso do I República, os republicanos dividíronse, o que debilitou a súa capacidade de actuación. Nos inicios da restauración borbónica, as súas actividades foron restrinxidas por Cánovas e non foi ata 1881, durante o primeiro goberno de Sagasta, cando puideron reorganizarse. Así en 1833 elaboraron e aprobaron os proxectos de Constitución para os Cantóns e Estados federados. Todos estes intentos fracasaron.
2.- Rexencia de María Cristina de Habsburgo. 1885-1902 En 1885 morre Afonso XII. Os monárquicos asinan o pacto do Pardo, polo cal acordan manter o sistema canovista. A viúva de Afonso XII, María Cristina, estaba embarazada e querían esperar por se tiña un herdeiro varón (xa tiña dúas fillas). Como consecuencia do pacto, dimite Cánovas e Sagasta foi nomeado xefe de goberno pola rexente, así quedaba consolidado o pacto de quendas.

§ As
reformas de Sagasta
A estabilidade política permitiu a Sagasta
realizar importantes reformas, entre as que podemos citar:
·
Novo Código Civil.
·
Nova Lei
electoral, que establecía o sufraxio universal para todos os homes maiores de
25 anos.
·
Lei de asociacións que permitiu a legalización das
organizacións obreiras.
·
Lei de xuízos por xurado.
Estas leis non afectaron o sistema canovista
porque foron viciadas polo caciquismo e a fraude electoral.
§ A
continuidade da quenda. Fraude electoral, oligarquía e caciquismo
Durante os anos 1890-1902 prodúcese a alternancia
entre os dous grandes partidos. Cando o partido do goberno tiña dificultades, o
rei chamaba ao outro. Para que puidese gobernar con ampla maioría, o rei
disolvía as Cortes e preparábanse as eleccións para que gañase o que tiña o
poder. Para iso non se dubidaba en cometer a fraude electoral ou en dar o
pucheirazo coa intervención dos caciques. O sistema era piramidal. No cume
estaba a oligarquía, aminoría de senadores, deputados, ministros, propietarios
de xornais… No nivel intermedio estaba o gobernador civil, os alcaldes e a
garda civil para manter a orde e evitar as accións da oposición. Na base da
pirámide estaba o cacique local que era quen influía nos veciños para marcar o
sentido do voto a cambio de pequenos favores ou promesas. Isto supoñía que
sempre saían elixidos os mesmos, e cando había dúbidas dábase o pucheirazo
(substituír os votos de dentro da urna, pucheiro, polos que eles querían). Era
todo unha farsa, un pacto.
Con todo, tivéronse que enfrontar a unha serie de
problemas. Os máis importantes foron:
§ Conflitividade social e movementos rexionalistas
Manifestacións do nacionalismo (catalán, vasco e galego).
Conflitividade social protagonizada por manifestacións, folgas obreiras.
Numerosos atentados anarquistas. Asasinato de Cánovas en 1897.
O desastre de 1898.

§ O
desastre de 1898
Prodúcese a perda das últimas colonias españolas,
esta é a principal crise da rexencia de Mª Cristina. As causas foron as
seguintes:
Non se concede o estatuto de autonomía e non se
reforma o estatuto colonial. Cuba soamente podía comerciar con España.
En 1895 Cuba reinicia a guerra con España e en
1896 iníciase a insurrección filipina.
España envía numerosas tropas, mal equipadas e
soldados mal preparados. Tamén as enfermidades tropicais fixeron estragos.
Ademais, os insurrectos recibían apoio dos EEUU.
En 1898 entra EEUU en guerra. Estaban
interesados en desprazar a España da zona do Caribe e do Pacífico.
A explosión do cruceiro Maine na Habana, da que
acusaban a España, leva a EEUU a enviar un ultimato a España para que
renunciase ao seu dominio sobre Cuba. Con todo, a confianza no exército por
parte do goberno español levou a España a declararlle a guerra a EEUU. España
sofre rapidamente, dúas grandes derrotas en Cuba e Filipinas, ante a superioridade
do exército norteamericano e España solicita o armisticio.
Asínase o tratado de París, polo cal España cede
Cuba, Porto Rico, Filipinas e outras posesións españolas a EEUU. A cambio,
recibía unha compensación económica de 20 millóns de dólares. O resto das
posesións españolas (illas Marianas e Carolinas) foron vendidas a Alemaña.
Desaparece o imperio colonial español en América
e no Pacífico.
As consecuencias do desastre de 1898 foron
importantes, aínda que non provocou a creba do sistema político nin unha grave
crise económica, pero trae:
Ø Frustración
e decepción da opinión pública española, de partidos políticos e clases medias.
Ø O
exército culpa da derrota aos políticos.
Ø España
convértese en potencia de 2ª categoría.
Ø Auxe
do nacionalismo moderado.
Ø Reflexión
crítica por parte dos intelectuais (Rexeneracionismo) marcada polo pesimismo e
a idea de decadencia. Porén (sen embargo) as clases populares respiran con
alivio porque xa non teñen que mandar os seus fillos a morrer en ultramar.
§ O
rexeneracionismo
Foi unha corrente intelectual e política de finais
do s. XIX e principios do XX. Este movemento establece a necesidade da
rexeneración do país e defende que para acabar co atraso deben prosperar a
educación e o modernismo. Ademais, é necesario un goberno de “ferro”,
autoritario, aínda que de forma temporal, para reconducir o país. Con todo,
estas ideas rexeneradoras non foron levadas á práctica.
§ Intentos
fracasados de unión dos republicanos
A minoría de idade do herdeiro e a aprobación do
sufraxio universal en 1890, abriron as esperanzas dos republicanos de volver ao
poder. Pero o poder do caciquismo, as discrepancias ideolóxicas entre eles e a
falta de líderes sólidos fixo que, de momento, os republicanos sexan un grupo
minoritario nas Cortes. 2.O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.
1902-1931 Diferéncianse
tres períodos no reinado de Afonso XII:
Ø 1902-1923
Monarquía constitucional na que se produce a crise do sistema canovista.
Ø 1923-1930:
Ditadura de Primo de Rivera, co apoio do Rei.
Ø 1930-1931:
final do reinado e proclamación da Segunda República.
A) Primeira etapa: 1902 –
1923. Monarquía constitucional
1.- Os inicios do reinado e as propostas de
reforma. 1902-1916
En 1902, con 16 anos, inicia o seu reinado Afonso
XIII. Foi un rei que interviña nos asuntos políticos e as súas intervencións
non sempre foron afortunadas. Especialmente aquelas relacionadas co exército.
Contou coa oposición dos republicanos e dos movementos nacionalistas; o seu
reinado caracterizouse por unha gran conflitividade social incrementada polo
auxe do socialismo e do anarquismo, así como polo anticlericalismo. Outro
aspecto que caracterizou o seu reinado foi a cuestión marroquí. En 1906
celébrase unha conferencia internacional, coñecida co nome de Conferencia de
Alxeciras, na que se determina o protectorado de Marrocos. O norte (Rif)
convértese en protectorado español; o sur en protectorado francés. Os bérberes,
que non admiten o control por parte de España atacan e declárase unha guerra á
que España envía tropas constantemente para conter aos bérberes.
Durante esta primeira etapa prodúcese a crise do
sistema canovista da Restauración borbónica. Entre as causas, podemos citar:
Mantemento da fraude electoral e do caciquismo.
Aumento da conflitividade social, polas
difíciles condicións de vida e traballo das masas populares nos inicios da
industrialización.
Atentados anarquistas.
Enfrontamento entre os anticlericais e os
católicos intransixentes.
Sucesivas derrotas militares na ocupación do
norte de Marrocos. A cuestión marroquí converteuse nun problema moi importante
para os gobernos españois.
§ As
reformas de Maura
En 1907 Antonio Maura, conservador, é nomeado
presidente de Goberno. Para evitar unha revolución da clase obreira, quixo
introducir cambios no sistema, moitos dos cales non foron aprobados pola
oposición.
Reformou a lei electoral, co que pretendía
evitar a fraude. Pero, pola aplicación do artigo 29 logrou xusto o contrario.
Segundo este artigo, se se presentaban menos candidatos que postos a cubrir, os
candidatos eran nomeados automaticamente deputados. Desta forma, os electores
xa non podían votar.
Propuxo a lei de administración local que prevía
a creación de mancomunidades provinciais, que pretendía aumentar a autonomía
dos concellos. Non se chegou a aprobar pola oposición da oligarquía local, que
non quería perder o poder municipal.
§ A
Semana Tráxica
O exército español sofre, en 1909, unha nova
derrota en Marrocos. Como estaban en xogo intereses económicos das compañías
mineiras, o Goberno decretou a mobilización dos reservistas. Isto provocou unha
folga xeral (26 de xullo de 1909) convocada por socialistas e anarquistas,
contrarios á guerra. A folga foi un éxito, durou unha semana e a protesta
obreira radicalizouse. Esta protesta foi duramente reprimida polo Goberno, con
detencións e ata fusilamentos. A opinión pública internacional condena a
represión e as forzas da oposición (socialistas e republicanos) únense,
forzando a disolución das Cortes, a caída de Maura e a volta ao poder dos
liberais con Canalejas. Tamén se produce un achegamento entre republicanos e
socialistas, que se presentan unidos ás eleccións e conseguen un deputado,
Pablo Iglesias.
§ As
reformas de Canalejas
En 1910 Canalejas, do partido liberal, asume o
Goberno. Puxo en marcha unha serie de reformas, co fin de atraer as clases
populares.
Substitúe o imposto de consumos (que gravaba o
consumo de produtos de 1ª necesidade) por un imposto sobre a renda urbana. Isto
xerou gran oposición das clases altas.
Elimina as quintas e establece o servizo militar
obrigatorio, aínda que se podía reducir o tempo (soldados de cota).
Intentou introducir melloras laborais.
Tamén intentou, coa Lei do cadeado, limitar o
establecemento de novas ordes relixiosas en España. A isto opóñense católicos e
o Vaticano. Non se chega a poñer en práctica esta lei.
Polo que respecta ao problema nacionalista,
apróbase a lei de mancomunidades provinciais. Esta lei permitiu a creación da
mancomunidade de Cataluña.
Canalejas morre asasinado nun atentado anarquista,
antes de que se apliquen estas leis, e isto acelera o proceso de disgregación
dos liberais.
2.- A quebra do sistema da Restauración. 1917-1923
O fracaso das reformas de Maura e Canalejas, provocaron a existencia de crises
políticas e sociais que terminaron cun golpe de estado en 1923. En 1917
produciuse a crise máis profunda do sistema da restauración. Durante a 1ª
Guerra Mundial, España mantívose neutral. A sociedade divídese entre os
partidarios dos aliados (liberais) e os partidarios das potencias contrarias ou
xermanófilos (conservadores). Ademais, España fornecía todo tipo de produtos
aos países belixerantes, sobre todo produtos de 1ª necesidade, o que provocou
un aumento de prezos (inflación). Con todo, os salarios non soben,
baixando o poder das
clases medias. Todo isto provocou unha profunda crise social e política. Ao
mesmo tempo, producíase a revolución bolxevique en Rusia, é dicir, o auxe da
esquerda. En España, isto provocou un temor da burguesía a unha involución
social. As medidas dos gobernos serán máis represoras.
§ A
crise de 1917
Esa neutralidade na 1ª Guerra mundial, a división
entre aliadófilos e xermanófilos, o malestar social e político producen a crise
maior da restauración confluíndo tres conflitos:
Crise militar: formación das
Xuntas de defensa. O exército estaba descontento polos baixos salarios,
precaria situación económica dos oficiais, o problema dos ascensos (soamente se
podía ascender por medio da guerra, non por antigüidade) e o desprestixio dos
militares. Como consecuencia disto, créanse as Xuntas de Defensa militares
promovidas por oficiais de baixa e media graduación. Inicialmente, estas xuntas
estaban prohibidas, pero, posteriormente, o Goberno viuse obrigado a
recoñecelas. Conseguiron algúns logros, pero os seus problemas non se
solucionaron.
Crise política: a Asemblea de
Parlamentarios. A debilidade mostrada polo goberno con respecto ás xuntas
militares, o desprestixio do rei pola súa intromisión na vida política e a
división dos partidos foi aproveitada polos catalanistas para conseguir a autonomía
de Cataluña. Como o goberno se opón, os catalanistas convocan en Barcelona unha
reunión de senadores e deputados cataláns. Nesta reunión convócase unha
asemblea extraordinaria de todos os senadores e deputados españois para tratar
o tema da autonomía rexional. A iniciativa fracasou pola falta de apoio dos
parlamentarios e foi considerada ilegal polo Goberno.
Crise social: a folga revolucionaria.A
exportación de produtos españois a países belixerantes provocou unha subida dos
prezos, o que provocou un aumento do malestar social. En 1916 os sindicatos
convocan unha folga xeral, que foi seguida pola maioría dos traballadores.
Tamén o gremio ferroviario de Valencia, a UXT e o PSOE convocaron unha folga
xeral en toda España, cun seguimento maioritario nas zonas industrializadas e
pouco no resto. Foi duramente reprimida polo Goberno e como non había unha
estratexia os obreiros volveron ao traballo.
En resumo, en 1917, parte do exército, algúns
parlamentarios e a clase obreira manifestan o seu descontento ameazando con
botar abaixo a orde constitucional.
§ A
quebra da quenda e da monarquía constitucional
Esta inestabilidade política e social increméntase
a partir de 1917, que se pon de manifesto por:
Debilidade e inestabilidade dos gobernos: non
hai un goberno forte, debido ao desprestixio da clase política, as tensións e
rivalidades entre e dentro dos partidos, que termina coa alternancia pacífica.
Non son capaces de facer fronte aos problemas,
rómpese coas quendas e o rei
nomea gobernos de concentración (goberno con membros de varios partidos), aínda
así non son capaces de resolver os problemas.
Aumento dos conflitos sociais:
ademais, prodúcese un aumento dos conflitos sociais, tanto nas cidades como no
campo. Os campesiños viven en pésimas condicións e fanse ocupacións forzosas de
terras. Coñécese como trienio bolxevique, porque coincide co triunfo da
Revolución rusa. Nas cidades, prodúcese unha radicalización de parte de
sindicatos, empresarios e goberno. Os sindicatos promoven atentados
terroristas, os empresarios contratan pistoleiros a soldo e o goberno realiza
unha dura represión. Isto, que se produce entre 1917 e 1923, coñécese como a
era do pistoleirismo.
Aumento da actividade dos
republicanos.
Incremento da actividade dos
movementos rexionalistas e nacionalistas en cataluña, provincias vascas e
Galicia.
§ A
oposición republicana
Durante o reinado de Afonso XIII é clara a
debilidade da oposición política (desunión dos republicanos). Continúa a
coalición republicano-socialista, que permitiu a elección de Pablo Iglesias
como deputado en 1910. Sen embargo, a falta dun programa común fixo que
xurdisen organizacións republicanas autónomas con diferenzas ideolóxicas, a
máis importante o Partido Republicano Radical de Lerroux. Os socialistas teñen
cada vez máis forza, favorecidos pola revolución bolxevique. O PSOE fora
fundado por Pablo Iglesias en 1876; en 1921 nace en PCE (Partido Comunista de
España) como consecuencia da división dos socialistas.
§ A
cuestión marroquí e o desastre de Annual
En 1912 España e francia crearon o protectorado no
norte de Marrocos, pero para mantelo había que ter alí soldados para
pacificalo. Os gastos eran moitos e as tropas sufrían moitos ataques. Creáronse
corpos especiais como a lexión ou os regulares para estar nesa zona. Na zona do
Rif, as tropas españolas seguen loitando contra os bérberes. En 1921, nunha
incursión do exército español para asegurar o dominio, son atacados por Abd
el-Krim e, na retirada, a maioría dos soldados españois perecen en Annual. Os
rifeños proclaman a independencia da República do Rif.
Esta derrota provocou un forte impacto na opinión
pública, houbo críticas ao exército e aumentou a oposición á monarquía. Isto
unido á inestabilidade política e social propiciou o golpe de estado de 1023.
B) Segunda etapa de
Alfonso XIII: ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)
3.- A ditadura de Primo de Rivera. 1923-1930 A
situación de España en 1923 propiciou o golpe de estado de 1923, de Miguel
Primo de Rivera. Inicialmente, tivo unha gran aceptación popular e contou con
numerosos apoios, desde políticos ata a burguesía e pequenos propietarios.
Incluso os socialistas colaboraron inicialmente. Con todo, atopouse coa
oposición do Partido Comunista e a CNT (sindicato anarquista), intelectuais,
estudantes, republicanos e algúns monárquicos. O réxime de Primo de Rivera foi
autoritario, populista e paternalista. Estaba influenciado polo fascismo
italiano. Presentábase a si mesmo como o que o país necesitaba para solucionar
os problemas aos que se enfrontaba España: caciquismo, terrorismo, separatismo,
conflitividade social, escaso desenvolvemento económico. Carecía de formación
intelectual e política, era católico e conservador, con principios militares de
autoridade. Distínguense dúas fases:
Ø Directorio militar 1923 – 1925
Ø Directorio civil 1926 ? 1930
§ O
Directorio Militar. 1923-1925
O primeiro goberno estaba formado unicamente por
militares, cuxos obxectivos foron os seguintes:
Rexenerar a vida política, para
o que adoptou medidas tales como:
Ø suspender a Constitución de 1876, fin da monarquía
constitucional.
Ø perda de poder dos partidos políticos, destitución das
autoridades que foron substituídas por outras afíns ao novo réxime.
Ø reforma da normativa electoral (pásase dos 25 aos 23 anos
para poder votar e voto restrinxido para as mulleres).
Ø formación da Unión Patriótica, o partido do novo réxime.
Restablecemiento da orde pública: para controlar
o movemento obreiro, restrinxíronse as liberdades públicas, por exemplo,
prohíbese a celebración de reunións e perséguense as organizacións vinculadas
ao PCE. Esténdese a toda España a Somatén, unha organización de orixe catalá,
formada por paisanos armados, que colaboraba coa Garda Civil para manter a
orde.
Defensa da unidade da
Patria: reprimindo as manifestacións rexionalistas, así como as súas bandeiras
e himnos e realizando campañas de afirmación dos símbolos españois (bandeira,
himnos), prohibición do uso da lingua propia. Isto propiciou a radicalización
das posturas nacionalistas.
Fin da guerra de
Marrocos: logo de diversas actuacións, en 1925 conseguiuse conquistar o Rif.
Tras acabar con diversos focos de resistencia, a guerra terminou en xullo de
1927. Isto contribuíu ao prestixio do exército e ao aumento da popularidade do
ditador.
§ O
Directorio Civil. 1925-1930
En decembro de 1925, finalizada a guerra con
Marrocos e solucionados algúns dos problemas, Primo de Rivera decide incluír
algúns civís vinculados á Unión Patriótica no goberno. Todo isto, co apoio do
rei. Esta segunda etapa da ditadura tiña como obxectivos:
Instaurar un novo
réxime político, a imitación do estado fascista italiano, xa que o réxime
constitucional de 1876 fracasara. Os aspectos clave deste novo sistema serían:
Ø A organización Corporativa do Traballo, unha reforma
laboral coa finalidade de regular as relacións entre obreiros e patróns a
través de comités paritarios (igual nº de patróns e obreiros) e un
representante do Goberno. Tamén se elaborou unha ampla lexislación laboral e
social, co fin de mellorar as condicións de vida dos traballadores.
Ø A Asemblea Nacional. A súa función era presentar
proxectos ao Goberno. En 1929, esta asemblea presentou un proxecto de nova
Constitución. Foi retirado polas numerosas críticas recibidas.
Potenciar o
desenvolvemento económico. O Directorio Civil puxo en práctica unha política
económica baseada no intervencionismo e dentro do marco do capitalismo, era o
chamado corporativismo autoritario. As principais medidas económicas,
inspiradas no fascismo italiano, foron:
Ø proteccionismo arancelario, para dificultar as
importacións,
Ø control dos prezos,
Ø fomento da produción nacional,
Ø formación de monopolios (CAMPSA),
Ø renovación das estradas, modernización de ferrocarrís e
construción de pantanos.
Ø Intento
de reforma fiscal para aumentar os recursos do Estado.
As medidas adoptadas
víronse favorecidas pola prosperidade económica mundial (os felices anos vinte)
e a paz social lograda. Con todo, o crecemento que se logrou non foi suficiente
para resolver os problemas de fondo. O forte proteccionismo tivo como
consecuencia a escasa competitividade dos produtos españois a escala mundial; o
elevado gasto do Estado fixo aumentar o déficit público, non se investiu en
mellorar a agricultura, continuou a desigualdade e os únicos favorecidos foron
os terratenentes e a burguesía financeira e industrial. Por iso houbo un
incremento das críticas ao seu goberno e un aumento da oposición a Primo de
Rivera. As críticas ao réxime procedían de diversos ámbitos: das forzas
republicanas, dos liberais, os universitarios, os anarquistas, que atentaron
contra o rei, os nacionalistas periféricos, sobre todo do catalanismo máis
radical e dalgúns militares. Estas dificultades levaron a Primo de Rivera a
preguntar ao exército se contaba coa súa confianza. Ante a ambigüidade da resposta,
presenta a súa dimisión en 1930 e vai ao exilio en Francia. Acaba de caer a
ditadura de Primo de Rivera.
C) Terceira etapa de Alfonso XIII: fin da
monarquía (1930-1931) e proclamación da II república o 14 de abril de 1931.
4.- A fin da monarquía. 1930-1931 Logo da dimisión de
Primo de Rivera, o rei intentou restablecer o réxime constitucional de 1876.
Con todo, os republicanos tiñan cada vez máis partidarios. En 1930, un numeroso
grupo de personalidades (republicanos, nacionalistas, socialistas e antigos
monárquicos) reuníronse en San Sebastián, e acordaron derrocar a monarquía e
establecer a república parlamentaria, garantir a liberdade política e relixiosa
e convocar eleccións a Cortes constituíntes. Formouse un comité revolucionario
que actuaría como goberno provisional. (Pacto de San Sebastián). En 1931, ante
a crecente axitación social e política, o goberno convocou eleccións
municipais. O triunfo das candidaturas republicanas foi considerado como un
apoio ao establecemento da república, que foi proclamada o 14 de abril de 1931.
- Predominio do sector primario: minería, agricultura e pesca.
- Protección arancelaria, co fin de defender os produtos propios dos estranxeiros.
- Excesiva dependencia do exterior, no que se refire a tecnoloxía (maquinaria, innovacións técnicas e capital)
- Desequilibrio rexional, con zonas atrasadas (Galicia) e outras máis desenvolvidas (Cataluña, País Vasco)
1.- 1830 - 1870: marcado polo inicio da revolución industrial. Reforma agraria liberal, desamortizacións, inicio da construción rede ferroviaria, crecemento do sistema financeiro e bancario, crecemento moderado con dificultades.
2.- 1870 - 1890: freo e estancamento. Caída de prezos agrícolas, estancamento da industrialización, emigración dos campesiños a América, dependencia do capital estranxeiro, España exporta, principalmente, minerais, Cataluña e País Vasco, principais focos industriais.
2.- A reforma agraria liberal e as desamortizacións
A burguesía liberal considera necesario realizar unha reforma agraria, convertendo a terra nun ben libre, individual e privado. Para iso era preciso abolir o réxime señorial, desamortizar as terras eclesiásticas e comunais, desvincular os morgados, suprimir as servidumes e décimos (dar a décima parte da colleita ao dono, en xeral, a igrexa). A todo isto é ao que se opoñen as clases privilexiadas.
A medida máis importante foi a desamortización: as terras de mans mortas da igrexa e os baldíos e terras comúns dos concellos pasan a ser propiedade do estado e póñense á venda en poxa pública. Os progresistas eran partidarios deste proceso, pero era rexeitado por absolutistas e a Igrexa, polo que foi paralizado polos gobernos liberais moderados. Por iso, este proceso foi lento.
O proceso de desamortización tivo estas etapas:
- As Cortes de Cádiz promulgaron, en 1813, un decreto xeral de desamortización. Poñíanse á venda os bens dos afrancesados, das ordes militares, dos conventos suprimidos, parte dos bens da Coroa e os baldíos e terras dos concellos.
- Estas medidas tiveron escasa vixencia pola restauración do absolutismo; vólvense pór en práctica co Trienio Liberal (1820-1823), volvendo paralizarse cos gobernos absolutistas de Fernando VII.
- Durante o reinado de Sabela II, ao instalarse definitivamente os liberais no poder, foi cando se realizou a transformación do réxime de propiedade das terras, pasando polas seguintes fases:
a) 1835 - 1836: desamortización eclesiástica de Mendizábal. Afecta aos bens das ordes suprimidas ou clero regular (excepto as que prestaban servizos sociais: coidado de enfermos, educación de pobres…), que son postos á venda. Os obxectivos desta desamortización eran:
b) 1841: desamortización de Espartero. Continúa co proceso de desamortización eclesiástica iniciado por Mendizábal. Foron declarados nacionais os bens do clero secular e postos á venda. Desde 1844 os gobernos moderados paralizan o proceso e asínase co Vaticano o Concordato de 1851, polo cal a Igrexa acepta as vendas xa realizadas a cambio de que o Estado sostivese economicamente o clero e se considerase o catolicismo como a relixión do Estado.
c) 1855: Desamortización civil de Madoz. Durante o Bienio progresista (1854-56) iniciouse a desamortización civil, póñense á venda os bens civís do Estado e dos municipios (terras que o municipio aluga e bens comunais dos que goza todo o municipio), e os eclesiásticos, a pesar do Concordato. O principal obxectivo desta desamortización era conseguir ingresos para a construción do ferrocarril.
Con este proceso púxose á venda aproximadamente o 20% do territorio español e o 50% da superficie cultivable. Os compradores foron xentes que tiñan recursos económicos (nobreza, campesiños ricos, burguesía, terratenentes) co que aumentaron o seu patrimonio e prestixio social.
2. Modernización demográfica e emigración
“A oposición ao réxime franquista medrou, os últimos anos do franquismo foron os máis axitados. A prosperidade económica dos sesenta fixo xurdir unha ansia de cambio e de liberdade. Ata nas filas franquistas xurdiron sectores que desexaban unha apertura. A crise económica do 73, a morte de Carrero Blanco e a mala saúde de Franco incrementan a actividade da oposición: organízanse grupos políticos e intelectuais; unha parte do exército é partidaria dun réxime democrático; obreiros e universitarios realizan folgas e manifestacións; hai atentados terroristas. Ademais, desde o exterior, os partidos e organizacións antifranquistas inician un proceso para restablecer a democracia en España. Sucédense os contactos entre PSOE e PCE e como resultado, constitúese a Plataforma Democrática (outubro do 75); ao mesmo tempo, Filipe González é elixido secretario xeral do PSOE”.
Tras a morte de Franco (1975), iníciase en España a transición democrática, que culmina coa aprobación da Constitución do 78. As principais forzas parlamentarias practicaron unha política moderada e de consenso e o rei Xoán Carlos I facilitou e potenciou a democratización de España. Este proceso de democratización foi un proceso gradual que permitiu a desaparición pacífica das institucións franquistas. Os cambios, ademais, son lexitimados mediante consulta popular (eleccións do 77, son as primeiras eleccións democráticas desde o 36, e Constitución do 78). España é, grazas a este proceso, desde 1978 un Estado democrático e a súa forma política é a monarquía parlamentaria baseada na soberanía nacional, a liberdade, o pluralismo ideolóxico e a convivencia democrática.
Ese mesmo día o Goberno fai o anuncio: as eleccións xerais fíxanse para o 15 de xuño de 1977.
As brigadas internacionais son formacións militares integradas por voluntarios de ideoloxías de esquerdas que se xuntan ao exército republicano para loitar contra o fascismo. Estas milicias teñen un destacado papel na defensa de Madrid e, sobre todo, no fortalecemento do ánimo no bando republicano. En todo caso, non eran moitos, cífrase nuns dezaoito mil loitando ao mesmo tempo. No ano 1938, a presión internacional forza a retirada destes voluntarios. A volta aos seus países de orixe é organizada polo goberno de Negrín e a Sociedade de Nacións. En 1996, un grupo de 300 brigadistas veñen a España e concédeselles a nacionalidade como recoñecemento aos seus servizos.
3.Nación e nacionalismos en España
Hai moitas
definicións para o termo nación: comunidade política, pobo, asociación de
individuos vinculados por lazos comúns, etnia, lingua, cultura, territorio,
historia común… Pero todas coinciden en identificala coa patria ou terra de nacemento e en que os seus membros teñen que ter
o sentimento de pertencera ela (sentimento nacional). Os defensores da súa existencia
como comunidade diferenciada das demais consideran que toda nación ten o
dereito a decidir libre e colectivamente o seu destino (dereito de autodeterminación) e isto implica a capacidade de
dotarse dun autogoberno e formar unha nación soberana cun estado independente
que pode ser reclamado e defendido coa violencia e as armas (loita de
liberación nacional.
Malia ser España un dos Estados máis vellos de Europa, a
cuestión nacional é aínda hoxe un problema inacabado e polémico. Hai unha idea
de España como nación defendida polos nacionalistas españois, pero xunta ela
hai uns movementos rexionalistas e nacionalistas periféricos que, en especial
en Galicia, País Vasco e Cataluña, consideran as súas propias comunidades como
nacións diferentes da española.
1.- O nacionalismo español
A idea moderna de nación española naceu ao
abeiro das transformacións políticas liberais realizadas polas Cortes de Cádiz
e pola defensa popular do territorio fronte á invasión das tropas francesas. A
Constitución de Cádiz de 1812 definiu a nación española como un corpo político
independente formado por todos os habitantes da Coroa, e todos os habitantes
debían estar sometidos á mesma lei. Quedaban, pois, abolidas todas as
peculiaridades territoriais e persoais do Antigo Réxime. A división do
liberalismo en dúas correntes, doutrinaria e democrática, fixo que tamén
houbera dúas visións sobre a nación española: o nacionalismo español conservador
e o nacionalismo español liberal-democrático.
§ O
nacionalismo español conservador
Esta
corrente é defendida por moderados e conservadores como Cánovas e
tradicionalistas como Menéndez Pelayo e consideran que a nación española é unha
entidade colectiva , superior á vontade dos individuos e froito dunha historia
que desde sempre fixo que fose inseparable, un xenio e raza que arrancan dos
godos,da Reconquista, dos Reis Católicos e de Castela. (concepción
orgánico-historicista).
Os
elementos que identifican a nación española son:
·
A Coroa: garante a unidade fronte a calquera tendencia disgregadora.
·
O catolicismo: trazo propio fronte aos demais pobos.
·
A península Ibérica: territorio con fronteiras naturais (Pirineos),
esquecen a outra nación, Portugal.
·
A unidade patria: modelo de estado centralizado e uniforme, afastado
de particularismos locais e rexionais.
§ O
nacionalismo español liberal-democrático
Esta idea
é defendida por demócratas e republicanos como Pi i Margall, Ortega e Gasset ou
Azaña. Parten da concepción de que a nación española é unha construción
política, un corpo de asociados que se uniron baixo as mesmas leis , froito da
vontade dos individuos na historia (concepción voluntarista e política).
Os seus
símbolos son:
·
Participación
democrática do pobo.
·
Defensa dos dereitos e liberdades, engadindo o laicismo dos
republicanos.
·
Descentralización
administrativa (a unidade patria
é compatible cos particularismos locais); os federais defenden a autonomía política terrritorial.
2.- Rexionalismos e
nacionalismos periféricos
En España a partir da segunda metade do séc. XIX, coma no
resto de Europa, comezaron a xurdir manifestacións culturais e políticas que
evolucionaron cara á defensa da existencia de nacións propias. Isto deuse na
periferia e, sobre todo, en Galicia, País Vasco e Cataluña.
Os factores que determinaron o nacemento deste
nacionalismo son:
§ Diversidade cultural e lingüística:
hai outras linguas: galego, catalán e éuscaro.
§ A imposición do Estado liberal: como é
centralizador e unitario suprime as particularidades xurídicas e lingüísticas,
dálle prioridade aos valores e lingua
casteláns.
§ O desigual desenvolvemento capitalista:
Cataluña, País Vasco e Asturias desenvólvense economicamente, pero non son
centro de decisión política, isto crea desequilibrios.
§ A débil nacionalización española: o
sentimento nacional español é débil, naceu hai poucos anos (Cortes de Cádiz,
1812)
§ O descontento e a desilusión pola marcha
xeral do país: atraso económico, cultural e político, desastres coloniais,…
fan que sexa difícil sentirse orgulloso de ser español.
En xeral,
estes nacionalismos periféricos rexeitan a idea dunha nación española unitaria
e defenden unha nova organización do Estado compatible co autogoberno (Galicia
e Cataluña) ou coa independencia (País Vasco). As negativas do poder central a
ceder ás súas reivindicacións non fixo máis ca radicalizar as posturas e
aumentar o independentismo.
O proceso
de nacemento desta conciencia nacional pasa por dúas fases:
§ O rexionalismo: son movementos que, desde
1880, reivindican a descentralización administrativa e o autogoberno fronte ao Estado unitario e
centralizador.
§ O nacionalismo: movemento que defende o
recoñecemento da comunidade propia como unha nación diferenciada con dereito a
soberanía e goberno propio. A partir de finais do XIX e comezos do XX nacen os
partidos nacionalistas que defenden este dereito á nación galega, vasca e
catalá.
3.- O catalanismo
O catalanismo é un amplo movemento de defensa dos intereses
cataláns en todos os ámbitos, desde o político ao cultural. Naceu a mediados do
séc. XIX e consolidouse no inicio do XX. Abrangue unha grande variedade
ideolóxica (desde o tradicionalismo conservador ao federalismo republicano),
social (campesiños, burgueses, proletariado) e estratéxica (desde colaboración
co Estado español ata a petición de independencia).
§ A
personalidade diferencial de Cataluña
En
Cataluña foi medrando, desde o séc. XIX, un sentimento de identidade colectiva
fronte ao resto de España. Os factores que contribuíron ao fomento destas
diferenzas son:
·
Lingua
propia: o catalán é a lingua maioritaria de todas as
clases sociais e foi potenciada literariamente desde 1830 coa Renaixença.
·
Costumes
e dereito tradicional, moi diferente ao doutras áreas
peninsulares.
·
Pasado
histórico glorioso, sentíanse orgullosos da bandeira, o himno
dos Segadors e da Genaralitat.
·
Industria
importante, o resto de España era agrícola, Cataluña
industrializouse.
·
Marxinación
política: critican a ineficacia dos gobernos centralistas e
a marxinación na toma de decisións (poucos ministros cataláns).
Os
cataláns sempre se mostraron inconformistas e foron evolucionando desde
posturas que defendían un autogoberno propio ata as máis radicais de esixir un
Estado propio.
§ O
rexionalismo catalán
As
primeiras manifestacións do catalanismo déronse a partir de 1880 e tiñan
carácter rexionalista: defensa do autogoberno sen discutir a unidade de España.
Este rexionalismo tiña dúas tendencias:
·
A tendencia progresista: liderado por Almirall tivo o seu maior acto
de reivindicación en 1885 coa presentación do Memorial de agravios ao rei
Afonso XII, era unha crítica á política do Goberno con propostas para modificar
a estrutura centralista do Estado dando cabida a unha organización rexional. O
Goberno rexeitounas.
·
A tendencia conservadora tivo
máis influencia na política española. Fundouse a Liga de Cataluña en 1887 e en
1891 a Unión Catalanista que na súa primeira asemblea aprobou un proxecto
autonomista de carácter conservador.
§ O
nacionalismo catalán
Xorde con Henrique Prat de la Riba que identifica a Cataluña como nación: lingua, dereito e territorio. O
catalanismo foi evolucionando cara posturas nacionalistas e para harmonizar as
súas reivindicacións coa unidade de España propoñían a fórmula da federación
das diferentes nacións e nacionalidades ibéricas.
·
Nacionalismo
catalán conservador, fúndase a Liga Rexionalista de Cataluña que pouco e pouco convértese na primeira forza
política en Cataluña e os gobernos de Madrid buscan o seu apoio, así Francisco
Cambó forma parte do goberno central. En 1919 elaboraron un proxecto de
Estatuto de Autonomía que foi rexeitado polo Goberno central.
·
Nacionalismo
catalán progresista e republicano, insiste na idea de
Cataluña como nación forxada pola historia e, sobre todo, pola vontade dos
individuos que a conforman, a creación dun Estado democrático, laico e
republicano. Estas reivindicacións foron reprimidas pola ditadura de Primo de
Rivera e despois reagrupáronse en 1931 formando Esquerra Republicana de Cataluña, forza hexemónica durante a
Segunda República.
4.- O nacionalismo vasco
Durante a Idade Media e o Antigo Réxime, as
provincias vascas e Navarra conservan os privilexios forais: estatus de
fidalguía para os seus habitantes, sistema fiscal propio institucións
xurisdicionais e aduanas internas que as separaban de Castela…
§ Carlismo
e foralismo
Os
liberais defendían a unificación lexislativa e a eliminación dos privilexios
forais vascos e navarros que conservaron con Fernando VII. O conflito agrávase
coa guerra carlista porque Carlos recoñece eses privilexios e estes territorios
apoian a súa persoa para o reinado. Cando remata a guerra co Convenio de
Vergara (1839), Navarra convértese nunha provincia especial que mantén a súa
autonomía coa Lei paccionada de 1841. As Provincias vascas néganse a introducir
modificacións nos seus privilexios e isto leva a que Cánovas os suprima
definitivamente, aínda que en 1878 dálles a potestade de recadar impostos co
réxime de concerto económico. A
abolición dos foros causou frustración e a reivindicación da súa restitución
total. Así xorde un sentimento nacionalista independentista e belicoso
encabezado por Sabino Arana.
·
Sabino Arana Goiri
Educado
nunha familia carlista, defendía a independencia dos territorios vascos de
España e Francia formando unha nova entidade que el denominou Euskadi. O
domingo de resurrección de 1882 (convertida no Aberri Eguna, Día da Patria
Vasca) comezou a elaborar as súas propostas nacionalistas: crear unha nova
entidade formada polos territorios vascos de España e Francia cunha bandeira, a
ikurriña, unha lingua, o euskera e un inimigo que eran os maketos (inmigrantes
españois). Para Sabino Arana, a raza vasca, o integrismo católico, a lingua, os
foros e o folclore tradicionais definen a nación vasca. Os seus inimigos son os
maketos, inmigrantes que chegan doutras provincias para traballar nas
industrias que están a medrar. Estes representan un perigo de desvasquización,
chega o españolismo que ameaza a pureza vasca. Para contrarrestar esta
influencia crean o seu sindicato e o movemento nacionalista camiña cara
posturas radicais coa independencia como meta.
En 1930 créase o PNV que aglutina todas as tendencias nacionalistas.
5.- O galeguismo
A partir
de mediados do séc. XIX, xurdiu en Galicia unha concienciación das nosas
particularidades e así nace o galeguismo
que reivindica a defensa dos intereses de Galicia, a defensa do galego e a
o autogoberno. No galeguismo diferéncianse tres etapas:
a)
Provincialismo (1840-1885)
b)
Rexionalismo (1885-1916)
c)
Nacionalismo (1916-1936)
§ Os
alicerces do galeguismo: o provincialismo
Desde 1840
nacen as primeiras reivindicacións e a crítica ao centralismo. A xeración de
1846, na que destaca Antolín Faraldo,
pon de manifesto as características diferenciadoras de Galicia e os seus
problemas: falta de industria, ruralización, atraso, illamento…
A
primeira vez que se intentan pór en marcha estas ideas é co Pronunciamento de 1846, co
correspondente fracaso de Solís e os fusilamentos dos mártires de Carral, pero
a perspectiva cambiou e as ideas prenderon cando se levou a cabo o proxecto de
Constitución para o futuro Estado Galaico (1833).
Ao mesmo
tempo no campo da cultura ten lugar o Rexurdimento, recuperación e defensa do
emprego do galego con Rosalía, Curros, Pondal, Añón, Vicetto, Murguía… Reivindícase o pasado glorioso dos celtas, os
costumes , a lingua diferente e o dereito a unha organización política propia.
§ O
rexionalismo galego
Igual ca
noutras zonas de España na década de 1880 xorde un movemento rexionalista que
defende para Galicia o emprego da lingua propia e a consecución do dereito á
autonomía política e administrativa sen rachar coa unidade do Estado. Nesta
ideoloxía había dúas posturas: a liberal, liderada por M. Murguía, que defendía
a existencia dunha nacionalidade galega
en base a razóns étnica, idiomáticas, xeográficas e ideolóxicas e isto
só se pode lograr mediante unha ampla descentralización administrativa e
económica.
A outra
postura encárnaa Alfredo Brañas e é a conservadora, tradicionalista e católica,
defende a dobre patria, unha grande e outra pequena para conxugar a unidade de
España coas ansias reivindicativas.
Aparecen
as primeiras organizacións de tipo galeguista Liga Galega, Real Academia
Galega, A Nosa Terra,… En 1907 fúndase Solidariedade Galega para agrupar todas
as persoas e grupos defensores da descentralización e de aumentar a riqueza de
Galicia.
§ O
nacionalismo galego
Desde
1916, o pensamento galeguista afirmou con rotundidade que Galicia era unha
nación, Vilar Ponte, Risco Castelao ,… fundamentan nas súas obras os trazos
esenciais da nación galega. Estes nacionalistas teñen un mesmo ideario:
·
Denuncia do atraso económico.
·
Denuncia da opresión cultural de
Galicia por España.
·
Modernización da produción
agropecuario.
·
Defensa da autonomía integral de
Galicia.
·
Rexeitamento do separatismo e
desexo de conseguir un federación ibérica con Portugal.
Pronto
xorden desavinzas, o nacionalismo tradicionalista de Risco defende o predominio
ideolóxico do catolicismo e da fidalguía.
O nacionalismo democrático de Castelao quere acadar unha democracia
compatible co pleno autogoberno.
Nacen en
1916 as Irmandades da Fala co
obxectivo de dignificar Galicia e a súa lingua, en 1918 as Irmandades reúnense na I Asemblea Nacionalista en Lugo para definir o programa que leve á
autonomía integral de Galicia. Para difundir a cultura aparece a revista Nós e a Xeración Nós. Xorden novos partidos como a Organización Republicana Galega Autónoma e
xa en 1931 o Partido Galeguista que
tivo un gran protagonismo na Segunda República.
- 7 -
AS
TRANSFORMACIÓNS SOCIOECONÓMICAS NA ESPAÑA LIBERAL
Esquema
Esquema
1.-
Atraso e desenvolvemento económico
-Características
do proceso industrial español
- O
desenvolvemento capitalista da España liberal
- Bases
xurídicas da economía da España liberal
§ Lexislación
económica
§ Liberdade
de mercado
§
Dificultades e limitacións do
desenvolvemento
i.
Obstáculos físicos e naturais
ii.
Escasas transformacións nos
sistemas agrarios
iii.
Reducida capacidade de consumo
do mercado interior
iv.
Falta de competitividade dos
produtos españois
v.
Despreocupación polas
innovacións tecnolóxicas e educativas
vi.
Escaseza de capitais e
preferencia por investimentos inmobiliarios ou especuladores
vii.
Mentalidade tradicional dos
empresarios e políticos
viii.
Escaso espírito de empresa
- A
reforma agraria liberal e as desamortizacións
-Desamortizacións de Mendizábal, Espartero e
Madoz
- Desigual
evolución da agricultura en España
-Zonas que se especializaron / zonas
estancadas
- A
diversidade rexional na industria
-Cataluña, Andalucía e Levante, Asturias e
País Vasco, Galicia
- O
ferrocarril e a formación do mercado interior
-Lei xeral de ferrocarrís
- A
renovación das estradas e dos portos. Correos e telecomunicacións
- O
sistema bancario e financeiro
-Bolsa, Banca, Caixas de aforro
2.-
Modernización demográfica e emigración
- Permanencia
e cambios no modelo demográfico
- Trazos
da permanencia
- Elementos
do cambio
- O
proceso de urbanización
- Os
movementos migratorios
3.- Nova
sociedade de clases e dominio burgués
- Os
grupos tradicionais
-Nobreza, clero, campesiñado
- Os
novos grupos
-Burguesía, proletariado
4.-
Conflitividade social e movemento obreiro
1. As condicións de vida da clase traballadora
2.
A reacción contra as máquinas: o ludismo
3.
A protesta organizada: a folga
4.
Sociedades de resistencia e sindicatos de oficios
5.
As novas ideoloxías obreiras
§
Anarquismo
§
Socialismo marxista
6.
Sindicatos e partidos obreiros
§
A Federación Rexional Española
da AIT
§
As organizacións anarquistas
§
As organizacións socialistas
marxistas
§
As sociedades obreiras católicas
7. A
conflitividade agraria
§ As
sublevacións andaluzas
§ O
agrarismo galego
- A
conflitividade urbana: os motíns de consumos
- A
resposta patronal e do Estado
- A
reivindicación feminina
§ A
condición feminina
§ Discriminación
xurídica
§ Discriminación
política
§ Discriminación
laboral e salarial
As
transformacións socioeconómicas na España liberal
1.
Atraso
e desenvolvemento económico
En
Inglaterra, desde mediados do século XVIII houbo un elevado crecemento
económico porque se renovou a agricultura e se estenderon novos sistemas de
produción nas fábricas. Estas transformación denomínanse revolución industrial. En España este proceso comezou pronto, pero
foi moi lento.
O proceso industrial español do período liberal ten as seguintes características:
O proceso industrial español do período liberal ten as seguintes características:
- Predominio do sector primario: minería, agricultura e pesca.
- Protección arancelaria, co fin de defender os produtos propios dos estranxeiros.
- Excesiva dependencia do exterior, no que se refire a tecnoloxía (maquinaria, innovacións técnicas e capital)
- Desequilibrio rexional, con zonas atrasadas (Galicia) e outras máis desenvolvidas (Cataluña, País Vasco)
1.- O desenvolvemento capitalista
da España liberal
Seguindo os principios do
capitalismo
- as actividades económicas deben estar en mans dos particulares, sen a intervención do Estado.
- A liberdade económica debe ser absoluta (de empresa, de comercio, de contratación, de prezos, de salarios,…), baseada no libre xogo da oferta e a demanda.
- A man de obra considérase unha mercadoría máis. O contrato de traballo debe ser un acordo libre entre traballador e empresario.
- O capital (máquinas, materias primas, diñeiro, terras, edificios, diñeiro) son o factor clave de produción e deben ser empregados polos seus propietarios para obter beneficios, que serán reinvestidos en actividades produtivas.
Porén, estes principios aplicáronse na España liberal de xeito lento e incompleto.

A lexislación económica do Antigo
Réxime foi modificada con novas leis destinadas a favorecer as actividades económicas.
A nova lexislación comezou nas Cortes de Cádiz e continuou cos gobernos
liberais, con todo, o cambio foi lento porque a burguesía comercial tiña pouco
peso en España.
Así, por exemplo, a liberdade de
mercado foi continuamente debatida. Aceptada para o mercado interior, pero respecto ao mercado exterior, a tendencia foi
proteccionista, impoñendo taxas arancelarias.
- Dificultades
e limitacións do desenvolvemento
O desenvolvemento económico da
España liberal enfrontouse a numerosas dificultades. Entre elas:
- Obstáculos físicos e naturais: o relevo que
dificulta as comunicacións, ríos pouco navegables, escaseza de materias
primas e fontes de enerxía,… supoñen un elevado prezo dos produtos.
- Escasas
transformacións nos sistemas agrarios: falta de renovación técnica que se
traduciu no mantemento dunha agricultura tradicional, que emprega gran cantidade
de man de obra e pouca produtividade.
- Reducida
capacidade de consumo do mercado interior: baixos ingresos dos campesiños
e obreiros, que limitaban a súa capacidade de compra e, polo tanto, a
produción interior.
- Falta de competitividade dos produtos
españois: a falta de produtividade encarece os produtos españois, polo que
estes non podían competir no mercado mundial, o que levou a aplicar unha
política proteccionista. Os produtos vendíanse no mercado interior, en
exclusiva.
- Despreocupación
polas innovacións tecnolóxicas e educativas: prestouse pouca atención á
mellora da educación e da investigación. Isto deu lugar a unha elevada
taxa de analfabetismo e unha forte dependencia da tecnoloxía estranxeira.
- Escaseza
de capitais e especulación: os capitalistas españois realizaban escasos
investimentos produtivos, preferindo os investimentos especulativos en
bolsa ou débeda pública. Deste xeito, as principais actividades produtivas
e rendibles deste país realizáronse con capital estranxeiro.
- Mentalidade
tradicional de empresarios e políticos: os empresarios querían asegurar os
beneficios buscando a protección do Estado e explotando os traballadores.
Os políticos apoiábanos con leis.
- Escaso
espírito de empresa: os grupos dominantes gastaban as súas fortunas en
luxos , en lugar de investilo en actividades produtivas.
- Fases
do desenvolvemento económico
No desenvolvemento económico hai
tres fases:
1.- 1830 - 1870: marcado polo inicio da revolución industrial. Reforma agraria liberal, desamortizacións, inicio da construción rede ferroviaria, crecemento do sistema financeiro e bancario, crecemento moderado con dificultades.
2.- 1870 - 1890: freo e estancamento. Caída de prezos agrícolas, estancamento da industrialización, emigración dos campesiños a América, dependencia do capital estranxeiro, España exporta, principalmente, minerais, Cataluña e País Vasco, principais focos industriais.
3.- 1890 - 1923: crecemento xeral, pero desigual.
Proteccionismo estatal, aumento das exportacións agrarias, produción
hidroeléctrica, crecemento urbano, incremento da emigración a América,
desenvolvemento rexional desigual (interior atrasado, agás Madrid), aparición
dos grandes bancos.
2.- A reforma agraria liberal e as desamortizacións
A burguesía liberal considera necesario realizar unha reforma agraria, convertendo a terra nun ben libre, individual e privado. Para iso era preciso abolir o réxime señorial, desamortizar as terras eclesiásticas e comunais, desvincular os morgados, suprimir as servidumes e décimos (dar a décima parte da colleita ao dono, en xeral, a igrexa). A todo isto é ao que se opoñen as clases privilexiadas.
A medida máis importante foi a desamortización: as terras de mans mortas da igrexa e os baldíos e terras comúns dos concellos pasan a ser propiedade do estado e póñense á venda en poxa pública. Os progresistas eran partidarios deste proceso, pero era rexeitado por absolutistas e a Igrexa, polo que foi paralizado polos gobernos liberais moderados. Por iso, este proceso foi lento.
O proceso de desamortización tivo estas etapas:
- As Cortes de Cádiz promulgaron, en 1813, un decreto xeral de desamortización. Poñíanse á venda os bens dos afrancesados, das ordes militares, dos conventos suprimidos, parte dos bens da Coroa e os baldíos e terras dos concellos.
- Estas medidas tiveron escasa vixencia pola restauración do absolutismo; vólvense pór en práctica co Trienio Liberal (1820-1823), volvendo paralizarse cos gobernos absolutistas de Fernando VII.
- Durante o reinado de Sabela II, ao instalarse definitivamente os liberais no poder, foi cando se realizou a transformación do réxime de propiedade das terras, pasando polas seguintes fases:
a) 1835 - 1836: desamortización eclesiástica de Mendizábal. Afecta aos bens das ordes suprimidas ou clero regular (excepto as que prestaban servizos sociais: coidado de enfermos, educación de pobres…), que son postos á venda. Os obxectivos desta desamortización eran:
- Reformar o réxime da propiedade,
eliminando os bens das comunidades relixiosas e creando propietarios de terras
libres.
- Aumentar os ingresos do Estado para reducir a
débeda pública,antes de facer unha reforma fiscal.
- Sufragar os gastos da guerra carlista.
- Frear o poder da Igrexa,
debilitando o seu poder económico porque era a inimiga do liberalismo.
b) 1841: desamortización de Espartero. Continúa co proceso de desamortización eclesiástica iniciado por Mendizábal. Foron declarados nacionais os bens do clero secular e postos á venda. Desde 1844 os gobernos moderados paralizan o proceso e asínase co Vaticano o Concordato de 1851, polo cal a Igrexa acepta as vendas xa realizadas a cambio de que o Estado sostivese economicamente o clero e se considerase o catolicismo como a relixión do Estado.
c) 1855: Desamortización civil de Madoz. Durante o Bienio progresista (1854-56) iniciouse a desamortización civil, póñense á venda os bens civís do Estado e dos municipios (terras que o municipio aluga e bens comunais dos que goza todo o municipio), e os eclesiásticos, a pesar do Concordato. O principal obxectivo desta desamortización era conseguir ingresos para a construción do ferrocarril.
Con este proceso púxose á venda aproximadamente o 20% do territorio español e o 50% da superficie cultivable. Os compradores foron xentes que tiñan recursos económicos (nobreza, campesiños ricos, burguesía, terratenentes) co que aumentaron o seu patrimonio e prestixio social.
No balance global da
desamortización temos que:
- A
medida foi un éxito desde o punto de vista político, xa que se conseguiu
cambiar o réxime de propiedade da terra. Ademais, consolidouse o réxime
liberal.
- Desde
o punto de vista socioeconómico, non se conseguiu que o campesiñado
puidese acceder á propiedade da terra, porque non tiñan diñeiro para poder
mercalas. As medidas desamortizadoras serviron para incrementar os
latifundios, pero os seus compradores non invisten na súa modernización, a
agricultura non se moderniza. Ao mesmo tempo, como as clases poderosas
invisten na compra de terras, non se desenvolve a industrialización porque
todo o diñeiro vai para aumentar as propiedades, non para actividades
industriais.
- As
vítimas foron os campesiños, os municipios, a Igrexa e os xornaleiros. Os campesiños pobres
viron como empeoraban as súas condicións de vida, xa que non podían contar
coa caridade eclesiástica (a Igrexa tiña menos diñeiro e non posuía
terras) nin coas terras e pastos comunais dos concellos.
A
desamortización en Galicia
-En Galicia, a desamortización non tivo tanta relevancia coma noutras partes. A Igrexa e a nobreza terratenente eran os maiores propietarios da terra. As terras explotábanse mediante contratos de arrendamento de longa duración (tres xeracións) chamados foros. Os campesiños pagaban as rendas, pero non podían ser expulsados. Os propietarios (nobreza, conventos, mosteiros, catedrais e donos) recibían unha parte das rendas e os fidalgos (baixa nobreza) eran os intermediarios que cobraban a maior parte das rendas (contrato de subforo). Por outra banda, os concellos non tiñan propiedades porque, a maioría dos montes comunais pertencían aos veciños das aldeas.
Esta situación fixo que a desamortización en Galicia tivese como resultado que:

- O Estado unicamente pon á venda as
rendas forais que percibía a Igrexa. Non poxa as terras, só saca á venda o
dereito a recibir as rendas que xere.
- A desamortización tivo escasa
repercusión porque os concellos tiñan un patrimonio reducido.
- Non se alterou a organización agraria
tradicional, nin se estableceu un posuidor individual da mesma. Os
compradores convértense en rendeiros, mercan o dereito a percibir rendas. Estes
dereitos cómpranos os fidalgos.
- A situación do campesiñado non cambia,
conservan os seus dereitos sobre a terra e esta situación non muda ata a Lei de redención de foros (1926)
durante a ditadura de Primo de Rivera.
En
resumo, o reforma agraria liberal no sector agrícola tiña:
un obxectivo: implantar un concepto de propiedade privada individual
como se fai: coas desamortizacións.
3.- Desigual evolución da agricultura en España
un obxectivo: implantar un concepto de propiedade privada individual
como se fai: coas desamortizacións.
3.- Desigual evolución da agricultura en España
Malia
as medidas establecidas polos gobernos liberais (desamortización, liberdade de
cultivos, prezos e arrendamentos) a agricultura durante o século XIX non se
moderniza, non se aborda unha renovación
do sector. Non hai innovacións técnicas nin novos cultivos. Permanecen vixentes
os vellos sistemas de explotación (cultivo extensivo, escaso emprego de
maquinaria e fertilizantes, barbeito,) polo que a produción non aumenta.
Con
todo, dáse unha evolución desigual da agricultura en España e así temos:
- Zonas especializadas: Levante (árbores
froiteiras e cultivos hortícolas), Cataluña (cava), Andalucía (aceite) e
cornixa cantábrica e Galicia (gando vacún e leite). Lograron saír ao
mercado internacional e innovaron para mellorar.
- Zonas estancadas: moitas zonas de
Galicia, que mantiveron o minifundismo e Castela e Aragón, que mantiveron
o cultivo de cereais.
O
mantemento do campesiñado arrendatario no nortee o aumento dos xornaleiros no
sur xeraron conflitividade agraria que
se agravou nas épocas de escaseza.
4.- A diversidade rexional na industria
O desenvolvemento industrial na España do séc. XIX presenta fortes desequilibrios rexionais. Hai unhas zonas industrializadas e competitivas e outras, agrarias e rurais.

- Cataluña: constitúe a principal zona
industrial española. Destaca o sector téxtil, sobre todo a produción de
tecidos de algodón. Pronto adopta a máquina de vapor e ten grandes
beneficios, o que lle permite innovar e mecanizarse. A maioría da
produción destínase ao consumo interior xa que os gobernos adoptan medidas
proteccionistas, aínda que unha parte tamén se exporta. Tamén se
desenvolve o sector metalúrxico, industria química e a de transformación
de alimentos.
- Asturias: desenvolve a minería de
carbón. O mineral era de mala calidade e a súa extracción dificultosa,
polo que resultaba cara. Os gobernos aplicaron unha política
proteccionista, o que favoreceu o crecemento do sector, pero de xeito
artificial porque en realidade non era rendible.
- País Vasco: o sector clave é e siderurxia;
a industrialización xirou en torno á explotación do mineral de ferro, moi
abundante e de boa calidade. Na ría de Bilbao aséntanse as principais
empresas, coma Altos Hornos de Vizcaya. Expórtase e obteñen importantes beneficios, intercámbiase
carbón de Inglaterra polo ferro de España. Tamén se desenvolveu a
industria química e os estaleiros.
- Outras zonas conseguiron,
inicialmente, industrializarse, pero, posteriormente, estancáronse:
- Andalucía, tamén se inicia no sector siderúrxico. Tiñan que traer o combustible, o carbón de Asturias e así non puido resistir competencia do País Vasco. O alto custe de produción fixo que se estancase o seu desenvolvemento.
-
Levante: iniciouse no sector téxtil, pero tampouco aguantou o empuxe de Cataluña.
Só sobreviviu o tecido da seda, de longa
tradición na zona levantina.
Nos
dous casos, as economías volveron potenciar o sector agrario (vide, aceite e
cítricos).
O caso
de Galicia
- Galicia: a industrialización foi
pobre. Os sectores téxtil, de curtidos e ferrerías arruínanse pola competencia
doutras zonas. O liño termina desaparecendo pola competencia do algodón
catalán. A actividade tradicional da salgadura de peixe, con todo, deu
lugar a unha importante industria conserveira
de peixe e marisco (Alfageme, Massó, Curbera). Tráense importantes
novidades de Cataluña, como o envasado hermético e a esterilización, o que
fai que o sector experimente un importante desenvolvemento.
Tamén experimenta un importante desenvolvemento a construción naval ( estaleiros de Ferrol e Vigo), a produción hidroeléctrica que aproveita os nosos ríos e a explotación do volframio durante a I Guerra Mundial.
O
comercio
Tocante
ao comercio distinguimos:
a) Comercio interior:
- Na primeira metade do séc. XIX está pouco desenvolvido debido á dificultade do transporte de mercancías. Os mercados están illados e isto dificulta o seu abastecemento.
- Na segunda metade do séc. XIX aparece o mercado nacional (articulación do mercado). Os liberais anulan as aduanas interiores, melloran as estradas, hai liberdade de prezos e de produtos. Xorde o librecambismo e instáurase o liberalismo económico. Aparece o ferrocarril, o que implica a mellora do transporte.
b) Comercio exterior:
- Está máis desenvolvido que o interior, aínda que continúa por detrás de Europa. Aplicouse unha política proteccionista, agás durante o Sexenio democrático, período no que se produce un maior desenvolvemento: lei de arancel de Figuerola (este ministro baixa os aranceis en 1869).
- Cambio na tipoloxía dos produtos que se comercializan. Na primeira metade do século XIX o que se exportaba era aceite e viño e importábanse tecidos de algodón. A finais de século e principios do séc. XX, expórtanse minerais e tecidos de algodón (a industria catalá está no seu máximo rendemento) e impórtase carbón e algodón en rama.
- Cambian as relacións comerciais de España co estranxeiro. Ata 1898, realízanse con Cuba; despois diríxense cara a Gran Bretaña e Francia.
5.- O ferrocarril e a formación do mercado interior

gobernos liberais tentaron integrar o mercado interior abolindo as leis
contrarias a liberdade de circulación e produción de bens (supresión de
aranceis interiores, unificación de pesos e medidas) e procuraron mellorar e
construír novas vías de comunicación. Para isto introduciron o ferrocarril.
A construción do ferrocarril foi tardía e lenta. O primeiro foi un pequeno tramo entre Barcelona e Mataró inaugurado en 1848 (os primeiros son de 1830 en Inglaterra). A construción pasa por estas etapas:

- En 1855 experimentou un impulso coa
Lei de Ferrocarrís (con Sabela II, Bienio progresista). A lei deseñaba un
trazado radial que partía de Madrid cara diferentes puntos da periferia e indicaba quen participaría na
construción. Aínda que se destinou á súa construción o diñeiro das
desamortizacións, a maior parte do capital era estranxeiro, de maneira que
a rede estaba, maiormente, en mans de compañías privadas estranxeiras.
Ademais, decidiuse que tivese un ancho de vía maior que o europeo porque
as dificultades orográficas así a aconsellaban, isto imposibilitaba a
conexión coa rede ferroviaria de Europa.
- Ata o ano 1865 construíuse a bo ritmo grazas ao apoio estatal e ao
investimento estranxeiro (principalmente capital francés)
- Posteriormente pasou por diferentes
períodos: paralización e relanzamento, continuando a construción ata 1836
con moita lentitude.
O
ferrocarril permitiu a comunicación interior e facilitou o transporte de
mercancías, pero por outra banda, como a construción se facía con material procedente doutros países, supuxo un grave prexuízo para o desenvolvemento
do sector siderúrxico interior.
6.- A
renovación das estradas e dos portos. Correos e telégrafos
Ao
longo do século XIX tivo lugar unha importante renovación dos transportes e das
comunicacións.
- Estradas: a lei de 1855 regulamentou
a súa construción e categoría. O seu trazado adoptou unha estrutura radial
semellante ao ferrocarril. A súa construción foi lenta e desigual por
parte do Estado na primeira metade do s XIX; máis rápida na segunda metade.
A principios do XX apareceron circulando por elas os primeiros coches.
- Os portos. A comunicación marítima
renovouse coa mellora dos portos e a introdución dos barcos de vapor.
Aparecen as empresas navieiras como consecuencia como consecuencia do
aumento do tráfico marítimo debido á exportación de minerais. Tamén se
inventou o submarino, mellorado en 1885 por Isaac Peral.
- O correo, o telégrafo e
posteriormente o teléfono facilitaron o intercambio de información e
noticias.
7.- O
sistema bancario e financeiro
As novas
industrias e comercios precisaban capital e isto trouxo consigo o
desenvolvemento do sistema bancario. Así nace:
- A Bolsa de Madrid en 1831, a de
Barcelona en 1851.
- A Banca. Os bancos regúlanse por lei e á
cabeza do sistema está o Banco de España que desde 1875 é o único que pode
emitir billetes. Fúndanse os
grandes bancos no primeiro terzo do s XX (Hispano Americano, Urquijo,
Central, Popular,…)
- As Caixas de Aforros, creadas no s
XIX como institucións de beneficencia, perderon o seu carácter benéfico para dedicarse
á actividade financeira e á captación do aforro modesto.
- En Galicia o peso da Banca foi feble
ata comezos do séc. XX . A banca galega naceu ao abeiro das actividades
comerciais e industriais de Vigo e A Coruña (Banco de Vigo, Banco Pastor).
As Caixas de Aforro tamén tiveron moita importancia (Caixa Vigo, Caixa de
La Coruña, Caixa de Santiago,…)
2. Modernización demográfica e emigración
No
século XIX e comezos do XX a poboación española incrementouse, pero en menor
medida ca a europea. Redúcese a taxa de natalidade e a de mortaldade, hai un
éxodo do campo á cidade e movementos migratorios.
1.-
Permanencia e cambios no modelo demográfico
O réxime demográfico da España liberal presenta
trazos do réxime antigo xunto a elementos novos.
§ Trazos da permanencia
Durante
o s XIX mantívose o modelo antigo cos seus trazos:
a)
taxa de natalidade moi alta,
b)
taxa
de mortaldade moi alta
c)
crecemento vexetativo, polo tanto, lento.
Entre
as causas da alta taxa de mortaldade están:
·
mala alimentación (crises cíclicas de
subsistencia), malas colleitas polo clima adverso e o atraso agrícola.
·
Andazos
periódicos, como de cólera e gripe.
·
Enfermidades endémicas, como a tuberculose e o
tifos.
·
Guerras (Independencia, carlistas, coloniais).
§ Elementos do cambio
Superado
o último gran andazo de cólera en 1885, iniciouse en España un cambio de
tendencia na demografía: comeza un crecemento vexetativo importante.
- A taxa de natalidade empeza a baixar.
A industrialización e a urbanización fan que as mulleres teñan que
traballar, así non se poden dedicar ao coidado dos fillos.
- A taxa de mortaldade baixa (mellora a
alimentación, redúcense as enfermidades infecciosas, mellora das
condicións sanitarias). Redúcese considerablemente a mortaldade infantil
grazas á mellora das condicións medicosanitarias.
- O
crecemento vexetativo é máis
rápido, aínda que presenta importantes diferenzas rexionais. Estáncase nas
rexións do interior (agás Madrid)e aumenta a poboación nas zonas
periféricas,sobre todo na costa mediterránea grazas ao desenvolvemento
agrícola e industrial.
2.- O
proceso de urbanización
A
poboación do séc. XIX era maioritariamente
rural, só Madrid e Barcelona acadaban os 500.000 habitantes ( en Europa había
varias cidades de máis dun millón). Desde finais do séc. XIX prodúcese un incremento da poboación
urbana, debido á crise agraria e ao desenvolvemento industrial. A fisionomía
das cidades cambia (derrúbanse murallas, constrúense ensanches e avenidas) e
incorpóranse novos servizos (iluminación,
paseos, empedrado de rúas).
No caso
galego,as cidades costeiras foron as que máis incrementaron a súa poboación.
3.- Os
movementos migratorios
O desfase entre o crecemento demográfico e os recursos dispoñibles obrigou a emigrar a parte da poboación. Arredor de un millón de españois marcharon a América a finais do s XIX. Escolleron este continente por afinidade de lingua e polas boas condicións económicas dos países receptores. Os españois tamén foron a Francia ou Alxeria. Galicia foi unha das zonas de maior emigración (ir facer as Américas), dos portos de Vigo e A Coruña saíron máis de un millón de galegos. A crise de 1929 provocou un estancamento na emigración. Moitos regresaron ricos (os indianos que construíron mansións e escolas no seu lugar de orixe para amosar a riqueza), pero outros non tiveron fortuna, volveron pobres e desencantados. O exemplo dos indianos, vestidos de branco, con chapeu e a carteira chea, animada a moitos mozos a ir probar fortuna coa intención de mellorar as condicións de vida.

3. Nova
sociedade de clases e dominio burgués
Durante as primeiras décadas do séc. XIX prodúcese o paso da sociedade estamental á sociedade de clases. As características da sociedade de clase son:
Durante as primeiras décadas do séc. XIX prodúcese o paso da sociedade estamental á sociedade de clases. As características da sociedade de clase son:
a) Igualdade xurídica entre todos os
cidadáns.
b) O
factor diferenciador na sociedade
é a riqueza e o nivel cultural, non o
berce ou linaxe.
c) É unha sociedade aberta, é fluída, non estamental.
d) Hai mobilidade social, pódese
cambiar de estado.
Esta
nova sociedade estruturase en clases:
- Clase alta: a burguesía.
- Clase media: terratenentes, funcionarios,
comerciantes.
- Clase baixa: o proletariado (rural e
industrial).
1.- Os
grupos tradicionais
Os
grupos tradicionais da sociedade evolucionaron de xeito diferente ante a
revolución liberal.
- Nobreza: a nobreza perdeu privilexios
(fiscais, xudiciais e honoríficos, aínda que conservou,e ata incrementou o
seu patrimonio. Segue estando no cume da nova sociedade e, incluso,
aumenta o seu prestixio xa que moitos burgueses adquiren títulos
nobiliarios (ennobrecemento burgués).
En
Galicia, a fidalguía mantivo o seu poder sobre os campesiños e desenvólvese o
caciquismo político. Vai perdendo protagonismo porque as rendas dos foros van
diminuíndo.
- Clero. A Igrexa perdeu riqueza e
privilexios coa revolución liberal e reduciuse o número de membros, aínda
que a súa influencia seguiu sendo importante porque a sociedade española
do XIX conservaba unha fonda relixiosidade e o Estado declarábase
confesional católico en moitas das Constitucións e asinara o Concordato de
1851. Os gobernos conservadores favoreceron a Igrexa, aínda que foi
medrando unha corrente anticlerical na sociedade.
- Campesiñado. Seguiu sendo o grupo
máis numeroso (o 40% da poboación) e sufriu as consecuencias negativas do
cambio de réxime de propiedade das terras. As desamortizacións fixeron que
o campesiñado pobre quedase sen terras e pastos que se repartían entre os
veciños. Distínguense dúas situacións segundo o norte ou o sur:
-Andalucía:
os grandes latifundios están en mans dunha oligarquía agraria absentista (que
non vive no campo). A maioría son xornaleiros
sen terras convertidos en proletarios agrícolas ameazados co paro e a
fame. Esta situación provoca numerosas revoltas no agro andaluz s finais do
século XIX e comezos do XX.
-Galicia:
o campesiñado non era propietario das terras, pero tiña algúns dereitos
derivados do réxime foral (estabilidade da renda e transmisión hereditaria dos
dereitos de explotación sobre elas). O
minifundismo foi unha pexa para o desenvolvemento agrícola e o ter que pagar
numerosas rendas e contribucións fixo
que o campesiñado galego tamén sufrise miseria. Esta situación de fame foi contrarrestada coa emigración , íanse en
busca de mellores condicións de vida e das protestas campesiñas (agrarismo).
2.- Os novos grupos
Na nova
sociedade de clases da España liberal xorden dous grupos enfrontados, a
burguesía e o proletariado.
- Burguesía: constituída por comerciantes,
industriais, financeiros, funcionarios, militares, profesionais liberais,…
Impuxeron os seus valores ao resto
da sociedade e exerceron o poder político e económico, pódese dicir que é
unha sociedade burguesa. Dentro deste grupo distinguimos: a alta burguesía, manexaba grandes
fortunas e controlaba o poder político, era a oligarquía. A clase media, máis numerosa, era
favorable á introdución de reformas e defenderon os principios liberais e
democráticos. Estaba formada por donos de talleres, tendeiros,
profesionais liberais (avogados, médicos,… ), funcionarios, mestres,…
- Proletariado: desenvolveuse á vez que a
industrialización, polo tanto non foi moi numeroso ata o séc. XX. Eran
traballadores procedentes do campo e dos talleres artesáns arruinados pola
competencia das máquinas. Os obreiros soportaron duras condicións de vida
(longas xornadas laborais, salarios ínfimos, traballo de mulleres e nenos,
alta mortaldade, pésimas vivendas), polo que organizaron accións
reivindicativas para ir logrando melloras salariais e laborais.
4.
Conflitividade social e movemento obreiro
Na nova
sociedade de clases xurdida ao abeiro da industrialización existiu unha
importante conflitividade social. Cando os obreiros tiveron conciencia de clase organizáronse para
loitar pola mellora das condicións de vida. Xorde así o movemento obreiro.
O
movemento obreiro: é o conxunto de actividades e organizacións que loitaron para
conseguir melloras salariais e laborais da clase traballadora. As ideoloxías
inspiradoras desta loita son o anarquismo e o socialismo marxista.
1.- As
condicións de vida da clase traballadora
Os
principios liberais de liberdade de contratación e de salarios así como a falta
dunha regulamentación laboral fixeron que os traballadores industriais estiveran
sometidos a duras condicións de traballo: longas xornadas, baixos salarios,
falta de dereitos, sometemento ao ritmo das máquinas,… Ademais, o emprego de man de obra infantil e
feminina foi abundante tanto na agricultura coma nas fábricas, xa que recibían
menores salarios e así os patróns obtiñan maiores beneficios. Unha vez que
toman conciencia de clase, únense para conseguir melloras.
2.- A
reacción contra as máquinas: o ludismo
As
primeiras protestas teñen lugar na década de 1820 e 1830. Os obreiros reaccionan
ante a perda de postos de traballo e o empeoramento das condicións de traballo.
Consideran que as máquinas son as culpables da súa situación e reaccionan
esnaquizando máquinas e fábricas. Estas accións denomínanse ludismo (en
lembranza de Ned Ludd, un obreiro inglés
ao que é considerado como o primeiro en romper máquinas). Foi un movemento moi
violento, duramente castigado polas autoridades.
3.- A
protesta organizada: a folga
Tamén se producen, nesta época, folgas. Cando
as negociacións de patróns e obreiros non chegan a acordos, os obreiros e
xornaleiros usan a folga como método de presión.Os traballadores abandonan o
seu posto de traballo e así causan graves perdas aos patróns porque non hai
produción e, polo tanto beneficios. Deste modo os patróns flexibilizan a súa postura facendo
concesións. As folgas poden ser de dous tipos: folga parcial (só afecta a un
sector laboral) e folga xeral (todos os sectores dunha provincia, comunidade ou
nación). A folga ten o problema de que os obreiros tampouco cobran o seu
salario e sen ese diñeiro a familia non come. Para atender estas necesidades os
obreiros reunían diñeiro nun bote (caixas de resistencia) para que ninguén se
descolgue das protestas.
4.-
Sociedades de resistencia e sindicatos de oficios
Cando os obreiros se decatan de que coa violencia non lograban nada, aparecen as primeiras organizacións obreiras: sociedades de socorro mutuo e os sindicatos de oficios (asociacións de viúvas de obreiros, orfos de obreiros, enfermos, ), que tiñan carácter benéfico. Eran as únicas permitidas polos gobernos liberais. Pero unha lei de 1839 autorizou a formación de sociedades de socorros mutuos de obreiros que loitaron para conseguir melloras salariais, redución da xornada laboral, solicitaban unha regulamentación do traballo, e a formación de caixas ou cooperativas de axudas fronte a enfermidades, despedimentos ou morte.
Os gobernos moderados e conservadores prohibiron este tipo de asociacións; os progresistas eran máis tolerantes e os demócratas, partidarios da súa legalización. Algunhas sobreviviron na clandestinidade, ata que foron legalizadas en 1887.
5.- As novas ideoloxías obreiras
Na segunda metade do s. XIX aparecen e difúndense as ideoloxías revolucionarias obreiras: anarquismo e socialismo.

- Anarquismo. Foi introducido en 1868
por Fanelli, un discípulo de Bakunin. Tivo moita influencia en Cataluña,
Levante e Andalucía. O seu obxectivo era a transformación revolucionaria
da sociedade capitalista mediante:
·
A
destrución do Estado.
·
A
eliminación de calquera tipo de autoridade ou poder (político, relixioso,
familiar, militar, económico).
·
A supresión da propiedade privada e do dereito
de herdanza.
·
Eliminación
das diferenzas socioeconómicas.
·
A
nova sociedade debe organizarse en comunas gobernadas en réxime de autoxestión,
a autoridade ten que ser substituída por acordos libres e pactos entre os
habitantes. Todos os habitantes son copropietarios dos medios de produción
(fábricas).
·
Esta
transformación debía ser realizada polos traballadores e os sectores máis
desfavorecidos do proletariado agrario.
Defenden
a liberdade, son sindicalistas e nunca participan en política. Hai
discrepancias entre eles sobre como chegar á revolución: folga xeral
revolucionaria, creación de sindicatos e,en moitas ocasións empregan a
violencia e os atentados para lograr os seus obxectivos.
- Socialismo marxista. Foi Lafargue, xenro
de Marx, o que difundiu o marxismo en España. O seu obxectivo era transformar
a sociedade capitalista por medio da loita de clases: burguesía contra
proletariado industrial.
Si admiten o xogo político e para lograr a transformación da sociedade capitalista nunha nova socialista había que ter en conta:
·
As
condicións materiais e económicas determinan as condicións sociopolíticas da
comunidade.
·
O
medio máis eficaz para lograr a modificación da sociedade é a loita de clases.
·
Os
cambios debían realizalos o proletariado (organizado en sindicatos e partidos
políticos obreiros).
·
Os
traballadores debían conquistar o poder
e usar o Estado como instrumento de nivelación social.
·
Unha
vez tomado o poder,o proletariado debía impoñer medidas de forza transitorias
(ditadura do proletariado): expropiación da propiedade privada dos medios
financeiros (bancos)e dos medios de produción (fábricas), que debían pasar ao
Estado.
·
Lograda
a colectivización dos medios de produción, todos os individuos debían ter
iguais condicións de vida (desaparición das clases sociais) na nova sociedade
socialista.
6.- Sindicatos
e partidos obreiros
Os sindicatos de oficio transformáronse en federacións locais e despois en sindicatos xerais nos que se integraron todos os oficios.
Os sindicatos xerais e partidos políticos obreiros loitaron por mellorar as condicións de vida da clase obreira e por unha lexislación laboral favorable aos traballadores e traballadoras. Mantívose unha clara oposición entre anarquistas e socialistas.

- A Federación Rexional Española da AIT
En 1864
fúndase en Londres a AIT (Asociación Internacional de Traballadores), coñecida
como Primeira Internacional: o seu obxectivo é a unión de todos os obreiros do
mundo, de diferentes ideoloxías, para loitar polos seus dereitos e contra o
sistema capitalista.
- En 1870 fúndase en Barcelona a FRE (Federación Rexional Española), que agrupa distintas seccións obreiras e que se integra na AIT. A maioría destas seccións aceptan os postulados anarquistas. A FRE estendeuse por todo España e isto creou temor entre os empresarios. Algúns levantamentos, como o de Alcoi, nos que participaron numerosos internacionalistas, levou á prohibición das súas actividades en 1874. Seguiu actuando na clandestinidade ata a súa total disolución en 1881.

- As organizacións anarquistas
Este movemento caracterizouse pola súa
división. Uns eran partidarios do movemento sindical creando organizacións que
defendesen os principios de colectivización e antiautoritarismo e outros eran
partidarios de accións violentas.
- A finais do XIX as federacións
anarquistas eran moi activas, pero non se unían nunha única organización.Logo
da dura represión da Semana Tráxica de Barcelona nace, nesta cidade en
1910, o sindicato CNT (Confederación Nacional do traballo), partidaria da
folga xeral revolucionaria para defender a clase traballadora.
- A CNT chegou a ser a principal
asociación sindical a principios do XX, tendo o maior apoio entre o
campesiñado andaluz e o proletariado de Cataluña, Valencia e Zaragoza.
Negouse a participar no xogo político e buscaba a negociación directa cos
empresarios. Coa ditadura de Primo de Rivera, o sindicato foi clausurado. Na
clandestinidade algúns buscaron a negociación, pero os máis radicais
fundaron o sindicato clandestino Federación Anarquista Ibérica (FAI).
- Os máis extremistas defenderon o
emprego da propaganda pola acción, con atentados contra intereses e
personalidades da clase dominante (presidentes de goberno, bispos,
avogados, terratenentes, industriais,…), para derrubar a orde establecida.
Nesta liña encádrase unha organización secreta, anarquista e andaluza,
chamada a Man Negra, que tivo unha vida breve, pero con atentados moi
violentos.
- As organizacións socialistas
marxistas
Pablo Iglesias é a alma destas organizacións e
máximo impulsor do partido e sindicato socialista.
- É o máximo impulsor do partido
político socialista, Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). Foi fundado en 1886 e após unha
etapa na clandestinidade, celebrou o seu primeiro congreso en 1888.
- O sindicato socialista é a Unión Xeral de
Traballadores(UGT). Constituída como federación de sindicatos socialistas
en 1888.
Existe unha forte interdependencia entre
ambos, así como a dobre militancia dos afiliados. Tivo moita implantación,
inicialmente, en Madrid, Biscaia, Asturias, Cataluña e o campo andaluz.
A
partir de 1890 o PSOE presentou
candidatos ás eleccións municipais e xerais. En 1909 aliáronse cos republicanos
e saíu elixido Pablo Iglesias. O primeiro deputado obreiro.
A
raíz do triunfo da revolución soviética en 1917, e da fundación por Lenin da
Terceira Internacional Comunista en 1919, produciuse un intenso debate entre os
socialistas sobre a conveniencia ou non de seguir o modelo soviético. Isto
provocou que unha parte dos afiliados socialistas deixasen o partido para
fundar o PCE (Partido Comunista de España) en 1921.
- As sociedades obreiras católicas
Ante o
avance das organizacións anarquistas e do socialismo, coa axuda dos
empresarios, a Igrexa intentou crear organizacións con obxectivos semellantes
aos movementos obreiros, pero desde unha perspectiva cristiá (Sindicato
Católico de ferroviarios ou de mineiros. Defendían a colaboración de clases e
pedían a paz social en sintonía coa Igrexa.
7.- A conflitividade
agraria
A reforma agraria liberal alterou as condicións de vida dos campesiños. Isto traduciuse nun aumento da conflitividade dos campesiños.
A reforma agraria liberal alterou as condicións de vida dos campesiños. Isto traduciuse nun aumento da conflitividade dos campesiños.
- As sublevacións andaluzas
A
desamortización prexudicou os campesiños pobres e xornaleiros. Consolidou os
latifundios, desapareceron os terreos
comunais dos concellos e así os seus únicos ingresos procedían do traballo nos latifundios, cuxos salarios eran
miserables. Isto deu lugar a conflitos, en moitos casos violentos. O obxectivo
era obter maiores salarios e que se fixese un reparto das terras.
- O agrarismo galego
A
problemática do campo galego estaba relacionada coa pervivencia dos foros. Os
campesiños arrendatarios das terras pretendían conseguir a redención dos seus
contratos e acceder á propiedade da terra que traballaban. Na ce así o agrarismo. Foi un movemento no que participou
masivamente o campesiñado, cuxo obxectivo era lograr melloras para os
campesiños. O movemento logrou poucos obxectivos, debido á falta de unión dos
seus membros porque nel militaban persoas de moi diferentes ideoloxías.
·
En
1907 fúndase Solidariedade Galega, que mediante mitins, asembleas e accións
violentas (queima de montes, asaltos a casas de caciques) aumentou a
concienciación do campesiñado. O seu obxectivo era mellóraa das condicións de
traballo dos campesiños, loitando contra o caciquismo e a supresión do foro
mediante a súa redención (tamén pedían a supresión do arancel do millo e
seguros agrarios e créditos gandeiros). A diversidade de ideoloxías dos seus
membros fixo que a vida desta organización fose breve, ata 1912.
·
En
1910 fúndase a asociación agrarista máis importante Acción Galega. Basilio
Álvarez, crego ourensán, máximo líder desta organización, logrou mobilizar ao
campesiñado galego. O seu programa incluía: redención de foros, eliminación do
caciquismo, potenciar as vías de comunicación, fomentar as industrias de
salgadura, vinícolas e pecuniarias, establecer cooperativas agrícolas, aceptar
só como deputados galegos os que defendesen os intereses desta terra, etc.
·
En 1926, coa ditadura de Primo de Rivera,
apróbase un decreto no que se establece a redención de foros, desaparecen os
foros mediante indemnización. Este decreto non foi recibido con aplauso polo
campesiñado galego porque xa se viñan facendo redencións con acordos entre as
partes. O capital para as indemnizacións procedían dos emigrantes ou da venda
de gando. Con todo, o tema foral non terminou definitivamente con este decreto,
había unha disposición transitoria pola que había dez anos para admitir
demandas e trámites xudiciais.
8.- A
conflitividade urbana: os motíns de consumos
O incremento dos prezos dos produtos de primeira necesidade, a escaseza dos mesmos e os impostos dos consumos, que gravaban a compravenda destes produtos, orixinaron protestas populares ao longo do s. XIX. A principios do XX, estas protestas contra a carestía da vida, organizadas polos sindicatos, manifestáronse en forma de folga xeral (1905, 1916)
9.- A resposta patronal e do Estado

Para defender os seus intereses, os
empresarios e comerciantes tamén se asociaron (Xuntas de Comercio, Cámaras de
Comercio das diferentes ramas económicas).
A actitude do Estado fronte aos problemas sociais variaban segundo quen gobernase. Inicialmente, negábase toda petición de manifestación; despois pásase a unha certa tolerancia (finais do s XIX) e, finalmente, recoñécense unha serie de dereitos para os traballadores (S XX), aínda así os gobernos non dubidaron en empregar a forza (Garda Civil e Exército) para sufocar as manifestacións.

O movemento obreiro español foi conseguindo
que o Estado liberal elaborase leis que regulasen o traballo, os salarios ou a
xornada laboral, así, por exemplo, a principios do s XX creouse o Instituto
Nacional de Previsión para xestionar o réxime xera dunha incipiente seguridade
social, tamén se recoñece o dereito á folga e redúcese a xornada laboral a un
máximo de 8 horas. En calquera caso, o Estado liberal exerce unha forte
vixilancia do movemento obreiro, empregando a forza para reprimir
manifestacións e folgas.
10.- A
reivindicación feminina
A muller incorpórase ao mundo laboral para achegar un complemento debido aos insuficientes salarios dos homes. Con todo, isto non mellorou a situación da muller, que estaba discriminada desde o punto de vista social (sometemento ao home), xurídico (recoñecemento legal dunha condición inferior) e laboral (igual traballo, pero menor salario).

- A condición feminina
Na
España liberal, a muller era un ser inferior sometido ao home.Esta
subordinación era xustificada pola súa suposta inferioridade xenética, tiña
función reprodutora e era un complemento para o home.
- Discriminación xurídica
A
lexislación sometíaa ao home para calquera acción legal ou comercial. Contra
isto alzáronse voces coma a da ferrolá Concepción Arenal.
- Discriminación política
Tampouco
tiña recoñecido o dereito ao voto. O movemento sufraxista loitou por este
dereito, pero en España tiña pouca forza. Creáronse diversas asociacións, como
a Asociación Nacional de mulleres españolas (mulleres de clase media: mestras,
escritoras, universitarias)para esixir o voto, pero as mulleres votaron por
primeira vez ata 1933.
- Discriminación laboral e salarial
O salario era moito máis baixo (entre un 30 e u 60%) que o dos homes e a súa
xornada laboral adoitaba ser máis longa. Ademais, a incorporación a
determinados traballos (ensino, por exemplo) foi lenta.
- Asociacionismo e reivindicación
laboral
Homes e
mulleres coinciden nas reivindicacións de mellora das condicións laborais e de
aumento de salario. Aínda que eran acusadas de pasividade nas folgas, hai que
ter en conta que ese era o único e moi escaso salario que entraba na casa.
- 8 -
Esquema
Ás eleccións preséntanse as forzas da dereita formando unha fronte común; republicanos e socialistas, por separado. O partido máis votado é CEDA liderado por Gil Robles, seguido do Partido Republicano Radical de Lerroux, o PSOE e os republicanos de esquerda case non teñen representación. Alcalá Zamora nomea xefe de goberno a Lerroux, que conta co apoio parlamentario de CEDA.
3ª ETAPA: GOBERNO DA FRONTE POPULAR
En ambos bandos, o número de mortos foi elevado (uns seiscentos mil) e os danos materiais foron cuantiosos. Os niveis de produción baixaron notablemente e o desenvolvemento económico de principios do XIX quedou truncado. Terían que pasar varias décadas para recuperar os niveis anteriores á guerra. Miles de españois marcharon ao exilio e en España instalouse un réxime ditatorial que duraría 40 anos.
Esquema
1.- Leis fundamentais
Elabóranse sete Leis Fundamentais entre 1938 e 1967. Diferéncianse dous grupos:
a) Dogmáticas: reflicten os principios ideolóxicos. Son Foro do traballo (regula o mundo laboral); Foro dos españois (a modo de Carta Outorgada, recolle deberes e dereitos); Lei de Principios do Movemento (establece os principios do réxime: unidade da patria, condición de reino católico e as unidades da sociedade (familia, municipio e sindicato).
b) Orgánicas: reflicten os principios organizativos. Son: Lei de Cortes (crea as novas Cortes, son consultivas e deliberantes); Lei de Referendo (daba participación á opinión pública para sancionar as leis que decidía o xefe do Estado); Lei de Sucesión (España é un reino e establece os mecanismos para elixir sucesor); Lei Orgánica do Estado (compendio e actualización das leis anteriores).
2.- Franco, caudillo de España
O Xeneral Francisco Franco é a Autoridade Suprema. Acumula todos os poderes do estado. Recibiu o nome de Caudillo de España. Inicialmente, o seu poder non tiña ningunha limitación. Con todo, a Lei Orgánica do Estado, de 1967, estableceu as funcións do Xefe do Estado e do Xefe do Goberno, que ata entón foran exercidas por Franco. As limitacións legais ao poder de Franco eran poucas e derivaban da súa formación como ditador: como católico, sométese á doutrina da Igrexa; como anticomunista, alíase co país que en cada momento fose líder contra o comunismo (primeiro Alemaña e despois EEUU) e como monárquico, polo que define a España como un reino e a xefatura do Estado vai ser desempeñada polo rei que el designe á súa morte.
- 8 -
SEGUNDA
REPÚBLICA E GUERRA CIVIL
Esquema
1.A
Segunda República
1.- A proclamación
da República
2.- As forzas
sociais e políticas na República
·
Autoritarios
·
Dereitas
·
Republicanos
·
Esquerdas
3.- O bienio
Reformista. Abril 1931 – novembro 1933
·
A Constitución de 1931
·
O goberno de Azaña
4.- O bienio de
dereitas. Novembro 1933 – febreiro 1936
·
Sucesos de outubro de 1934
·
Cara ás eleccións de febreiro de
1936
5.- A Fronte
Popular. Febreiro – xullo 1936
·
Autonomía do País Vasco
·
Autonomía de Galicia
·
A conspiración militar
2.A
Guerra Civil
1.- A
sublevación militar e a formación dos bandos
2.-
A internacionalización do conflito
3.-
A evolución da guerra
4.-
A España republicana
5.-
A España sublevada
SEGUNDA
REPÚBLICA E GUERRA CIVIL
1. A Segunda
República
A Segundo República proclamouse o 14 de abril
cun enorme entusiasmo que, en pouco tempo, se volveu tensión que fixo difícil a
convivencia e o mantemento do réxime republicano.
1.- A proclamación da República
O 12 de abril de 1931 celébranse eleccións
municipais e o 14 de abril proclámase a Segunda República.
A coalición republicano-socialista fíxose co poder de xeito ordenado; Afonso XIII abandona España, aconsellado polos seus ministros e após descubrir que non tiña o apoio dos militares.
O poder é asumido, o mesmo día 14, por un goberno provisional (coalición republicano-socialista) nomeando a Alcalá Zamora presidente de Goberno. Este decretou amnistía xeral, proclamou as liberdades públicas e sindicais e comezou a elaborar as liñas das grandes reformas.

O primeiro problema xorde en Cataluña xa que Francisco Maciá proclamou
o Estado catalán e a república federal sen agardar, como se tiña pactado, a que
as Cortes constituíntes decidisen o novo modelo de Estado. Isto preocupou moito
ao goberno que o día 17 enviou ministros a Cataluña para negociar.
2.- As forzas sociais e políticas na República
A
República tivo apoios e contrarios que dividiron á sociedade española e crearon
unha situación de tensión ata desembocar na Guerra Civil. Os factores que
contribuíron a crear esta situación:
- Unha conxuntura internacional adversa, como consecuencia do crac da Bolsa de Nova York do 29 e a Gran Depresión. A crise provocou un aumento do desemprego, sen posibilidade de emigrar. En varios países de Europa medran as solucións ditatoriais e fascistas.
- Unha sociedade dividida e enfrontada. Conflitos entre xornaleiros, obreiros industriais e clases medias, que aceptaban as reformas do goberno e os terratenentes e alta burguesía, que non as aceptaban para non perder os seus beneficios. A loita de clases agravouse pola intransixencia das posturas.
- Fragmentación e polarización política derivada de que os cidadáns participan libre e democraticamente nas eleccións e hai liberdade de asociación e sindicación co que aumentan os grupos políticos.
En xeral,
diferéncianse catro grupos políticos e ideolóxicos:
1.-Autoritarios: non aceptan a República, antimarxistas,
defenden a unidade patria e o catolicismo. Son os terratenentes e a alta
burguesía. Están en partidos fascistas e monárquicos (carlistas e Falanxe).
2.- Dereitas: defenden os dereitos da igrexa e
a propiedade privada. Son pequenos e medianos propietarios agrícolas e a
burguesía urbana. Están en partidos como a CEDA (Confederación Española de
Dereitas Autónomas), Partido
Nacionalista Vasco ou Liga Catalana.
3.- Republicanos: defenden a República, o
laicismo e o reformismo. É a pequena burguesía, clases medias e moitos
intelectuais. Están en partidos de dereitas (Dereita Liberal Republicana de
Alcalá Zamora), de centrodereita (Partido Republicano Liberal de Lerroux) e de
esquerda (Acción Republicana de Azaña).
4.- Esquerdas: defenden os traballadores e
xornaleiros, piden a abolición da propiedade privada e das diferenzas de clase.
Son os obreiros industrias e os xornaleiros. Están en partidos socialistas
(PSOE, Unión Xeral de Traballadores de Largo Caballero ou Indalecio Prieto),
comunistas (PCE) ou anarquistas (CNT, Confederación Nacional do Traballo).
3.- O Bienio Reformista. Abril 1931 –
novembro 1933
O Goberno provisional convoca eleccións xerais a Cortes constituíntes o 28 de xuño de 1931. Triúnfa a coalición republicano-socialista. Este período recibe o nome de bienio reformista, polas reformas levadas a cabo.

- A Constitución de 1931
As Cortes crearon unha comisión para redactar
unha Constitución. Os debates foron moi intensos, un dos temas máis
controvertidos foi o do voto das mulleres. A Constitución apróbase o 9 de
decembro de 1931, pero non se somete a referendo polo que a dereita aproveita
para rexeitala dicindo que non responde á opinión maioritaria do país.
Como
forma política de goberno estableceuse a república parlamentaria. As súas
características son:
1. Soberanía nacional
2. Ríxida separación de poderes: o lexislativo corresponde ao Congreso unicameral; o executivo, en mans do Presidente da República e os seus ministros. O presidente da República ten a facultade de nomear o presidente do Goberno e disolver Cortes. O poder xudicial está en mans de xuíces e tribunais de xustiza.
3. Total separación Igrexa-Estado. Estado laico.
4. Non se permite a federación de rexións autónomas. A República nunca será federal, pero si pode ter rexións autónomas.
5. Amplitude de dereitos: individuais, colectivos, sociais, propiedade privada (susceptible de expropiación se as necesidades sociais o requiren), educación, familia, traballo,…
6. Sufraxio universal masculino e feminino para maiores de 23 anos.
7. Combínase o dereito á propiedade privada co dereito do Estado a intervir en asuntos económicos. A Constitución deseña así un modelo de economía mixta, que provocou a oposición de dereitas e dos industriais, porén os obreiros pedían máis.
Etapas:
- Bienio reformista (1931-1933)
- Bienio de dereitas (1933-1936)
- Fronte Popular (febreiro-xullo de 1933)
1ª ETAPA: BIENIO REFORMISTA (1931-1933)

- O Goberno de Azaña e as grandes reformas da República
Unha vez aprobada a Constitución, elíxese a
Alcalá Zamora como presidente da República e xefe do Goberno a Manuel Azaña.
Este primeiro goberno caracterízase polas reformas e leis innovadoras que
pretenden democratizar o país, modernizalo e mellorar o nivel de vida das
clases menos favorecidas.
Estas reformas contaron coa oposición dos grupos sociais que tiñan o poder social e económico.
Entre as principais reformas cabo destacar:
Estas reformas contaron coa oposición dos grupos sociais que tiñan o poder social e económico.
Entre as principais reformas cabo destacar:
- A cuestión relixiosa: o Goberno, partidario dun Estado laico, aprobou, entre outras, as seguintes medidas: separación da Igrexa e o Estado, extinción do orzamento do clero, liberdade de cultos, matrimonio civil, divorcio, prohibición de ensinar ás ordes relixiosas,… A cuestión relixiosa foi un dos motivos da guerra civil porque a intolerancia de todos foi en aumento.
- Reforma do exército: Manuel Azaña emprendeu unha reforma do exército, con tres obxectivos: eliminar o poder político dos militares, reducir o número de militares e aumentar a súa eficacia. Coñécese co nome de Lei Azaña e creou moito malestar entre os militares que se queixaban dos cambios de destino e do separatismo que ía desintegrar España. Para contar cunha forza armada leal, a República creou a Garda de Asalto, unha policía nacional para garantir a orde.
- A reforma
agraria: inténtase unha reforma da propiedade da terra, á que se opoñen os
terratenentes. Tampouco existe acordo entre republicanos e socialistas
neste tema, polo que a reforma agraria se efectuou con atraso.
Tras numerosas discusións, foi aprobada en 1932 a Lei de bases de reforma agraria, que autoriza a expropiación das terras, mediante indemnización, que se concedían en usufruto aos campesiños. Pretendíase ceder os latifundios que non estaban sendo traballados aos xornaleiros. A falta de recursos e a oposición dos propietarios fixo que se entregasen aos campesiños poucas terras co aumentaron as protestas dos xornaleiros. - Reforma educativa: destinada a diminuír as altas taxas de analfabetismo e mellorar o nivel cultural da poboación co obxectivo de formar cidadáns libres e responsables. O seu obxectivo era crear un ensino laico, mixto, obrigatorio e gratuíto, cuxas bases sentaba a Constitución. Aumentaron as escolas, institutos, mellorou a calidade do ensino, recoñeceuse o dereito ao emprego das linguas de España no ensino, … nunca tanto se fixera en España en tan pouco tempo. Creáronse as Misións Pedagóxicas que levaron por todas as vilas teatro, cine, conferencias, libros,…
- Autonomía de Cataluña: a Constitución republicana contempla que o Estado integral republicano é compatible coa autonomía de municipios e rexións. As zonas interesadas debían elaborar un Estatuto de Autonomía, superar unha serie de condicións e recibir a aprobación das Cortes. Os cataláns foron os primeiros en elaborar un estatuto, que foi aprobado,en 1931, polos concellos e por referendo popular e, posteriormente, en 1932, polas Cortes. O Estatuto garantía moitas das súas aspiracións: goberno catalá, con parlamento e Presidente, decisións en facenda, economía,educación, transporte, orde pública,…
As primeiras
eleccións, en 1932, gañounas Esquerra Republicana e Francesc Maciá foi o
primeiro presidente. A transferencia de competencias foi lenta.
O posterior triunfo da dereita no goberno central (1933) e a proclamación da República Catalá, provocou a represión do movemento catalán, a suspensión do Estatuto e prisión para o seu goberno. En 1936, o Goberno da Fronte Popular volve restaurar o Estatuto catalán.

- As dificultades do Goberno reformista
Desde o inicio a oposición
ás reformas do goberno da República da oligarquía, Igrexa e dun sector dos militares estivo presente.
Xornaleiros e obreiros tamén protestaban, pero pola lentitude das reformas. As
forzas da dereita únense en coalición, mentres as republicanas discuten cada
vez máis.
·
Sublevación de Sanjurjo: as
reformas crearon malestar no exército e, o 10 de agosto de 1932, José Sanjurjo
encabezou un levantamento militar en Sevilla contra a República. Contou co apoio
dalgúns militares, latifundistas andaluces e monárquicos. Este levantamento foi
controlado polo goberno e republicanos e socialistas aproximaron as súas
posturas. Isto permitiu, entre outras cousas, a aprobación do estatuto de
Autonomía de Cataluña, a expropiación das terras da nobreza implicadas no golpe
de estado e a aprobación da Lei de Reforma Agraria.
·
Conflitividade social:os grandes e
medianos propietarios de terras, deixaban de traballar o campo e así, non
contrataban traballadores. Ademais, a falta de recursos financeiros fixo que as
terras entregadas fosen escasas. Isto provocou protestas do campesiñado, as
clases populares tamén están descontentas e piden reformas máis profundas. Os
sindicatos convocan folgas e prodúcense ocupacións de terras. O caso máis significativo é o de
Casas Vellas (Cádiz) en 1933: os seus habitantes proclaman o comunismo,
proceden á colectivización das terras,
cortan as liñas de teléfono e cavan trincheiras. Foi duramente reprimido, os campesiños
sublevados foron acurralados, queimados nas súas casas ou fusilados. Este
suceso foi aproveitado pola dereita e a esquerda para desprestixiar o goberno
·
Prodúcese unha reorganización das dereitas.
Estas forzas políticas obtiveron escasa representación nas eleccións de 1931.
Aparecen novos grupos formados por todos aqueles que estaban descontentos coas
reformas republicanas, coa lexislación
reformista e laica. Estes grupos son:
- grupos monárquicos: que defendían o modelo económico e social tradicional. Fundaron partidos de carácter monárquico e autoritario (carlistas e afonsinos).
- CEDA: Confederación Española de Dereitas Autónomas, para os que era importante a defensa dos valores católicos e da propiedade privada. Non lles importaba tanto o réxime (república ou monarquía). Liderado por Gil Robles. Converteuse no partido de masas da dereita, pedía a revisión da Constitución para axeitala á doutrina cristiá.
- Grupos de ideoloxía fascista: defenden a unidade de España e a superioridade do Estado sobre o individuo. Rexeitan a democracia, os partidos políticos e o capitalismo. Partidarios do emprego da violencia contra marxistas, comunistas e anarquistas. Destacan as JONS (Juntas Ofensivas Nacional Sindicalistas) e Falange Española (FE), liderado por José Antonio Primo de Rivera (fillo do ditador). Ambas organizacións fusiónanse en 1934, dando lugar a FE-JONS. Os seus seguidores, especialmente novos, formaron grupos paramilitares con símbolos distintivos: camisa azul, o xugo e as frechas (emblema dos Reis Católicos e símbolo da unidade de España).

Rómpese a coalición gobernamental. A falta de
entendemento dos seus membros, a presión da dereita e a perda de apoios
populares provocan a ruptura da coalición de goberno. Azaña dimite; Lerroux
forma novo Goberno, pero non consegue dominar a situación. En consecuencia, o
presidente da República (Alcalá Zamora) convoca eleccións xerais. En 1933, por
primeira vez, votan as mulleres.
2ª
ETAPA: BIENIO DE DEREITAS
4.-O Bienio de dereitas. Novembro 1933 –
febreiro 1936
Ás eleccións preséntanse as forzas da dereita formando unha fronte común; republicanos e socialistas, por separado. O partido máis votado é CEDA liderado por Gil Robles, seguido do Partido Republicano Radical de Lerroux, o PSOE e os republicanos de esquerda case non teñen representación. Alcalá Zamora nomea xefe de goberno a Lerroux, que conta co apoio parlamentario de CEDA.
- A política rectificadora
As medidas adoptadas por Lerroux son
contrarreformistas (Bienio Negro para os de esquerda). Paralízase a reforma
agraria, o sistema de autonomías e diminúe a construción de escolas. A única
reforma que non se paraliza é a relativa ao exército, a Lei de Azaña.
Anarquistas e socialistas opóñense á política do novo goberno, polo que buscan alianzas co movemento obreiro. Forman unha fronte común ante o avance da dereita e nace a Alianza Obreira, formada por forzas políticas e sindicais de esquerdas.
A tensión no campo vai en aumento e as folgas dos obreiros industriais en Cataluña tamén aumentan.

- Os sucesos de outubro de 1934
En outubro de 1934 Lerroux dá entrada a
membros do CEDA no Goberno. Como consecuencia disto, as forzas de esquerdas
convocan actos de protesta en todo o país (os sucesos de outubro de 1934)
porque pensan que a dereita quere destruír a República:
- Folga xeral: convocada pola UXT, a folga ten un seguimento irregular e fracasa, o goberno declara o estado de guerra e neutraliza os focos folguistas (Sevilla, Valencia, Barcelona, Madrid,…)
- O Estado catalán: en Cataluña, a rebelión tivo unha dobre vertente. Por unha banda, os obreiros protagonizan unha folga xeral; por outro, a Generalitat declara novamente o Estado catalán. Con todo, a falta de coordinación entre os obreiros e a Generalitat e a escasa participación dos anarquistas da CNT facilitou o control por parte do exército. O estatuto catalán foi suspendido e os membros da Generalitat detidos.
- Revolución
de Asturias: en Asturias e norte de León ten lugar unha revolución social.
O movemento obreiro pretende facerse co poder político e os medios de
produción, a alianza das forzas obreiras permitiu aos mineiros (con
dinamita e armas que viñan dos asaltos a cuarteis da Garda Civil) dominar
gran parte dese territorio e declarar a ditadura do proletariado.. O
Goberno envía tropas ao mando do xeneral Francisco Franco, que logra facerse
co control da zona, tras duros combates e moitos mortos.
Os acontecementos de Asturias provocaron un aumento da dereitización do goberno republicano da CEDA e as forzas da esquerda agrupáronse para solicitar a amnistía dos detidos. Nesta defensa destaca Dores Ibarrurri, “a Pasionaria”, do PCE.
- Cara ás eleccións a Cortes en febreiro de 1936
Tras os
sucesos de outubro e durante 1935, a inestabilidade do Goberno vai en aumento.
As crecentes dificultades obrigan a convocar eleccións para febreiro de 1936.
- As forzas políticas reorganízanse:
--- DEREITAS: conservadores e monárquicos forman o Bloque Nacional, contrario ao réxime e á Constitución da República.
--- ESQUERDAS: republicanos de esquerdas, socialistas e comunistas asinan un pacto polo cal nace a Fronte Popular, partidarios das reformas do primeiro bienio republicano.
A esquerda preséntase unida, pero a dereita non presenta un programa único (Falange Española –FE-, CEDA, Bloque Nacional).

5.- A Fronte Popular. Febreiro – xullo 1936
Nas eleccións de febreiro de 1936 a Fronte Popular obtén a maioría e Azaña forma goberno. O novo Goberno está composto por republicanos de esquerda. O seu obxectivo é retomar as reformas emprendidas no primeiro bienio. Manuel Azaña é elixido presidente da República e Santiago Casares Quiroga é nomeado presidente do Goberno.
O Goberno da Fronte Popular amnistía a trinta mil presos e recupera a política reformista no ensino, a reforma agraria e a autonomía de Cataluña, modifica a cúpula do exército, separando aos militares sospeitosos de seren golpistas, Franco a Canarias).
Os sindicatos e partidos obreiros queren reformas máis profundas; queren levar a cabo unha revolución social.
A Falange aumenta o número de afiliados e pon en marcha unha política de provocación ás organizacións de esquerda (dialéctica dos puños e as pistolas), estratexia que leva ao cárcere a Xosé Antonio Primo de Rivera e a prohibir a actuación do seu partido xa que non tiña representación parlamentaria.
A violencia vai en aumento, con atentados, paseos, folgas e disturbios. Isto é aproveitado pola dereita para desacreditar o Goberno da Fronte Popular.

- A autonomía do País Vasco
En 1931, unha asemblea de concellos vascos e
navarros reunidos en Estella aprobou un proxecto de estatuto de autonomía para
o País Vasco. Non foi aceptado polos republicanos porque facía concesións ao
clericalismo e ao tradicionalismo. En 1932 Navarra segregouse do proxecto
autonomista.
En agosto de 1933 foi elaborado outro Estatuto
aprobado polos concellos de Biscaia e Guipúscoa, paro non polos de Álava.
Sometido a refrendo foi presentado nas
Cortes españolas, pero as longas discusións fixeron que non fose aprobado ata
outubro de 1936. Xa iniciada a guerra, só se aplicou nas zonas non ocupadas
polos franquistas. Xosé Antonio Aguirre foi o primeiro presidente do Goberno
vasco.
- A autonomía de Galicia
Unha vez establecida a República, durante os
meses de maio e xuño de 1932, organizacións como o Seminario de Estudos Galegos
e a Federación Republicana Galega, elaboraron proxectos de estatuto para
Galicia aínda que eran incompatibles coa Constitución porque declaraban a
Galicia Estado autónomo dentro da República Federal Española. A finais de 1931,
ao confluír varios grupos galeguistas, formouse en Pontevedra o Partido
Galeguista co obxectivo básico de conseguir a autonomía para Galicia.
En 1932 elaborouse un Estatuto compatible coa
Constitución, que foi aprobado nunha asemblea de concellos celebrada en
Santiago.O triunfo das dereitas en 1933 paralizou o proceso, que non se puido
retomar ata o triunfo da Fronte Popular en 1936. O 28 de xuño de 1936, após
unha intensa campaña, o Estatuto de Autonomía de Galicia foi refrendado
(aprobado nun referendo de todo o pobo galego) cunha participación do 74, 52% e
o 99% de votos afirmativos.
O 15 de xullo foi presentado nas cortes do
Estado, pero o estalido da insurrección,
tres días despois, fixo que as ansias autonomistas de Galicia morresen
esmagadas pola opresión franquista. Galicia foi ocupada rapidamente polo
exército rebelde e non se podía nin falar de autonomía.
As Cortes republicanas foron trasladadas a
Cataluña, por mor da guerra, e alí foi aceptado a trámite o Estatuto de
Galicia, pero non foi discutido nin aprobado.
- A conspiración militar
Finalmente, a derrota da dereita e o medo dos
grupos conservadores á revolución social, levan aos militares a elaborar plans
para sublevarse e acabar co goberno de esquerdas. Os grupos conservadores
depositaron toda a súa esperanza en que os militares fosen quen de frear o
comunismo. O plan consistía en que se sublevase o exército de África e logo,
pouco a pouco, sucedese o mesmo cos da Península. Os militares deterían as
autoridades civís e militares afíns á República e declararían o estado de
guerra.
O 12 de xullo un comando de extrema dereita
asasinou o tenente da Garda de Asalto Xosé Castillo. Ao día seguinte, como
represalia, un grupo de Gardas de Asalto asasinou a Calvo Sotelo, o seu enterro
foi unha declaración de guerra por parte dos inimigos da República.
Os plans dos militares levaron a que o 17 de
xullo de 1936, as tropas establecidas no protectorado de Marrocos se sublevasen
contra o Goberno da República e, ao día seguinte, fixérono na Península.
2. A Guerra Civil
O 17 de xullo de 1936 prodúcese a sublevación
das tropas en África e o 18 de xullo fixérono na Península. O goberno da
República resistiu tres anos, triunfando finalmente os militares sublevados (1
de abril de 1939) despois dunha cruenta guerra.
1.- A sublevación militar e a formación de bandos
- Logo da sublevación en Melilla, as tropas da Lexión dominaron a situación en Marrocos. O día 18, Franco felicita os sublevados e autonoméase xefe das tropas de África e declara o estado de guerra en Canarias e Marrocos. Durante o día 18 e 19 de xullo, mentres Franco se traslada de Canarias a Tetuán para facerse cargo das tropas, ao mesmo tempo que tiña lugar a sublevación en Marrocos, na Península os militares sublevados intentan facerse co poder. Triúnfan, os rebeldes, nas zonas máis atrasadas (Pamplona,Sevilla, Valladolid, Burgos, Zaragoza, Mallorca,…), pero nas máis desenvolvidas logran dominar os republicanos (Barcelona, Madrid, Valencia, Oviedo,…). En Galicia, a sublevación militar iníciase o día 20 e os franquistas fixéronse rapidamente co control após breves enfrontamentos.

- A indecisión do Goberno republicano
O goberno republicano, presidido por Casares
Quiroga, decreta o cese dos militares sublevados e a disolución dos corpos que
os apoiaban. O efecto foi negativo, xa que moitos soldados abandonaron os
cuarteis e a República quedou cun exército reducido. Doutra banda, as forzas
sociais de esquerda pedían armas para facer fronte aos militares. Nun principio
fóronlles denegadas, ante o temor de que as forzas obreiras quixesen derrocar o
goberno. Casares Quiroga vese obrigado a dimitir; Azaña nomea primeiro un
gabinete de conciliación que intenta negociar cos militares, pero fracasa. O
día 19, nomea presidente do goberno a José Giral, que decide entregar armas ás
organizacións proletarias, aínda co risco de que impuxesen a revolución.
- Razóns da sublevación
Os dous bandos enfrontados entenden de xeito
diferente o conflito.
- Para os sublevados, é definido como un Alzamento Nacional, protagonizado polos defensores da relixión, a unidade da patria e a propiedade privada.
- Para o Goberno da República e a Fronte Popular, a acción dos militares considérase unha rebelión contra a orde legalmente establecida e contra as reformas iniciadas.
- A configuración dos bandos
Os bandos enfrontados eran os azuis, nacionais
ou fascistas contra os vermellos, antiespañois ou comunistas. Os apoios de cada
bando eran:
- A favor da República: o bando republicano recibe apoios do proletariado e os xornaleiros de ideoloxías de esquerdas (anarquismo, socialismo e comunismo); as clases medias (ideoloxía republicana) e un sector do exército e mais a Garda de Asalto.
- A favor dos sublevados: o bando nacional recibe apoios de católicos e conservadores (CEDA, falanxistas, carlistas etc.), terratenentes e empresarios, a Garda Civil, a maior parte do exército e a Igrexa. Destaca o papel da Igrexa, esta cualificou o movemento militar como unha cruzada contra o comunismo en defensa da fe católica e da tradición. Bispos e clérigos acompañan e danlle a bendición ás tropas sublevadas.
- Trazos xerais da Guerra Civil
Considérase a Guerra Civil como un antecedente
da Segunda Guerra Mundial polos seus trazos semellantes. As principais
características do conflito son:
- Preséntase como unha guerra ideolóxica: entre fascismo e democracia, entre a civilización cristiá e o comunismo.
- Implica a toda a poboación. No bando franquista, o exército é a columna vertebral da sociedade. No republicano, son as organizacións obreiras as que se encargan da mobilización popular. As mulleres participan activamente, aínda que de diferente xeito. No bando franquista atenden feridos ou están no auxilio social, mentres que no republicano, ademais destas tarefas sociais, incorpóranse á milicia.
- Presenta trazos de combate social e de loita de clases (obreiros contra patróns, xornaleiros contra propietarios).
- Militarmente mestúranse formas de combate arcaicas (corpo a corpo) con outras novas (carros blindados, bombardeos). No bando republicano, créanse milicias populares que combaten na fronte con escasa organización e disciplina.
2.- A internacionalización do conflito
Para evitar que o conflito español se transformase nun conflito internacional, as principais nacións europeas, a proposta de Gran Bretaña e Francia, acordan en Londres non tomar parte no conflito e formar un Comité de Non Intervención. Estes acordos implican non enviar homes e armas a ningún dos dous bandos. Alemaña e Italia non cumpren o pacto. Envían axuda aos militares sublevados. Fano de forma non oficial, a través de empresas privadas. Ante isto, o Comité de Non Intervención declárase incompetente. EEUU decide non intervir de forma oficial, pero non impide a saída de barcos con armas e petróleo para os dous bandos, sempre de empresas privadas, e favoreceu a axuda de voluntarios.

- Axudas ao bando nacional: as potencias fascistas apoian os sublevados por razóns ideolóxicas.
- Alemaña: a súa axuda foi clave os primeiros
días de guerra. A Lexión Cóndor prestou unha importante axuda no bombardeo de
zonas republicanas (Guernica, Madrid, Barcelona,…). A cambio, Franco realizou
importantes concesións económicas a Alemaña ao finalizar a guerra, permitindo a
explotación de materias primas, especialmente minerais.
- Italia: apoia con material bélico desde o principio. Tamén recibiron apoio dun grupo de fascistas chamados Camisas Negras, retirados pola presión internacional en 1938.
- Tamén recibiron axuda, pero en menor medida, de Portugal. O goberno do ditador Salazar facilitou o paso de armas e víveres e uns dez mil homes (os viriatos).

- Axudas ao bando republicano: a República contou coa axuda das principais democracias occidentais e da URSS, pero foi desigual e sen continuidade.
- Francia: mantivo unha política de
vacilación, porque non quería poñer en perigo os investimentos franceses en
España, ao principio axudou á República, pero despois a axuda pasou a ter
carácter particular (recrutamento de voluntarios, contrabando de armas).A
fronteira pechouse ata 1939.
- Gran Bretaña: temía polos intereses económicos dos ingleses en España, non quixo internacionalizar o conflito. Foi a principal defensora do pacto de non intervención.
- México: ten goberno afín á República. O seu presidente envía armas, aínda que a súa axuda foi máis simbólica que efectiva. Ao finalizar a guerra, é un dos países de acollida dos exiliados republicanos.
- URSS: dirixida por Stalin, inicialmente a súa actitude é de prudencia. Pero a axuda de Alemaña e Italia ao bando nacional leva aos soviéticos a enviar armas e especialistas. Ademais, prodúcese unha acollida masiva de nenos de familias republicanas (os nenos da guerra).
- As brigadas internacionais: formacións militares formadas por voluntarios de ideoloxías de esquerdas que se integran no exército republicano para loitar contra o fascismo. Estas milicias teñen un destacado papel na defensa de Madrid e, sobre todo, no fortalecemento do ánimo no bando republicano. En todo caso, non eran moitos, cífrase nuns dezaoito mil loitando ao mesmo tempo. No ano 1938, a presión internacional forza a retirada destes voluntarios. A volta aos seus países de orixe é organizada polo goberno de Negrín e a Sociedade de Nacións. En 1996, un grupo de 300 brigadistas veñen a España e concédeselles a nacionalidade como recoñecemento aos seus servizos.
3.- Evolución da Guerra
España queda dividida en dous bandos, xa que nin as forzas rebeldes nin as republicanas son capaces de dominar ao contrario.
Os sublevados controlan: Galicia, Castela-León, Álava, Navarra, a maior parte de Aragón, Cáceres, as cidades de Oviedo, Sevilla, Córdoba, Granada, Cádiz, Mallorca, Canarias e o protectorado español de Marrocos. En xeral, son zonas agrarias de pequenos propietarios, católicos e de dereitas.
Baixo a autoridade da República permanece Madrid, Cataluña, Valencia, Murcia, Castela-A Mancha, Badaxoz, gran parte de Andalucía, Asturias, Santander, Guipúscoa e Biscaia. Basicamente, zonas industriais e mineiras e gran parte da agricultura latifundista.

- As operacións militares
No desenvolvemento da guerra, distínguense
varias fases:
- A guerra de columnas (xullo – outubro 1936): tras os primeiros momentos de confusión,cada bando pon en marcha
diferentes accións para vencer o contrario.
a) Bando republicano: cun exército desarticulado, sen mando único, organízanse diversas columnas formadas por milicianos, de Barcelona cara Zaragoza, de Madrid cara Guadarrama, en Andalucía querían recuperar Córdoba. Debido ao escaso armamento e á falta de disciplina e preparación militar, estas accións fracasaron.
B) Bando sublevado: a súa estratexia inicial é tomar Madrid desde o norte, pero non o conseguen xa que son freados no Guadarrama. Con todo, conseguen dominar a zona vasca e, desde o sur, conseguen chegar a Sevilla e aquí establecen unha ponte aérea facilitada polos avións alemáns e italianos para traer a Franco coa Lexión e os Regulares. Desde alí, varias columnas atravesan Estremadura para enlazar coas forzas do norte. - A loita por Madrid (novembro 1936 – marzo 1937): este é o obxectivo máis importante para os sublevados, pero os republicanos, con axuda das brigadas internacionais, resistiron todos os ataques. A cidade foi cercada e ante a situación de perigo, o Goberno da República trasládase a Valencia. As tropas de Franco coa axuda dos italianos fracasan nos seus intentos o que manifesta unha crecente organización nos milicianos, cada vez parécense máis a un exército popular.
- A campaña do norte e as contraofensivas republicanas (abril – outubro 1937). Debido ás dificultades da conquista de Madrid, Franco centra os seus esforzos en conquistar o norte, Asturias, Santander e Bilbao. Isto daríalle o control sobre unha zona rica en minería e industria o que podía alterar o equilibrio de forzas. Tras duros combates e coa axuda da aviación alemá (Lexión Cóndor) que bombardeou, entre outros, Guernica (plasma o horror o cadro de Picasso), en outubro de 1937 o norte é franquista.
- As grandes ofensivas republicanas (novembro1937 – novembro 1938). Tras a caída do norte, os republicanos realizan diversas ofensivas, porque aumentou a súa coordinación, mobilizan novas quintas e mellora o seu equipamento bélico con armamento soviético.Estas ofensivas teñen como obxectivo frear o avance de Franco cara o Mediterráneo. A primeira ofensiva é a de Teruel, pero tras durísimos combates vencen os franquistas que dividen en dous o exército republicano e avanzan cara Cataluña. A segunda é a batalla do Ebro, una das máis duras da guerra. Terminou co triunfo do bando nacional e ábrelle o paso a Franco cara o Mediterráneo.
- A caída de Cataluña e a fin da guerra (decembro 1938 – abril 1939). Logo deste triunfo, Franco, ben abastecido de armas por Hitler e Mussolini, realiza unha forte ofensiva sobre Cataluña e toma Barcelona. Prodúcese un éxodo de republicanos a Francia. En febreiro de 1939, o Goberno de Franco é recoñecido oficialmente por Francia e Inglaterra. Na zona republicana xorden enfrontamentos entre os que queren negociar con Franco e os que desexan resistir ata o final e agardar a que en toda Europa se producise o conflito agardado. Finalmente cae Madrid, miles de persoas foxen cara Alacante para intentar fuxir en barco. O primeiro de abril de 1939 Franco asina o derradeiro parte de guerra, venceron os insurrectos.
En ambos bandos, o número de mortos foi elevado (uns seiscentos mil) e os danos materiais foron cuantiosos. Os niveis de produción baixaron notablemente e o desenvolvemento económico de principios do XIX quedou truncado. Terían que pasar varias décadas para recuperar os niveis anteriores á guerra. Miles de españois marcharon ao exilio e en España instalouse un réxime ditatorial que duraría 40 anos.
- A represión
Nos dous bandos existe a pretensión de
eliminar ao contrario, hai odio e rancor de moitos anos. Isto tradúcese en
actos de violencia, represión e terror, especialmente nos primeiros meses da
guerra.
- Na zona republicana: as masas e milicias realizan unha dura persecución dos militares, eclesiásticos, políticos e intelectuais de dereitas, empresarios, terratenentes, que son sospeitosos de simpatizar ou pertencer ao bando sublevado. Moitos son detidos e encarcerados, nas chamadas checas ou cárceres do pobo; outros son executados sen xuízo (Primo de Rivera, bispos, monxas, curas, son tristemente famosas as execucións de Paracuellos del Jarama). Para evitar abusos, créanse os Tribunais Populares, pero non conseguiron parar as execucións sen control.
- Na zona nacional, os militares levan a cabo unha represión sistemática dos militares fieis á república e das persoas vinculadas á Fronte Popular. Son executados sindicalistas, mestres, republicanos, masóns, nacionalistas,… Finalizada a guerra, continúan os paseos e fusilamentos e moitos son detidos e condenados a traballos forzosos (como na construción do Val dos Caídos).
4.- A España republicana
Ao comezo da guerra prodúcese unha importante fragmentación do poder do Estado Republicano.
Ao comezo da guerra prodúcese unha importante fragmentación do poder do Estado Republicano.
- Os gobernos republicanos e a fragmentación do poder
As institucións republicanas están
desorganizadas e, co reparto de armas ao pobo,diminúe a súa autoridade.Nas
cidades xorden comités revolucionarios controlados pola esquerda, que se fan
cargo do poder nas súas cidades ou pobos e tutelan ás autoridades. O Presidente
da República foi Manuel Azaña, ata os primeiros meses do 39. Durante os tres
anos de guerra civil, sucédense os seguintes gobernos:
- Goberno de José Giral (1936): formado por republicanos de esquerdas. Non é capaz de facer fronte á fragmentación do poder do Estado nin de evitar as accións revolucionarias do proletariado (ocupación de fábricas e terras).
- Goberno de Largo Caballero (1936-1937): o seu obxectivo é reconstruír o estado republicano, unir forzas políticas e sociais e facer fronte á guerra. O seu goberno está formado por republicanos de esquerdas, socialistas, comunistas e anarquistas. Con todo, as tensións entre eles non desaparecen. O PCE (Partido Comunista de España) e un sector do PSOE (socialistas), son partidarios de gañar a guerra primeiro e despois facer a revolución social; os anarquistas (POUM, CNT e FAI) eran partidarios da guerra, pero a revolución ao mesmo tempo, hai que colectivizar xa terras e fábricas. Largo Caballero pretende iniciar o proceso de nacionalización da banca, controlar as oligarquías financeiras e reorganizar a industria e o comercio. As tensións entre as forzas políticas aumentan porque os anarquistas defenden que as fábricas deben ser controladas polos obreiros. Isto provoca unha crise de goberno e Largo Caballero dimite.
- Goberno de Juan Negrín (1937-1939): socialista que conta co apoio do PCE que se convertera,grazas á súa maior disciplina, no primeiro partido da esquerda. Baixo a súa presidencia reorganizouse a milicia e leváronse a cabo as ofensivas do exército republicano. Intentou negociar con Franco para acabar coa guerra, a negativa por parte de Franco obrígao a unha política de resistencia ata a morte.
Logo da caída de Cataluña e o recoñecemento de
Francia e Gran Bretaña do réxime de Franco, Azaña dimite en febreiro de 1939.
Finalizada a guerra, desde o exilio, os políticos republicanos manteñen as
institucións da Segunda República e a oposición ao réxime de Franco. En 1977, o
último presidente republicano, Fernando varela, acepta o réxime democrático e
dá por terminada a República, desde o punto de vista legal.
- Revolución social
A sublevación militar de Franco causou unha
ruptura no desenvolvemento da sociedade
e da economía española. No bando
republicano, as organizacións obreiras viron a oportunidade de realizar a
revolución social. Producíronse numerosas experiencias e aplicáronse medidas de
colectivización e planificación económica. Especialmente significativas foron
as de Cataluña, Andalucía e Aragón.
- No País Vasco non se deterioraron as institucións e após a probación do estatuto gobernou o PNV.
- En Cataluña,após a sublevación, a Generalitat perde o control e a forza dominante nas rúas é a CNT. Créase o Comité de Milicias Antifascistas e un novo goberno formado por Esquerra Republicana, PSUC, POUM e CNT. Inícianse medidas de planificación económica como salarios, horarios de traballo, control da produción, autoxestión e organización de servizos públicos,… Tamén se decreta a colectivización de industrias e grandes propiedades rústicas. Os resultados foron irregulares xa que non sempre se mantivo a disciplina no traballo e diminuíu a produción.
- En Andalucía e Aragón nas zonas agrícolas baixo a autoridade da República levouse a cabo a colectivización. Vilas enteiras foron controladas polos anarquistas e foron socializadas, suprímese o diñeiro, as terras eran explotadas colectivamente e os talleres son controlados polos sindicatos. Estas medidas tomadas polo POUM, CNT e outros foron criticadas polo PCE, que os acusaba de asustar os campesiños e deixar sen apoios á República.
As transformacións na vida cotiá na zona
republicana tamén foron moitas: desapareceron as gravatas e traxes, sendo
substituídos polos monos de traballo; hai un desexo de igualdade, as mulleres
acceden ao mundo laboral e ata á milicia na fronte de guerra, hai un ambiente
de laicismo (cambio de nomes tradicionais por Liberdade, Universo,…).
5.- A España sublevada
Na zona nacional configúrase un réxime ditatorial baixo a autoridade suprema de Franco.
A evolución política na zona nacional é menos complexa que na republicana. Os militares sublevados crean a Xunta de Defensa Nacional, o primeiro órgano de mando sublevado. O seu obxectivo é a coordinación de civís e militares baixo un único mando. A súa primeira medida é declarar fóra da lei a todas as forzas políticas da Fronte Popular.

- A xefatura do Estado en mans de Franco
Hai una serie de factores que fan que Franco vaia concentrando o poder na súa
persoa:
- A morte de Sanjurjo en accidente aéreo cando viña de Lisboa facerse cargo da dirección do levantamento.
- O éxito de Franco cos seus primeiros contactos con Alemaña e Italia, dos que obtén axuda inmediata.
- Os éxitos militares dos primeiros meses, toma de Badaxoz, liberación do Alcázar de Toledo e chegada ás portas de Madrid.
- O encarceramento e fusilamento de Xosé Antonio Primo de Rivera.
A Xunta de Defensa Nacional propón en outubro
de 1936 formar un mando único e o candidato
elixido foi Franco.O xeneral Francisco Franco convértese na cabeza
visible da Xunta e da insurrección en outubro de 1936, tamén se crea unha Xunta
Técnica organizada en comisións (finanzas, industria, comercio, agricultura,
traballo,…) que funciona como Goberno.
- Establecemento do partido único
Establécese un partido único e Franco, ademais
de Xefe de Estado e Xenaralísimo dos Exércitos, convértese tamén en xefe do
movemento político organizado a partir de FE-JONS. O proceso de unificación non
estivo exento de dificultades e protestas por parte dalgúns falanxistas e
monárquicos, pero todos eles acabaron aceptando a unificación.
En xaneiro de 1938, Franco organiza o primeiro Goberno do novo Estado, cos seguintes principios: autoridade, xerarquía e orde, principios extraídos do ideario falanxista. Todo o que se opón á unidade é abolido: os estatutos de autonomía, as linguas autonómicas, suprímense os sindicatos, etc.

- A contrarrevolución
Ao mesmo tempo, o Goberno de Franco organiza a
contrarrevolución no terreo socioeconómico. Entre as medidas que se adoptan,
destacan
- a contrarreforma agraria,
- supresión dos concertos económicos co País Vasco, non con Navarra e Álava (que o apoiaran),
- control da produción agraria e industrial,
- derrogación da lei de divorcio e matrimonio civil,
- restablécese a pena de morte,
- lei de prensa, establecendo unha forte censura,
- reconstitución da Compañía de Xesús, supuxo a comuñón entre a Igrexa e o chamado Alzamento,
- a Igrexa retoma o control da educación.
A Igrexa controla a educación e vela pola
pureza de costumes e da censura, as organizacións católicas intensifican as
prácticas tradicionais e a sociedade volve á moral cristiá máis pechada.
- 9 -
España no franquismo
Esquema
1.- Bases e apoios da ditadura franquista
1. Leis fundamentais
2. Franco, caudillo de España
3. Un reino sen rei
4. O Movemento Nacional
5.
|
Unidade da patria e centralismo
6. Nacionalcatolicismo
7. Sindicalismo vertical
8. Limitación dos dereitos individuais
9. Subordinación da muller
10. Democracia orgánica
2.-Unha
longa posguerra. 1939 – 1959
1. Do illamento exterior ao recoñecemento internacional
a.
Os anos da Segunda Guerra Mundial.
1939 – 1945
b.
Illamento internacional. 1945 –
1953
c.
Recoñecemento internacional. 1953
– 1959
2. Da autarquía económica aos inicios da liberalización
a.
O período autárquico. 1939 – 1950
b.
Inicios da liberalización
económica. 1950 – 1959
3. A represión dos vencidos
a.
Exiliados
b.
Guerrilleiros
3.-
Desenvolvemento económico e inmobilismo político. 1959 – 1973
1. Os planos económicos
a.
Plano de estabilización de 1959
b.
Planos de Desenvolvemento
Económico e Social
2. Cambios sociais e forzas de oposición
a.
Cambios sociais
b.
Forzas de oposición
3. As relacións co exterior
4.- A
agonía do franquismo. 1973 – 1975
1. Crise económica e política
a.
Crise económica
b.
A morte de Carrero Blanco
c.
O goberno de Arias Navarro
2. O incremento das forzas de oposición
a.
A oposición interior
b.
A oposición no exterior
3. Os problemas exteriores: a Marcha Verde
4. Enfermidade e morte de Franco
España no franquismo
1.- Bases e apoios da ditadura
franquista
O franquismo foi un sistema ditatorial, a
ditadura franquista coincide co fascismo por ser un sistema antidemocrático que
pretende controlar a sociedade. É unha ditadura unipersoal militar.
No comezo, os militares sublevados fronte á segunda República só coinciden en loitar contra os males da Fronte Popular que, segundo eles eran : democracia, liberalismo, marxismo, masonería, laicismo,… Durante a guerra, Francisco Franco convértese en xefe supremo e con el vanse trazando as características do novo réxime, mando único e indiscutible, orde e obediencia á autoridade, imposición dos valores castrenses e católicos, unidade da patria, nacionalismo español, control da oposición e mantemento das tradicións en costumes e símbolos.
Recupéranse os símbolos: bandeira de España, que volve ser monárquica (vermella e amarela); o escudo incorpora elementos dos Reis Católicos (aguia e xugo e frechas); o himno é a marcha real de Granadeiros.
Os grupos que apoian a ditadura (falanxistas, carlistas e monárquicos) agrúpanse nunha única formación: Movemento Nacional.
Os sindicatos son suprimidos. Créase un único sindicato para obreiros e patróns: Sindicato Vertical.
Créase a Sección Feminina e a Organización Xuvenil Española. Os seus fins son o adoutrinamento nos valores do réxime. Tamén se adoptan formas externas de identificación: camisa azul, saúdo fascista e cantos coma o Cara al sol.
Os apoios ou familias do réxime son: o exército, alicerce fundamental do franquismo; a Igrexa católica, a Falanxe e o Opus Dei.

Estrutura
do estado franquista
1.- Leis fundamentais
Elabóranse sete Leis Fundamentais entre 1938 e 1967. Diferéncianse dous grupos:
a) Dogmáticas: reflicten os principios ideolóxicos. Son Foro do traballo (regula o mundo laboral); Foro dos españois (a modo de Carta Outorgada, recolle deberes e dereitos); Lei de Principios do Movemento (establece os principios do réxime: unidade da patria, condición de reino católico e as unidades da sociedade (familia, municipio e sindicato).
b) Orgánicas: reflicten os principios organizativos. Son: Lei de Cortes (crea as novas Cortes, son consultivas e deliberantes); Lei de Referendo (daba participación á opinión pública para sancionar as leis que decidía o xefe do Estado); Lei de Sucesión (España é un reino e establece os mecanismos para elixir sucesor); Lei Orgánica do Estado (compendio e actualización das leis anteriores).
2.- Franco, caudillo de España
O Xeneral Francisco Franco é a Autoridade Suprema. Acumula todos os poderes do estado. Recibiu o nome de Caudillo de España. Inicialmente, o seu poder non tiña ningunha limitación. Con todo, a Lei Orgánica do Estado, de 1967, estableceu as funcións do Xefe do Estado e do Xefe do Goberno, que ata entón foran exercidas por Franco. As limitacións legais ao poder de Franco eran poucas e derivaban da súa formación como ditador: como católico, sométese á doutrina da Igrexa; como anticomunista, alíase co país que en cada momento fose líder contra o comunismo (primeiro Alemaña e despois EEUU) e como monárquico, polo que define a España como un reino e a xefatura do Estado vai ser desempeñada polo rei que el designe á súa morte.
Franco exerce o seu poder con apoio do
exército. Aos militares correspóndelles a defensa do territorio e a defensa da
integridade da patria, da orde pública e do réxime fronte aos seus inimigos:
comunistas e separatistas. Con todo, no aspecto técnico, o exército mantívose
obsoleto e pouco preparado.
3.- Un reino sen rei
A Xefatura
do Estado sería ocupada por un rei á súa morte, mentres el viva vai exercer
como xefe do Estado. A elección do futuro rei, que deberá ser aprobada polas
Cortes, é unha decisión de Franco. Juan de Borbón, fillo de Afonso XIII,
reclama a Franco o trono, que lle corresponde por dereito. Pero as relacións
entre este e Franco vanse deteriorando. Franco defende a instauración dunha
monarquía inspirada nos principios do novo réxime e Juan de Borbón defende a
restauración da monarquía tradicional borbónica. As relacións deterióranse aínda
máis a partir de 1945 polas críticas e esixencias de Juan de Borbón.
Finalmente, en 1969, Franco nomea sucesor a Juan Carlos, fillo de don Juan.
Juan Carlos é nomeado príncipe herdeiro (frase de Franco: todo queda atado e ben atado).
4.- O Movemento Nacional
A ideoloxía do franquismo pódese dividir en dúas fases: ata os anos 50, a doutrina do réxime franquista baséase no programa da Falanxe e os requetés (carlistas), fusionados por orde de Franco: FET-JONS. A partir dos 50, e logo da derrota dos fascistas na 2ª Guerra Mundial, FET-JONS queda integrada no Movemento Nacional. Así o Movemento Nacional convértese na única formación política recoñecida polo réxime. A súa ideoloxía queda recollida na Lei de Principios Fundamentais do Movemento Nacional (1958). Os seus principios proceden do tradicionalismo católico e do fascismo e os máis importantes son: a participación orgánica na vida política, o nacionalcatolicismo, o sometemento dos individuos á grandeza do nación e o intervencionismo social do estado.

5.- Unidade da patria e centralismo
Todas as terras que forman España considéranse
unha única entidade indivisible, rexida por un poder central. Suprímense todas
as institucións autonómicas creadas pola Segunda República, o goberno central
nomea os alcaldes das cidades de máis de dez mil habitante e o resto é nomeado
polo gobernador civil correspondente. Impóñense os valores de Castela e o único
idioma permitido é o castelán.
6.- Nacionalcatolicismo
Toda a vida política, social e cultural está sometida á Igrexa Católica. A Igrexa, a cambio, convértese na lexitimadora do réxime franquista e cualifica a Guerra Civil como cruzada contra o ateísmo marxista. De aí, o seu nome: nacionalcatolicismo. A Igrexa recoñece a Franco como caudillo de España pola graza de Deus e a cambio obtén o control sobre a moral, os costumes e a educación. A Igrexa impón unha estrita moral católica.
O concordato de 1953 regula as relacións entre a Igrexa católica e o réxime franquista. O Papa recoñece o Goberno de Franco e, a cambio, a Igrexa obtén a potenciación do culto católico en España, a capacidade legal de posuír e administrar bens, a restitución de parte dos bens perdidos nas desamortizacións, o ensino obrigatorio da relixión católica e a competencia exclusiva en temas como o matrimonio e o control da moral.
Na década dos 60 xorde, no seo da Igrexa co Concilio Vaticano II, unha corrente crítica, que desexa cambiar as relacións coa ditadura. Ademais, algúns sectores católicos laicos empezan a opoñerse a finais dos 60 ao réxime. En 1967 promúlgase a Lei de Liberdade relixiosa, que permite os cultos non católicos.

7.- Sindicalismo vertical
En 1938 promúlgase o Foro do Traballo, lei
fundamental que regula o mundo laboral. Nela recóllense melloras das condicións
de traballo, por exemplo, prohibición de traballar de noite as mulleres e
nenos, vacacións retribuídas, seguros sociais de vellez, enfermidade, invalidez
e maternidade, etc. Seguindo o modelo fascista, os traballadores quedan
encadrados en sindicatos verticais, nos que están incluídos patróns e obreiros,
baixo a supervisión do Ministerio de Traballo. Todos estes sindicatos (téxtil,
ensino,espectáculos, alimentación,…) forman a Organización Sindical do
Movemento, que ten por obxecto a desaparición da loita de clases característica
das sociedades liberais e capitalistas, así evítase a conflitividade social.
8.- Limitación dos dereitos individuais
Fronte ao carácter individual dos deberes e dereitos característicos dos sistemas liberais e democráticos, o réxime franquista limita e subordina estes dereitos á lealdade á persoa de Franco, o respecto aos principios fundamentais do Movemento. En 1945, o Foro dos españois, decreta os deberes e dereitos dos españois.
Deberes: fidelidade á patria, lealdade a Franco, obediencia ás Leis Fundamentais, servizo militar obrigatorio, pagar os tributos, alimentar e educar os fillos e manter a unidade espiritual e nacional de España.

Dereitos: algún de carácter individual, como liberdade de opinión, de reunión e
asociación ou de residencia, dereito á educación, seguro social de enfermidade.
Todos eles están supeditados aos principios fundamentais do réxime, o que fai
imposible o seu exercicio con total liberdade.
O franquismo impón, ademais, unha férrea censura, limitando a liberdade de expresión. A forma de pensar é controlada e inténtase educar á xente nas escolas no chamado Espírito Nacional, conxunto de ideas e valores políticos e históricos defendidos polo réxime.

9.- Subordinación da muller
No franquismo considérase a familia como base fundamental da sociedade: a familia, baseada no matrimonio canónico, é a base da sociedade. O home encárgase de traer os recursos e a muller, das tarefas do fogar, atender os fillos e transmitir os valores do réxime. A chamada Sección Feminina potenciou o modelo feminino, caracterizado pola nula participación pública da muller e xustificando que o coidado da casa e da familia son as únicas actividades que lle corresponden por natureza. Tamén se crea o Servizo Social, ao que están obrigadas todas as mulleres durante 6 meses para realizar traballos sociais, encargado do adoutrinamento das mulleres na filosofía do réxime.
A partir da década dos 60 prodúcese un cambio, debido á incorporación da muller ao mundo universitario e ao mundo laboral, pero no ámbito legal seguen estando sometidas a pais e maridos.

10.-
Democracia orgánica
É o modelo político franquista. Os seus órganos básicos son a familia, o concello e o sindicato, rexeitando o modelo liberal e democrático baseado no individuo e nos partidos políticos. Este modelo é, en realidade, un intento por parte do réxime de buscar unha imaxe aceptable no contexto internacional.
En 1942 créanse unhas Cortes consultivas e deliberantes, que deben asesorar a Franco na elaboración de novas leis; os seus membros son os procuradores (designados por Franco ou eran representantes de sindicatos e entidades profesionais). Este organismo é controlado polo poder. A Lei Orgánica do Estado de 1967, introduce novos dereitos e limita un pouco o poder de Franco, aínda que os cambios foron mínimos e as Cortes continuaron aprobando todas as leis propostas polo Goberno. Os procuradores son elixidos por un complexo sistema que restrinxía o sufraxio, pretendíase dar unha mostra de apertura ao poder elixir os cabezas de familia dous procuradores por provincia. Nos concellos tamén hai un sistema complexo xa que elixen os cabezas de familia, os sindicatos e os propios elixidos.
A Lei de Referendo de 1945, permite aos homes e mulleres maiores de 21 anos participar na sanción das leis fundamentais do Estado. O referendo emprégase en dúas ocasións: para aprobar a Lei de Sucesión (en 1947 apróbase a Lei de Sucesión, España é un reino, créase un consello de rexencia e un Consello do reino. En 1969, Juan Carlos xura as leis fundamentais e os principios do movemento) e a Lei Orgánica do Estado (1967)

2. Unha longa posguerra. 1939 – 1959
Estes anos estiveron marcados polas
dificultades e o illamento.
1.- Do illamento exterior ao recoñecemento
internacional
Hitler e Mussolini apoiaron a Franco na guerra
Civil, pero este dubidou no seu apoio durante a Guerra Mundial e após a derrota
dos fascismos estivo sometido a un duro illamento. A partir de 1947 e co inicio
da Guerra Fría foi mudando a postura do bloque occidental e pouco e pouco
España foi entrando nos organismos internacionais.
- Os anos da Segunda Guerra mundial. 1939 – 1945
Rematada a Guerra Civil, España leva a cabo
unha política de achegamento ás potencias fascistas.
Unha vez iniciada a Segunda Guerra Mundial en 1939, España declárase neutral.
En 1940-1942, cando se produce a vitoria dos países do eixe, España pasa a ser non belixerante e declara a súa amizade cara a estes países. Deste xeito non participa na guerra, pero mantén unha postura de amizade coas potencias fascistas (entrevista con Hitler e Mussolini).
En 1940, Franco entrevístase con Hitler; nela, Hitler proponlle entrar en guerra para recuperar Xibraltar, Franco solicita unha serie de cousas (trigo, armas,…). Pero Hitler non acepta.
En 1941, cando Alemaña invade a URSS, país na antítese ideolóxica de Franco. España envía a División Azul, unha expedición duns sesenta mil voluntarios, á fronte soviética. O seu papel foi limitado, tivo moitos problemas e baixas na fronte de Leningrado.
En 1943, como os aliados empezan a gañar a guerra, España vólvese declarar neutral e prodúcese a retirada da División Azul, aínda que un grupo de combatentes permanecen na fronte, pasando a formar a Lexión Española.

- Illamento internacional. 1945 – 1953
Na conferencia de Potsdam de 1945, que
organiza a paz logo da Segunda Guerra Mundial, Stalin pretende terminar co
réxime franquista. A súa proposta non é aceptada, sobre todo polo inglés
Churchill, que defende a non intervención nos asuntos españois.
Dado o seu réxime ditatorial, España non é aceptada na ONU que, ao tempo, recomenda aos seus membros romper relacións diplomáticas con España. Prodúcese unha reacción popular de apoio ao caudillo, como protesta pola condena internacional.
Nos anos seguintes, España é expulsada de numerosos organismos internacionais; unicamente conta coa axuda de Portugal e algúns países de América Latina, como Arxentina.
En 1947 iníciase a Guerra Fría (protagonizada por dous bloques antagónicos liderados por EEUU e a URSS). Os países de occidente buscaron o apoio de todos os países anticomunistas, iniciándose un cambio que acaba co illamento de España: Francia reabre a fronteira (1948) e EEUU envía axuda económica (1949). A ONU autoriza en 1950 a reiniciar as relacións diplomáticas con España.

- Recoñecemento internacional. 1953 – 1959
1953 é un ano crucial no fin do illamento
porque:
- En 1953 asínase un Concordato coa Santa Sé: renóvase o anterior de 1851 reafirmando a confesionalidade do Estado, a obrigatoriedade do ensino da relixión católica nas escolas, matrimonio eclesiástico, e leis de acordo coa doutrina da Igrexa.
- Pacto con EEUU. A cambio de axuda
económica, instálanse en España basees militares americanas, de
utilización conxunta. O prezo era alto porque en caso de conflito podían
ser utilizadas sen consultar o goberno.
En 1955 España é admitida na ONU e intégrase noutros organismos internacionais como o FMI. En 1959 o presidente Eisenhower visita Madrid, visita que se vende como un éxito de xestión.
Paralelamente, en aplicación dos principios de descolonización da ONU, España ten que recoñecer a independencia de Marrocos (1956).
2.- Da autarquía económica aos inicios da
liberalización
A actividade económica non se recupera ata os
anos cincuenta e a sociedade española sufriu un retroceso na súa calidade de
vida e moitos tiveron que recorrer ao mercado negro ou retornar ao rural para
ter os produtos de primeira necesidade.
- O período autárquico. 1939 – 1950
A política económica de posguerra está
inspirada nos fascismos europeos e caracterízase pola autarquía e a
intervención estatal. O seu obxectivo era lograr a autosuficiencia económica e
non depender economicamente do exterior. Impúlsase a produción interior e
establécense aranceis ás importacións.
- Agricultura: descendeu a produción pola escaseza de fertilizantes, a falta de maquinaria e a baixa produtividade. Houbo problemas no abastecemento de alimentos e para incrementar a produción aprobouse a Lei de Concentración Parcelaria para evitar a excesiva parcelación. Os resultados económicos destas medidas foron moi limitados.
- Industria: seguiuse a política intervencionista e restrinxiuse o investimento estranxeiro. Creouse o INI (Instituto Nacional de Industria) para controlar a produción dos sectores estratéxicos. Non se renovaba a tecnoloxía porque se dependía das importacións, así non se acadaban bos resultados.
- Transportes: nacionalízase a rede de ferrocarrís e créase RENFE (Rede Nacional de Ferrocarrís Españois),pero isto non moderniza o sector e desaprovéitase que as estradas son malas e hai escaseza de vehículos e combustible.
- Política fiscal: aumenta a recadación porque se inicia unha reforma baseada nas contribucións directas e nos impostos sobre beneficios extraordinarios.
- Transaccións comerciais: estaban intervidas polo Estado, o comercio exterior organizábase por acordos bilaterais e o interior estaba regulado por diversos organismos como a Xunta Superior de Prezos.
A autarquía levou á escaseza e favoreceuse o
estraperlo (comercio ilegal no mercado negro). Foron anos de carestía e impuxéronse
as cartillas de racionamento para controlar a venda de alimentos básicos e
evitar o desabastecemento. Pola falta de combustible, empregábase o gasóxeno
como substitutivo do petróleo.
- Inicios da liberalización económica. 1950 – 1959
A recuperación económica iníciase nos anos
cincuenta. A isto contribúe que hai anos de boas colleitas e, sobre todo, as
divisas, bens de equipos e materias primas que proporcionan os acordos cos
EEUU.Créase a SEAT (Sociedade Española de Automóbiles de Turismo) e pouco a pouco
van chegando as inversións de fóra.
A poboación experimenta varios cambios:
aumenta a taxa de natalidade e polo tanto a poboación, diminúe a poboación
agrícola e aumenta a industrial e de servizos, hai migración do campo á cidade
e medran as urbes (sobre todo Madrid e Barcelona)
Estes cambios socioeconómicos orixinaron as
primeiras protestas obreiras. Estas protestas foron silenciadas e as
autoridades que non as controlaron, destituídas.
3.- A represión dos vencidos
Rematada a guerra, os vencidos tiveron que pórse a salvo, pois, de seren capturados, Franco aplicaría o seu sistema represivo. Houbo uns vinte dous mil fusilados, sete mil mestres encarcerados,… A oposición ao réxime maniféstase, na primeira etapa do franquismo, en dous ámbitos: os exiliados desde o exterior e a resistencia guerrilleira no interior.

- Exiliados
Non se coñece o número de exiliados, pero de
todas as formas foi un éxodo sen precedentes. Moitos dos republicanos
trasládanse a Francia e son internados en campos de refuxiados. Coa entrada dos
alemáns durante a 2ª GM en Francia, os exiliados foron internados en campos de
concentración (uns trece mil dos que sobreviviu a sexta parte) ou devoltos a
España (moitos foron executados inmediatamente); outros enrólanse no exército
francés para loitar contra os alemáns. Outro grupo trasládase a México, que
axudara aos republicanos durante a guerra civil. O Goberno republicano
establece alí a súa sé e realiza unha oposición simbólica. Outro país de
acollida é a Unión Soviética, nomeadamente para os afiliados ao Partido
Comunista. Especial mención merece a acollida de nenos durante a guerra,
coñecidos como os nenos da guerra (uns tres mil) que permaneceron na URSS ata a
fin do franquismo.
Non todos os exiliados se foron nos primeiros
anos da posguerra, moitos tiveron que fuxir cando viron que o réxime franquista
se perpetuaba e a represión era moi dura.
A oposición dos republicanos exiliados ao
réxime franquista maniféstase de varias maneiras:
a.- Os intelectuais: opóñense ao franquismo a través das súas obras, na prensa e na radio, mais as súas manifestacións son simbólicas.
b.- A oposición política: os grupos políticos que participaron no bando republicano caracterízanse pola falta de cohesión e obxectivos comúns. Os comunistas pelexan pola xefatura do partido, os anarquistas están divididos entre os partidarios do comunismo libertario e os partidarios de chegar a un acordo cos monárquicos para acabar co réxime de Franco. Finalmente, os monárquicos pactan cos socialistas (PSOE), mais este pacto rómpese posteriormente.

- Guerrilleiros
A guerrilla antifranquista está formado por
grupos e partidos políticos que deciden organizar a protesta no interior do
país empregando a loita armada. Nalgunhas zonas coñéceselles co nome de maquis
e noutras como os fuxidos ou escapados ao monte. A resistencia destes grupos
dura case 30 anos. Son sometidos a unha implacable persecución, especialmente
da Garda Civil. A actividade dos guerrilleiros é moi intensa nalgunhas zonas
como Asturias e Galicia entre 1944 e 1952 e teñen cabida todas as ideoloxías
contrarias ao réxime de Franco. A máis significativa é a comunista. En Galicia,
a guerrilla é extraordinaria, tanto polo número como pola súa resistencia. Son
moi coñecidos os fuxidos Pancho, Foucellas ou O Piloto. Neses enfrontamentos
caeron tamén mandos da Garda Civil, cregos, confidentes e oficiais do exército.
A muller xoga un papel importante, non tanto como guerrilleiras, senón apoiando a retagarda. Non tiñan menos perigo, eran condenadas por colaboración con gran dureza.
A muller xoga un papel importante, non tanto como guerrilleiras, senón apoiando a retagarda. Non tiñan menos perigo, eran condenadas por colaboración con gran dureza.
3. Desenvolvemento económico e
inmobilismo político. 1959 - 1973
Após a guerra a economía española entrou nunha fonda depresión, é o período autárquico. Despois comezou a industrialización e o inicio do despegue.
Após a guerra a economía española entrou nunha fonda depresión, é o período autárquico. Despois comezou a industrialización e o inicio do despegue.
Os anos sesenta e comezos dos setenta
estiveron marcados por un importante desenvolvemento económico, é o período
autoritario-tecnocrático xa que gobernan políticos cunha sólida formación
técnica, pero no nivel político a ditadura segue co seu inmobilismo máis
férreo. Esta etapa cualifícase como o milagre español.
A
economía na España franquista
Ø O período autárquico (1939-1950): a política económica caracterízase
pola autarquía e a intervención estatal. O obxectivo é non depender do exterior,
dificultar as importacións e impulsar a produción interior.
--- Agricultura: descende a produción e hai
problemas no abastecemento de alimentos.
--- Industria: hai fortes restricións aos investimentos estranxeiros.
--- Transportes: créase RENFE (Rede Nacional de Ferrocarrís Españois), pero o sector non se moderniza.
--- Política fiscal: lévase a cabo unha reforma fiscal, baseada nos impostos directos e nos impostos sobre beneficios, o que supuxo un aumento da recadación.
--- Transaccións comerciais: controladas polo Estado, tanto as internas como as externas.

A autarquía é ineficaz. Malia as reformas,
existe escaseza, inflación e estancamento da produción e un importante mercado
negro ilegal (estraperlo). Son anos de carestía a todos os niveis. Como
exemplo, podemos citar as cartillas de racionamento coas que se controla a
venda de alimentos básicos.
Ø A liberalización económica (1950-1959)
--- Nos anos 50 prodúcese unha recuperación
económica. A isto contribúen as boas colleitas dos primeiros anos, divisas
(moeda estranxeira), materias primas, bens de equipo, etc. fornecidos polos acordos
dos EEUU. Exemplo: SEAT (Sociedade Española de Automóbiles de Turismo).
--- Aumento da renda dos españois
--- A partir de 1957, coa remodelación do goberno e a incorporación de tecnócratas, tómanse medidas que abren a economía a investimentos estranxeiros.
--- A poboación española experimenta, nos 50, cambios importantes: aumento da taxa de natalidade, redución da poboación agraria e aumento da industrial e de servizos, migracións ás cidades, etc.

---Proceso de industrialización.
Ø Expansión económica (anos 60)
Os anos sesenta e setenta están marcados por
un importante desenvolvemento económico. Homes próximos ao Opus Dei e políticos
con formación técnica controlan os gobernos, por iso é polo que este período
recibe o nome de autoritario-tecnocrático. Os problemas que a economía española
vén arrastrando evidencian a necesidade de reformas profundas. As medidas
adoptadas dan lugar a un crecemento espectacular nalgúns sectores, favorecidas
ademais, pola aceptación do réxime franquista e a integración de España no
bloque occidental ou capitalista.
1.- Os Planos económicos
- Plano de Estabilización de 1959
Foi realizado por Ministros e altos cargos
técnicos, co apoio do Fondo Monetario Internacional. O seu obxectivo é
abandonar o modelo autárquico e intervencionista para pasar a un modelo
económico máis liberal. Os principais aspectos deste plan son:
- Abandono da autarquía e do intervencionismo.
- Estabilización da economía: liberdade de prezos e de comercio.
- Liberdade para os investimentos estranxeiros e paridade da peseta.
- Equilibrar o orzamento: o goberno comprométese a axustar os gastos aos ingresos, é dicir, reducir a débeda pública.
- Redución da inflación e maior elasticidade dos tipos de xuro aplicados polo Banco de España.
- Reaxuste dos salarios, os salarios vincúlanse á produtividade.
Este plano senta as bases para iniciar o forte
crecemento que experimenta a economía española na década dos sesenta. Con todo,
o reaxuste dos salarios provoca desemprego e emigración, pero esta crise
supérase desde os ano 1963 con novas medidas.
- Planos de Desenvolvemento Económico e Social
Entre 1960 e 1973 póñense en marcha tres plans
de desenvolvemento. Centran a súa atención no desenvolvemento da industria, que
se considera esencial para lograr o crecemento. Os seus obxectivos son lograr o
pleno emprego, lograr unha distribución máis equitativa da renda e potenciar a
integración de España na economía mundial.
Para corrixir os desequilibrios rexionais créanse os Polos de Desenvolvemento e Promoción Industrial, que potencian novas industrias. Deste xeito, localidades que carecen de industrias como Vigo , A Coruña, etc. vense favorecidas con instalacións industriais no primeiro plano.
O sector industrial experimenta un crecemento espectacular, o que permite a España situarse como a décima potencia mundial: siderurxia, automóbil (SEAT), refinerías, minería, produción hidroeléctrica.
O sector agrario non se desenvolve igual que o industrial, aínda que aumenta a gandería vacúa e hai unha importante mecanización e mellora das técnicas agrícolas (herbicidas, fertilizantes)

Nos restantes sectores existían fortes
diferenzas: auxe da construción (sobre todo nas zonas costeiras), aumento da
construción de estradas e primeiras autoestradas, pero a balanza comercial é
negativa, pola importación de material para a industria e de tecnoloxía e pola
dependencia financeira externa.
Este desenvolvemento económico interno, con todo, non é capaz de absorber a man de obra existente, polo que se produce un forte incremento da emigración nos sesenta, tanto no interior cara a zonas máis industrializadas, como cara ao exterior.

Este crecemento económico tamén trouxo
problemas coma fraudes financeiras, instalación de industrias contaminantes,
especulación do chan, construción de mala calidade,…
2.- Cambios sociais e forzas de oposición
O crecemento económico trouxo cambios sociais,
pero como non variou a dureza do réxime político, aumentou a oposición.
- Cambios sociais
O desenvolvemento económico e a influencia
estranxeira polo turismo e a emigración trouxeron cambios á sociedade española,
cada vez é máis parecida á de Europa occidental. Hai cambios nos costumes como:
- Aumento e mellora da dieta alimenticia.
- Crecemento da capacidade adquisitiva e maior acceso a bens de consumo: televisores, neveiras e, sobre todo, coches.
- Inicio das viaxes familiares xa que hai vacacións pagadas.
- Mellora da hixiene e saúde porque se fai xeral a Seguridade Social.
- Programa de construción de vivendas sociais que fai que moitos teñan casa propia.
- Mellora do nivel de alfabetización, a escola privada relixiosa perde o monopolio do ensino a favor da escola pública.
- A influencia dos medios de comunicación e dos turistas estranxeiros levan a actitudes máis transixentes (chega o bikini).
- Cambios na moda (pelo longo dos Beatles, pantalón para a muller) e no gusto musical coa aparición dos cantautores que coas súas letras defendían a liberdade (Llach, Serrat, Paco Ibáñez, Voces Ceibes)
- Cambio da mentalidade do clero (curas obreiros) que se achega aos problemas sociais seguindo o Concilio Vaticano II.
- Pénsase no goce do tempo libre con espectáculos e fútbol (copas do Madrid). As quinielas teñen éxito.
Tamén hai cambios na estrutura social:
- Aumentan as clases medias.
- A muller incorpórase ao traballo fóra do fogar.
- Lento proceso de alteración da familia tradicional.
- Forzas de oposición
As principais forzas da oposición están en:
- A Universidade: hai manifestacións de protesta para conseguir un sindicalismo de estudantes democrático, pero sempre son reprimidas con dureza: expedientes, detencións, peche de universidades, expulsión de profesorado,…
- O movemento obreiro: as accións de protesta multiplícanse a partir dos anos sesenta, nelas pídese a mellora salarial, redución da xornada laboral e móstrase a solidariedade cos compañeiros detidos. Nace, na clandestinidade, Comisións Obreiras (CCOO) e prodúcense os primeiros conflitos laborais graves en Asturias, Cataluña e País Vasco, pero como consecuencia da represión sufrida polos seus líderes, aumenta a afiliación e o número de simpatizantes dos movementos sindicais. O réxime crea o Tribunal de Orde Pública e utiliza aos corpos de policía para controlar o movemento sindical. En 1972 son asasinados en Ferrol dous traballadores do naval, aí nace o dez de marzo, día da clase obreira galega.
- A Igrexa Católica: hai cambios no comportamento do clero impulsados polo Concilio Vaticano II. En 1960, un grupo de sacerdotes asina un manifesto no que se denuncia a falta de liberdade e os malos tratos. Na década dos setenta xorden movementos católicos entre a mocidade e o mundo obreiro.
- Oposición política: foi en aumento nos
sesenta e setenta: terrorismo, oposición clandestina interior e exterior.
En 1959 fúndase ETA, grupo ligado ao nacionalismo vasco, que pretende a
independencia de Euskadi por medio da loita armada. As súas accións
multiplícanse tras o primeiro asasinato. O réxime aplícalle a lexislación
militar aos detidos e moitos son sentenciados a morte.
Doutra banda, a oposición política democrática fai unha declaración sobre España no Congreso do Movemento Europeo, ao que asisten destacados membros da oposición interna e externa. Todos eles teñen o desexo de instaurar en España un sistema político democrático.
Entre os partidos políticos destaca a actividade do PCE (Partido Comunista) e o PSOE (Partido Socialista), que se divide entre os socialistas do exilio (os históricos) e os do interior (renovados).
3.- As relacións co exterior
Os sesenta caracterízanse polo desexo do
Goberno de ser aceptado nos organismos internacionais.
- Europa: España solicita o seu ingreso na Comunidade Económica Europea, pero non o logra por carecer dun sistema democrático. En 1970 consegue un tratado comercial.
- Marrocos: en 1956 cúmprese unha resolución da ONU e os territorios do protectorado español, conseguen a independencia. Algúns territorios quedan en poder español pero, finalmente, son cedidos en 1969 a Marrocos.
- Guinea Ecuatorial: esta colonia española consegue a independencia en 1968 após un referendo.
- Xibraltar: A ONU resolve a favor de España, pero os británicos néganse a abandonar a colonia e pechan as fronteiras. O problema persiste hoxe en día.
- EEUU: os acordos de 1953 renóvanse en 1963. con todo, un incidente aéreo en 1966 dun avión americano cunha bomba atómica a bordo pon en perigo as relacións entre ambos países. As autoridades réstanlle importancia ao incidente (o ministro de turismo, Fraga, e o embaixador báñanse nas augas onde cae a bomba para demostrar que non están contaminadas). No setenta asínase outro acordo, a pesar da desigualdade que supoñía para España.
4. A agonía do franquismo. 1973 - 1975
Nos últimos anos do réxime aumentan, entre a poboación, os desexos de cambio e de maiores liberdades, ata nas propias filas franquistas. A este feito contribúen varios factores.
Nos últimos anos do réxime aumentan, entre a poboación, os desexos de cambio e de maiores liberdades, ata nas propias filas franquistas. A este feito contribúen varios factores.
1.- Crise económica e política
Hai un deterioro físico do ditador e unhas
circunstancias económicas e políticas que anuncian o final da ditadura.
- Crise económica
A crise económica do 73 (pola subida dos
prezos do petróleo) afecta á economía mundial, pero moito máis a España porque
depende totalmente do petróleo xa que os outros países buscan enerxías
alternativas . Esta crise pon de manifesto os defectos estruturais do
desenvolvemento económico dos sesenta: dependencia da tecnoloxía estranxeira,
endebedamento da empresa pública, necesidade de reconverter a industria,
aumento do desemprego,… o milagre español chega ao seu fin.
- A morte de Carrero Blanco
En 1973 Franco cede a presidencia do goberno
ao seu colaborador Carrero Blanco. En decembro do 73 morre Carrero Branco,
presidente do goberno, en atentado terrorista da ETA. Isto afecta enormemente a
Franco porque era o seu amigo e colaborador, un símbolo do réxime durante
corenta anos.
- O Goberno de Arias Navarro
Arias Navarro é o novo xefe de goberno, tras a
morte de Carrero Blanco. Franquista partidario da liña dura, presenta en
febreiro de 1974 un programa de reformas ás Cortes coñecido como o espírito do
12 de febreiro. Nel concédese máis liberdade de prensa, elección de alcaldes,
reforma da lei sindical, maior liberdade xudicial. Estas reformas non chegan a
aplicarse e aumenta a oposición ao réxime, ata dimiten algúns ministros dos
máis aperturistas.
2.- O incremento das forzas de oposición
A mala saúde de Franco e as promesas de reformas incrementan a actividade da oposición.
A mala saúde de Franco e as promesas de reformas incrementan a actividade da oposición.
- A oposición no interior
A morte de Carrero aumentou a oposición tanto
dos sectores que antes eran afíns ao franquismo como nas forzas que se opuxeron
desde sempre.
- Disidencias políticas: esperanzados polas reformas anunciadas o 12 de febreiro, grupos de políticos e intelectuais do réxime pretenderon unha transformación cara posturas máis democráticas, pero sempre dentro do propio sistema. Son moitos dos que despois están con Suárez.
- A Igrexa, tradicional aliado, aumenta as críticas.
- No exército a oposición forma a Unión Militar Democrática, partidaria dun réxime democrático no que o exército non fose un obstáculo.
- Os obreiros e universitarios realizan folgas, manifestacións e protestas agravadas pola crise.
- prodúcense numerosos atentados terroristas (ETA, GRAPO, FRAP).
Malia isto, o réxime non cede, no 74 é
asasinado o anarquista Puig Antich e no 75 apróbase unha nova lei
antiterrorista que condena a morte a varios sospeitosos. Non valían as
peticións de clemencia, nin do Papa.
- A oposición no exterior
Os partidos e organizacións antifranquistas
inician un proceso de unidade para restablecer a democracia en España.
Sucédense os contactos entre PSOE e PCE. Ao mesmo tempo, Felipe González é elixido
secretario xeral do PSOE (1974) resolvendo a crise entre os afiliados do
interior (os renovados) e os do exterior (os históricos).
3.- Os problemas exteriores: a Marcha Verde
España conserva a colonia do Sáhara occidental. Aproveitando a débil situación de España e os problemas internos, Hassan II organiza unha marcha de 200.000 marroquís (Marcha Verde) para invadir o territorio. O príncipe Xoán Carlos visita as tropas alí destinadas, feito que lles dá moita moral. Con todo, a ONU ordena a Hassan deter a invasión (os marroquís voltan ao seu territorio) e posteriormente asínase en Madrid un acordo polo cal se reparte o Sáhara entre España e Marrocos. En 1976 España abandona o Sáhara sen contar coa opinión dos saharauis, sendo ocupado por Marrocos.

4.- Enfermidade e morte de Franco
Desde 1974 o súa saúde vaise deteriorando. En outubro de 1975 fai o seu último discurso para demostrar que segue tendo apoio. Nas semanas posteriores preséntanse numerosas complicacións que lle provocaron unha longa agonía. A súa morte ten lugar o 20 de novembro de 1975. No seu testamento político, lido por Arias Navarro aos españois por televisión, reitera as ideas nas que se sustenta o réxime desde 1936: o catolicismo como base do seu ideario político, patriotismo, autoritarismo e rexeitamento da democracia e do liberalismo.
- 10 -

España en democracia
Esquema
1. A
transición democrática
1.- Proclamación e
coroación do rei Xoán Carlos I
2.- O primeiro
goberno da monarquía
3.- Adolfo Suárez e
o inicio das reformas
§ O programa de reformas de Adolfo Suárez
§ A lei para a reforma política (LRP)
§ As primeiras eleccións democráticas
2. A
Constitución de 1978
1.-
Características e principios
2.-
Dereitos e deberes
3.-
Os poderes do Estado
§ A Coroa
§ As Cortes xerais
§ O poder xudicial
3. Os
gobernos de UCD. 1977 – 1982
1.- Os
gobernos de Adolfo Suárez. 1977 – 1981
§ As medidas do programa de centro
§ O proceso autonómico
§ As dificultades de UCD e a dimisión de Suárez
2.- o goberno de
Leopoldo Calvo Sotelo. 1981 – 1982
§ O intento de golpe de Estado do 23 F
§ A continuidade do proxecto de UCD
4. Os
gobernos socialistas de Filipe González. 1982 – 1996
1.-
Integración de España na política internacional
2.-
O Estado do benestar
3.-
Axuste e reactivación económica
4.-
O cambio sociocultural
5.-
Escándalos e desprestixio socialista
5. Os
gobernos conservadores de Xosé María Aznar. 1996 – 2004
1.-
Crecemento, privatización e moeda única
2.-
Reformas do programa conservador
3.-
A guerra de Iraq e o terrorismo islamista
6. Os
gobernos socialistas de Xosé Luís Rodríguez Zapatero. 2004 – 2011
1.-
Reformas do programa socialista
2.-
A nova sociedade española
España en democracia
1. A transición democrática. 1975 – 1977
1. A transición democrática. 1975 – 1977
“A oposición ao réxime franquista medrou, os últimos anos do franquismo foron os máis axitados. A prosperidade económica dos sesenta fixo xurdir unha ansia de cambio e de liberdade. Ata nas filas franquistas xurdiron sectores que desexaban unha apertura. A crise económica do 73, a morte de Carrero Blanco e a mala saúde de Franco incrementan a actividade da oposición: organízanse grupos políticos e intelectuais; unha parte do exército é partidaria dun réxime democrático; obreiros e universitarios realizan folgas e manifestacións; hai atentados terroristas. Ademais, desde o exterior, os partidos e organizacións antifranquistas inician un proceso para restablecer a democracia en España. Sucédense os contactos entre PSOE e PCE e como resultado, constitúese a Plataforma Democrática (outubro do 75); ao mesmo tempo, Filipe González é elixido secretario xeral do PSOE”.
Tras a morte de Franco (1975), iníciase en España a transición democrática, que culmina coa aprobación da Constitución do 78. As principais forzas parlamentarias practicaron unha política moderada e de consenso e o rei Xoán Carlos I facilitou e potenciou a democratización de España. Este proceso de democratización foi un proceso gradual que permitiu a desaparición pacífica das institucións franquistas. Os cambios, ademais, son lexitimados mediante consulta popular (eleccións do 77, son as primeiras eleccións democráticas desde o 36, e Constitución do 78). España é, grazas a este proceso, desde 1978 un Estado democrático e a súa forma política é a monarquía parlamentaria baseada na soberanía nacional, a liberdade, o pluralismo ideolóxico e a convivencia democrática.
1.- Proclamación e coroación do rei Xoán
Carlos I
Seguindo
as disposicións de Franco, Xoán Carlos I é proclamado rei de España o 22 de
decembro de 1975 e coroado o 27. Accedía ao trono coa desconfianza da oposición
democrática que vía nel un continuador da obra de Franco. Tamén era rei desde a
legalidade, pero os dereitos dinásticos correspondíanlle a seu pai, don Xoán,
quen renunciou a eles en 1977.
2.- O primeiro goberno da Monarquía
O rei mantivo como presidente do goberno a Carlos Arias Navarro e a súa política foi continuísta do modelo franquista, o mesmo modelo, pero concedendo algúns dereitos.
As forzas da oposición esixían o restablecemento inmediato da democracia e fusionáronse na Coordinación Democrática e redactou un programa que foi aceptado pola maioría das forzas políticas. O goberno de Arias e o búnker franquista (os máis pechados a calquera tipo de cambio) paraliza todo intento de reforma. Ademais, nas rúas, a conflitividade laboral ía en aumento. Ante a ineficacia do goberno de Arias Navarro para afrontar as reformas necesarias, presionado polo rei, Arias Navarro presenta a súa dimisión o 1 de xullo de 1976.
3.- Adolfo Suárez e o inicio das reformas
O rei designa a Adolfo Suárez como presidente en xullo de 1976. O seu pasado, con diferentes cargos no franquismo, fai penar á oposición que todo ía seguir igual, pero Suárez nun discurso do que o seu obxectivo é democratizar o país e anuncia a celebración de eleccións xerais. Suárez adopta unha serie de medidas reformistas entre as que podemos citar:

- Renuncia da Coroa ao privilexio de presentar bispos.
- Aprobación dunha amnistía para presos políticos, agás os acusados de terrorismo.
- Ampliación da liberdade de expresión
- Negociacións para a legalización de forzas políticas e sindicais.
Reunido
cos militares, a cúpula militar aceptou a reforma coa condición de que non se
legalizase o Partido Comunista.
Suárez atópase coa oposición de políticos franquistas e grupos de extrema dereita contrarios a todo tipo de cambios, por unha banda e pola outra, a organización nacionalista vasca ETA e o grupo de extrema esquerda GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro).

- A Lei para a Reforma Política (LRP)
Era a culminación do programa de reformas. O
obxectivo de Suárez era convocar unhas eleccións democráticas para formar novas
Cortes. Consegue que o seu proxecto sexa aprobado polas institucións
franquistas (Consello Nacional do Movemento) sen alterar a paz social, as
Cortes franquistas votan favorablemente a súa propia disolución.
A LRP foi aprobada en refendo en decembro do
76, ábrese así o camiño reformista proposto por Suárez. Para complementar esta
lei tómanse outras medidas como:
- regulamentación do dereito á folga,
- novo indulto a presos políticos,
- legalización das centrais sindicais e
- disolución do Movemento Nacional.
- As primeiras eleccións democráticas
Na
preparación destas eleccións , Suárez tívose que enfrontar a numerosas
dificultades.
- A reacción da extrema dereita e da extrema esquerda (semana negra da transición: asasinato de policías e gardas civís pola esquerda; asasinato de avogados laboralistas, matanza de Atocha, pola extrema dereita).
- A legalización do partido comunista (PCE). Para que as eleccións fosen realmente democráticas tiña que ser legalizado antes o PCE. Tras un proceso de negociación con Carrillo e co beneplácito do rei, é legalizado en abril de 1977. O PCE acepta as peticións de Suárez: monarquía como forma de goberno, bandeira bicolor, a unidade de España e a democracia. Aínda así, sectores do exército están molestos.
Ese mesmo día o Goberno fai o anuncio: as eleccións xerais fíxanse para o 15 de xuño de 1977.
- Ao tempo, regresan moitos dos exiliados (Alberti, Dores Ibárruri “Pasionaria”, Luís Seoane,…)
·
Os partidos agrupáronse por
afinidade ideolóxica, pero aínda así, as propostas son moitas e fálase de sopa
de siglas. As forzas de centro formaron a coalición UCD (Unión de Centro Democrático),
liderada por A. Suárez. Manuel Fraga aglutina a dereita en Alianza Popular
(AP); os socialistas preséntanse divididos: PSOE, con Filipe González á fronte
e o PSP, liderado por Tierno Galván. O PCE preséntase en solitario, o seu líder
é Santiago Carrillo.
·
A normativa electoral establece
que as candidaturas ao Congreso elaboradas polos partidos teñen que ser
completas e pechadas (listas pechadas, votas a todos os desa candidatura) e
para o Senado son individuais, pero dentro do partido. A elección faise por
criterios proporcionais corrixidos pola regra D´Hont.
·
Nas eleccións, UCD consegue a vitoria, o PSOE
é a segunda forza, o PCE, terceira e AP, cuarta. Tamén tiveron escanos as
forzas nacionalistas vascas e catalás. Nin a extrema esquerda nin a extrema
dereita lograron escanos.
2. A Constitución de 1978
As Cortes formadas logo das eleccións do 77 tiñan como misión elaborar unha Constitución para o novo modelo de Estado, España monárquica e democrática.
As Cortes formadas logo das eleccións do 77 tiñan como misión elaborar unha Constitución para o novo modelo de Estado, España monárquica e democrática.
1.- Características e principios
Constitúese unha comisión de 7 deputados,
encargada de redactala. Foi aprobada en referendo o 6 de decembro de 1978 e
posteriormente sancionada polo rei e publicada no BOE.
Características da Constitución do 78:
Características da Constitución do 78:
- Consenso: resultado do acordo entre os distintos partidos políticos con proxectos incluso antagónicos. Este consenso é consecuencia da incapacidade das diferentes forzas políticas de impoñerse.
- É a máis longa de todas as Constitucións españolas.
- Ambigüidade: permite distintas interpretacións. Para algúns é un inconveniente; para outros, a súa principal virtude, xa que permite gobernar á dereita e á esquerda sen modificala.
- Rixidez: para cambiala hai que contar co voto favorable dos 3/5 das dúas Cámaras.
- Progresista e democrática: establece mecanismos de participación popular.
- Está organizada en dúas partes diferenciadas: dogmática (principios e dereitos)e orgánica (organización do Estado).
Parte
dogmática, principios da Constitución do 78: recolle
os principios que deben inspirar o desenvolvemento da sociedade e do Estado,
así como o conxunto de dereitos fundamentais da persoa.
- España defínese como un Estado social e democrático de Dereito. Todos os individuos e organismos están supeditados á Constitución e ao ordenamento xurídico (ás leis españolas). Establécese a participación cidadá, a soberanía reside no pobo e os poderes públicos deben garantir os dereitos sociais como vivenda, educación, sanidade, traballo,…
- Forma política do Estado: monarquía parlamentaria.
- Modelo de Estado: España é un estado unitario que recoñece o dereito á autonomía das rexións que o integran. Nace o novo modelo: o Estado das Autonomías.
- O castelán e as demais linguas españolas son oficiais nas respectivas Comunidades autónomas.
- Recoñece a pluralidade política e sindical. Pode haber múltiples partidos, sindicatos e organizacións empresariais.
2.- Dereitos e deberes
A Constitución do 78 dedica o Título máis
longo aos dereitos dos españois.
Os dereitos agrúpanse en:
Os dereitos agrúpanse en:
- Civís: dereito á vida, á integridade física, á igualdade ante a lei, á liberdade (persoal, relixiosa, de empresa, de culto,… Queda prohibida a tortura e a pena de morte.
- Políticos :liberdade de expresión sen censura, dereito a reunirse, a asociarse, a manifestarse, á folga,…
- Sociais: dereito ao traballo, a un salario digno, á igualdade de xénero,…
Para garantir estes dereitos están os
tribunais, sendo o máis alto o Tribunal Constitucional e contamos tamén co
Defensor do Pobo.
Entre os deberes destacan a defensa da Patria
e a contribución ao gasto público en función da capacidade económica de cada un
(pagar impostos)
Parte orgánica da Constitución do 78: recolle a organización do Estado, establece a división dos poderes e a organización territorial.
3.- Os poderes do Estado
Parte orgánica da Constitución do 78: recolle a organización do Estado, establece a división dos poderes e a organización territorial.
3.- Os poderes do Estado
A Constitución deseña un Estado unitario que
traspasa poderes ás Comunidades Autónomas, provincias e concellos, é un poder
político compartido.
- A Coroa
Representada polo Rei. É o xefe do Estado
pero, o seu poder é limitado: o rei reina, pero non goberna. A Constitución
regulamenta as súas funcións: sanciona as leis elaboradas polas Cortes, convoca
e disolve as Cortes, convoca eleccións a proposta do goberno, exerce o mando
superior das forzas armadas,…
- As Cortes xerais
Formadas polas dúas cámaras: Congreso de
Deputados e Senado. Os cidadáns elixen os seus representantes na súa circunscrición
electoral que é a provincia cada catro anos. As Cortes teñen a función
lexislativa, pero en casos excepcionais o pobo pode ser consultado en
referendo.
- O Goberno: ten o poder executivo. Formado polo presidente e os ministros.
- Poder xudicial: xuíces e tribunais de xustiza. Os cidadáns poden participar na administración de xustiza a través do xurado popular. A xustiza é gratuíta para os que carezan de recursos. Está organizada no Consello Xeral do Poder Xudicial, Tribunal Supremo e Tribunal Constitucional.
- Comunidades Autónomas: A Constitución establece un novo modelo de Estado: o Estado de Autonomías. Cada unha das dezasete comunidades (constituídas entre 1979 e 1983) posúe os seus correspondentes órganos de goberno coa capacidade lexislativa concedida polos seus Estatutos de Autonomía. É unha forma mixta entre estado unitario e federal.
3. Os gobernos de UCD. 1977 - 1982
As vitorias da UCD nas eleccións a Cortes constituíntes no 1977 e nas xerais do 79 permitiron gobernar a Suárez.
1.- Gobernos de Adolfo Suárez. (1977-1981).
As vitorias da UCD nas eleccións a Cortes constituíntes no 1977 e nas xerais do 79 permitiron gobernar a Suárez.
1.- Gobernos de Adolfo Suárez. (1977-1981).
Adolfo Suárez, líder da UCD, tivo como
obxectivo democratizar a vida española. Entre as medidas adoptadas, destacan:
ü A reforma o exército: adáptase a lexislación militar á Constitución.
ü Pactos da Moncloa: acordo asinado no 77 por sindicatos, empresarios e
partidos políticos co fin de consolidar a democracia de forma pacífica e
adoptar medidas para afrontar a crise económica que se viña arrastrando desde
finais do franquismo. A aplicación dos acordos é positiva xa que se reduce a
inflación e normalízase a democracia ao celebrarse eleccións sindicais.
ü Iníciase a reforma fiscal, introdúcese o imposto sobre as persoas
físicas e o seu patrimonio (IRPF).
ü Inícianse as xestións para
entrar na CEE (Comunidade Económica Europea), novos acordos co Vaticano,…
- O proceso autonómico
De acordo coa Constitución, entre 1979 e 1983
o Estado español queda dividido en 17 Comunidades Autónomas rexidas por
cadanseu Estatuto de Autonomía. A Constitución estableceu dúas vías para
acceder á autonomía: o artigo 151, pensado para as comunidades históricas
(Galicia, Cataluña e País Vasco) que xa gozaran de autonomía na II República e
que permitía un autogoberno rápido e con maiores cotas de competencias e
autogoberno. A outra vía era máis lenta e con menos competencias segundo o
artigo 143. Para harmonizar o proceso autonómico establecéronse uns puntos
básicos comúns.
ü Cataluña foi a primeira en retomar a autonomía. No 77 regresa do exilio
o presidente da Generalitat, Xosé Tarradellas, sendo recibido multitudinariamente.
A coalición CiU (Converxencia Democrática de Cataluña e Unión Democrática de
Cataluña) gañou as eleccións de 1980 e é nomeado presidente Jordi Pujol.
ü No País Vasco tamén se reiniciou o proceso autonómico moi pronto. O seu
estatuto recoñece as peculiaridades como o seu sistema foral (concerto
económico e recadación dos seus impostos). O PNV foi o partido máis votado no
80. Pero había tensións porque o nacionalismo radical non aceptaba a
Constitución e a esquerda abertzale agrúpase na Alternativa KAS (Koordinadora
Abertzale Socialista). Ademais hai outro
problema vinculado co nacionalismo abertzale: o terrorismo de ETA. Asasina
policías, gardas civís, xuíces,… porque quere obrigar o Goberno a conceder a
independencia mediante a loita armada. Tamén se incrementa a protesta nas rúas
mediante accións violentas (kale borroka).
ü En Galicia tamén se accede á autonomía como comunidade histórica, pero
os partidos nacionalistas non obteñen representación nas Cortes ata 1996.
Na transición
democrática os partidos reorganízanse e así temos partidos nacionais como UCD,
AP, PSOE, PCE e outros nacionalistas como a UPG, o PSG ou o BN-PG, antecesor do
BNG.
O Estatuto de
Autonomía é aprobado en 1980 e o goberno pasa ao Parlamento de Galicia e á
Xunta. Houbo cinco presidentes: Xerardo Fernández Albor (AP), Fernando González
Laxe (PSdeG-PSOE), Manuel Fraga Iribarne (PP), Emilio Pérez Touriño (PSdeG-PSOE
e BNG) e Alberte Núñez Feijoo (PP).
Un dos problemas e
Galicia é que a súa poboación está estancada e, como consecuencia tende ao
avellentamento. A poboación concéntrase na faixa costeira, deixando un interior
rural despoboado e con moita xente maior.
Galicia é unha
comunidade que pertence ás rexións periféricas de Europa e polo seu atraso
económico e social recibe as axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento
(FEDER). Os sectores produtivos presentan moitos problemas.
O sector
agrario presenta moitas carencias:
minifundio, falta de mecanización e despoboación do rural, non hai quen se
dedique á agricultura por non ser un sector rendible. O sector agrario perde
peso, déixanse terras sen traballar
porque os prezos son baixos e as industrias impoñen cotas á produción de
leite e carne. Hai cooperativas de produción como COREN ou Feiraco.
O sector industrial
tamén sufriu a reconversión, especialmente o sector naval. Deixáronse de facer
barcos pola competencia de países asiáticos e porque o sector público e militar
deixou de investir aquí.
Hai industria do
automóbil en Vigo (Citroen), de conservas de pesca (Calvo, Jealsa, Pescanova)e
auxe no téxtil (Inditex, Verino, Caramelo,…)
No sector
enerxético hai produción hidroeléctrica, térmica e eólica, pero a maior parte
das empresas non son galegas.
No sector servizos
hai un crecemento, pero sen acadar o nivel europeo. Hai grandes superficies
comerciais, turismo e servizos varios como coidadores de maiores e
funcionarios.
Polo que respecta
ás infraestruturas contamos con autovías, tres aeroportos, portos ben
preparados e pronto comezará a operar a alta velocidade. Isto vén paliar o
atraso que se padeceu ata este momento.
ü En Andalucía, mediante referendo, esixiron o acceso á autonomía polo
artigo 151 coma as comunidades históricas para lograr incrementar as súas
competencias. O seu estatuto foi aprobado en 1981.
- As dificultades de UCD e a dimisión de Suárez
As diferenzas ideolóxicas entre os partidos
integrantes da coalición de UCD fan que aumenten as tensións internas. Isto,
unido á crise económica que padece o país, fai que Adolfo Suárez perda o seu
liderado. O PSOE e o seu líder Filipe González, presenta unha moción de
censura, non prospera, pero é un sinal de falta de consenso no goberno. Ante o
temor de que a súa falta de liderado teña consecuencias negativas para o país,
Suárez presenta a súa dimisión en xaneiro de 1981. Agora recoñéceselle a Suárez
o seu labor e acerto.
2.- O goberno de Leopoldo Calvo Sotelo. 1981 –
1982
Calvo Sotelo, ministro de Suárez, substitúeo
como presidente do Goberno.
- O intento de golpe de Estado do 23 F
Na primeira votación, non obtén a maioría; durante
a segunda volta prodúcese o golpe de estado do 23 de febreiro de 1981. Este é o
feito máis grave da nova democracia española. O tenente coronel da Garda Civil
Antonio Tejero asalta o Congreso mentres están alí reunidos os parlamentarios.
Pistola en man mantenos como reféns esperando que se sumen outras unidades
militares e así volver a unha ditadura. O tenente coronel Antonio Tejero, xunto
con membros da garda civil, segue nas Cortes; en Valencia o exército sacou os
tanques á rúa; con todo, os xefes do exército das restantes rexións militares
non secundan esta acción. Ademais, a actuación do rei é clave na resolución do
conflito. Trala mensaxe televisada do rei, a situación queda controlada.
- A continuidade do proxecto de UCD
Despois do intento de golpe de estado, Calvo Sotelo é elixido presidente o
25 de febreiro do 81e permanece no goberno pouco máis dun ano. Desenvólvense
varias iniciativas como a lei do divorcio ou a do Defensor do Pobo, pero a que máis
destaca é a da entrada de España na OTAN (oponse o PSOE que usa este feito para
acosar e derribar o goberno). Ante o incremento da oposición, os problemas
internos da UCD e a falta de solucións aos problemas económicos, Calvo Sotelo ten
que disolver as Cortes e convocar eleccións. Nestas, o PSOE obtén a maioría.
Iníciase a etapa dos gobernos socialistas de Filipe González.
4. Os gobernos socialistas de Filipe
González. (1982-1996)
O triunfo en catro eleccións permitiu que os
socialistas gobernasen desde o 82 ao 96, ben con maioría absoluta, ben co apoio
do nacionalismo vasco e catalán. Os gobernos socialistas caracterízanse pola
moderación política semellante á socialdemocracia europea.
1.- Integración de España na política
internacional
Os gobernos socialistas consolidan
definitivamente a presenza de España nos organismos internacionais.
- España entra a formar parte da CEE. É membro de pleno dereito o 1 de xaneiro de 1986. Isto supuxo maior estabilidade económica e a chegada de axudas para paliar o atraso en infraestruturas e sectores produtivos. Tamén trouxo problemas para o sector pesqueiro e do agro porque se impuxeron limitacións á produción de leite, viño, aceite,…
- España entra na OTAN. Entrara co goberno de Calvo Sotelo e coa oposición do PSOE que sinalaban que eran antimilitaristas e estar na OTAN era ser gregarios dos EEUU. Agora cambian de postura e para tapar o seu cambio de postura propoñen un referendo. Piden o voto ao si á OTAN que vence co 51% dos sufraxios. España intégrase na OTAN, pero non se permite que haxa armas nucleares e pídese que se reduza progresivamente a presenza das forzas americanas nas bases que teñen en España.
- O novo exército e as misións internacionais. No 84 apróbase a Lei Orgánica de Defensa na que se consagra a primacía do poder civil sobre o militar. Regúlase a obxección de conciencia (non ir ao exército por razóns pacifistas e facer a cambio servizos sociais) e a participación das tropas españolas en misións no estranxeiro baixo mandato da ONU ou OTAN.
2.- O Estado do benestar
Consolídase o chamado Estado do benestar xa
que aumentan os orzamentos dedicados a gasto social. Tómanse medidas como:
·
Extensión e aumento das prestacións
sociais: asistencia sanitaria para todos, establecemento de pensións
non-contributivas para os que non cotizaron, revalorización das pensións
conforme ao IPC.
·
Reforma e democratización da educación:
obrigatoriedade ata os dezaseis anos, autonomía universitaria, gratuidade no
ensino primario e medio,…
·
Refórmanse as leis para adaptalas á Constitución:
despenalización do aborto, novo Código Penal que tipifica novos delitos como
acoso sexual,branqueo de capitais, conduta temeraria, agresións ao medio
ambiente, publicidade enganosa,…
3.- Axuste e reactivación económica
Ademais, os socialistas levaron a cabo
importantes reformas que permitiron a España alcanzar elevados niveis de
desenvolvemento, cun crecemento económico importante que nos aproximaba aos
países europeos. Na política económica hai varias fases:
- Política de axuste: entre 1982 e 1985 ten lugar unha política de reconversión industrial. Afecta ao sector naval, mineiro e siderúrxico, prexudicados pola crise e a competencia estranxeira. Isto supuxo peche de empresas ou recorte da súa capacidade produtiva co que aumenta o desemprego e o desmantelamento industrial. Houbo folgas e manifestacións e para paliar estas consecuencias potenciase o PER (Plan de Emprego Rural) do campo andaluz e deséñanse as ZUR (Zonas de Urxente Reindustrialización) nas zonas máis afectadas (Ferrol, Asturias, Sagunto,…)
- Crecemento económico. Entre 1985 e 1990 España participa do crecemento económico que impulsa o contexto internacional. Aumentan os ingresos por turismo, a Bolsa e a banca producen cuantiosos beneficios, o petróleo non está caro,… pero isto non se traduce en mellores salarios para os obreiros. Así, o sindicato UXT, irmán do PSOE, convoca folgas xerais contra o goberno (a primeira no 88) e ten lugar a distanciamento entre as dúas organizacións.
- Recesión: do 1991 ao 1993 prodúcese unha caída da demanda, unha desaceleración na produción, un aumento do déficit público, peche de empresas e paro.
- Novo crecemento: entre 1993 e 1996 as medidas adoptadas dan resultado e a economía española volve ser competitiva aínda que o paro segue a ser moi alto. Sóbese o IVE, privatízanse empresas, desvalorízase a peseta, refórmase o mercado laboral, hai máis traballo temporal e despoidos máis baratos, pero a economía tira do carro.
4.- O cambio sociocultural
Tamén se produce un cambio na sociedade
española, reducíndose as diferenzas coas sociedades dos países europeos
occidentais (sociedade máis igualitaria, máis preparada, incorpórase a muller
ao mundo laboral,…
Descende o número de matrimonios e a taxa de
natalidade, pero a familia segue sendo a cédula de organización social.
Hai no 92 dous acontecementos que axudan a
colocar a España como país avanzado: a Exposición de Sevilla (cincocentos anos
da descuberta de América) e os Xogos Olímpicos de Barcelona.
5.- Escándalos e desprestixio socialista
As maiorías absolutas e o escaso control da
oposición fixeron que os gobernos fosen estables, pero tamén que xurdisen
escándalos políticos como:
- Cargos nomeados polo PSOE aproveitan o seu posto para favorecer a amigos ou quedarse con diñeiro público.
- O financiamento dos partidos políticos en España é bastante opaco e así xorden casos de financiamento ilegal.
- Terrorismo de Estado, para loitar contra ETA e asustar os seus membros créase os GAL (Grupos Antiterroristas de Liberación) que contaban co apoio dos políticos e policía.
Ante todo isto a oposición intensifica o seu
labor de denuncia e Filipe González decide adiantar as eleccións a marzo de
1996.
5. Os gobernos conservadores de Xosé
María Aznar. 1996 – 2004
O Partido Popular, fundado a partir de Alianza
Popular, gaña as eleccións do 96 e o seu líder, Aznar, é investido presidente
do goberno grazas ao apoio de CIU, PNV e Coalición Canaria.Así consolídase a
alternancia política democrática en España.
1.-
Crecemento, privatización e moeda única
Durante os gobernos do PP o desenvolvemento
económico caracterízase por:
- Forte crecemento económico: favorecido polo contexto de crecemento internacional, en España tamén se medra grazas a medidas como:
ü redución do gasto público,
ü privatización de empresas (Telefónica, Argentaria, Repsol, Endesa,…),
ü liberalización de mercados, aínda segue a haber oligopolios,
ü moderación salarial e flexibilidade do mercado laboral,
ü diminución dos tipos de xuros e de impostos.
Con isto a economía española reduce as
diferenzas e intégrase na europea.
2.- Reformas do programa conservador
De acordo co seu programa electoral o PP leva
a cabo moitas reformas de corte conservador e de centrodereita, sobre todo
entre 2000 e 2004 cando ten maioría absoluta. Algunhas reformas son:
- Introdúcense novos delitos no código Civil: delitos de menores, de violencia de xénero, informáticos,…
- O exército, suprímese o servizo militar obrigatorio e faise profesional.
- Novas leis de educación que favorecen o ensino concertado.
- Eliminación dos Gobernos Civís, substituídos por Delegacións do goberno.
- Incremento das competencias das comunidades autónomas, sobre todo, cando precisaban dos seus apoios (vascos e cataláns).
- No problema vasco, ETA declara treguas para solicitar o achegamento dos presos, pero as conversan fracasan. Faise unha Lei de Partidos para impedir que os abertzales cheguen ás institucións.
3.- A guerra de Iraq e o terrorismo islamista
Despois dos atentados ás Torres xemelgas en
2001, os EEUU reaccionaron cunha política agresiva. O goberno de Aznar apoia
esta política militarista e envía tropas a Iraq porque é acusado de ter armas de
destrución masiva (cumio dos Azores). Hai masivas manifestacións contra a
participación nesta guerra, pero o goberno non fai caso.
Os terroristas islamistas ameazan a España por
participar nesa guerra e en marzo de 2004, en plena campaña electoral, catro
trens sofren un ataque terrorista. Nun primeiro momento o goberno di que é obra
de ETA, pero despois, xa con datos, segue mentido ao non recoñecer que é obra
dos islamistas.
Tres días despois perde o PP a súa maioría nas
eleccións.
6. Os gobernos socialistas de Xosé
Luís Rodríguez Zapatero. 2004 – 2011
Nas eleccións de marzo de 2004 triúnfa o PSOE
sendo presidente Zapatero. Revalida en 2008 o seu triúnfo.
1.-
Reformas da política socialista
Seguindo o seu programa os gobernos de
Zapatero levaron acabo estas reformas:
·
En política exterior distánciase
da política dos EEUU e do seu presidente Bush. Retira as tropas de Iraq e
promove a Alianza de Civilizacións.
·
Incremento da presenza de mulleres
na política, hai plena igualdade e paridade de homes e mulleres no goberno.
·
Novas leis sociais como a de
violencia de xénero, a de reprodución asistida, a lei de dependencia, a lei da
memoria histórica para resarcir as vítimas do franquismo,…
·
Reformas de Estatutos de
autonomía, a de financiamento autonómico.
·
O terrorismo. Dialogouse coa ETA
ata conseguir que anunciase unha tregua definitiva, pero sen entregar as armas.
·
A crise. De 2004 a 2008 a economía
española medra, pero ten problemas que se agravan na lexislatura vindeira.
España entra en recesión, o boom inmobiliario estala e España ten problemas
para financiarse.
Ante estes problemas adiántanse as elección a
2011, o PSOE perde a maioría e gaña o PP con Rajoy.
2.- A nova sociedade española
Desde o 2000 a sociedade española vai
cambiando, destacando:
- O crecemento da poboación: aumenta a poboación, concéntrase nas cidades e foxe do rural.
- Incorporación masiva de inmigrantes: o crecemento económico fai que veña man de obra barata. Problemas nas fronteiras, sobre todo en Ceuta e Melilla, chegan en pateras miles de indocumentados.
- Novos modelos de familia: familias monoparentais e de homosexuais.
- Telecomunicacións e informática: comunicación e ocio con Internet.
- Organización da sociedade civil: concienciación social e axuda a quen menos ten mediante as ONG.
- 11 -
O NACIONALISMO
CATALÁN
A comezos do século XX o concepto de nación definido como territorio,
lingua, historia común, cultura, etc. leva a considerar que en España hai
varias. Os que defenden que unha nación é unha comunidade diferenciada cren que
teñen o dereito a decidir o seu destino e a conseguir un autogoberno que os
defina como nación soberana. Isto é o xerme do nacionalismo: o que se considera
diferente, ten dereito á independencia. En España, segundo o anterior, conviven
varios nacionalismos. Xunto á idea de España como nación, que defende o
nacionalismo español, están os movementos nacionalistas periféricos (principalmente
Cataluña, País Vasco e Galicia) que defenden que as súas comunidades tamén
deben ser consideradas nacións. Isto leva ao enfrontamento xa que o
nacionalismo español defende a unidade do territorio e cualifica aos outros nacionalismos
como separatistas e os nacionalismos periféricos negan a existencia da nación
española e piden unha nova organización do Estado. A idea de nación española
nace nas Cortes de Cádiz. Na
España do Antigo Réxime cada territorio posuía a súa propia lexislación. A
Constitución de Cádiz de 1812 foi o primeiro texto legal que recolle o
principio do unitarismo e centralismo político ao eliminar a diversidade
lexislativa e administrativa e suprimindo os particularismos e privilexios
forais dos antigos reinos. Este principio, inspirado no espírito e ideas
liberais de que todos somos iguais e gozamos dos mesmos dereitos, converteuse
nunha das ideas fundamentais da política absolutista da Restauración. Pero
fronte a este unitarismo e centralismo, xorden desde 1830 movementos que
pretenden que se recoñezan as particularidades culturais, xurídicas e políticas
que diferencian as provincias que constitúen España e que, ás veces, recordan
os vellos reinos medievais. Estes movementos reciben o nome de provincialismo.
Durante a Restauración o provincialismo foi evolucionando ata converterse en
rexionalismo e finalmente dar paso ao nacionalismo. O nacionalismo pretende que
se recoñezan as diferenzas e particularidades de cada rexión, pero o auxe
destes movementos non é igual en todo o Estado, sobresaen as reivindicación de
Cataluña. Esta idea de particularidade plásmase na Constitución federal da
Primeira República en 1873. Nela organízase España como unha federación formada
por dezasete estados federados, sendo os seus organismos: o municipio, o Estado
rexional e o Estado federal ou nación. Isto impulsou o movemento cantonalista
(moitas zonas proclámanse cantóns independentes), pero tantas revoltas fan
fracasar o proxecto de implantar a federación. Toda esta inestabilidade remata
coa restauración borbónica na persoa de Afonso XII. Volvemos a un estado
unitario e centralizado xa que Cánovas e os conservadores, apoiados polos
liberais, impuxeron este modelo reforzándoo con medidas como a abolición dos
privilexios forais vascos e o control dos concellos polo Goberno en aplicación
da lei municipal de 1877. As primeiras manifestacións do
catalanismo déronse a partir de 1880 e tiñan carácter rexionalista: defensa do
autogoberno sen discutir a unidade de España. Este rexionalismo tiña dúas
tendencias:a progresista, liderada por Almirall tivo o seu maior acto de
reivindicación en 1885 coa presentación do Memorial de agravios ao rei Afonso XII,
era unha crítica á política do Goberno con propostas para modificar a estrutura
centralista do Estado dando cabida a unha organización rexional. O Goberno
rexeitounas. A outra é a tendencia conservadora tivo máis influencia na política
española. Fundouse a Liga de Cataluña en 1887 e en 1891 a Unión Catalanista que
na súa primeira asemblea aprobou un proxecto autonomista de carácter
conservador.
O
nacionalismo catalán xorde con Henrique Prat de la Riba que identifica a
Cataluña como nación: lingua, dereito e
territorio. O catalanismo foi evolucionando cara posturas nacionalistas e para
harmonizar as súas reivindicacións coa unidade de España propoñían a fórmula da
federación das diferentes nacións e nacionalidades ibéricas. Durante o reinado de Afonso XIII vaise desarticulando o sistema de
quendas, pero medra a fraude electoral, o caciquismo e o exército intervén cada
vez máis na vida política. Isto fai que os movementos nacionalistas incrementen
as súas demandas.
Hai
un nacionalismo catalán conservador,
fúndase a Liga Rexionalista de Cataluña que, pouco e pouco, se converte na primeira
forza política en Cataluña e os gobernos de Madrid buscan o seu apoio, así
Francisco Cambó forma parte do goberno central. Para frear
estas reivindicacións, o goberno de Canalejas presentou en 1911 a Lei de
manconunidades provinciais. Foi aprobada en 1913 polo goberno do conservador
Eduardo Dato para complementar as competencias dos concellos e satisfacer as
peticións dos rexionalistas mediante a formación de mancomunidades de
municipios e concedendo unha reducida autonomía rexional. Esta lei permitiu a
creación da Mancomunidade catalá en 1914. Esta concesión non era máis que outra
mostra da debilidade do Goberno. Esta debilidade foi aproveitada en 1917 polo
líder da Liga Rexionalista de Cataluña, Francisco Cambó, para presionar o
Goberno e conseguir unha auténtica democracia e autonomía para Cataluña.
Querían reunir a todos os parlamentarios españois nunha Asemblea para deliberar
sobre a organización do Estado. Esta Asemblea foi considerada ilegal, sediciosa
e separatista polo Goberno e fracasou pola falta de apoio.En 1919 os
catalanistas, encabezados pola Liga e a través da Mancomunidade, elaboraron un
proxecto de Estatuto de Autonomía que foi rexeitado polo Goberno central.
O
nacionalismo catalán progresista e
republicano, insiste na idea de Cataluña como nación forxada pola historia
e, sobre todo, pola vontade dos individuos que a conforman, a creación dun
Estado democrático, laico e republicano. Estas reivindicacións foron reprimidas
pola ditadura de Primo de Rivera e despois reagrupáronse en 1931 formando Esquerra Republicana de Cataluña, forza
hexemónica durante a Segunda República.
- 12 -
OS
ESTATUTOS DE AUTONOMÍA DE CATALUÑA, PAÍS VASCO E GALICIA
A definición de nación como comunidade
política, territorio con lingua, cultura historia común,… leva a que en España
hai varias nacións. A idea de España como nación nace nas Cortes de Cádiz e na
Constitución de 1812 xa que proclama o unitarismo e centralismo político
eliminando os particularismos e a diversidade lexislativa do Antigo Réxime.
Esta idea baseada no ideario liberal foi aproveitada polos políticos da
Restauración para impoñer un Estado centralista que eliminara todos os desexos
de que se recoñeceran as particularidades das rexións. Nace así o nacionalismo
español que se enfronta aos nacionalismos periféricos que pretenden que as súas
comunidades sexan recoñecidas como nacións distintas da española. Este
nacionalismo desenvólvese especialmente en Cataluña, País Vasco e Galicia. O
nacionalismo español acusa aos outros de querer romper a unidade nacional e de
pretender a independencia para eses territorios. Os nacionalismos periféricos
basean as súas reivindicacións na marxinación política que sofren, acusan ao
Goberno de centralismo e de non ocuparse deles. Os diferentes gobernos,
dependendo da súa ideoloxía, favoreceron estes desexos de autogoberno (os
liberais, progresistas e republicanos) ou frearon esas reivindicacións
(conservadores e ditaduras).
O nacionalismo non se desenvolveu por
igual en todos os territorios, uns foron máis lentos e outros máis rápidos,
pero a meta de todos eles era aprobar un Estatuto de Autonomía que recoñecese a
súa singularidade.
Os primeiros en reivindicar a necesidade
de dispor de autogoberno propio foron os cataláns. As primeiras reivindicacións
datan de 1885 cando lle entregan o Memorial de agravios ao rei Afonso XII
durante a súa visita a Cataluña. Pouco despois fúndanse os primeiros partidos
catalanistas, destacando en 1891 Unión Catalanista, que, na súa primeira
asemblea, aprobou un proxecto autonomista de carácter conservador. En 1901
fúndase a Liga Rexionalista de Cataluña, partido nacionalista conservador que
se converte na primeira forza política de Cataluña. Os gobernos de Madrid
buscan o apoio da Liga para ter estabilidade. Francisco Cambó, o seu líder,
presiona en Madrid para que o goberno de Dato aprobe en 1913 a Lei de Mancomunidades.
Esta lei permite a formación de gobernos interprovinciais, asócianse concellos
e deputacións de xeito administrativo. En 1914 constitúese a Mancomunidade de
Cataluña, é a primeira vez que se lles recoñece a personalidade política e
xurídica. Os catalanistas encabezados pola Liga e a través da Mancomunidade,
elaboraron en 1919 un proxecto de Estatuto de Autonomía para Cataluña que foi
rexeitado polo Goberno Central. As reivindicacións catalanistas non foron non
foron atendidas e durante a ditadura de Primo de Rivera foron duramente
reprimidas. Esta situación o que fixo foi radicalizar as posturas e favoreceu o
reagrupamento das forzas catalanistas arredor de Esquerra Republicana de
Cataluña fundada en 1931, forza hexemónica en Cataluña durante a Segunda
República. Cando foi proclamada a Segunda República e elaborada a Constitución
do 31 dáse cumprimento ás demandas políticas dos nacionalismos periféricos.
Recolle que o Estado español está integrado por municipios mancomunados en
provincias e polas rexións que se constitúan en réxime de autonomía (art. 8) e
se as provincias limítrofes queren organizarse en rexión autónoma presentarán o
seu Estatuto (art. 11). Estes Estatutos tiñan que superar as seguintes
condicións: ser propostos pola maioría dos concellos, ser aprobado polos dous
terzos dos electores da rexión en referendo e ser aprobado polas Cortes. Os
cataláns foron os primeiros en elaborar un estatuto, que foi aprobado,en 1931,
polos concellos e por referendo popular e, posteriormente, en 1932, polas
Cortes. O Estatuto garantía moitas das súas aspiracións: goberno catalán (a
Genaralitat), con parlamento e Presidente, decisións en facenda,
economía,educación, transporte, orde pública (creación dos Mossos d´esquadra)
As primeiras eleccións, en 1932, gañounas
Esquerra Republicana e Francesc Maciá foi o primeiro presidente, á súa morte
substituíuno Lluís Companys. A transferencia de competencias foi lenta. O
posterior triunfo da dereita no goberno central (1933) e a proclamación da
República Catalá en 1934, provocou a represión do movemento catalán, a
suspensión do Estatuto e prisión para o seu goberno. En 1936, o Goberno da
Fronte Popular volve restaurar o Estatuto catalán. Co comezo da Guerra Civil e
o triunfo dos rebedes volvemos a unidade da patria e ao centralismo. Imponse a
idea da Falanxe, España é unha entidade única e indivisible.
O nacionalismo vasco recoñece as súas
raíces na Idade Media e no Antigo Réxime cando as provincias vascas e o reino
de Navarra conservaron numerosos privilexios forais. Cando os liberais os
eliminaron os vascos apoiaron o carlismo que si os defendía. Vencido o carlismo
e abolidos os foros nace un sentimento de frustración. Este sentimento foi
recollido por Sabino Arana que formula un nacionalismo fortemente independentista
e belicoso. Educado nunha familia carlista, defendía a independencia dos
territorios vascos de España e Francia formando unha nova entidade que el
denominou Euskadi. O domingo de resurrección de 1882 (convertida no Aberri
Eguna, Día da Patria Vasca) comezou a elaborar as súas propostas nacionalistas:
crear unha nova entidade formada polos territorios vascos de España e Francia
cunha bandeira, a ikurriña, unha lingua, o euskera e un inimigo que eran os
maketos (inmigrantes españois). Para Sabino Arana, a raza vasca, o integrismo
católico, a lingua, os foros e o folclore tradicionais definen a nación vasca.
En 1895 fundou o Partido Nacionalista Vasco que tiña como obxectivo a
independencia de Euskadi. En 1923, na ditadura de Primo de Rivera, foron suprimidas
as organizacións políticas vascas e o nacionalismo só organizaba actos
culturais e folclóricos ou deportivos. En 1930 fúndase o novo PNV. En 1931,
unha asemblea de concellos vascos e navarros reunidos en Estella aprobou un
proxecto de estatuto de autonomía para o País Vasco. Non foi aceptado polos
republicanos porque facía concesións ao clericalismo e ao tradicionalismo. En
1932 Navarra segregouse do proxecto autonomista. En agosto de 1933 foi
elaborado outro Estatuto aprobado polos concellos de Biscaia e Guipúscoa, paro
non polos de Álava. Sometido a referendo
foi presentado nas Cortes españolas, pero as longas discusións fixeron
que non fose aprobado ata outubro de 1936. Xa iniciada a guerra, só se aplicou
nas zonas non ocupadas polos franquistas. Xosé Antonio Aguirre foi o primeiro
presidente do Goberno vasco. O Estatuto colma as súas aspiracións: recoñece a
oficialidade do vasco, teñen as atribucións de administrar xustiza, manter a
orde pública, ten competencias en ensino, sanidade, montes, transportes,…
O nacionalismo galego pasa por tres
etapas: Provincialismo (1840-1885), Rexionalismo (1885-1916) e Nacionalismo
(1916-1936). O provincialismo comeza co Pronunciamento de 1846 e o fusilamento
dos seus promotores, os Mártires de Carral. Os ideólogos do Rexionalismo son
Murguía e alfredo Brañas. Aparecen as primeiras organizacións de tipo
galeguista Liga Galega, Real Academia Galega, A Nosa Terra,… En 1907 fúndase
Solidariedade Galega para agrupar todas as persoas e grupos defensores da
descentralización e de aumentar a riqueza de Galicia. Desde 1916, o pensamento
galeguista afirmou con rotundidade que Galicia era unha nación, Vilar Ponte,
Risco, Castelao ,… fundamentan nas súas obras os trazos esenciais da nación
galega. Pronto xorden desavinzas, o nacionalismo tradicionalista de Risco
defende o predominio ideolóxico do catolicismo e da fidalguía. O nacionalismo democrático de Castelao quere
acadar unha democracia compatible co pleno autogoberno. Nacen en 1916 as Irmandades da Fala co obxectivo de
dignificar Galicia e a súa lingua, en 1918
as Irmandades reúnense na I
Asemblea Nacionalista en Lugo para
definir o programa que leve á autonomía integral de Galicia. Para difundir a
cultura aparece a revista Nós e a
Xeración Nós. Xorden novos partidos como
a Organización Republicana Galega
Autónoma e xa en 1931 o Partido
Galeguista que tivo un gran protagonismo na Segunda República. Unha vez
establecida a República, durante os meses de maio e xuño de 1932, organizacións
como o Seminario de Estudos Galegos e a Federación Republicana Galega,
elaboraron proxectos de estatuto para Galicia aínda que eran incompatibles coa
Constitución porque declaraban a Galicia Estado autónomo dentro da República
Federal Española. A finais de 1931, ao confluír varios grupos galeguistas,
formouse en Pontevedra o Partido Galeguista co obxectivo básico de conseguir a
autonomía para Galicia.
En 1932 elaborouse un Estatuto compatible
coa Constitución, que foi aprobado nunha asemblea de concellos celebrada en
Santiago.O triunfo das dereitas en 1933 paralizou o proceso, que non se puido
retomar ata o triunfo da Fronte Popular en 1936. O 28 de xuño de 1936, após
unha intensa campaña, o Estatuto de Autonomía de Galicia foi refrendado
(aprobado nun referendo de todo o pobo galego) cunha participación do 74, 52% e
o 99% de votos afirmativos.
O 15 de xullo foi presentado nas cortes
do Estado, pero o estalido da insurrección,
tres días despois, fixo que as ansias autonomistas de Galicia morresen
esmagadas pola opresión franquista. Galicia foi ocupada rapidamente polo
exército rebelde e non se podía nin falar de autonomía.
As Cortes republicanas foron trasladadas
a Cataluña, por mor da guerra, e alí foi aceptado a trámite o Estatuto de
Galicia, pero non foi discutido nin aprobado.
O franquismo corta toda a posibilidade de
desenvolvelo como sucedera co catalán e o vasco.
Á morte de Franco e tras a aprobación da
Constitución do 78 recupérase a legalidade dos Estatutos xa que se recoñece que
España é unha unidade indisoluble, pero con dereito á autonomía das
nacionalidades e rexións que a integran (art. 2).
De acordo coa Constitución, entre 1979 e
1983 o Estado español queda dividido en 17 Comunidades Autónomas rexidas por
cadanseu Estatuto de Autonomía. A Constitución estableceu dúas vías para
acceder á autonomía: o artigo 151, pensado para as comunidades históricas
(Galicia, Cataluña e País Vasco) que xa gozaran de autonomía na II República e
que permitía un autogoberno rápido e con maiores cotas de competencias e
autogoberno. A outra vía era máis lenta e con menos competencias segundo o
artigo 143. Para harmonizar o proceso autonómico establecéronse uns puntos
básicos comúns.
Cataluña foi a primeira en retomar a
autonomía. No 77 regresa do exilio o presidente da Generalitat, Xosé
Tarradellas, sendo recibido multitudinariamente. A coalición CiU (Converxencia
Democrática de Cataluña e Unión Democrática de Cataluña) gañou as eleccións de
1980 e é nomeado presidente Jordi Pujol.
No País Vasco tamén se reiniciou o
proceso autonómico moi pronto. O seu estatuto recoñece as peculiaridades como o
seu sistema foral (concerto económico e recadación dos seus impostos). O PNV
foi o partido máis votado no 80. Pero había tensións porque o nacionalismo
radical non aceptaba a Constitución e a esquerda abertzale agrúpase na
Alternativa KAS (Koordinadora Abertzale Socialista). Ademais hai outro problema vinculado co nacionalismo
abertzale: o terrorismo de ETA. Asasina policías, gardas civís, xuíces,… porque
quere obrigar o Goberno a conceder a independencia mediante a loita armada.
Tamén se incrementa a protesta nas rúas mediante accións violentas (kale
borroka).
En Galicia tamén se accede á autonomía
como comunidade histórica, pero os partidos nacionalistas non obteñen
representación nas Cortes ata 1996.
Na transición democrática os partidos
reorganízanse e así temos partidos nacionais como UCD, AP, PSOE, PCE e outros
nacionalistas como a UPG, o PSG ou o BN-PG, antecesor do BNG.
O Estatuto de Autonomía é aprobado en
1980 e o goberno pasa ao Parlamento de Galicia e á Xunta. Houbo cinco
presidentes: Xerardo Fernández Albor (AP), Fernando González Laxe (PSdeG-PSOE),
Manuel Fraga Iribarne (PP), Emilio Pérez Touriño (PSdeG-PSOE e BNG) e Alberte
Núñez Feijoo (PP).
En Andalucía, mediante referendo,
esixiron o acceso á autonomía polo artigo 151 coma as comunidades históricas
para lograr incrementar as súas competencias. O seu estatuto foi aprobado en
1981.
O resto de Autonomías elaborou os seus
estatutos e acadou a autonomía polo artigo 143.
- 13 -
O PAPEL DO EXÉRCITO NA POLÍTICA ESPAÑOLA DA RESTAURACIÓN (selectividade xuño 2014)
O exército español tivo un papel central na política española da Restauración.
Rematada a Guerra da Independencia (1814) gran parte dos xefes militares apoian o restablecemento do absolutismo na persoa de Fernando VII. Con todo, as forzas liberais, fundamentalmente os mandos militares procedentes das guerrillas e a burguesía, intentan forzar o rei para que acepte o sistema liberal.
Para isto recorren á conspiración e aos pronunciamentos. Un pronunciamento é o levantamento de parte do exército que se declara partidario de que a monarquía absolutista sexa substituída por unha monarquía liberal inspirada nos principios da Constitución de Cádiz de 1812.
Os sucesivos intentos que realizaron estes militares liberais fracasaron, sendo a meirande parte dos seus organizadores detidos e executados.
Un destes pronunciamentos foi o do xeneral Riego en 1820. Riego proclamou en Sevilla o restablecemento da Constitución de 1812. Ao comezo contou co apoio dunha mínima parte do exército, pero en febreiro a maior parte das tropas da Coruña secundárono e detiveron as autoridades realistas. Nomearon unha Xunta de Goberno de Galicia e o seu exemplo foi seguido en distintos lugares de España.
O triunfo dos revolucionarios calla e en España dáse paso ao Trienio Liberal (1820-1823).
Esta revolución asombra a Europa, pero o medo á súa extensión polo continente fai que as potencias europeas interveñan en España -Cen mil fillos de San Luís- e restauren o absolutismo (Década Ominosa, 1823-1833). Moitos líderes liberais foron executados (Riego, Empecinado) e outros tiveron que ir ao exilio.
Deica este momento o prestixio do exército español era moi grande: interviña na política, era quen de manter a orde dentro e fóra do territorio peninsular, era ben aceptado pola poboación,... Mais a partir de agora o prestixio do exército español vai decaendo porque se están a producir as guerras de independencia das colonias latinoamericanas e hai fondas divisións no seu seo.
Desde 1816 coa independencia da Arxentina ata 1824 coa do Perú e Bolivia, foron acadando todos os territorios da América Latina a súa independencia sen que os nosos exércitos fosen quen de parar esa vaga.
Para máis, após a morte de Fernando VII, a súa muller María Cristina converteuse en rexente ata a maioría de idade da súa filla Sabela II. O exército español divídese novamente: uns son partidarios da Rexente e outros adhírense ao bando carlista (partidarios do príncipe Carlos, irmán do rei morto).
A primeira Guerra Carlista (1833-1839) desenvólvese nas provincias vascas, Navarra, norte de Cataluña e no Maestrazgo. A superioridade do exército de sabela II obriga os Carlistas, representados polo xeneral Maroto, a asinar en 1839 o Convenio de Vergara. Rematan as hostilidades, pero Carlos de Borbón non recoñece o acordo e a guerra segue dirixida polo xeneral Cabrera. Os focos de resistencia son cada vez menores, pero o exército español está debilitado.
En 1836, aproveitando esta debilidade, triunfan os motíns populares e o pronunciamento das tropas liberais. Isto permite o acceso ao goberno dos liberais, convócanse Cortes Constituíntes e alabórase a Constitución de 1873 que adopta os principios do liberalismo progresista. Nesta Constitución e referido ao exército, restablécese a Milicia Nacional. Este restablecemento é moi importante porque, cando en 1840 a raíña lles dá o poder aos moderados, os progresistas coa axuda da Milicia Nacional protagonizan varios motíns e levantamentos. Liderados polo xeneral Espartero, os progresistas pretenden establecer unha correxencia. A raíña non acepta, renuncia e exíliase, polo tanto Espartero convértese en rexente. Os problemas para Espartero xorden cando aproba a Lei Paccionada (1841) dando concesións a Navarra e rompendo, con isto, o principio liberal da unidade institucional do Estado. O triunfo de diversos pronunciamentos obrigan a espartero a renunciar e a exiliarse en Londres.
O novo goberno moderado está dirixido polo xeneral Narváez e o primeiro que fai é disolver a Milicia Nacional. Entramos na etapa da Década Moderada (1843-1854) do reinado de Sabela II. Nesta etapa destaca a creación da Garda Civil que, aínda que non pertence ao exército, é unha nova institución militar que substitúe á Milicia Nacional. O seu cometido era controlar as masas populares e manter a orde pública.
Os sectores progresistas da sociedade, ao non poder acceder ao goberno, seguen organizando pronunciamentos. Case todos eles fracasan. Destacamos o de Solís no ano 1846 en Galicia que remat co fusilamento dos seus líderes. Son os Mártires de Carral, pero a súa semente xermolará nas ideas provincialistas (é o inicio do que será o nacionalismo).
A división do exército do exército tamén favorece unha nova sublevación dos Carlistas. Esta liorta desenvólvese en Cataluña entre 1846 e 1849. a represión foi moi dura e o descontento medra.
No final do reinado de Sabela II quérese prestixiar a monarquía e para iso lévase o exército a unha serie de empresas no estranxeiro. Nestas encomendas non obtén éxito porque non estaba ben preparado nin forza para enfrontarse a ninguén. Destacan as operacións na Cochinchina (1857, 1862), Marrocos (1859-1860), México, Santo Domingo, Perú, Chile (1862-1871).
O descontento da xente medra e, en 1868, a unión de progresistas, demócratas e unionistas fai triunfar a revolución. É a Revolución Gloriosa. As tropas da mariña pronúncianse en Cádiz (Prim, Serrano, Topete...) e despois de vencer as tropas leais á raíña en Córdoba, proclámanse Xuntas revolucionarias e a raíña foxe ao exilio.
As novas Cortes Constituíntes elaboran a Constitución de 1869, inspirada nos principios do liberalismo democrático. Nesta Constitución non se falaba expresamente do exército, pero este sempre estivo pendente de que non se producisen excesos revolucionarios.
O fracaso da monarquía de Amadeo de Saboia (1872-1873) deu paso á I República (1873-1874).
A I República foi vista polos militares como unha ameaza á unidade da patria. A proposta de Constitución Federal e a extensión do movemento cantonalista, reprimido polo exército, fixo que o xeneral Pavía entrase no Congreso en 1874 para disolver a asemblea Nacional e, así, porlle fin ao caos que, segundo eles, imperaba no Estado. Após a disolución do Parlamento, asume o poder o xeneral Serrano quen, co apoio dos xefes militares, suspende as garantías constitucionais e promete convocar Cortes Constituíntes cando o paía estea pacificado.
Mentres isto sucede, o exército combate os cantonalistas e carlistas. Medra o seu prestixio social e, baseándose nel, apoian a volta dos Borbóns na persoa de Afonso XII. Estamos no período canovista, no que, baixo a Constitución de 1876, goberna España unha monarquía constitucional doutrinaria conservadora.
O exército ten un papel preponderante no asentamento e prestixio do reinado de Afonso XII (rei pacificador) porque consegue pór fin a dous conflitos que veñen de vello. Péchase definitivamente o conflito Carlista, xa que as operacións militares do exército real fan que se extinga a oposición en 1876. O segundo conflito é a Guerra de Cuba. Os reforzos enviados déronlle ao xeneral Martínez Campos a oportunidade de sufocar as revoltas na illa (1876). Se ben houbo que ir abolindo a escravitude para que non hubese máis insurreccións, Cuba estaba relativamente tranquila, o problema quedaba aparcado, pero non solucionado.
A cuestión cubana rexorde na rexencia de María Cristina (1885-1902). En 1895 os independentistas cubanos, capitaneados por José Martí, reiniciaron a guerra con España. En Filipinas imitaron a revolta e a insurrección comezou en 1896. A pesar do envío de numerosas tropas non se acadaban logros. O exército español non contaba con medios modernos, os soldados estaban mal preparados, as enfermidades tropicais,... todo facía que as baixas fosen cuantiosas. A guerra con Cuba agravouse polo apoio dos EEUU aos insurrectos xa que non querían a presenza de España no Caribe nin no Pacífico. En 1898 unha estraña explosión no cruceiro norteamericano Maine, ancorado na Habana, serviu de escusa para que EEUU lle enviase un ultimato ao goberno español: tiña que renunciar ao dominio sobre Cuba. O fervor patriótico e a confianza na vitoria fixeron que non fose aceptado e se declarase a guerra. Esta foi curta dada a superioridade americana e así, as tropas norteamericanas ocuparon Cuba, Porto Rico e Filipinas. O goberno español solicita o armisticio e as negociacións de paz rematan coa sinatura do Tratado de París de 1898 (texto I). Por el España cede Cuba, Porto Rico, Filipinas e a Illa de Guam a EEUU e o resto de posesións foron vendidas a Alemaña en 1899. Desaparecía así o Imperio colonial español. A derrota, cualificada como o desastre do 98, causou unha fonda impresión na opinión pública e unha forte depresión na cidadanía: deixabamos de ser unha potencia mundial para ser un país mediocre cheo de problemas.
Os militares sentiron unha profunda frustración e resentimento xa que facían responsables do fracaso aos políticos. Isto levounos a cerrarse en si mesmos mantendo unha defensa corporativa dos seus intereses.
Con esta debacle remata a rexencia de Mª Cristina e comeza, con dezaseis anos, o reinado de Afonso XIII. Vaise desartellando o sistema canovista de quendas e o exército, aínda que baixo de moral, vai tomando cada vez un maior protagonismo. O ambiente político está moi alterado, medra a contestación política, aumenta a conflitividade social, hai atentados anarquistas, etc.
Ante este panorama o exército entra na vida política para defender os seus intereses, pero tamén para manter posturas cada vez máis conservadoras e autoritarias. En 1905, o goberno non se atreveu a castigar a uns oficiais da gornición de Barcelona que asaltaran varias redaccións da prensa (revista Cu-cut e o xornal La veu de Catalunya) nas que se defendía o catalanismo e se criticaba o exército (texto II). Deste modo o poder militar impúxose ao civil cando conseguiu, co consentimento do rei, a aprobación da nova Lei de xurisdición de 1906 pola que se sometía ao código militar o xuízo de delitos de opinión e obra contra a unidade da patria e contra o exército. Está a realizarse un cambio drástico na mentalidade militar xa que se pasa de apoiar coas súas accións ao liberaismo durante o século XIX, a defender agora intereses corporativos e a considerarse a si mesmos salvadores da patria e garantes da unidade nacional.
Este cambio de mentalidade nos militares vén unida a un novo conflito. Após a humillante derrota en Cuba, o exército español ten a encomenda de defender as posicións españolas no norte de África. En 1906 España e Francia crearon senllos protectorados no norte de Marrocos. Pero o problema radicaba en que antes había que pacificalos e isto non era tarefa doada. Nos arredores de Ceuta e Melilla, ademais da adversidade climática e orográfica, había tribos bérberes que obrigaban a manter alí fortes continxentes de soldados españois para facer fronte aos seus ataques. Estes ataques eran continuos e en 1909 o exército español sufriu en Marrocos unha nova derrota. Como se querían manter as posicións, o goberno decretou a mobilización dos reservistas. A opinión pública de esquerdas e as organizacións obreiras móstranse en contra. O embarque en Barcelona, en xullo de 1909, das tropas que ían a Marrocos provocou unha folga xeral de anarquistas e socialistas contra a guerra e as políticas do goberno. A folga foi un éxito, pero radicalizouse (barricadas, queima de igrexas, rúas cheas de exaltados). Ante isto, o goberno restableceu a orde pública reprimindo as masas ata con fusilamentos. Foi a Semana Tráxica de Barcelona, que tivo como consecuencia a caída do goberno do conservador Maura e a chegada ao poder dos liberais con Canalejas.
Canalejas quixo reformar o exército promulgando a Lei de Recrutamento de 1912. Establecía o servizo militar obrigatorio, abolía a posibilidade de non ir pagando unha suma en metálico. Esta era unha demanda social, pero non a satisfixo totalmente porque Canalejas estableceu os soldados de cota que, mediante pago, reducían moito o tempo do seu servizo militar. Estas reformas non agradaban a ninguén e producíronse moitos conflitos que provocaron a quebra do sistema da Restauración (1917-1923).
Unha destas crises foi a militar. No outono de 1916 xorden en Barcelona as Xuntas de Defensa militares. Eran asociacións de carácter corporativo formadas por oficiais de media e baixa graduación para defender os seus intereses en materia económica (texto III). Os salarios perderon poder adquisitivo e a situación económica dos oficiais era precaria polo que estas reivindicacións estendéronse a toda España desde Barcelona. Pedían a mellora da súa situación económica, o regulamento dos ascensos, a defensa do honor fronte aos ataques antimilitaristas e a represión contra o socialismo, anarquismo e separatismo nacionalista que xa se manifestara anteriormente (texto II).
O goberno disolveu as Xuntas e detivo os seus dirixentes, pero a solidariedade entre os oficiais e a súa rebelión obrigou a que o goberno as recoñecese. A partir de aí aumentou o seu peso na política e como o poder político era débil, os militareseran os que garantizaban a orde pública. Tamén fixo que aumentara o peso dos exércitos na opinión pública o impacto da I Guerra Mundial xa que foron garantes da liberdade.
Pero a problemática do exército español non se solucionaba só co aumento do seu prestixio xa que tiñan un orzamento escaso, un equipamento deficiente, exceso de oficiais e divisións internas. A partir de 1917 a inestabilidade política foi en aumento porque os gobernos eran débiles, medraban as actividades republicanas, aumentaba a conflitividade social e tamén medraban os movementos nacionalistas. Para culminar a situación, a guerra en Marrocos agrávase. No Rif as tropas españolas avanzan con dificultade, aumentan os gastos e o exército crea novos corpos específicos para a loita en Marrocos como era a Lexión (1920) e os Regulares. Isto non fixo mellorar a situación do exército que seguía sendo incapaz de controlar aquel territorio.
En 1921 o xeneral Silvestre quixo lanzar a ofensiva militar definitiva e, alentado polo rei, intentou ocupar Alhucemas. Non asegurou a retagarda e os rifeños de Abd-el-Krim atacárono e obrigárono a retirarse perdendo a maioría dos soldados. Foi o desastre de Annual e os poucos soldados que quedaron refuxiáronse en Melilla. Aos poucos días o Rif proclamou a súa independencia.
Se o impacto do desastre do 98 fora grande, este veu profundizar nas feridas, a opinión pública incrementou a súa crítica á guerra e ao exército. Pediuse a depuración de responsabilidades e abriuse unha investigación sobre o comportamento dos militares (texto IV). Redactouse o Expediente Picasso e difundiuse a sospeita de que a operación do xeneral Silvestre fora avalada polo rei Afonso XIII, isto incrementou a oposición á monarquía dando pulo aos republicanos. Ante a acumulación de problemas só había dúas solucións que eran ou democratizarse ou aclamar a un salvador.
Optouse pola segunda e en 1923 impúxose a ditadura de Primo de Rivera (texto V). Miguel Primo de Rivera, capitán xeneral de Cataluña, co apoio de persoeiros políticos e militares, dá un golpe de estado. Xustifican o acto pola situación do momento (guerra de Marrocos e crítica polo desastre de Annual, radicalización do nacionalismo catalán, crecemento do terrorismo, inestabilidade social,...) e decláranse como a solución a todos os problemas. Este é o primeiro golpe de estado do século XX e o xeneral Primo de Rivera preséntase a si mesmo como o rexenerador da vida pública e o solucionador de todos os problemas. O caso é que os militares toman o poder.
Composición: a Guerra Civil.
Nas eleccións de
febreiro de 1936 a Fronte Popular obtén a maioría e Azaña forma goberno. O novo
Goberno está composto por republicanos de esquerda. O seu obxectivo é retomar
as reformas emprendidas no primeiro bienio da República. Manuel Azaña é elixido
presidente da República e Santiago Casares Quiroga é nomeado presidente do
Goberno.
O Goberno da Fronte Popular amnistía a trinta mil presos e recupera a política reformista no ensino, a reforma agraria e a autonomía de Cataluña, modifica a cúpula do exército, separando aos militares sospeitosos de seren golpistas (por exemplo, Franco foi enviado a Canarias).
Os sindicatos e partidos obreiros queren reformas máis profundas, queren levar a cabo unha revolución social.

A dereita non acepta de boa gana o triunfo
electoral da esquerda e os grupos conservadores collen medo a unha verdadeira
revolución social. Para contrarrestar as
accións de sindicatos e anarquistas, a Falange aumenta o número de afiliados e
pon en marcha unha política de provocación ás organizacións de esquerda
(dialéctica dos puños e as pistolas), estratexia que leva ao cárcere a Xosé
Antonio Primo de Rivera e a prohibir a actuación do seu partido, xa que non
tiña representación parlamentaria.
A violencia vai en aumento, con atentados, paseos, folgas e disturbios. Isto é aproveitado pola dereita para desacreditar o Goberno da Fronte Popular. Os grupos conservadores depositaron toda a súa esperanza en que os militares fosen quen de frear o comunismo. O plan consistía en que se sublevase o exército de África e logo, pouco a pouco, sucedese o mesmo cos militares da Península. Os militares sublevados deterían as autoridades civís e militares afíns á República e declararían o estado de guerra.
A violencia vai en aumento, con atentados, paseos, folgas e disturbios. Isto é aproveitado pola dereita para desacreditar o Goberno da Fronte Popular. Os grupos conservadores depositaron toda a súa esperanza en que os militares fosen quen de frear o comunismo. O plan consistía en que se sublevase o exército de África e logo, pouco a pouco, sucedese o mesmo cos militares da Península. Os militares sublevados deterían as autoridades civís e militares afíns á República e declararían o estado de guerra.
O 12 de xullo un comando de extrema dereita
asasinou o tenente da Garda de Asalto Xosé Castillo. Ao día seguinte, como
represalia, un grupo de Gardas de Asalto asasinou a Calvo Sotelo, o seu enterro
foi unha declaración de guerra por parte dos inimigos da República.
Os plans dos militares levaron a que o 17 de
xullo de 1936, as tropas establecidas no protectorado de Marrocos se sublevasen
contra o Goberno da República. Logo da sublevación en Melilla, as tropas da
Lexión dominaron a situación en Marrocos. O día 18, Franco felicita os
sublevados e autonoméase xefe das tropas de África e declara o estado
de guerra en Canarias e Marrocos.
Durante o día 18 e 19 de xullo, mentres Franco se traslada de Canarias a
Tetuán para facerse cargo das tropas, na Península os militares sublevados
intentan facerse co poder. Triúnfan, os rebeldes, nas zonas máis atrasadas (Pamplona,Sevilla,
Valladolid, Burgos, Zaragoza, Mallorca,…),
pero nas máis desenvolvidas logran dominar os republicanos (Barcelona,
Madrid, Valencia, Oviedo,…). En Galicia, a sublevación militar iníciase o día
20 e os franquistas fixéronse rapidamente co control após breves
enfrontamentos.
España queda dividida en dous bandos que
entenden de xeito diferente o conflito: para os sublevados, é definido como un
Alzamento Nacional, protagonizado polos defensores da relixión, a unidade da
patria e a propiedade privada. Para o Goberno da República e a Fronte Popular,
a acción dos militares considérase unha rebelión contra a orde legalmente
establecida e contra as reformas iniciadas. O goberno republicano, presidido
por Casares Quiroga, decreta o cese dos militares sublevados e a disolución dos
corpos que os apoiaban. O efecto foi negativo, xa que moitos soldados
abandonaron os cuarteis e a República quedou cun exército reducido. Doutra
banda, as forzas sociais de esquerda pedían armas para facer fronte aos
militares. Nun principio fóronlles denegadas, ante o temor de que as forzas
obreiras quixesen derrocar o goberno. Casares Quiroga vese obrigado a dimitir;
Azaña nomea primeiro un gabinete de conciliación que intenta negociar cos
militares, pero fracasa. O día 19, nomea presidente do goberno a José Giral,
que decide entregar armas ás organizacións proletarias, aínda co risco de que
impuxesen a revolución.
Armados os dous bandos, a confrontación estala con toda violencia. Enfróntanse os
azuis, nacionais ou fascistas contra os vermellos, antiespañois ou comunistas.
O bando republicano recibe apoios do proletariado e os xornaleiros de
ideoloxías de esquerdas (anarquismo, socialismo e comunismo); as clases medias
(de ideoloxía republicana) e un sector do exército e mais a Garda de Asalto. A favor dos sublevados
están os católicos e conservadores (CEDA, falanxistas, carlistas etc.),
terratenentes e empresarios, a Garda Civil, a maior parte do exército e a
Igrexa. Destaca o papel activo da Igrexa, esta cualificou o movemento militar
como unha cruzada contra o comunismo en defensa da fe católica e da tradición.
Bispos e clérigos acompañan e danlle a bendición ás tropas sublevadas.
Considérase a Guerra Civil como un antecedente
da Segunda Guerra Mundial polos seus trazos semellantes. As principais
características do conflito son: preséntase como unha guerra ideolóxica entre
fascismo e democracia, entre a civilización cristiá e o comunismo e ademais ten
trazos de combate social e de loita de clases (obreiros contra patróns,
xornaleiros contra propietarios). Esta característica recóllese no documento 1
no que Pasionaria, no comezo da guerra, chama a todos os antifascistas a loitar
pola República do pobo. Característico da Guerra Civil tamén é que implica a
toda a poboación. No bando franquista, o exército é a columna vertebral da
sociedade. No republicano, son as organizacións obreiras as que se encargan da
mobilización popular (tamén se recolle no doc. 1). As mulleres participan
activamente, aínda que de diferente xeito. No bando franquista atenden feridos
ou están no auxilio social, mentres que no republicano, ademais destas tarefas
sociais, incorpóranse á milicia.
Para evitar que o conflito español se
transformase nun conflito internacional, as principais nacións europeas, a
proposta de Gran Bretaña e Francia, acordan en Londres non tomar parte no
conflito e formar un Comité de Non Intervención. Estes acordos implican non
enviar homes e armas a ningún dos dous bandos. Alemaña e Italia non cumpren o
pacto (doc. 2). Envían axuda aos militares sublevados. Fano de forma non
oficial, a través de empresas privadas. Ante isto, o Comité de Non Intervención
declárase incompetente. EEUU decide non intervir de forma oficial, pero non
impide a saída de barcos con armas e petróleo para os dous bandos, sempre de
empresas privadas, e favoreceu a axuda de voluntarios.
As potencias fascistas apoian os sublevados
por razóns ideolóxicas. A axuda de
Alemaña foi clave os primeiros días de guerra. A Lexión Cóndor prestou unha
importante axuda no bombardeo de zonas republicanas (Guernica, Madrid,
Barcelona,…). A cambio, Franco realizou importantes concesións económicas a
Alemaña ao finalizar a guerra, permitindo a explotación de materias primas,
especialmente minerais. Italia apoia con material bélico desde o principio.
Tamén recibiron apoio dun grupo de fascistas chamados Camisas Negras, retirados pola presión internacional
en 1938.
Os sublevados tamén recibiron axuda, pero en menor medida, de Portugal. O goberno do ditador Salazar facilitou o paso de armas e víveres e uns dez mil homes (os viriatos).
Os sublevados tamén recibiron axuda, pero en menor medida, de Portugal. O goberno do ditador Salazar facilitou o paso de armas e víveres e uns dez mil homes (os viriatos).
A República contou coa axuda das principais
democracias occidentais e da URSS, pero a axuda foi desigual e sen
continuidade. Francia mantivo unha política de vacilación, porque non quería
poñer en perigo os investimentos franceses en España, ao principio axudou á
República, pero despois a axuda pasou a ter carácter particular (recrutamento
de voluntarios, contrabando de armas).A fronteira pechouse ata 1939.
Gran Bretaña temía polos intereses económicos dos ingleses en España, non quixo internacionalizar o conflito. Foi a principal defensora do pacto de non intervención.
México ten un goberno afín á República. O seu presidente envía armas, aínda que a súa axuda foi máis simbólica que efectiva. Ao finalizar a guerra, é un dos países de acollida dos exiliados republicanos.
A URSS, dirixida por Stalin, inicialmente ten actitude de prudencia. Pero a axuda de Alemaña e Italia ao bando nacional leva aos soviéticos a enviar armas e especialistas. Ademais, prodúcese unha acollida masiva de nenos de familias republicanas (os nenos da guerra).
Gran Bretaña temía polos intereses económicos dos ingleses en España, non quixo internacionalizar o conflito. Foi a principal defensora do pacto de non intervención.
México ten un goberno afín á República. O seu presidente envía armas, aínda que a súa axuda foi máis simbólica que efectiva. Ao finalizar a guerra, é un dos países de acollida dos exiliados republicanos.
A URSS, dirixida por Stalin, inicialmente ten actitude de prudencia. Pero a axuda de Alemaña e Italia ao bando nacional leva aos soviéticos a enviar armas e especialistas. Ademais, prodúcese unha acollida masiva de nenos de familias republicanas (os nenos da guerra).
As brigadas internacionais son formacións militares integradas por voluntarios de ideoloxías de esquerdas que se xuntan ao exército republicano para loitar contra o fascismo. Estas milicias teñen un destacado papel na defensa de Madrid e, sobre todo, no fortalecemento do ánimo no bando republicano. En todo caso, non eran moitos, cífrase nuns dezaoito mil loitando ao mesmo tempo. No ano 1938, a presión internacional forza a retirada destes voluntarios. A volta aos seus países de orixe é organizada polo goberno de Negrín e a Sociedade de Nacións. En 1996, un grupo de 300 brigadistas veñen a España e concédeselles a nacionalidade como recoñecemento aos seus servizos.
España queda dividida en dous bandos, xa que
nin as forzas rebeldes nin as republicanas son capaces de dominar ao contrario.
Os sublevados controlan: Galicia, Castela-León, Álava, Navarra, a maior parte de Aragón, Cáceres, as cidades de Oviedo, Sevilla, Córdoba, Granada, Cádiz, Mallorca, Canarias e o protectorado español de Marrocos. En xeral, son zonas agrarias de pequenos propietarios, católicos e de dereitas.
Baixo a autoridade da República permanece Madrid, Cataluña, Valencia, Murcia, Castela-A Mancha, Badaxoz, gran parte de Andalucía, Asturias, Santander, Guipúscoa e Biscaia. Basicamente, zonas industriais e mineiras e gran parte da agricultura latifundista.
Os sublevados controlan: Galicia, Castela-León, Álava, Navarra, a maior parte de Aragón, Cáceres, as cidades de Oviedo, Sevilla, Córdoba, Granada, Cádiz, Mallorca, Canarias e o protectorado español de Marrocos. En xeral, son zonas agrarias de pequenos propietarios, católicos e de dereitas.
Baixo a autoridade da República permanece Madrid, Cataluña, Valencia, Murcia, Castela-A Mancha, Badaxoz, gran parte de Andalucía, Asturias, Santander, Guipúscoa e Biscaia. Basicamente, zonas industriais e mineiras e gran parte da agricultura latifundista.
Nestes primeiros meses da guerra as
institucións republicanas están desorganizadas e, co reparto de armas ao
pobo,diminúe a súa autoridade.Nas cidades xorden comités revolucionarios
controlados pola esquerda, que se fan cargo do poder nas súas cidades ou pobos
e tutelan ás autoridades. O Presidente da República foi Manuel Azaña, ata os
primeiros meses do 39. Durante os tres anos de guerra civil, sucédense os
seguintes gobernos:
Nos primeiros meses goberna José Giral, o seu goberno está formado por republicanos de esquerdas. Non é
capaz de facer fronte á fragmentación do poder do Estado nin de evitar as
accións revolucionarias do proletariado (ocupación de fábricas e terras).
O Goberno de Largo Caballero (1936-1937): ten
como obxectivo reconstruír o estado
republicano, unir as forzas políticas e
sociais e facer fronte á guerra. O seu goberno está formado por republicanos de
esquerdas, socialistas, comunistas e anarquistas. Con todo, as tensións entre
eles non desaparecen, moi ao contrario, están xuntos no goberno, pero a falta
de unidade está moi clara. O PCE (Partido Comunista de España) e un sector do
PSOE (socialistas), son partidarios de gañar a guerra primeiro e despois facer
a revolución social (doc. 3); os anarquistas (POUM, CNT e FAI) eran partidarios
da guerra, pero a revolución ao mesmo tempo, hai que colectivizar xa terras e
fábricas (doc. 4). Largo Caballero pretende iniciar o proceso de
nacionalización da banca, controlar as oligarquías financeiras e reorganizar a
industria e o comercio. As tensións entre as forzas políticas aumentan porque
os anarquistas defenden que as fábricas deben ser controladas polos obreiros.
As tensións políticas foron en aumento. O enfrontamento máis forte orixinouse
entre o PCE e o POUM, apoiado este por grupos da CNT e da FAI (doc.5). En maio
de 1937 o enfrontamento tivo carácter bélico nas rúas de Barcelona. Isto provoca unha crise de goberno e Largo
Caballero dimite.
O Goberno de Juan Negrín (1937-1939), este
socialista conta co apoio do PCE,
partido que se converterá, grazas á súa
maior disciplina, no primeiro partido da esquerda. Baixo a súa presidencia
reorganizouse a milicia e leváronse a cabo as ofensivas do exército
republicano. Intentou negociar con Franco para acabar coa guerra, pero a
negativa por parte de Franco obrígao a unha política de resistencia ata a
morte.
Logo da caída de Cataluña e o recoñecemento de
Francia e Gran Bretaña do réxime de Franco, Azaña dimite en febreiro de 1939.
Finalizada a guerra, desde o exilio, os políticos republicanos manteñen as
institucións da Segunda República e a oposición ao réxime de Franco. En 1977, o
último presidente republicano, Fernando Varela, acepta o réxime democrático e
dá por terminada a República, desde o punto de vista legal.
Na zona nacional configúrase un réxime
ditatorial baixo a autoridade suprema de Franco.
A evolución política na zona nacional é menos complexa que na republicana. Os militares sublevados crean a Xunta de Defensa Nacional, o primeiro órgano de mando dos sublevados. O seu obxectivo é a coordinación de civís e militares baixo un único mando.
A evolución política na zona nacional é menos complexa que na republicana. Os militares sublevados crean a Xunta de Defensa Nacional, o primeiro órgano de mando dos sublevados. O seu obxectivo é a coordinación de civís e militares baixo un único mando.
A Xunta de Defensa Nacional propón en outubro
de 1936 formar un mando único e o candidato
elixido foi Franco.O xeneral Francisco Franco convértese na cabeza
visible da Xunta e da insurrección en outubro de 1936. Tamén se crea unha Xunta
Técnica organizada en comisións (finanzas, industria, comercio, agricultura,
traballo,…) que funciona como Goberno.
Unha das primeiras medidas da Xunta é declarar
fóra da lei a todas as forzas políticas da Fronte Popular (doc. 6). Establécese
un partido único e Franco, ademais de Xefe de Estado e Xenaralísimo dos
Exércitos, convértese tamén en xefe do movemento político organizado a partir
de FE-JONS. O proceso de unificación non estivo exento de dificultades e protestas
por parte dalgúns falanxistas (preocupados polas orientacións
ultraconservadoras do novo réxime) e
monárquicos (consideraban que era un golpe de estado de signo totalitario),
pero todos eles acabaron aceptando a unificación porque os unía a súa posición
antiliberal, antimarxista e a lealdade ao levantamento militar.
En xaneiro de 1938, Franco organiza o primeiro Goberno do novo Estado, cos seguintes principios: autoridade, xerarquía e orde, principios extraídos do ideario falanxista. Todo o que se opón á unidade é abolido: os estatutos de autonomía, as linguas autonómicas, suprímense os sindicatos, etc.
En xaneiro de 1938, Franco organiza o primeiro Goberno do novo Estado, cos seguintes principios: autoridade, xerarquía e orde, principios extraídos do ideario falanxista. Todo o que se opón á unidade é abolido: os estatutos de autonomía, as linguas autonómicas, suprímense os sindicatos, etc.
Ao mesmo tempo, o Goberno de Franco organiza a
contrarrevolución no terreo socioeconómico. Entre as medidas que se adoptan,
destacan: a contrarreforma agraria; a supresión dos concertos económicos co
País Vasco, non con Navarra e Álava (que o apoiaran); o control da produción
agraria e industrial; a derrogación da lei de divorcio e matrimonio civil;
restablécese a pena de morte; nova lei
de prensa, establecendo unha forte censura; a reconstitución da Compañía de
Xesús, supuxo a comuñón entre a Igrexa e o chamado Alzamento;
A Igrexa controla a educación e vela pola
pureza de costumes e da censura, as organizacións católicas intensifican as
prácticas tradicionais e a sociedade volve á moral cristiá máis pechada.
Mentres estes dous modelos sociais se
desenvolven en cada unha das zonas de España controladas por republicanos ou
franquistas, a guerra continúa e nos dous bandos existe a pretensión de
eliminar ao contrario, hai odio e rancor de moitos anos. Isto tradúcese en
actos de violencia, represión e terror, especialmente nos primeiros meses da
guerra. Na zona republicana: as masas e milicias realizan unha dura persecución
dos militares, eclesiásticos, políticos e intelectuais de dereitas,
empresarios, terratenentes, que son sospeitosos de simpatizar ou pertencer ao
bando sublevado. Moitos son detidos e encarcerados, nas chamadas checas ou
cárceres do pobo; outros son executados sen xuízo (Primo de Rivera, bispos,
monxas, curas, son tristemente famosas as execucións de Paracuellos del
Jarama). Para evitar abusos, créanse os Tribunais Populares, pero non
conseguiron parar as execucións sen control.
Na zona nacional, os militares levan a cabo
unha represión sistemática dos militares fieis á república e das persoas
vinculadas á Fronte Popular. Son executados sindicalistas, mestres,
republicanos, masóns, nacionalistas,… Finalizada a guerra, continúan os paseos
e fusilamentos e moitos son detidos e condenados a traballos forzosos (como na
construción do Val dos Caídos).
No desenvolvemento da guerra, distínguense as
fases de: guerra de columnas, a loita por Madrid, a campaña do norte, as
ofensivas republicanas e a caída de Cataluña.
A guerra de columnas desenvólvese entre xullo e outubro de 1936: tras os primeiros momentos
de confusión,cada bando pon en marcha diferentes accións para vencer o
contrario.
O bando republicano cun exército desarticulado, sen mando único, organizase en diversas columnas formadas por milicianos, de Barcelona cara Zaragoza, de Madrid cara Guadarrama, en Andalucía querían recuperar Córdoba. Debido ao escaso armamento e á falta de disciplina e preparación militar, estas accións fracasaron.
No bando sublevado a estratexia inicial é tomar Madrid desde o norte, pero non o conseguen xa que son freados no Guadarrama. Con todo, conseguen dominar a zona vasca e, desde o sur, conseguen chegar a Sevilla e aquí establecen unha ponte aérea, facilitada polos avións alemáns e italianos, para traer a Franco coa Lexión e os Regulares. Desde alí, varias columnas atravesan Estremadura para enlazar coas forzas do norte.

A loita por Madrid ten lugar entre novembro de
1936 e marzo de 1937. Este é o obxectivo máis importante para os sublevados,
pero os republicanos, con axuda das brigadas internacionais, resistiron todos
os ataques. A cidade foi cercada e ante a situación de perigo, o Goberno da
República trasládase a Valencia. As tropas de Franco coa axuda dos italianos
fracasan nos seus intentos o que manifesta unha crecente organización nos
milicianos, cada vez parécense máis a un exército popular.
A campaña do norte e as contraofensivas
republicanas van de abril a outubro de 1937). Debido ás dificultades da conquista de
Madrid, Franco centra os seus esforzos en
conquistar o norte, Asturias, Santander e Bilbao. Isto daríalle o
control sobre unha zona rica en minería e industria o que podía alterar o
equilibrio de forzas. Tras duros combates e coa axuda da aviación alemá (Lexión
Cóndor) que bombardeou, entre outros, Guernica (plasma o horror o cadro de
Picasso), en outubro de 1937 o norte é franquista.
As grandes ofensivas republicanas teñen lugar
entre novembro de 1937 e novembro de 1938.
Tras a caída do norte, os republicanos realizan diversas ofensivas, porque
aumentou a súa coordinación, mobilizan novas quintas e mellora o seu
equipamento bélico con armamento soviético.Estas ofensivas teñen como obxectivo
frear o avance de Franco cara o Mediterráneo. A primeira ofensiva é a de
Teruel, pero tras durísimos combates vencen os franquistas que dividen en dous
o exército republicano e avanzan cara Cataluña. A segunda é a batalla do Ebro, una das máis duras da
guerra. Terminou co triunfo do bando nacional e ábrelle o paso a Franco cara o
Mediterráneo.
A caída de Cataluña e a fin da guerra
(decembro 1938 – abril 1939). Logo deste
triunfo, Franco, ben abastecido de armas por Hitler e Mussolini, realiza unha forte ofensiva sobre Cataluña e
toma Barcelona. Prodúcese un éxodo de republicanos a Francia. En febreiro de
1939, o Goberno de Franco é recoñecido oficialmente por Francia e Inglaterra.
Na zona republicana xorden enfrontamentos entre os que queren negociar con
Franco (goberno de Negrín) e os que desexan resistir ata o final e agardar a
que en toda Europa se producise o conflito agardado. Finalmente cae Madrid,
miles de persoas foxen cara Alacante para intentar fuxir en barco. O primeiro
de abril de 1939 Franco asina o derradeiro parte de guerra, venceron os
insurrectos (doc. 7).
En ambos bandos, o número de mortos foi
elevado (uns seiscentos mil) e os danos materiais foron cuantiosos. Os niveis
de produción baixaron notablemente e o desenvolvemento económico de principios
do XIX quedou truncado. Terían que pasar varias décadas para recuperar os
niveis anteriores á guerra. Miles de españois marcharon ao exilio e en España
instalouse un réxime ditatorial que duraría 40 anos.