martes, 2 de setembro de 2014

Cantiga da Ulla

Espadana (iris) na beira do Ulla



CANTIGUEIRO POPULAR.  CANTIGAS DA ULLA.


I

Mandaronm'a coller rosas
n'a beira d'o rio Ulla
e, tan bonita-l-as vin,
que collera unha por unha.

Mercedes doum'unha dália,
Esperanza unha camelia,
Eusebia doum'un xasmin;
gardarei a flor d'Eusebia.

Eu non sei que tes n'os ollos
que, se me miras, ti matas;
mátasme, se pra min rís;
mátasme, cando me falas.

Deseára de te ver
trinta dias cada més;
cada semana, seu día,
e cada día, unha ves.

¡Ay! qué sempre que te vexo
o corazón se m'arraya!
O día que non te falo
todo é tristura nä alma.
M. Valladares







Rosas de auga cun cabalo do demo