Moreno, Mª Victoria: Anagnórise.
Anagnórise é unha novela de Mª Victoria Moreno publicada en 1988. O título, segundo o dicionario da RAE, ten dúas acepcións:
1. Reencontro e recoñecemento de dous personaxes aos que o tempo e as circunstancias tiñan separado.
2. Recoñecemento da identidade dun personaxe por outro ou outros.
Esta segunda acepción é a que coresponde á historia que nos conta.
Ademais ten como subtítulo UNHA HISTORIA DE AMOR, e iso é o que é, un relato no que o amor triunfa.
Tema
É unha novela de temática amorosa (como nos sinala a propia autora no subtítulo), mais este tema non é único. A novela tamén está inzada de feminismo: os prexuízos machistas do protagonista son atemperados e amansados pola muller adulta que o leva no coche.
Argumento
Nicolau Arís é o protagonista e con dezasete anos foxe da súa casa e do instituto porque pensa que a súa moza, de nome Natalia, lle era infiel porque estaba saíndo co seu amigo Marcos. Ademais Natalia fora acusada de roubar no súoer e un bolígrafo moi caro na aula.
Se sentirse traizoado pola noiva non abonda, a situación familiar tampouco axuda: o pai de Nicolau está embarcado e a súa nai, que fora alcohólica, agora está "ida" por mor da morte afogada da irmá pequena.
Por unhas e por outra, Nicolau quere ir a Madrid para atoparse con Marcos e dedicarse a trapichear con droga.
Fai auto-stop e páralle unha muller. Sobe ao coche aínda que el preferiría que lle parase un home porque pensa que as mulleres non saben conducir.
Esta muller é boa condutora, até moi atrevida, non di o seu nome nin fai preguntas, mais acaba sabendo todo sobre Nicolau. A muller é moi falangueira, cousa que a el lle molesta, el contesta con monosílabos e rematan tendo algunha discusión e enfado.
Pararon a xantar, visitaron un mosteiro,... e a señora sempre vai chantándolle indirectas que teñen que ver coa vida de Nicolao.
Chega un momento no que Nicolau se derruba e chorando cóntalle a situación coa moza e co seu amigo Marcos. Ela consólao e acaba por convencelo de que Natalia non se liara con Marcos, senon que era unha estratexia deste para separalos e para que non artellaran unha coartada para exculpar a Natalia do roubo no súoer.
Cando chegan a Madrid, dálle pena separarse dela e ela acompáñao até o lugar onde quedara con Marcos. Dálle o enderezo do hotel onde se vai hospedar por se a necesita.
Nicolau vai para a casa de Marcos, un tugurio no que dorme moita xente. Entre esta xente está Mileidi, unha moza que se lle parece a Natalia, e que se encarga da limpeza e de amañar algo a desorde do piso. Todos eles dedícanse a trapichear coa droga que Nicolau trouxera de Abra.
Un día que sae daquel antro vai até o hotel da muller compañeira de viaxe. O recepcionista deulle unha nota que ela deixara para el por se pasaba por alí mentres ela ía a Granada buscar a súa filla. Tamén lle di que morrera o día anterior nun accidente de coche no percurso desa viaxe.
A nota está asinada co seu nome, Xulia Andrade, e déixalle cartos para volver a Galicia.
El regresa e vai ao enterro de Xulia en Vilanova. Alí reencóntrase con Natalia que ten moitas feridas dun accidente de coche: Xulia era a nai de Natalia e fora a Granada a buscala porque ela fuxira, aínda que inocente, do díxome-díxome da vila.
Déronse apertas e bicos e Nicolau comezou a entender todo.
Narrador
É un narrador protagonista, en primeira persoa que combina o monólogo interior co diálogo coa outra protagonista.
Tempo
Desenvólvese nun día de primavera entre as nove da mañá e a noite cando chegan a Madrid.
O penúltimo capítulo narra os dez días en Madrid.
O último, en Vilanova, no enterro.
Espazo
É unha novela de estrada, dentro do coche e desde unha vila da costa galega até Madrid.
Personaxes
-Principais:
- Nicolau Arís: mozo de 17 anos, confuso pola adolescencia, foxe dos problemas. Madura coa morte de Xulia
- Xulia: muller de media idade, escritora.
- Secundarios: Marcos e Natalia.