Entre Folgoso e Seoane collemos un cruzamento á dereita cara á Aula da Natureza. Ao chegar alí deixamos o coche e imos camiño da devesa da Rogueira.
De volta subimos á aldea de Moreda.
Balcón de madeira tallada. |
Moreda desde o monte Cido. |
Volvemos ao coche e, cando estamos a medio camiño, collemos un desvío cara Parada. Xusto cando comezamos a subir está o monumento a Uxío.
Porta en Parada. |
Sete poemas e un maio
Lois Diéguez
A Novoneira
Unha vez buscamos os altos puros
e fomos polos vieiros da serra a percurar-te.
Achaiaba a águia amiga na tarde cumprida.
E deches-nos mazás de zume doce
e o milagre da erva arrecendida,
aquela dos tempos que críamos idos.
Outro foi o sabor da vida,
e volvemos en nós, tan adormecidos,
e dixemos : "a palabra en ti foi renacida".
Que canto e que esperanza, que fragas novas
e que penas poderosas a subir para o azul
ou contra o gris da rexa tarde de león,
aló, na Serra tensa dos tesos cumes.
Que mirada clara aqui, no Campo das Estrelas,
tras a xanela amiga do salgueiro en flor,
rentes da relva asollada pola mirada caurelá.
E que alegria estar, meu amigo, aqui, outra vez contigo,
a peneirar as horas verdes que enfian paseniño
a história longa da montaña e do camiño.
Orbazai, abril 1999

Percorrido 2: Castro da Torre-Seceda.
Indo cara Seceda facemos parada no Castro da Torre.
Paderne está vixiado por dous taros e unha devesa.
Taro e devesa de Paderne. |
Pincheira no río Pequeno. |