sábado, 26 de abril de 2014

Para ti

teoría da relatividade


    O problema non foi encontrarte,

 o problema é esquecerte.

O problema non é a túa ausencia,

o  problema é que me doe.

O problema non é que xogues,

o  problema é que é comigo.

O problema non é o que dis,

o  problema é o que calas.

O problema non é que mintas,

o  problema é que te creo.

O problema non é quererte,

o  problema é…

que ti non sintas o mesmo.

Ana Silva, Amores patolóxicos.


Amores na vila de Bouzas

25 de abril sempre








xoves, 24 de abril de 2014

Camiño









Largacío val,
a onde nos levas?

Non importan os camiños, 

ti anda ben!




mércores, 23 de abril de 2014

luns, 21 de abril de 2014

Gabo

El mundo se redujo a la superficie de su piel, y el interior quedó a salvo de toda amargura.

Gabriel García Márquez: Cien años de soledad.



Grazas por contar sucesos marabillosos que lle acontecen a xente sinxela.


Vallenato "La casa en el aire", dos seus preferidos, como homenaxe.

mércores, 9 de abril de 2014

domingo, 6 de abril de 2014

Labradío



                                                                                     TERRA SUCADA


¡Terra sucada, poema
de cen versos na outonía!
Orballa na cal, no escuro
camiño de tantas vidas…

Ferve o grau, pulo enterrado
da esperanza, nena dormida.
¡Terra do ceo arrincada!
Chora a terra desterrada,
terra arada, nai perdida.


                
                X. Mª Díaz Castro: Nimbos

xoves, 3 de abril de 2014

Da alborada ao solpor


PASEO

De sutaque sorprendín á mañá
entrando na vila,
cantando da mao da fina chuvia.
Cos pés espidos e mollados
viña dos camiños verdes, profundos.
Dedos de vento transparentes, valeiros,
en bruñidas bandexas.
Skerzo da zoca na acera.
Leda canción.
E debaixo do mantel de liño fresco
a muller do obreiro leva as doce campanadas.

Unha canción que se cae e se levanta.
O polvo nas alas e tamén o ceo.                            
Unha canción tan lonxana e lene
como a sombra do aire sobre a herba.
Hasta min chega tan sólo en anacos;
mais eu enténdoa esaita i enteira,
como a sombra do aire sobre a herba.
                    
                                                        Luís Pimentel: Sombra do aire na herba.






SOLPORES DA MIÑA VILA

Solpores da miña vila,
longos, case eternos.
(Os anos pasan rápidos;
os días lentos).
A luz esbara
polo meu piano lustroso
¿Que música lle poñeremos?
As maos, soñan.
Solpor de prata
sobor do ébano.
Penso nos poetas mortos.
Calma, calma...

Tarde inmóvil, eterna.
Quédase dulcemente
¿en que soedade, lonxe?
Ceo, ceo, máis ben luz.
Equilibrio diste gris
tan tenro.
Non, non hai paisaxe
nin carne nin sangre.

Solpores da miña vila,
longos, lentos, música.
as maos, soñan.

                                                       Luís Pimentel: Sombra do aire na herba.


martes, 1 de abril de 2014

"Ás veces sinto que no meu país faltan palabras" ( Séchu Sende )


              No meu país hai moita xente
              buscando
              as palabras que nos faltan.
              Buscamos debaixo das pedras,
              nos xornais
              ou nos nenos e nenas que agardan o autobús,
              palabras que ás veces aparecen
              e outras se perderon para sempre.

              Gustaríame que atopásedes as miñas palabras
              como eu necesito as vosas.