Rebumbio, vestidura charramangueira na mocidade, peito vicha-inchada nos rapaces, enfeite rechamante nas rapazas.
Ritmo da música seguido por pés voadores e reviravoltas de mans, no escintilante neon belas siluetas...
ENTROIDO, ANTANO
Rebumbio de xente, a ponte ateigada ata a volta de Rei.
Correo: casaca con ombreiras sen remonta. |
Chegan os correos con más novas. Solemnidade, caras serias.
Alto ás armadas tropas
que con tanta gallardía
a aldea queren domar
á plena lus do día.
Acude, dádevos présa,
acude meu xeneral.
acude a esta contenda
ou pódenos ir mal.
Achéganse os cabaleiros con casacas de botóns brillantes.
Espada ergueita, breve discusión e permiso de tránsito outorgado.
Óense fortes vivas, avanza a escuadra con tabardos militares e escopetas de madeira.
- Mamá, e eses soldados?
- Son os nosos defensores, para que non teñas medo!
Detrás, a parranda co seu coro de músicos e danzantes, capitaneados polos noivos.
- Mamá, que fan eses dous señores?
- Son os noivos, os xefes da parranda!
Entre eles a vellada: o limpabotas, o pescador, o carpinteiro...
- Mamá, que lle fai á xente?
- É o limpabotas e mánchalle de betume a cara á xente!
Ruxe-ruxe de ferros, cadeas nos pés, forcado ameazante, cara vermella...
- Mamá..., teño medo!
- Hai que telo meu fillo, é o demo!
Xenerais: chapeu de longas plumas e casaca de onbreiras con remonta. |