martes, 19 de agosto de 2014

Illas Cíes, únicas.


No día de onte tanto o Concello de Vigo-Alcaldía coma a compañía aérea Air Nostrum dábanse os parabéns polo bautizo dun avión. Se lle querían pór ao naipelo o nome das illas atlánticas que se atopan na entrada da ría de Vigo, como apoio á candidatura das mesmas para o seu recoñecemento como Patrimonio da Humanidade, erraron co nome de pía.
O topónimo único e oficial que as designa é ILLAS CÍES.


O desatino no rótulo do avión,  é por descoñecemento ou mala idea?