TEMA 10. España en democracia
Esquema
1. A
transición democrática
1.- Proclamación e
coroación do rei Xoán Carlos I
2.- O primeiro
goberno da monarquía
3.- Adolfo Suárez e
o inicio das reformas
§ O programa de reformas de Adolfo Suárez
§ A lei para a reforma política (LRP)
§ As primeiras eleccións democráticas
2. A
Constitución de 1978
1.-
Características e principios
2.-
Dereitos e deberes
3.-
Os poderes do Estado
§ A Coroa
§ As Cortes xerais
§ O poder xudicial
3. Os
gobernos de UCD. 1977 – 1982
1.- Os
gobernos de Adolfo Suárez. 1977 – 1981
§ As medidas do programa de centro
§ O proceso autonómico
§ As dificultades de UCD e a dimisión de Suárez
2.- o goberno de
Leopoldo Calvo Sotelo. 1981 – 1982
§ O intento de golpe de Estado do 23 F
§ A continuidade do proxecto de UCD
4. Os
gobernos socialistas de Filipe González. 1982 – 1996
1.-
Integración de España na política internacional
2.-
O Estado do benestar
3.-
Axuste e reactivación económica
4.-
O cambio sociocultural
5.-
Escándalos e desprestixio socialista
5. Os
gobernos conservadores de Xosé María Aznar. 1996 – 2004
1.-
Crecemento, privatización e moeda única
2.-
Reformas do programa conservador
3.-
A guerra de Iraq e o terrorismo islamista
6. Os
gobernos socialistas de Xosé Luís Rodríguez Zapatero. 2004 – 2011
1.-
Reformas do programa socialista
2.-
A nova sociedade española
España en democracia
1. A transición democrática. 1975 – 1977
1. A transición democrática. 1975 – 1977
“A oposición ao réxime franquista medrou, os últimos anos do franquismo foron os máis axitados. A prosperidade económica dos sesenta fixo xurdir unha ansia de cambio e de liberdade. Ata nas filas franquistas xurdiron sectores que desexaban unha apertura. A crise económica do 73, a morte de Carrero Blanco e a mala saúde de Franco incrementan a actividade da oposición: organízanse grupos políticos e intelectuais; unha parte do exército é partidaria dun réxime democrático; obreiros e universitarios realizan folgas e manifestacións; hai atentados terroristas. Ademais, desde o exterior, os partidos e organizacións antifranquistas inician un proceso para restablecer a democracia en España. Sucédense os contactos entre PSOE e PCE e como resultado, constitúese a Plataforma Democrática (outubro do 75); ao mesmo tempo, Filipe González é elixido secretario xeral do PSOE”.
Tras a morte de Franco (1975), iníciase en España a transición democrática, que culmina coa aprobación da Constitución do 78. As principais forzas parlamentarias practicaron unha política moderada e de consenso e o rei Xoán Carlos I facilitou e potenciou a democratización de España. Este proceso de democratización foi un proceso gradual que permitiu a desaparición pacífica das institucións franquistas. Os cambios, ademais, son lexitimados mediante consulta popular (eleccións do 77, son as primeiras eleccións democráticas desde o 36, e Constitución do 78). España é, grazas a este proceso, desde 1978 un Estado democrático e a súa forma política é a monarquía parlamentaria baseada na soberanía nacional, a liberdade, o pluralismo ideolóxico e a convivencia democrática.
1.- Proclamación e coroación do rei Xoán
Carlos I
Seguindo
as disposicións de Franco, Xoán Carlos I é proclamado rei de España o 22 de
decembro de 1975 e coroado o 27. Accedía ao trono coa desconfianza da oposición
democrática que vía nel un continuador da obra de Franco. Tamén era rei desde a
legalidade, pero os dereitos dinásticos correspondíanlle a seu pai, don Xoán,
quen renunciou a eles en 1977.
2.- O primeiro goberno da Monarquía
O rei mantivo como presidente do goberno a Carlos Arias Navarro e a súa política foi continuísta do modelo franquista, o mesmo modelo, pero concedendo algúns dereitos.
As forzas da oposición esixían o restablecemento inmediato da democracia e fusionáronse na Coordinación Democrática e redactou un programa que foi aceptado pola maioría das forzas políticas. O goberno de Arias e o búnker franquista (os máis pechados a calquera tipo de cambio) paraliza todo intento de reforma. Ademais, nas rúas, a conflitividade laboral ía en aumento. Ante a ineficacia do goberno de Arias Navarro para afrontar as reformas necesarias, presionado polo rei, Arias Navarro presenta a súa dimisión o 1 de xullo de 1976.
3.- Adolfo Suárez e o inicio das reformas
O rei designa a Adolfo Suárez como presidente en xullo de 1976. O seu pasado, con diferentes cargos no franquismo, fai penar á oposición que todo ía seguir igual, pero Suárez nun discurso do que o seu obxectivo é democratizar o país e anuncia a celebración de eleccións xerais. Suárez adopta unha serie de medidas reformistas entre as que podemos citar:
O rei mantivo como presidente do goberno a Carlos Arias Navarro e a súa política foi continuísta do modelo franquista, o mesmo modelo, pero concedendo algúns dereitos.
As forzas da oposición esixían o restablecemento inmediato da democracia e fusionáronse na Coordinación Democrática e redactou un programa que foi aceptado pola maioría das forzas políticas. O goberno de Arias e o búnker franquista (os máis pechados a calquera tipo de cambio) paraliza todo intento de reforma. Ademais, nas rúas, a conflitividade laboral ía en aumento. Ante a ineficacia do goberno de Arias Navarro para afrontar as reformas necesarias, presionado polo rei, Arias Navarro presenta a súa dimisión o 1 de xullo de 1976.
3.- Adolfo Suárez e o inicio das reformas
O rei designa a Adolfo Suárez como presidente en xullo de 1976. O seu pasado, con diferentes cargos no franquismo, fai penar á oposición que todo ía seguir igual, pero Suárez nun discurso do que o seu obxectivo é democratizar o país e anuncia a celebración de eleccións xerais. Suárez adopta unha serie de medidas reformistas entre as que podemos citar:
- Renuncia da Coroa ao privilexio de presentar bispos.
- Aprobación dunha amnistía para presos políticos, agás os acusados de terrorismo.
- Ampliación da liberdade de expresión
- Negociacións para a legalización de forzas políticas e sindicais.
Reunido
cos militares, a cúpula militar aceptou a reforma coa condición de que non se
legalizase o Partido Comunista.
Suárez atópase coa oposición de políticos franquistas e grupos de extrema dereita contrarios a todo tipo de cambios, por unha banda e pola outra, a organización nacionalista vasca ETA e o grupo de extrema esquerda GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro).
Suárez atópase coa oposición de políticos franquistas e grupos de extrema dereita contrarios a todo tipo de cambios, por unha banda e pola outra, a organización nacionalista vasca ETA e o grupo de extrema esquerda GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro).
- A Lei para a Reforma Política (LRP)
Era a culminación do programa de reformas. O
obxectivo de Suárez era convocar unhas eleccións democráticas para formar novas
Cortes. Consegue que o seu proxecto sexa aprobado polas institucións
franquistas (Consello Nacional do Movemento) sen alterar a paz social, as
Cortes franquistas votan favorablemente a súa propia disolución.
A LRP foi aprobada en refendo en decembro do
76, ábrese así o camiño reformista proposto por Suárez. Para complementar esta
lei tómanse outras medidas como:
- regulamentación do dereito á folga,
- novo indulto a presos políticos,
- legalización das centrais sindicais e
- disolución do Movemento Nacional.
- As primeiras eleccións democráticas
Na
preparación destas eleccións , Suárez tívose que enfrontar a numerosas
dificultades.
- A reacción da extrema dereita e da extrema esquerda (semana negra da transición: asasinato de policías e gardas civís pola esquerda; asasinato de avogados laboralistas, matanza de Atocha, pola extrema dereita).
- A legalización do partido comunista (PCE). Para que as eleccións fosen realmente democráticas tiña que ser legalizado antes o PCE. Tras un proceso de negociación con Carrillo e co beneplácito do rei, é legalizado en abril de 1977. O PCE acepta as peticións de Suárez: monarquía como forma de goberno, bandeira bicolor, a unidade de España e a democracia. Aínda así, sectores do exército están molestos.
Ese mesmo día o Goberno fai o anuncio: as eleccións xerais fíxanse para o 15 de xuño de 1977.
- Ao tempo, regresan moitos dos exiliados (Alberti, Dores Ibárruri “Pasionaria”, Luís Seoane,…)
·
Os partidos agrupáronse por
afinidade ideolóxica, pero aínda así, as propostas son moitas e fálase de sopa
de siglas. As forzas de centro formaron a coalición UCD (Unión de Centro Democrático),
liderada por A. Suárez. Manuel Fraga aglutina a dereita en Alianza Popular
(AP); os socialistas preséntanse divididos: PSOE, con Filipe González á fronte
e o PSP, liderado por Tierno Galván. O PCE preséntase en solitario, o seu líder
é Santiago Carrillo.
·
A normativa electoral establece
que as candidaturas ao Congreso elaboradas polos partidos teñen que ser
completas e pechadas (listas pechadas, votas a todos os desa candidatura) e
para o Senado son individuais, pero dentro do partido. A elección faise por
criterios proporcionais corrixidos pola regra D´Hont.
·
Nas eleccións, UCD consegue a vitoria, o PSOE
é a segunda forza, o PCE, terceira e AP, cuarta. Tamén tiveron escanos as
forzas nacionalistas vascas e catalás. Nin a extrema esquerda nin a extrema
dereita lograron escanos.
2. A Constitución de 1978
As Cortes formadas logo das eleccións do 77 tiñan como misión elaborar unha Constitución para o novo modelo de Estado, España monárquica e democrática.
As Cortes formadas logo das eleccións do 77 tiñan como misión elaborar unha Constitución para o novo modelo de Estado, España monárquica e democrática.
1.- Características e principios
Constitúese unha comisión de 7 deputados,
encargada de redactala. Foi aprobada en referendo o 6 de decembro de 1978 e
posteriormente sancionada polo rei e publicada no BOE.
Características da Constitución do 78:
Características da Constitución do 78:
- Consenso: resultado do acordo entre os distintos partidos políticos con proxectos incluso antagónicos. Este consenso é consecuencia da incapacidade das diferentes forzas políticas de impoñerse.
- É a máis longa de todas as Constitucións españolas.
- Ambigüidade: permite distintas interpretacións. Para algúns é un inconveniente; para outros, a súa principal virtude, xa que permite gobernar á dereita e á esquerda sen modificala.
- Rixidez: para cambiala hai que contar co voto favorable dos 3/5 das dúas Cámaras.
- Progresista e democrática: establece mecanismos de participación popular.
- Está organizada en dúas partes diferenciadas: dogmática (principios e dereitos)e orgánica (organización do Estado).
Parte
dogmática, principios da Constitución do 78: recolle
os principios que deben inspirar o desenvolvemento da sociedade e do Estado,
así como o conxunto de dereitos fundamentais da persoa.
- España defínese como un Estado social e democrático de Dereito. Todos os individuos e organismos están supeditados á Constitución e ao ordenamento xurídico (ás leis españolas). Establécese a participación cidadá, a soberanía reside no pobo e os poderes públicos deben garantir os dereitos sociais como vivenda, educación, sanidade, traballo,…
- Forma política do Estado: monarquía parlamentaria.
- Modelo de Estado: España é un estado unitario que recoñece o dereito á autonomía das rexións que o integran. Nace o novo modelo: o Estado das Autonomías.
- O castelán e as demais linguas españolas son oficiais nas respectivas Comunidades autónomas.
- Recoñece a pluralidade política e sindical. Pode haber múltiples partidos, sindicatos e organizacións empresariais.
2.- Dereitos e deberes
A Constitución do 78 dedica o Título máis
longo aos dereitos dos españois.
Os dereitos agrúpanse en:
Os dereitos agrúpanse en:
- Civís: dereito á vida, á integridade física, á igualdade ante a lei, á liberdade (persoal, relixiosa, de empresa, de culto,… Queda prohibida a tortura e a pena de morte.
- Políticos :liberdade de expresión sen censura, dereito a reunirse, a asociarse, a manifestarse, á folga,…
- Sociais: dereito ao traballo, a un salario digno, á igualdade de xénero,…
Para garantir estes dereitos están os
tribunais, sendo o máis alto o Tribunal Constitucional e contamos tamén co
Defensor do Pobo.
Entre os deberes destacan a defensa da Patria
e a contribución ao gasto público en función da capacidade económica de cada un
(pagar impostos)
Parte orgánica da Constitución do 78: recolle a organización do Estado, establece a división dos poderes e a organización territorial.
3.- Os poderes do Estado
Parte orgánica da Constitución do 78: recolle a organización do Estado, establece a división dos poderes e a organización territorial.
3.- Os poderes do Estado
A Constitución deseña un Estado unitario que
traspasa poderes ás Comunidades Autónomas, provincias e concellos, é un poder
político compartido.
- A Coroa
Representada polo Rei. É o xefe do Estado
pero, o seu poder é limitado: o rei reina, pero non goberna. A Constitución
regulamenta as súas funcións: sanciona as leis elaboradas polas Cortes, convoca
e disolve as Cortes, convoca eleccións a proposta do goberno, exerce o mando
superior das forzas armadas,…
- As Cortes xerais
Formadas polas dúas cámaras: Congreso de
Deputados e Senado. Os cidadáns elixen os seus representantes na súa circunscrición
electoral que é a provincia cada catro anos. As Cortes teñen a función
lexislativa, pero en casos excepcionais o pobo pode ser consultado en
referendo.
- O Goberno: ten o poder executivo. Formado polo presidente e os ministros.
- Poder xudicial: xuíces e tribunais de xustiza. Os cidadáns poden participar na administración de xustiza a través do xurado popular. A xustiza é gratuíta para os que carezan de recursos. Está organizada no Consello Xeral do Poder Xudicial, Tribunal Supremo e Tribunal Constitucional.
- Comunidades Autónomas: A Constitución establece un novo modelo de Estado: o Estado de Autonomías. Cada unha das dezasete comunidades (constituídas entre 1979 e 1983) posúe os seus correspondentes órganos de goberno coa capacidade lexislativa concedida polos seus Estatutos de Autonomía. É unha forma mixta entre estado unitario e federal.
3. Os gobernos de UCD. 1977 - 1982
As vitorias da UCD nas eleccións a Cortes constituíntes no 1977 e nas xerais do 79 permitiron gobernar a Suárez.
1.- Gobernos de Adolfo Suárez. (1977-1981).
As vitorias da UCD nas eleccións a Cortes constituíntes no 1977 e nas xerais do 79 permitiron gobernar a Suárez.
1.- Gobernos de Adolfo Suárez. (1977-1981).
Adolfo Suárez, líder da UCD, tivo como
obxectivo democratizar a vida española. Entre as medidas adoptadas, destacan:
ü A reforma o exército: adáptase a lexislación militar á Constitución.
ü Pactos da Moncloa: acordo asinado no 77 por sindicatos, empresarios e
partidos políticos co fin de consolidar a democracia de forma pacífica e
adoptar medidas para afrontar a crise económica que se viña arrastrando desde
finais do franquismo. A aplicación dos acordos é positiva xa que se reduce a
inflación e normalízase a democracia ao celebrarse eleccións sindicais.
ü Iníciase a reforma fiscal, introdúcese o imposto sobre as persoas
físicas e o seu patrimonio (IRPF).
ü Inícianse as xestións para
entrar na CEE (Comunidade Económica Europea), novos acordos co Vaticano,…
- O proceso autonómico
De acordo coa Constitución, entre 1979 e 1983
o Estado español queda dividido en 17 Comunidades Autónomas rexidas por
cadanseu Estatuto de Autonomía. A Constitución estableceu dúas vías para
acceder á autonomía: o artigo 151, pensado para as comunidades históricas
(Galicia, Cataluña e País Vasco) que xa gozaran de autonomía na II República e
que permitía un autogoberno rápido e con maiores cotas de competencias e
autogoberno. A outra vía era máis lenta e con menos competencias segundo o
artigo 143. Para harmonizar o proceso autonómico establecéronse uns puntos
básicos comúns.
ü Cataluña foi a primeira en retomar a autonomía. No 77 regresa do exilio
o presidente da Generalitat, Xosé Tarradellas, sendo recibido multitudinariamente.
A coalición CiU (Converxencia Democrática de Cataluña e Unión Democrática de
Cataluña) gañou as eleccións de 1980 e é nomeado presidente Jordi Pujol.
ü No País Vasco tamén se reiniciou o proceso autonómico moi pronto. O seu
estatuto recoñece as peculiaridades como o seu sistema foral (concerto
económico e recadación dos seus impostos). O PNV foi o partido máis votado no
80. Pero había tensións porque o nacionalismo radical non aceptaba a
Constitución e a esquerda abertzale agrúpase na Alternativa KAS (Koordinadora
Abertzale Socialista). Ademais hai outro
problema vinculado co nacionalismo abertzale: o terrorismo de ETA. Asasina
policías, gardas civís, xuíces,… porque quere obrigar o Goberno a conceder a
independencia mediante a loita armada. Tamén se incrementa a protesta nas rúas
mediante accións violentas (kale borroka).
ü En Galicia tamén se accede á autonomía como comunidade histórica, pero
os partidos nacionalistas non obteñen representación nas Cortes ata 1996.
Na transición
democrática os partidos reorganízanse e así temos partidos nacionais como UCD,
AP, PSOE, PCE e outros nacionalistas como a UPG, o PSG ou o BN-PG, antecesor do
BNG.
O Estatuto de
Autonomía é aprobado en 1980 e o goberno pasa ao Parlamento de Galicia e á
Xunta. Houbo cinco presidentes: Xerardo Fernández Albor (AP), Fernando González
Laxe (PSdeG-PSOE), Manuel Fraga Iribarne (PP), Emilio Pérez Touriño (PSdeG-PSOE
e BNG) e Alberte Núñez Feijoo (PP).
Un dos problemas e
Galicia é que a súa poboación está estancada e, como consecuencia tende ao
avellentamento. A poboación concéntrase na faixa costeira, deixando un interior
rural despoboado e con moita xente maior.
Galicia é unha
comunidade que pertence ás rexións periféricas de Europa e polo seu atraso
económico e social recibe as axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento
(FEDER). Os sectores produtivos presentan moitos problemas.
O sector
agrario presenta moitas carencias:
minifundio, falta de mecanización e despoboación do rural, non hai quen se
dedique á agricultura por non ser un sector rendible. O sector agrario perde
peso, déixanse terras sen traballar
porque os prezos son baixos e as industrias impoñen cotas á produción de
leite e carne. Hai cooperativas de produción como COREN ou Feiraco.
O sector industrial
tamén sufriu a reconversión, especialmente o sector naval. Deixáronse de facer
barcos pola competencia de países asiáticos e porque o sector público e militar
deixou de investir aquí.
Hai industria do
automóbil en Vigo (Citroen), de conservas de pesca (Calvo, Jealsa, Pescanova)e
auxe no téxtil (Inditex, Verino, Caramelo,…)
No sector
enerxético hai produción hidroeléctrica, térmica e eólica, pero a maior parte
das empresas non son galegas.
No sector servizos
hai un crecemento, pero sen acadar o nivel europeo. Hai grandes superficies
comerciais, turismo e servizos varios como coidadores de maiores e
funcionarios.
Polo que respecta
ás infraestruturas contamos con autovías, tres aeroportos, portos ben
preparados e pronto comezará a operar a alta velocidade. Isto vén paliar o
atraso que se padeceu ata este momento.
ü En Andalucía, mediante referendo, esixiron o acceso á autonomía polo
artigo 151 coma as comunidades históricas para lograr incrementar as súas
competencias. O seu estatuto foi aprobado en 1981.
- As dificultades de UCD e a dimisión de Suárez
As diferenzas ideolóxicas entre os partidos
integrantes da coalición de UCD fan que aumenten as tensións internas. Isto,
unido á crise económica que padece o país, fai que Adolfo Suárez perda o seu
liderado. O PSOE e o seu líder Filipe González, presenta unha moción de
censura, non prospera, pero é un sinal de falta de consenso no goberno. Ante o
temor de que a súa falta de liderado teña consecuencias negativas para o país,
Suárez presenta a súa dimisión en xaneiro de 1981. Agora recoñéceselle a Suárez
o seu labor e acerto.
2.- O goberno de Leopoldo Calvo Sotelo. 1981 –
1982
Calvo Sotelo, ministro de Suárez, substitúeo
como presidente do Goberno.
- O intento de golpe de Estado do 23 F
Na primeira votación, non obtén a maioría; durante
a segunda volta prodúcese o golpe de estado do 23 de febreiro de 1981. Este é o
feito máis grave da nova democracia española. O tenente coronel da Garda Civil
Antonio Tejero asalta o Congreso mentres están alí reunidos os parlamentarios.
Pistola en man mantenos como reféns esperando que se sumen outras unidades
militares e así volver a unha ditadura. O tenente coronel Antonio Tejero, xunto
con membros da garda civil, segue nas Cortes; en Valencia o exército sacou os
tanques á rúa; con todo, os xefes do exército das restantes rexións militares
non secundan esta acción. Ademais, a actuación do rei é clave na resolución do
conflito. Trala mensaxe televisada do rei, a situación queda controlada.
- A continuidade do proxecto de UCD
Despois do intento de golpe de estado, Calvo Sotelo é elixido presidente o
25 de febreiro do 81e permanece no goberno pouco máis dun ano. Desenvólvense
varias iniciativas como a lei do divorcio ou a do Defensor do Pobo, pero a que máis
destaca é a da entrada de España na OTAN (oponse o PSOE que usa este feito para
acosar e derribar o goberno). Ante o incremento da oposición, os problemas
internos da UCD e a falta de solucións aos problemas económicos, Calvo Sotelo ten
que disolver as Cortes e convocar eleccións. Nestas, o PSOE obtén a maioría.
Iníciase a etapa dos gobernos socialistas de Filipe González.
4. Os gobernos socialistas de Filipe
González. (1982-1996)
O triunfo en catro eleccións permitiu que os
socialistas gobernasen desde o 82 ao 96, ben con maioría absoluta, ben co apoio
do nacionalismo vasco e catalán. Os gobernos socialistas caracterízanse pola
moderación política semellante á socialdemocracia europea.
1.- Integración de España na política
internacional
Os gobernos socialistas consolidan
definitivamente a presenza de España nos organismos internacionais.
- España entra a formar parte da CEE. É membro de pleno dereito o 1 de xaneiro de 1986. Isto supuxo maior estabilidade económica e a chegada de axudas para paliar o atraso en infraestruturas e sectores produtivos. Tamén trouxo problemas para o sector pesqueiro e do agro porque se impuxeron limitacións á produción de leite, viño, aceite,…
- España entra na OTAN. Entrara co goberno de Calvo Sotelo e coa oposición do PSOE que sinalaban que eran antimilitaristas e estar na OTAN era ser gregarios dos EEUU. Agora cambian de postura e para tapar o seu cambio de postura propoñen un referendo. Piden o voto ao si á OTAN que vence co 51% dos sufraxios. España intégrase na OTAN, pero non se permite que haxa armas nucleares e pídese que se reduza progresivamente a presenza das forzas americanas nas bases que teñen en España.
- O novo exército e as misións internacionais. No 84 apróbase a Lei Orgánica de Defensa na que se consagra a primacía do poder civil sobre o militar. Regúlase a obxección de conciencia (non ir ao exército por razóns pacifistas e facer a cambio servizos sociais) e a participación das tropas españolas en misións no estranxeiro baixo mandato da ONU ou OTAN.
2.- O Estado do benestar
Consolídase o chamado Estado do benestar xa
que aumentan os orzamentos dedicados a gasto social. Tómanse medidas como:
·
Extensión e aumento das prestacións
sociais: asistencia sanitaria para todos, establecemento de pensións
non-contributivas para os que non cotizaron, revalorización das pensións
conforme ao IPC.
·
Reforma e democratización da educación:
obrigatoriedade ata os dezaseis anos, autonomía universitaria, gratuidade no
ensino primario e medio,…
·
Refórmanse as leis para adaptalas á Constitución:
despenalización do aborto, novo Código Penal que tipifica novos delitos como
acoso sexual,branqueo de capitais, conduta temeraria, agresións ao medio
ambiente, publicidade enganosa,…
3.- Axuste e reactivación económica
Ademais, os socialistas levaron a cabo
importantes reformas que permitiron a España alcanzar elevados niveis de
desenvolvemento, cun crecemento económico importante que nos aproximaba aos
países europeos. Na política económica hai varias fases:
- Política de axuste: entre 1982 e 1985 ten lugar unha política de reconversión industrial. Afecta ao sector naval, mineiro e siderúrxico, prexudicados pola crise e a competencia estranxeira. Isto supuxo peche de empresas ou recorte da súa capacidade produtiva co que aumenta o desemprego e o desmantelamento industrial. Houbo folgas e manifestacións e para paliar estas consecuencias potenciase o PER (Plan de Emprego Rural) do campo andaluz e deséñanse as ZUR (Zonas de Urxente Reindustrialización) nas zonas máis afectadas (Ferrol, Asturias, Sagunto,…)
- Crecemento económico. Entre 1985 e 1990 España participa do crecemento económico que impulsa o contexto internacional. Aumentan os ingresos por turismo, a Bolsa e a banca producen cuantiosos beneficios, o petróleo non está caro,… pero isto non se traduce en mellores salarios para os obreiros. Así, o sindicato UXT, irmán do PSOE, convoca folgas xerais contra o goberno (a primeira no 88) e ten lugar a distanciamento entre as dúas organizacións.
- Recesión: do 1991 ao 1993 prodúcese unha caída da demanda, unha desaceleración na produción, un aumento do déficit público, peche de empresas e paro.
- Novo crecemento: entre 1993 e 1996 as medidas adoptadas dan resultado e a economía española volve ser competitiva aínda que o paro segue a ser moi alto. Sóbese o IVE, privatízanse empresas, desvalorízase a peseta, refórmase o mercado laboral, hai máis traballo temporal e despoidos máis baratos, pero a economía tira do carro.
4.- O cambio sociocultural
Tamén se produce un cambio na sociedade
española, reducíndose as diferenzas coas sociedades dos países europeos
occidentais (sociedade máis igualitaria, máis preparada, incorpórase a muller
ao mundo laboral,…
Descende o número de matrimonios e a taxa de
natalidade, pero a familia segue sendo a cédula de organización social.
Hai no 92 dous acontecementos que axudan a
colocar a España como país avanzado: a Exposición de Sevilla (cincocentos anos
da descuberta de América) e os Xogos Olímpicos de Barcelona.
5.- Escándalos e desprestixio socialista
As maiorías absolutas e o escaso control da
oposición fixeron que os gobernos fosen estables, pero tamén que xurdisen
escándalos políticos como:
- Cargos nomeados polo PSOE aproveitan o seu posto para favorecer a amigos ou quedarse con diñeiro público.
- O financiamento dos partidos políticos en España é bastante opaco e así xorden casos de financiamento ilegal.
- Terrorismo de Estado, para loitar contra ETA e asustar os seus membros créase os GAL (Grupos Antiterroristas de Liberación) que contaban co apoio dos políticos e policía.
Ante todo isto a oposición intensifica o seu
labor de denuncia e Filipe González decide adiantar as eleccións a marzo de
1996.
5. Os gobernos conservadores de Xosé
María Aznar. 1996 – 2004
O Partido Popular, fundado a partir de Alianza
Popular, gaña as eleccións do 96 e o seu líder, Aznar, é investido presidente
do goberno grazas ao apoio de CIU, PNV e Coalición Canaria.Así consolídase a
alternancia política democrática en España.
1.-
Crecemento, privatización e moeda única
Durante os gobernos do PP o desenvolvemento
económico caracterízase por:
- Forte crecemento económico: favorecido polo contexto de crecemento internacional, en España tamén se medra grazas a medidas como:
ü redución do gasto público,
ü privatización de empresas (Telefónica, Argentaria, Repsol, Endesa,…),
ü liberalización de mercados, aínda segue a haber oligopolios,
ü moderación salarial e flexibilidade do mercado laboral,
ü diminución dos tipos de xuros e de impostos.
Con isto a economía española reduce as
diferenzas e intégrase na europea.
2.- Reformas do programa conservador
De acordo co seu programa electoral o PP leva
a cabo moitas reformas de corte conservador e de centrodereita, sobre todo
entre 2000 e 2004 cando ten maioría absoluta. Algunhas reformas son:
- Introdúcense novos delitos no código Civil: delitos de menores, de violencia de xénero, informáticos,…
- O exército, suprímese o servizo militar obrigatorio e faise profesional.
- Novas leis de educación que favorecen o ensino concertado.
- Eliminación dos Gobernos Civís, substituídos por Delegacións do goberno.
- Incremento das competencias das comunidades autónomas, sobre todo, cando precisaban dos seus apoios (vascos e cataláns).
- No problema vasco, ETA declara treguas para solicitar o achegamento dos presos, pero as conversan fracasan. Faise unha Lei de Partidos para impedir que os abertzales cheguen ás institucións.
3.- A guerra de Iraq e o terrorismo islamista
Despois dos atentados ás Torres xemelgas en
2001, os EEUU reaccionaron cunha política agresiva. O goberno de Aznar apoia
esta política militarista e envía tropas a Iraq porque é acusado de ter armas de
destrución masiva (cumio dos Azores). Hai masivas manifestacións contra a
participación nesta guerra, pero o goberno non fai caso.
Os terroristas islamistas ameazan a España por
participar nesa guerra e en marzo de 2004, en plena campaña electoral, catro
trens sofren un ataque terrorista. Nun primeiro momento o goberno di que é obra
de ETA, pero despois, xa con datos, segue mentido ao non recoñecer que é obra
dos islamistas.
Tres días despois perde o PP a súa maioría nas
eleccións.
6. Os gobernos socialistas de Xosé
Luís Rodríguez Zapatero. 2004 – 2011
Nas eleccións de marzo de 2004 triúnfa o PSOE
sendo presidente Zapatero. Revalida en 2008 o seu triúnfo.
1.-
Reformas da política socialista
Seguindo o seu programa os gobernos de
Zapatero levaron acabo estas reformas:
·
En política exterior distánciase
da política dos EEUU e do seu presidente Bush. Retira as tropas de Iraq e
promove a Alianza de Civilizacións.
·
Incremento da presenza de mulleres
na política, hai plena igualdade e paridade de homes e mulleres no goberno.
·
Novas leis sociais como a de
violencia de xénero, a de reprodución asistida, a lei de dependencia, a lei da
memoria histórica para resarcir as vítimas do franquismo,…
·
Reformas de Estatutos de
autonomía, a de financiamento autonómico.
·
O terrorismo. Dialogouse coa ETA
ata conseguir que anunciase unha tregua definitiva, pero sen entregar as armas.
·
A crise. De 2004 a 2008 a economía
española medra, pero ten problemas que se agravan na lexislatura vindeira.
España entra en recesión, o boom inmobiliario estala e España ten problemas
para financiarse.
Ante estes problemas adiántanse as elección a
2011, o PSOE perde a maioría e gaña o PP con Rajoy.
2.- A nova sociedade española
Desde o 2000 a sociedade española vai
cambiando, destacando:
- O crecemento da poboación: aumenta a poboación, concéntrase nas cidades e foxe do rural.
- Incorporación masiva de inmigrantes: o crecemento económico fai que veña man de obra barata. Problemas nas fronteiras, sobre todo en Ceuta e Melilla, chegan en pateras miles de indocumentados.
- Novos modelos de familia: familias monoparentais e de homosexuais.
- Telecomunicacións e informática: comunicación e ocio con Internet.
- Organización da sociedade civil: concienciación social e axuda a quen menos ten mediante as ONG.